Corea do Sur

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaCorea do Sur
大韓民國 (ko) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Himno Aegukga (pt) Traducir (1948) Editar o valor em Wikidata

Lema 弘益人間(弘益人間): 널리 人間을 이롭게 하라 Editar o valor em Wikidata
Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  36°N 128°L  /  36, 128 Coordenadas : 36°N 128°L  /  36, 128
Territorio reivindicado por Corea do Norte Editar o valor em Wikidata
Capital Seul Editar o valor em Wikidata
Conten a division administrativa
Busan (1995?)
Chungcheong do Norte (pt) Traducir (1948?)
Chungcheong do Sul (pt) Traducir (1948?)
Daegu (1995?)
Daejeon (pt) Traducir (1995?)
Gangwon (pt) Traducir (1948?)
Gwangju (pt) Traducir (1995?)
Gyeonggi (pt) Traducir (1948?)
Gyeongsang do Norte (pt) Traducir (1948?)
Gyeongsang do Sul (pt) Traducir (1948?)
Incheon (pt) Traducir (1995?)
Jeju (2006?)
Jeolla do Norte (pt) Traducir (1948?)
Jeolla do Sul (pt) Traducir (1948?)
Sejong (pt) Traducir (2012?)
Seul (1949?)
Ulsan (pt) Traducir (1995?) Editar o valor em Wikidata
Poboacion
Poboacion 51.466.201 (2017) Editar o valor em Wikidata (513,15 hab./km² )
Lingua oficial lingua coreana
lingua de sinais coreana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Relixion Protestantismo , budismo e catolicismo Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Parte de
Superficie 100.295 km² Editar o valor em Wikidata
Banado por Mar Amarelo , South Sea (en) Traducir, Mar do Xapon e Mar da China Oriental Editar o valor em Wikidata
Punto mais alto Halla-san (1.947 m) Editar o valor em Wikidata
Punto mais baixo Mar do Xapon (?2.985 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos historicos
Precedido por
Creacion 15 de agosto de 1948 Editar o valor em Wikidata
Dia festivo
Organizacion politica
Forma de goberno republica
presidencialismo Editar o valor em Wikidata
Organo executivo Government of South Korea (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataYoon Suk-yeol (pt) Traducir (2022?) Editar o valor em Wikidata
Organo lexislativo Assembleia Nacional da Coreia do Sul (pt) Traducir Circunscricion: 253 , (Escano: 300) Editar o valor em Wikidata
Maxima autoridade xudicial Supreme Court of Korea (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal 1.810.955.871.381 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moeda Won surcoreano Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel .kr e .韓國 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefonico +82 Editar o valor em Wikidata
Telefono de emerxencia 112 , 119 e 113 Editar o valor em Wikidata
Codigo de pais KR Editar o valor em Wikidata

Paxina web korea.go.kr… Editar o valor em Wikidata
Instagram: koreanet_official Editar o valor em Wikidata

Corea do Sur , [ 1 ] oficialmente Republica de Corea ( coreano : Daehan Minguk Ko-Daehan_Minguk.ogg listen ( Hangul : 對한 民國; Hanja : 大韓民國), e un pais asiatico que ocupa a metade sur da Peninsula de Corea . [ 2 ] O nome Corea deriva do Reino de Goryeo , tamen pronunciado Kory? . Comparte fronteira terrestre con Corea do Norte , e a traves de mar, co Xapon polo leste e coa China polo oeste. Case a metade da poboacion reside na area metropolitana da capital, Seul , que e a segunda maior do mundo, [ 3 ] [ 4 ] con mais de 25 millons de habitantes.

