Masacre dos Xogos Olimpicos de Munic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Masacre de Munic ocorreu durante os Xogos Olimpicos de 1972 en Munic , Alemana , cando membros do equipo olimpico israeli foron tomados como refens pola organizacion terrorista Palestina Setembro Negro , un grupo relacionado coa organizacion de Yasser Arafat , Fatah . [ 1 ] Os terroristas asasinaron a 11 atletas israelis e a un oficial de policia aleman. Cinco dos oito secuestradores foron mortos pola policia durante unha tentativa de rescate. Os tres secuestradores superviventes foron mais tarde postos en liberdade por Alemana, tralo secuestro dun avion de Lufthansa . O masacre foi seguido por unha serie de asasinatos israelis dos principais planificadores, como vinganza.

Simon Reeve escribiu que o ataque foi un dos incidentes terroristas mais significativos dos tempos recentes, un que "colocou a causa palestina no centro de atencion do mundo, establecendo o ton de decadas de conflito no Oriente Medio , e comezando unha nova era de terrorismo internacional". [ 2 ]

A toma de refens [ editar | editar a fonte ]

Vista frontal do apartamento da vila olimpica onde se aloxaba a delegacion israeli e onde foron retidos.

De acordo cos medios de informacion, os atletas israelis gozaran dunha noite fora o 4 de setembro , vendo unha actuacion de Fiddler on the Roof antes de volver a Cidade Olimpica . As 4:30 da madrugada do 5 de setembro , cando os atletas durmian, oito membros encapuchados de Setembro Negro portando bolsas de lona con pistolas e granadas escalaron unha vala de dous metros coa axuda de atletas americanos que non sospeitaban nada e que tamen entraban furtivamente no recinto olimpico. Unha vez dentro, os terroristas empregaron unhas chaves roubadas para entrar nos dous apartamentos de 31 Connollystraße que estaban a ser usados polo equipo israeli.

Yossef Gutfreund, un arbitro de loita israeli de 40 anos, escoitou a alguen rabunando discretamente na porta do primeiro dos apartamentos. Cando investigou, viu a porta comezando a abrirse e homes enmascarados e con pistolas o outro lado da porta. El berrou "Hevre tistalku!" (en hebreo ???? ??????? ; Rapaces, saide de aqui!) e lanzou o seu corpo de 135 kg. de peso contra a porta para tentar deter a entrada dos palestinos. O aviso de Gutfreund permitiu o seu companeiro de habitacion, o preparador de levantamento de peso Tuvia Sokolovsky, crebar unha fiestra e fuxir. O adestrador de loita Moshe Weinberg , de 33 anos, loitou para botar os intrusos, que lle dispararon na cara, forzando o home a levalos o apartamento 3, onde os terroristas tomaron a outros seis loitadores e levantadores de peso como novos refens.

Weinberg, nun movemento calculado, probablemente salvou as vidas dos residentes do apartamento 2. Malia estar seriamente ferido e cativo, Weinberg mantivo o seu enxeno e mentiu os terroristas cando lle interrogaron, dicindolles que os residentes do apartamento 2 non eran israelis. El probablemente pensou que os homes mais grandes e fortes do apartamento 3 terian unha mellor oportunidade de loitar contra os intrusos. Dentro do apartamento 2, o corredor Dr. Shaul Ladany fora espertado polos berros de Gutfreund e de seguido escapara. Os outros catro residentes do apartamento 2 (os tiradores Henry Hershkowitz e Zelig Stroch e os espadachins Dan Alon e Moshe Yehuda Weinstain), mais os dous doutores do equipo e o xefe da delegacion Shmuel Lalkin, lograron esconderse e fuxir despois do edificio.

Cando os atletas do apartamento 3 estaban a ser trasladados o apartamento dos adestradores, Weinberg atacou os secuestradores, xunto cun dos seus loitadores, Gad Tsobari , para fuxir polo garaxe subterraneo [ 3 ] . O forte Weinberg deixou un dos intrusos inconsciente e acoitelou a outro cun coitelo de froitas denantes de que lle disparasen ata a morte. O levantador de peso e pai de tres nenos Yossef Romano , de 31 anos, tamen atacou e feriu un dos intrusos antes de ser asasinado.

