Guerra do Golfo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guerra do Golfo

Data: 2 de agosto de 1990 ? 28 de febreiro de 1991
Lugar: Golfo Persico
Desenlace: Invasion de Kuwait por parte de Iraq .
Resultado: Vitoria da Coalicion, liberando Kuwait .
Combatentes
Coalicion das Nacions Unidas Iraq
Efectos
Mortes : 378 mortos Mortes : 25.000 - 30.000 mortos
Feridos : 1.000 feridos Feridos : 75.000 feridos

A chamada guerra do Golfo Persico ou simplemente guerra do Golfo foi a guerra que de 1990 a 1991 enfrontou a Iraq e a unha coalicion internacional, composta por 34 estados e liderada polos Estados Unidos de America , como resposta a invasion e anexion de Iraq do emirato de Kuwait . Tamen e conecida como Operacion Treboada do deserto , nome da campana liderada polos Estados Unidos para liberar Kuwait. En Iraq, a guerra e con frecuencia chamada simplemente Um M'a?rak ("A nai de todalas batallas").

En xullo de 1990, Saddam Hussein , presidente do Iraq, acusou a Kuwait de causar a caida dos prezos do petroleo e retomou antigas cuestions de limites, alen de esixir indemnizacions. Como Kuwait non cedeu, o 2 de agosto de 1990, tropas iraquis invadiron Kuwait, coa esixencia do presidente Saddam Hussein de controlar os seus vastos e valiosos campos de petroleo . Este acontecemento provocou a inmediata sancion economica por parte das Nacions Unidas . As hostilidades comezaron en xaneiro de 1991, dando como resultado unha crucial vitoria para as forzas da coalicion, o cal conduciu a que as tropas iraquis abandonaran Kuwait deixando un saldo moi alto de vitimas humanas. As principais batallas foron combates aereos e terrestres dentro de Iraq, Kuwait, e a fronteira de Arabia Saudita . A guerra non se expandiu fora da zona de Iraq-Kuwait-Arabia, ainda que alguns misiles iraquis chegaron a cidades israelis . As causas da guerra, e incluso o seu nome, son ainda temas de controversia.

Invasion a Kuwait [ editar | editar a fonte ]

O amencer do 2 de agosto de 1990 , as tropas iraquis cruzaron a fronteira de Kuwait con vehiculos armados e infantaria, ocupando postos estratexicos en todo o pais, incluindo o Palacio do Emir . O exercito de Kuwait foi rapidamente esmagado, ainda que conseguiron dar o tempo necesario para que as forzas aereas daquel pais puidesen fuxir a Arabia Saudita. A loita mais dificil desenvolveuse no Palacio do Emir, onde os membros da garda real loitaron para que a familia real tivera tempo de fuxir. Un curman do Emir, quen comandaba a garda, estivo no grupo daqueles que morreron. As tropas saquearon reservas alimenticias e medicas, detiveron a miles de civis e tomaron o control do medios. Iraq detivo a miles de turistas occidentais como refens para despois intentar usalos como escudo para as negociacions. Despois de que un breve goberno monicreque liderado por Alaa Hussein fose instalado, Iraq anexou Kuwait. Hussein instalou enton un novo gobernador provincial, describindo o acontecido como a "liberacion" do pobo das mans do Emir, isto foi usado principalmente como propaganda de guerra.

A guerra [ editar | editar a fonte ]

Mapa dos paises que integraron a coalicion contra Iraq.

Como resposta a estes sucesos, o 16 de xaneiro de 1991 unha coalicion internacional de 31 paises liderada polos Estados Unidos e baixo mandato da ONU, iniciou unha campana militar coa fin de obrigar o exercito invasor a repregarse fora de Kuwait. Os paises integrantes da coalicion eran Arxentina , Arabia Saudita , Australia , Bangladesh , Belxica , Canada , Checoslovaquia , Corea do Sur , Dinamarca , Exipto , Emiratos Arabes Unidos , Espana , Estados Unidos de America , Francia , Grecia , Hungria , Reino Unido , Italia , Kuwait , Marrocos , Paises Baixos , Nova Zelandia , Nixeria , Noruega , Oman , Paquistan , Polonia , Portugal , Qatar , Senegal e Siria . Para a batalla, a coalicion lograra reunir un exercito de 680.000 homes, 2.000 carros de combate e unha frota de 100 barcos de guerra entre os que habia seis portaavions, ademais dun impresionante despregamento aereo de polo menos 1.800 avions. Cabe destacar que o continxente norteamericano era por moito o mais numeroso con 415.000 soldados dos cales 27.000 eran mulleres.