Corea estivo habitada dende o periodo do paleolitico inferior [ 5 ] e a sua civilizacion comezou coa fundacion do Gojoseon . Despois da unificacion dos Tres reinos de Corea en 668, seguiu un milenio de relativa tranquilidade baixo dinastias que duraron seculos, e por un florecemento do comercio, a cultura, a literatura e a ciencia. [ 6 ] Foi anexionada polo Imperio do Xapon en 1910, e despois da sua derrota en 1945, Corea foi dividida nas zonas de ocupacion da Union Sovietica e os Estados Unidos, convertendose a ultima na Republica de Corea en 1948. Malia que as Nacions Unidas declararon nunha resolucion que a Republica era o unico goberno lexitimo de Corea, [ Compre referencia ] un rexime comunista estableceuse no Norte, que invadiu o Sur en 1950 e comportou a Guerra de Corea , que rematou de facto en 1953.

Entre 1962 e 1994, o tigre economico de Corea do Sur medrou un 10% anual, alimentado por un crecemento anual das exportacions do 20%, [ 7 ] nun periodo chamado Milagre do Rio Han que transformou o pais nunha economia avanzada e de altos ingresos e na onceava maior do mundo en 1995. Na actualidade, [ cando? ] Corea do Sur e o oitavo pais en comercio internacional , [ 8 ] unha potencia rexional co decimo maior gasto en defensa militar e membro fundador do G20 e da Cooperacion Economica Asia-Pacifico . [ 9 ] Dende a caida do goberno militar en 1987, os surcoreanos gozan de amplas liberdades civis e dunha asentada democracia clasificada no segundo posto en Asia segundo o Indice de democracia . [ 10 ] No 2009, Corea do Sur converteuse no primeiro pais do mundo antigo receptor de axuda exterior en unirse o Comite de Axuda o Desenvolvemento da OCDE , sendo un dos grandes doantes. [ 7 ] A sua cultura popular ten unha considerable influencia en Asia e esta a estenderse globalmente nun proceso chamado a Onda coreana . [ 11 ]

Corea do Sur e un pais desenvolvido , clasificado no posto 15 no Indice de Desenvolvemento Humano , o mais alto de Asia oriental. En termos de salario medio, ten a taxa mais alta de Asia e a decima do mundo. [ 12 ] Posue indicadores altos en educacion , saude, xustiza e goberno, facilidade de crear negocios, transparencia do goberno, seguridade no traballo, tolerancia e inclusion. O 64% dos surcoreanos entre 25 e 34 anos ten un titulo de educacion terciaria, o mais alto da OCDE . Destina o 3,74% do seu PIB en investigacion e desenvolvemento, o segundo mais alto do mundo. O pais mais innovador do mundo segundo Bloomberg Innovation Quotient , [ 13 ] e o setimo exportador mundial, [ 8 ] con multinacionais de alta como Samsung , Hyundai-Kia e LG . E o lider global de tecnoloxias avanzadas, coa mais alta velocidade de conexion a Internet, no primeiro posto do Indice ICT de desenvolvemento, e-Government e penetracion de 4G LTE, e o segundo con maior penetracion do telefono intelixente .

Etimoloxia [ editar | editar a fonte ]

Corea do Sur e chamada en coreano Daehan Minguk , 大韓民國 [ 14 ] , cuxos caracteres significan: grande , 大; Han , nome chines para Corea, hanja=韓 e pobo ou nacion , 民國, literalmente O gran pobo de Han ou A gran nacion de Han .

Na sua forma curta, Hanguk , 韓國, "Pais de Han", e empregado para referirse a Corea coma un todo ou tamen Namhan , 南韓, "A nacion do sur", para referirse a Corea do Sur especificamente. Os norcoreanos refirense o seu vecino do sur como Namchos?n , 南朝鮮, literalmente " Joseon do Sur"). O nome Han data das antigas Confederacions Samhan da era dos tres antigos reinos de Corea. En galego , asi coma na maioria das linguas occidentais, a nacion e a miudo referida como Corea . Esta verba deriva da dinastia Goryeo , a cal adoptou o seu nome en referencia o ainda mais antigo Reino de Kogury? .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Antes da division [ editar | editar a fonte ]

Artigos principais : Historia de Corea e Guerra de Corea .