Os terroristas quedaron con nove refens vivos: ademais de Gutfreund, atraparon o levantador de peso David Berger , de 28 anos; a Ze'ev Friedman , 28; o loitador Eliezer Halfin , 24; os adestradores Amitzur Shapira , de 40, e Kehat Shorr , de 53; o loitador Mark Slavin , 18; o adestrador de esgrima Andre Spitzer , de 27; e o xuiz de levantamento de peso Yakov Springer , de 51 anos. Gutfreund, fisicamente o mais grande dos refens, foi atado a unha cadeira; o resto foi alinado de catro en catro nas duas camas na habitacion de Spitzer e Shorr e atados polos pulsos e nocellos, cada un os demais. O corpo atravesado polas balas de Romano foi deixado os pes dos seus camaradas atados como aviso.

Os terroristas foron subseguintemente reconecidos como membros da fedayeen palestina, procedentes de campos de refuxiados no Libano , Siria , e Xordania . Foron identificados como Luttif Afif (" Issa "), o lider (tres dos seus irmans foron identificados tamen como membros de Setembro Negro, dous deles en carceres israelis), o seu segundo Yusuf Nazzal ("Tony"), e os xoves membros Afif Ahmed Hamid ("Paolo"), Khalid Jawad ("Salah"), Ahmed Chic Thaa ("Abu Halla"), Mohammed Safady ("Badran"), Adnan Al-Gashey ("Denawi"), e o seu curman Jamal Al-Gashey ("Samir"). Segundo Simon Reeve, Afif, Nazzal e outro dos seus companeiros traballaran en diversos lugares da Cidade Olimpica, e pasaran varias semanas estudando o seu obxectivo. Un membro da delegacion olimpica uruguaia , que vivira cos israelis, dixo que atopara a Nazzal dentro de 31 Connollystraße menos de vinte e catro horas antes do ataque, pero dende que foi reconecido como un traballador da Cidade, nada pensouse daquilo naquel momento. Os outros membros do equipo dos secuestradores entraran en Munic por tren e avion uns dias antes do ataque. Todolos membros dos equipos olimpicos do Uruguai e Hong Kong, que tamen compartian edificio cos israelis, resultaron ilesos.

Demandas dos terroristas [ editar | editar a fonte ]

Os terroristas demandaron a liberacion e un traslado seguro a Exipto de 234 palestinos e non-arabes que estaban na cadea en Israel , xunto con dous prisioneiros alemans, Andreas Baader e Ulrike Meinhof , que eran membros da Fraccion do Exercito Vermello . Os secuestradores lanzaron o corpo de Weinberg a fora do edificio para demostrar a sua resolucion. A resposta de Israel foi inmediata e absoluta: non haberia negociacion. As autoridades alemas, baixo o liderado do chanceler Willy Brandt e do Ministro de Interior Hans-Dietrich Genscher rexeitaron o ofrecemento de Israel para mandar unha unidade das forzas especiais israelis a Alemana . Ainda asi, a policia alema que tomou parte nunha tentativa de rescate non tina especial adestramento en crises deste tipo.

Segundo o xornalista John K. Cooley , a situacion presentaba unha extremadamente dificil situacion politica para Alemana porque os refens eran xudeus . Os alemans ofreceron os palestinos unha ilimitada cantidade de cartos pola liberacion dos atletas, asi como a sua substitucion por altos cargos alemans. De todos xeitos, os terroristas rexeitaron ambalas duas ofertas. [ 4 ]

O xefe da policia de Munic Manfred Schreiber e Ahmed Touni, xefe do equipo olimpico exipcio, negociaron directamente cos secuestradores, repetindolles a oferta dunha ilimitada cantidade de cartos. Segundo Cooley, a resposta foi "os cartos non significan nada para nos; as nosas vidas non significan nada para nos." Os embaixadores de Tunisia e Libia tamen axudaron tentando ganar concesions dos secuestradores, pero foi en van. Ainda asi, os negociadores aparentemente eran capaces de convencer os secuestradores de que as suas demandas estaban a ser consideradas, xa que Issa garantiu un total de cinco aprazamentos das suas datas limite. Noutras partes do lugar os atletas continuaban con normalidade, semellando ignorar os acontecementos que estaban a suceder preto de ali. Os xogos continuaron ata que o Comite Olimpico Internacional forzou unha suspension de 12 horas trala morte do primeiro atleta.

Unha pequena escuadra de policia alema foi enviada a Cidade Olimpica. Vestidos con traxes de deporte olimpicos e portando armas automaticas, eran membros da policia alema da fronteira, non adestrados na resposta antiterrorista , e sen planos operacionais especificos para o rescate. A policia tomou posicions agardando ordes que nunca chegarian.