Os iraquis disponian dun exercito de 545.000 soldados, 4.500 blindados e 700 avions de combate entre os que habia MiG-21 , MiG-23 , MiG-25 , MiG-29 , Mirage F-1 , Su-24 e alguns bombardeiros Tupolev tu-22K . Tamen contaban cun bo numero de misiles balisticos Scud-B de alcance medio e algunhas plataformas mobiles coas cales era posible disparalos dende calquera zona en Iraq. Todo isto sen mencionar un importante arsenal de armas quimicas e bioloxicas que diferentes paises occidentais, entre eles Estados Unidos, propocionaranlle a Saddam Hussein durante a sanguenta guerra irano-iraqui que o ditador librara uns anos antes.

Inicialmente, a operacion aliada recibiu o nome de "Escudo do Deserto" e mais adiante seria rebautizada como "Treboada do Deserto". A campana iniciouse o 17 de xaneiro cunha serie de bombardeos nos que se utilizaron 100 misiles cruceiro Tomahawk disparados dende barcos estacionados en augas do mar Vermello e o golfo Persico . Alguns dos brancos alcanzados durante os primeiros ataques foron 3 Palacios Presidenciais, o Ministerio de Defensa, a Direccion de intelixencia militar, cinco estacions de telefono, a ponte Ashudad, o Cuartel xeral do Exercito do Aire, unha fabrica de ensamblado de misiles Scud, a sede do partido Baath , a sede central da policia, a estacion central de television e diferentes ministerios. Durante a primeira semana de ataques aereos, a coalicion anunciou que se logrou a destrucion de cando menos 350 avions inimigos, mentres que os iraquis afirmaban ter derrubado 60 avions aliados. A coalicion unicamente reconeceria a perda de 4 avions e mais tarde dariase a conecer que unha refinaria de Khafji en Arabia Saudita fora atacada pola artillaria iraqui.

Nun intento por rachar a coalicion e provocar a saida de Exipto , Siria e outras nacions arabes do conflito, Saddam Hussein deu a orde de bombardear Israel usando misiles Scud-B para obrigar o Estado hebreo a entrar na guerra. A tactica non funcionou e os israelis abstiveronse de tomar represalias [ Compre referencia ] , pero estes ataques obrigaron a coalicion a modificar os seus plans. A partir dese momento, as plataformas mobiles coas cales os iraquis disparaban contra Israel serian o obxectivo principal dos ataques. En total uns 41 misiles Scud con carga convencional impactarian sobre as cidades israelis de Tel-Aviv e Haifa .

O panico apoderouse dos habitantes de Israel, pois temian que Saddam Hussein decidise lanzar un ataque quimico ou bioloxico en calquera momento. Debido a isto, o goberno de Israel distribuiu mascaras antigas. O dia 19 un bombardeo Iraqui causou a morte de 3 persoas e deixou feridas outras 16. Para evitar isto, o exercito dos Estados Unidos dispuxo a instalacion de 6 baterias de anti-misiles Patriot en territorio israeli, 2 en Turquia e 21 en Arabia Saudita. A pesar do despregamento da defensa anti-misil, isto non impediu que 46 misiles Scud caesen sobre terrotorio saudita. De feito ainda, ata o dia de hoxe, a efectividade dos anti-misiles Patriot o longo a Guerra do Golfo e obxecto de debate.