Os primeiros restos humanos atopados en Corea datan de arredor de 500.000 anos. [ 15 ] De acordo coa tradicion, no ano -2333, Tangun (tamen chamado Dangun) fundou o reino de Joseon [ 16 ] (a miudo conecido como "Gojoseon" para evitar a confusion coa dinastia do seculo XIV do mesmo nome; o prefixo go significa "vello" ou "anterior"). Despois de numerosas guerras, este reino desintegrouse.

Jikji , o primeiro libro impreso nunha imprenta con mobiles metalicos, en 1377 , 62 anos antes da Imprenta de Gutenberg. [ 17 ]

A antiga Corea pasou a acoller unha serie de cidades-estado en constantes guerras, que aparecian e desaparecian de xeito constante. Poren, tres reinos, Baekje , Kogury? e Silla fixeronse forte e entre os tres dominaron a escena historica de Corea por mais de douscentos anos, no periodo conecido como dos Tres reinos de Corea . [ 18 ] No ano 676, Silla logrou unificar case todo o territorio coreano, agas o reino de Balhae . O dominio destes dous reinos sobre todo Corea e parte de Manchuria deu orixe o Periodo dos Estados Norte e Sur. [ 19 ]

Trala sua decadencia, en 918 o xeneral Wang Geon fundou o reino de Goryeo (ou Kory?, de onde proven o nome de Corea ). No seculo XIII , a invasion dos mongois debilitou Goryeo: despois de case trinta anos de guerra, o reino conservou o dominio sobre todo o territorio de Corea, ainda que na realidade so era un tributario mais dos mongois. [ 16 ] Coa caida do Imperio Mongol , sucederonse unha serie de loitas politicas, e trala rebelion do Xeneral Yi Seong-gye en 1388, a dinastia Goryeo foi substituida pola dinastia Joseon . [ 16 ]

O palacio de Gyeongbok e o meirande dos cinco grandes palacios construidos durante a dinastia Joseon .

Entre 1592 e 1598 , os xaponeses invadiron Corea , despois de que os Joseon se negasen a brindarlle paso seguro o exercito xapones, liderados por Toyotomi Hideyoshi , na sua campana para a conquista de China . A guerra rematou cando os xaponeses se retiraron despois da morte de Hideyoshi. E nesta guerra onde se da o xurdimento como heroe nacional do almirante Yi Sun-Sin e a popularizacion do famoso " Barco Tartaruga ". [ 20 ]

No seculo XVII , Corea foi finalmente derrotada polos manchus e uniuse o Imperio Qing . Durante o seculo XIX, grazas a sua politica isolacionista, Corea ganou o nome de "Reino ermitan". [ 15 ] A dinastia Joseon tratou de protexerse contra o imperialismo occidental, pero foron obrigados a abrir as suas portas o comercio. Despois das guerras sino-xaponesas e da guerra ruso-xaponesa , Corea quedou baixo o dominio colonial xapones (1910-1945). [ 21 ] O final da segunda guerra mundial , os xaponeses renderonse ante as forzas sovieticas e estadounidenses , que ocuparon as metades norte e sur de Corea , respectivamente.

Despois da division [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Historia de Corea do Sur .

En 1948, como consecuencia da division da peninsula entre os sovieticos e os estadounidenses, xurdiron duas novas entidades: Corea do Norte e Corea do Sur. No norte, un guerrilleiro antixapones e activista comunista, Kim Il-sung , obtivo o poder a traves do apoio sovietico, e no sur, un lider politico exiliado de dereita, Syngman Rhee , foi nomeado presidente. [ 22 ]

Seul .