O mesmo tempo, os equipos de television filmaban as accions da policia dende os apartamentos alemans, e proxectaban as imaxes en directo na television. Os terroristas puideron ver a policia cando se preparaba para atacar. O metraxe amosa os terroristas inclinandose para ver a policia que se estaba a agochar na azotea. O final, despois de que Issa ameazara con matar a dous dos refens, a policia abandonou os seus postos.

Nun punto da crise, os negociadores requiriron contacto directo cos refens para asegurarense de que os refens israelis estaban ainda vivos. O adestrador de esgrima Andre Spitzer, que falaba aleman con soltura, e o adestrador de tiro Kehat Shorr, o membro mais vello da delegacion israeli, tiveron unha conversacion curta con Schreiber e Genscher que estaban na fiestra do segundo piso do edificio, con dous secuestradores apuntandolles coas suas pistolas. Cando os secuestradores volveronse impacientes coas prolongadas respostas de Spitzer as preguntas dos negociadores, o adestrador foi golpeado coa pistola xusto diante das camaras internacionais e apartado da fiestra. Uns poucos minutos despois, a Genscher e Walter Troger, o maior da Cidade Olimpica, foilles permitido entrar brevemente nos apartamentos e falar cos refens. Troger dixo sentirse moi conmovido pola dignidade coa cal os israelis mantinanse, e que semellaban aceptar o seu destino. [ 5 ] El tamen sinalou que alguns dos refens, especialmente Gutfreund, amosaban sinais de ter sido maltratados fisicamente polos secuestradores, e que David Berger tina unha gran ferida de bala no seu ombro.

O rescate errado [ editar | editar a fonte ]

Despois de mais de medio dia de intensas negociacions, os terroristas demandaron ser transportados a un aeroporto. As autoridades deron a sua aprobacion, e as 10:10 p.m. dous oficiais de policia transportaron os terroristas e os seus refens a unha base aerea proxima, onde un avion Boeing 727 agardaba. Inicialmente, os terroristas quixeron ir o Riem , o aeroporto Internacional preto de Munic , pero os negociadores convenceronlles de que Furstenfeldbruck seria moito mais practico. As autoridades tinan outro motivo: planearan un asalto armado contra os terroristas no aeroporto.

Cinco francotiradores alemans, ningun dos cales tina un especial adestramento, foron elixidos para disparar os secuestradores. Foron escollidos simplemente porque disparaban competitivamente os fins de semana [ 6 ] . Durante a subseguinte investigacion alema, un dos francotiradores identificado como o “Francotirador No. 2” manifestou: “Son da opinion de que non son un tirador de elite.” [ 7 ]

Os francotiradores foron posicionados no aeroporto pero as autoridades descubriron sorprendidas que habia oito terroristas. Non habia tanques nin transportes armados de persoal no lugar. Segundo John Cooley, habia un ou dous oficiais israelis que asistian a operacion. Tanto Reeve como Groussard citan o xefe do Mossad Zvi Zamir e a Victor Cohen, un dos maiores asistentes de Zamir, como os oficiais israelis presentes en Furstenfeldbruck, pero so como observadores. Zamir ten manifestado repetidamente que nunca foi consultado polos alemans en busca de consello ou de asistencia durante a tentativa de rescate.

Un reactor Boeing 727 foi colocado na pista, con cinco ou seis policias armados alemans dentro, que se presentaran voluntarios para o traballo, disfrazados como a tripulacion do avion. Eles tinan que reducir os terroristas que inspeccionasen o avion, e dar os francotiradores alemans unha oportunidade de matar os terroristas que permanecian nos helicopteros, pero eran membros ordinarios da policia que non foran adestrados para este tipo de misions. No ultimo minuto, cando os helicopteros chegaban a pista, os policias alemans a bordo do avion decidiron abandonar a sua mision, sen consulta ningunha o comando central. Isto deixou a so cinco tiradores de calidade para tratar de vencer a un grupo de terroristas mais grande e mellor armado. Naquel punto, o xeneral Ulrich Wegener , mais tarde fundador do grupo de elite antiterrorista aleman GSG 9 , dixo “Estou seguro de que isto vai levarse a operacion enteira!”

Os helicopteros tomaron terra xusto despois das 10:30 p.m., e os catro pilotos e seis dos secuestradores sairon deles. Mentres catro dos membros de Setembro Negro mantinan os pilotos apuntados coas armas (rachando un acordo feito por eles de que non tomarian ningun refen aleman), Issa e Tony avanzaron para inspeccionar o reactor, tan so para atopalo baleiro. Sabendose enganados, Issa e Tony volveron correndo xuntos cara os helicopteros, e aproximadamente as 11:00 pm, as autoridades alemas deron a orde os francotiradores da policia de disparar.