A campana aerea [ editar | editar a fonte ]

Apenas iniciadas as hostilidades, os italianos lanzaron oito avions Tornado para atacar brancos dentro de Kuwait. Sete destes avions deberon abortar a mision debido a problemas loxisticos e so un internouse en Kuwait de onde nunca mais volveu. O piloto e o navegante foron reportados como desaparecidos. A Royal Air Force britanica, pola sua banda, experimentou serios problemas nos seus ataques as bases aereas iraquis. O obxectivo dos ingleses era deixar caer bombas JP-233 para inutilizar as pistas, ainda que para isto os avions debian voar a non mais de vinte metros de altura para evitar os radares ou pola contra serian detectados con antelacion. Deste xeito, os britanicos perderon cinco avions Tornado nas primeiras 400 misions. Debido a este incidente, os britanicos suspenderon os ataques a baixa altura. A Forza Aerea iraqui efectuou algunhas saidas nun intento por defende-lo pais, pero non habia moito que puidese facer xa que a coalicion contaba con avions de ultima xeracion como o F-15 Eagle , o F-16 Falcon , o F-14 Tomcat , o Panavia Tornado , o F-117 Nighthawk e outros mais que eran apoiados por avions de contramedidas electronicas e AWACS . De feito nunca houbo propiamente unha batalla aerea, salvo alguns encontros esporadicos e a maioria dos avions de Iraq foron destruidos nos bunkeres onde se atopaban ou nas pistas. Nos combates aereos, os iraquis perderon 39 avions dos cales 30 derrubamentos foron causados polos F-15 Eagle. Calculase que uns 127 avions de Iraq foron destruidos durante o conflito, entre estes contabanse cinco dos seis bombardeiros Tupolev tu-22K con que contaba a nacion arabe. Ainda asi, un MiG-25 iraqui logrou derrubar un F/A-18 Hornet do escuadron VFA-81 Sunline durante unha escaramuza. A sua vez, os F-15 Eagle da Forza Aerea Real Saudita encargaronse de dous Mirage F-1 iraquis. Mais adiante, un escuadron de MiG-25 localizou e interceptou a un grupo de F-111 e F-15C. A actuacion dos avions iraquis logrou que os misiles SAM en terra puidesen derribar un dos F-15C Eagle. Asi mesmo, tres F-16 Falcon estadounidenses foron destruidos por fogo antiaereo durante unha mision de ataque e outros tres mais serian abatidos en distintos escaramuzas. Con todo, pese aos esforzos dos iraquis, a superioridade da coalicion foise imponendo rapidamente e unha patrulla de F-15 Eagle abateu dous MiG-25. Durante os encontros sucesivos sobre os ceos de Iraq, os F-15 Eagle norteamericanos lograron abater 5 MiG-29, 8 MiG-21, 2 SU-25, 4 SU-22, 1 SU-7 e 8 Mirage F-1. Ainda o 19 de xaneiro un MiG-29 conseguiu derribar un Tornado britanico, pero pronto se fixo evidente que non habia forma de competir co poderio da coalicion e os mellores pilotos iraquis decidiron fuxir nos seus avions cara a Iran. Estimase que un total de 115 avions militares e 33 aparellos civis acharon refuxio en chan iraniano [ Compre referencia ] .

Cara o final do conflito reportouse a perda de 38 avions da coalicion, a maioria abatidos por fogo antiaereo. Privados de forza aerea e acosados por intensos bombardeos, as forzas de Iraq optaron por protexer as suas tropas e o seu equipo baixo terra co que perderon toda mobilidade. Unha vez alcanzada a total supremacia aerea, a coalicion incrementou os seus ataques a fin de que Saddam Hussein dese a orde de retirarse de Kuwait e aceptase renderse. Todas as cidades de Iraq foron branco de bombardeos e sufriron severos danos; morreron decenas de miles xa que as bombas que os aliados lanzaron sobre todo Iraq tiveron unha capacidade destrutiva equiparable a unhas oito veces a bomba de Hiroshima [ Compre referencia ] . Un dos incidentes mais soados ocorreu o 13 de febreiro cando dous misiles impactaron nun refuxio antiaereo en Bagdad chamado Al-Ameria e provocaron a morte de 1.200 civis.

Os resultados da campana aerea foron abafadores para as forzas iraquis e minguaron terriblemente a sua capacidade de combate por non falar da sua moral. Estimase que o termina-la guerra uns 2.435 tanques, 1.443 blindados e 1.649 pezas de artillaria foron destruidos ou inutilizados como consecuencia directa dos demoledores ataques aereos. Cabe destacar que o A-10A Thunderbolt II norteamericano deu bos resultados nas suas accions contra os blindados iraquis.