O 25 de xuno de 1950, Corea do Norte invadiu a Corea do Sur coa accion militar que desencadeou a Guerra de Corea . Naquel intre, o delegado da Union Sovietica no Consello de Seguridade da ONU estivo ausente como protesta pola negativa de admitir a Republica Popular da China dentro do organismo. [ 22 ] Isto permitiu as Nacions Unidas, lideradas polo exercito estadounidense, a intervir para frear a invasion. Pola sua parte, a Union Sovietica e a China decidiron apoiar a Corea do Norte, enviando efectivos e provisions as suas tropas. Despois das perdas masivas de civis norcoreanos e surcoreanos, a guerra chegou a un punto morto. [ 22 ] O armisticio de 1953 dividiu a peninsula o longo da zona desmilitarizada de Corea , preto da lina de demarcacion orixinal. Ningun tratado de paz foi asinado, polo que tecnicamente os dous paises continuaron en guerra. Polo menos 2,5 millons de persoas morreron durante o conflito. [ 23 ]

En 1960, un movemento estudantil levou a renuncia do presidente Syngman Rhee. A este evento seguiulle un periodo de inestabilidade politica, que un ano mais tarde finalizaria co golpe de estado realizado polo Xeneral Park Chung-hee (o " 5-16 coup d' etat "). [ 24 ] Park foi duramente criticado como un ditador desapiadado e pola represion politica que existiu durante o seu mandato. Poren, fixo que a economia surcoreana se desenvolvese de xeito significativo, xa que alentou o rapido crecemento economico impulsando as exportacions. Park foi presidente ata o seu asasinato, ocorrido en 1979. [ 24 ]

Os anos que seguiron o asasinato de Park estiveron marcados novamente pola axitacion politica, xa que os lideres da oposicion anteriormente reprimida realizaron multiples intentos para acceder a presidencia. [ 24 ] En 1980, realizouse outro golpe de estado, desta volta polo Xeneral Chun Doo-hwan en contra do goberno transitorio de Choi Gyuha , quen ocupaba o cargo de primeiro ministro durante o mandato de Park. O feito de que Chun asumise a presidencia desencadeou protestas a nivel nacional esixindo democracia e legalidade nas eleccions. [ 24 ]

Chun e o seu goberno mantiveron a Corea baixo un rexime despotico ata 1987, cando as manifestacions de traballadores e de grupos opositores estouraron por todo o pais. [ 24 ] O cabo, o partido politico de Chun, o Partido Democratico de Xustiza , e o seu lider, Roh Tae-woo , deron a conecer a Declaracion do 29 de xuno, que incluia o chamamento a eleccions directas para elixir un novo presidente. Roh ganou as eleccions por unha estreita marxe contra os dous dirixentes dos principais partidos de oposicion, Kim Dae-Jung e Kim Young-Sam . [ 24 ]

A cidade de Seul experimentou un rapido crecemento urbano durante as decadas de 1980 e 1990.

En 1988, Seul organizou satisfactoriamente os Xogos Olimpicos de veran de 1988 , [ 25 ] e en 1996 continuouse co desenvolvemento economico que levou o ingreso do pais na Organizacion para a Cooperacion e o Desenvolvemento Economico (OCDE). [ 26 ] Coma a maioria dos seus vecinos asiaticos, a economia nacional viuse afectada pola crise financeira asiatica de 1997, mais foi quen de recuperarse e continuar o seu crecemento economico.

En xuno de 2000, como parte da "Politica solleira" do presidente Kim Dae-Jung, celebrouse o Encontro Intercoreana , o cal tivo lugar en Pionyang , a capital de Corea do Norte. [ Compre referencia ] Mais tarde, ese mesmo ano, Kim recibiu o Premio Nobel da Paz "polo seu traballo para a democracia e os dereitos humanos en Corea do Sur e no leste asiatico en xeral e para a paz e a reconciliacion con Corea do Norte en particular." [ 27 ] En 2002, Corea do Sur e o Xapon foron os anfitrions da Copa Mundial de Futbol de 2002 , mais as relacions entre ambas nacions deterioraronse debido ao conflito sobre a posesion das Rochas de Liancourt ( Dokdo en coreano). [ 28 ]

En decembro de 2012, a "Comision Electoral Nacional" outorgou a Park Geun-hye o 51,6% dos sufraxios, fronte o 48% do seu rival, Moon Jae-in. Park, filla do ditador Park Chung-hee , fixo historia o converterse na primeira muller presidenta de Corea do Sur [ 29 ]

Politica [ editar | editar a fonte ]

O xefe de estado da Republica de Corea e o presidente , elixido por voto directo popular para un unico mandato de cinco anos. Ademais de ser o representante mais alto da republica e o comandante-en-xefe das forzas armadas, o presidente tamen ten considerabeis poderes executivos e nomea o primeiro ministro despois de aprobalo o parlamento, amais de tamen nomear e presidir o Consello de Estado, ou goberno .

O parlamento coreano, unicameral, chamase Asemblea Nacional , ou Gukhoe (國會). Os seus membros serven en mandatos de catro anos. Esta composto por 299 deputados, dos cales 243 elixense por voto rexional e os restantes son distribuidos por votos de representacion proporcional. O corpo xudicial mais elevado e o Supremo Tribunal, cuxos xuices son nomeados polo presidente co consentimento do parlamento.

O 12 de marzo de 2004 , o parlamento surcoreano votou a destitucion de Roh Moo-hyun debido a acusacions de fraude electoral e incompetencia. O primeiro-ministro Goh Kun dirixira o pais ata que o Tribunal Constitucional decida sobre a destitucion.

Dereitos humanos [ editar | editar a fonte ]

En materia de dereitos humanos , respecto a pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que incluen o Comite de Dereitos Humanos (HRC), Corea do Sur firmou ou ratificou:

Corea do Sur Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos [ 30 ]
CESCR CCPR CERD CED CEDAW CAT [ 31 ] CRC MWC CRPD
CESCR CESCR-OP [ 32 ] CCPR CCPR-OP1 CCPR-OP2-DP CEDAW CEDAW-OP [ 33 ] CAT CAT-OP CRC CRC-OP-AC CRC-OP-SC CRPD CRPD-OP [ 34 ]
Pertenza Corea do Sur recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Nin firmado nin ratificado Corea do Sur recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Corea do Sur recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Corea do Sur recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Corea do Sur recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Nin firmado nin ratificado
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen informacion, accedeu a firmar e ratificar o organo en cuestion, pero tamen reconece a competencia de recibir e procesar comunicacions individuais por parte dos organos competentes.


Subdivisions [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Subdivisions de Corea do Sur .
Subdivisions de Corea do Sur

Corea do Sur consta dunha cidade especial ( Teukbyeolsi ; 特別市; 特別市), 6 cidades metropolitanas ( Gwangyeoksi , singular e plural; 廣域市; 廣域市), e 9 Provincias ( do , singular e plural; 도; 道).

Nome Hangul Hanja
Cidades especiais ( Teukbyeolsi )
1 Seul 서울特別市 서울特別市
Cidades metropolitanas ( Gwangyeoksi )
2 Busan 釜山廣域市 釜山廣域市
3 Daegu 大邱廣域市 大邱廣域市
4 Incheon 仁川廣域市 仁川廣域市
5 Gwangju 光州廣域市 光州廣域市
6 Daejeon 大田廣域市 大田廣域市
7 Ulsan 蔚山廣域市 蔚山廣域市
Cidade autonoma especial ( Teukbyeoljachisi )|-
8 Sejong 世宗特別自治市 世宗特別自治市
Provincias
9 Gyeonggi 京畿道 京畿道
10 Gangwon 江原道 江原道
11 Chungcheong do Norte 忠淸北道 忠淸北道
12 Chungcheong do Sur 忠淸南道 忠淸南道
13 Jeolla do Norte 全羅北道 全羅北道
14 Jeolla do Sur 全羅南道 全羅南道
15 Gyeongsang do Norte 慶尙北道 慶尙北道
16 Gyeongsang do Sur 慶尙南道 慶尙南道
Provincia autonoma especial ( Teukbyeoljachi-do )
17 Jeju 濟州特別自治道 濟州特別自治道