A campana terrestre [ editar | editar a fonte ]

Mapa do plan de invasion terrestre.

O 13 de febreiro de 1991, algunhas unidades da 1ª e 2ª Division de Marines despregadas na fronteira con Arabia Saudita realizaron algunhas incursions de tanteo dentro de Kuwait co obxectivo de medir o perigo con vistas a iniciar un ataque por terra. O certo e que os iraquis comezaran a repregarse desde principios de febreiro e a moral das tropas era baixa. Das 42 divisions despregadas en Kuwait, polo menos 14 foran desbandadas e so 19 conservaban entre un 60% e un 70% das suas capacidades de combate. O resto das forzas iraquis achabase nunha situacion precaria e comezaron as desercions en masa.

O plan do xeneral Schwarzkopf dependia de manter unha forza significativa de marines fronte as costas da capital de Kuwait, o cal fixo crer aos iraquis que as forzas norteamericanas efectuarian un desembarco e obrigounos a concentrar as suas tropas nesa zona. O seguinte paso da coalicion foi mobilizar o groso das suas forzas cara o oeste, en direccion a lina Wadin al Batin onde as defensas iraquis consistian en meros outeiros de area, dispersos e non garecidos ademais de gabias e campos minados. As forzas norteamericanas estiveron acompanadas pola 6ª Division acoirazada, Daguet, francesa, e a 1ª britanica, coas soadas Desert Rats . Os franceses ocuparon todo o tempo a posicion mais occidental funcionando como un escudo protector para o resto das forzas aliadas. O plan recibiu o nome de Hail Mary e consistia en rodear as forzas inimigas a traves dun flanco para envolvelas, sorprendelas e o mesmo tempo cortarlles a retirada.

Os dous dias de iniciar o asalto terrestre, uns cen mil soldados iraquis renderonse en masa ante as forzas da coalicion que avanzaban sen ningun problema. Ata un dos oficiais norteamericanos mencionou que atravesaban as poucas linas iraquis que atopaban como "coitelo en manteiga". A unica batalla por terra de certa importancia foi denominada 73 Easting na que carros de combate do setimo corpo toparonse coa division Tawakalna da Garda Republicana que se retiraban e comezaron un enfrontamento que durou seis horas. O 25 de febreiro un misil Scud impactou contra un cuartel norteamericano situado en Arabia Saudita e causou a morte inmediata de 25 soldados e 50 mais resultaron gravemente feridos. O 28 de febreiro de 1991 Iraq rendeuse e aceptou as condicions impostas polas Nacions Unidas. Nese momento as forzas francesas da 6ª Division acoirazada achabanse a so 150 quilometros de Bagdad. O final do conflito a coalicion internacional reportou a perda de 378 soldados e uns 1.000 resultaron feridos. Os iraquis levaron a peor parte xa que as suas baixas oscilaron entre os 25.000 e 30.000 mortos [ Compre referencia ] .

A posguerra [ editar | editar a fonte ]

Tralo conflito, a ONU impuxo a Iraq un severo embargo que produciu gravisimos trastornos sociais no pais.

  • En xullo de 1992, avions britanicos e estadounidenses engalaron en Turquia e queimaron cultivos en Iraq.
  • O 30 de xuno de 1993, Estados Unidos bombardeou Iraq en represalia por unha suposta conspiracion para asasinar a George Herbert Walker Bush .
  • Do 16 de decembro ao 19 de decembro de 1998, mentres nos Estados Unidos arreciaba o "escandalo Lewinsky", os EEUU e Gran Bretana levaron a cabo sobre Iraq unha serie de bombardeos que chamaron ≪Operacion Raposo do Deserto≫.
  • No ano 2002 George W. Bush acusou a Iraq de constituir un ≪eixe do mal≫, xunto con Corea do Norte e Iran, desencadeando a Invasion de Iraq de 2003 baixo os pretextos sen fundamento de ter gran cantidade de armas de destrucion masiva, e de ter vinculos con Al-Qaeda.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]