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

Corea forma unha peninsula que se estende ao longo de 1.100 km desde a sua xunta co resto de Asia . Limita ao norte con Corea do Norte , ao leste co Mar do Leste ( Mar do Xapon ), ao sur co Estreito de Corea (a traves do cal fai fronteira co Xapon ) e co Mar da China Oriental , e ao oeste co Mar Amarelo , do outro lado do cal se estende China . Alen da parte continental e de moitas illas costeiras, inclue tamen as illas de Cheju , no Mar da China Meridional , e de Ullung , no Mar do Leste. A paisaxe da metade sur consta de cadeas montanosas parcialmente cubertas de selva, ao leste, separadas por vales profundos e estreitos, e de planicies costeiras densamente poboadas e cultivadas, a sur a e oeste.

O clima local e relativamente temperado , coa precipitacion a ser mais forte no veran, durante unha breve estacion chuviosa chamada xangma , e con invernos que poden por veces ser moi frios. A capital e maior cidade de Corea do Sur e Seul , no noroeste do pais. Outras cidades principais son Incheon , situada preto de Seul, Daejeon , localizada no centro do pais, Gwangju , situada no suroeste e Daegu e Busan , localizadas no sueste.

Economia [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Economia de Corea do Sur .

O crecemento economico de Corea do Sur nos ultimos 30 anos foi espectacular. O PIB per capita , que era de so 100 $ en 1963 , chegou a case 9800 dolares en 2002 ; o PIB actual [ cando? ] e 18 veces maior que o de Corea do Norte . A Corea do Sur esta entre as dez maiores economias do mundo. O exito economico do pais debese a un sistema de lazos intimos desenvolvidos entre o goberno e a iniciativa privada, que inclue credito facilitado, restricion a importacions, subsidios a determinados sectores e incentivo ao traballo.

Demografia [ editar | editar a fonte ]

A poboacion de Corea e unha das mais homoxeneas, etnica e linguisticamente, do mundo. A unica minoria e unha pequena comunidade chinesa , ainda que as persoas cuxos pais son parellas mestizas (por exemplo, fillos de soldados americanos ou de homes de negocios europeos) sexan encaradas como unha minoria e frecuentemente discriminadas (por exemplo, polos cativos na escola). Os coreanos viviron na Manchuria durante moitos seculos e son hoxe unha minoria na China , e Stalin enviou millares de coreanos de Vladivostok e Khabarovsk , contra a sua vontade, para a Asia Central (na antiga Union Sovietica ), mentres que a maioria da poboacion coreana do Xapon foi levada para o pais como traballadores forzados durante o periodo colonial (entre 1910 e 1945 ).

A inestabilidade politica, social e economica na Corea do Sur levou moitos sur-coreanos a emigrar para outros paises, en particular aos Estados Unidos de America e ao Canada . California ten un numero moi alto de coreanos e coreano-americanos : ben mais dun millon de persoas.

Deportes [ editar | editar a fonte ]

A arte marcial do taekwondo orixinouse en Corea. Nas decadas de 1950 e 1960, crearonse regras modernas para normalizalo, e en 2000 converteuse en deporte olimpico . Outras artes marciais coreanas incluen o hapkido , o taekkyon , o tangsudo , o kuk sool won , o soo bahk do e o kumdo .

O beisbol foi introducido a Corea en 1905 e desde enton converteuse no deporte de espectadores mais popular en Corea do Sur.KOIS (2003), pax. 632. Establecida en 1982, a Organizacion Coreana de Beisbol foi a primeira liga deportiva profesional no pais. O equipo surcoreano finalizou terceiro no Clasico Mundial de Beisbol 2006 , segundo na edicion de 2009 e ganou a medalla de ouro nos Xogos Olimpicos de Beijing 2008 . [ 35 ]


En 1988, organizou os Xogos Olimpicos de Seul 1988 , quedando no cuarto lugar do medalleiro, con 12 preseas de ouro, 10 de prata e 11 de bronce. Regularmente, o pais obten bos resultados no tiro con arco , o tenis de mesa , o badminton , patinaxe de velocidade sobre pista curta , balonman , hockey sobre xeo , loita de estilo libre , beisbol , judo , taekwondo , patinaxe e levantamento de pesas . ganou mais medallas nos Xogos Olimpicos de Inverno que calquera outro pais de Asia. Na sua ultima edicion , ganou un total 14 medallas (6 de ouro, 6 de prata e 2 de bronce) para sumar un total de 45 medallas (23 de ouro, 14 de prata e 8 de bronce).

Acolleu os Xogos Asiaticos en 1986 (Seul) e 2002 (Busan) e sera se de novo en 2014 (Inchon). [ 36 ] Tamen foi a se dos Xogos Asiaticos de Inverno de 1999 ; e das Universiadas de inverno en 1997 e de veran en 2003 . Na Copa Mundial de futbol de 2002 , conxuntamente organizada por Corea do Sur e o Xapon, a seleccion de futbol converteuse no primeiro equipo da Confederacion Asiatica de Futbol en chegar as semifinais. [ 37 ] En 2010 celebrouse por primeira vez unha proba do mundial de Formula 1 , o Gran Premio de Corea do Sur no Circuito Internacional de Corea , en Yeongam . Ademais, prevese que o Campionato Mundial de Atletismo de 2011 celebrese en Daegu . [ 38 ] Tamen son importantes as tres competicions hipicas do pais, entre as que destaca a do parque de carreiras de Seul que e a maior.

Seleccions nacionais [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para surcoreano .
  2. Modelo:CIA World Factbook
  3. Forstall, Richard L.; Greene, Richard P.; Pick, James B. (2009-7). "WHICH ARE THE LARGEST? WHY LISTS OF MAJOR URBAN AREAS VARY SO GREATLY" . Tijdschrift voor economische en sociale geografie (en ingles ) 100 (3): 277?297. doi : 10.1111/j.1467-9663.2009.00537.x .  
  4. Tijdschrift voor economische en sociale geografie 100 , 277 (2009), Table 4
  5. "Ancient civilizations" . Canada: Royal Ontario Museum. 12 de decembro de 2005 . Consultado o 25 de abril de 2010 .  
  6. "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 10 de xuno de 2014 . Consultado o 25 de outubro de 2014 .  
  7. 7,0 7,1 "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2014 . Consultado o 25 de outubro de 2014 .  
  8. 8,0 8,1 韓 世界貿易 占有率 順位 外換危機 以後 첫 下落
  9. "South Korea: Economic and social developments" . Encyclopædia Britannica . Consultado o 18 de febreiro de 2010 .  
  10. http://www.eiu.com/Handlers/WhitepaperHandler.ashx?fi=Democracy_Index_2013_WEB-2.pdf&mode=wp&campaignid=Democracy0814 [ Ligazon morta ]
  11. South Korea's K-pop craze lures fans and makes profits
  12. Where are you on the global pay scale? Arquivado 22 de outubro de 2014 en Wayback Machine ., BBC
  13. http://www.bloomberg.com/slideshow/2014-01-22/30-most-innovative-countries.html#slide32
  14. Gobierno de Corea, ed. (2010). "The official website of the Republic of Korea" . Korea.net (en coreano) . Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2010 . Consultado o 31 de maio de 2010 .  
  15. 15,0 15,1 Hapki Yu Kwon Sul Euskadi (2009). "Historia" . Hapki do eh.com (en espanol) . Arquivado dende o orixinal o 21 de xuno de 2009 . Consultado o 25 de maio de 2010 .  
  16. 16,0 16,1 16,2 Embaixada de Corea. "Korea's History" . Asian Info.org (en ingles) . Consultado o 6 de abril de 2010 .  
  17. "Digital Jikji" . Digital Jikji.net (en ingles) . 2003. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2009 . Consultado o 9 de abril de 2010 .  
  18. "Korea's Three Kingdoms" . Ancient Worlds.net (en ingles) . 2005. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2011 . Consultado o 9 de abril de 2010 .  
  19. NHN Corp. (2009). "南北國時代 [南北國時代]" . Naver.com (en coreano) . Arquivado dende o orixinal o 28 de xuno de 2012 . Consultado o 23 de maio de 2010 .  
  20. Hawley, pax. 192
  21. Yutaka Kawasaki (1996). "Was the 1919 Annexation Treaty Between Korea and Japan Concluded Legally?" . Murdoch University Electronic Journal of Law (en ingles) 3 (2) . Consultado o 9 de abril de 2010 .  
  22. 22,0 22,1 22,2 Juan Carlos Ocana (2003). "La guerra de Corea, 1951-1953" . Historia siglo 20.org (en espanol) . Consultado o 2 de xuno de 2010 .  
  23. "Korean War" . Encyclopedia Britannica (en ingles) . 2009 . Consultado o 9 de abril de 2010 .  
  24. 24,0 24,1 24,2 24,3 24,4 24,5 "Corea del Sur - Historia" . Guia del Mundo.org.uy (en espanol) . 2008 . Consultado o 3 de xuno de 2010 .  
  25. Comite Olimpico Internacional (2009). "Seoul 1988" . Olympic.org (en ingles) . Consultado o 3 de xuno de 2010 .  
  26. OCDE (2009). "Ratification of the Convention on the OECD" . OECD.org (en ingles) . Consultado o 3 de xuno de 2010 .  
  27. Fundacion do Premio Nobel (2000). "The Nobel Peace Prize 2000" . Nobel Prize.org (en ingles) . Consultado o 6 de abril de 2010 .  
  28. BBC News (2006). "South Korea survey angers Japan" . BBC.co.uk (en ingles) . Consultado o 3 de xuno de 2010 .  
  29. "Park Geun-hye, primera mujer que gana las presidenciales en Corea del Sur" . El Pais . Consultado o 19 de decembro de 2012 .  
  30. Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. "Status by country" (en ingles ) . Oficina do Alto Comisionado das Nacions Unidas para os Dereitos Humanos . Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013.  
  31. Convencion contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolucion) (en castelan ) . Oficina do Alto Comisionado das Nacions Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.  
  32. Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Economicos, Sociales y Culturales (PDF) (Resolucion) (en castelan ) . Oficina do Alto Comisionado das Nacions Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de febreiro de 2014.  
  33. Protocolo Facultativo de la Convencion sobre la eliminacion de todas las formas de discriminacion contra la mujer (Resolucion) (en castelan ) . Oficina do Alto Comisionado das Nacions Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.  
  34. Protocolo facultativo de la Convencion sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolucion) (en castelan ) . Oficina do Alto Comisionado das Nacions Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014.  
  35. COI (2010). "Republic of Korea" . Olympic.org (en ingles) . Consultado o 12 de abril de 2010 .  
  36. "Asian Games" (en ingles) . Consello Olimpico de Asia. 2010. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2011 . Consultado o 16 de novembro de 2010 .  
  37. FIFA (2010). "Republica de Corea: Clasificacion Mundial/FIFA Coca Cola" . FIFA.com (en castelan ) . Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2012 . Consultado o 12 de abril de 2010 .  
  38. "GP de Corea Do Sur Yeongam" (en espanol) . Diario As . Consultado o 17 de xuno de 2010 .