Segundo Simon Reeve, a operacion de rescate alema foi un fiasco:

Houbo un caos instantaneo. Os catro membros alemans das tripulacions dos helicopteros comezaron a correr pola sua seguridade en todalas direccions. Issa e Tony comezaron a correr xuntos cara os helicopteros, cando o terceiro francotirador abriu fogo contra eles. O seu primeiro disparo errou, afundindose na pista preto de Issa, quen se detivo e enton comezou a correr en zigzag cara os helicopteros. O francotirador disparou outra vez, ferindo a Tony na perna. El desplomouse enriba da pista. [ 2 ]

No caos resultante, os dous secuestradores que vixiaban as tripulacions dos helicopteros (Ahmed Chic Thaa e Afif Ahmed Hamid) morreron, e os catro restantes terroristas expostos moveronse rapidamente para ponerse a salvo, devolvendo o fogo e afastandose tan apresa como podian das luces do aeroporto de preto dos helicopteros, fora da lina de tiro dos francotiradores. Un policia aleman da torre de control, Anton Fliegerbauer, morreu polos disparos. Os pilotos dos helicopteros fuxiran, pero os refens, que estaban atados dentro dos aparatos, non puideron. Produciuse un punto morto. Durante o tiroteo, escribe Groussard, os refens traballaron secretamente en liberarse das suas ataduras. Atoparonse marcas de mordeduras nas cordas trala fin do tiroteo.

Os cinco tiradores alemans non tinan contacto de radio entre eles e foron incapaces de coordinar os seus disparos. Ningun dos tiradores estaba equipado con cascos de aceiro ou chalecos antibalas , probando pouca preparacion. Ningun dos rifles estaba equipado con miras telescopicas ou aparatos de vision nocturna. Despois descubriuse que un dos tiradores vacilou en disparar porque estaba directamente posicionado na lina de fogo amigo, sen ningunha roupa protectora. Mais tarde no combate, cando o secuestrador Khalid Jawad tentou fuxir a pe, este tirador disparou o seu unico tiro, matando o terrorista que fuxia pero estando a punto de ser ferido por un dos seus policias, que non sabia que estaba disparando a un dos seus homes.

Frustrados pola aparente indiferenza dos alemans ante a gravidade da situacion, Zamir e Cohen subiron a azotea da torre de control cun megafono e tentaron falar cos secuestradores. A resposta dos terroristas ? dispararon contra os dous israelis ? deixou claro que o tempo das negociacions pasara fai rato.

Os alemans non conseguiron transporte armado de persoal a tempo, e so foron chamados cando se chegou o punto morto. Como as estradas cara o aeroporto non foran despexadas, os transportes vironse detidos no trafico e so chegaron preto da media noite. Catro minutos despois da media noite, segundo Cooley, un dos terroristas, presumiblemente Issa, volveu xunto os refens no helicoptero do leste e baleirou un cargador dentro deles, matando a Springer, Halfin, e Friedman e ferindo a Berger na perna. El enton guindou unha granada de man dentro do helicoptero, producindo unha tremenda explosion que esnaquizou o helicoptero e queimou os israelis atados dentro del.

Issa e outro terrorista enton correron o longo da pista e comezaron a disparar contra a policia, que matou os dous cando devolveu o fogo. Que sucedeu cos refens restantes e ainda motivo de disputa. Unha investigacion da policia alema indicou que un dos seus francotiradores e alguns dos refens puideron ser disparados accidentalmente e morrer por fogo amigo. Ainda asi, unha reconstrucion da Time Magazine do informa largamente reducido do fiscal bavaro indica que un terceiro secuestrador (identificado por Reeve como Adnan Al-Gashey) permaneceu a porta do helicoptero e metrallou os restantes refens; Gutfreund, Shorr, Slavin, Spitzer e Shapira recibiron unha media de catro disparos cada un [ 6 ] . Berger foi o derradeiro refen en morrer, sucumbindo a inhalacion de fume. Nalguns casos, a causa exacta de morte dos refens do helicoptero do leste non foi establecida porque os cadaveres arderon mais alo da posibilidade de reconecemento na explosion ou no lume que a seguiu. Tan so o corpo de Ze'ev Friedman estaba relativamente intacto; xa que foi lanzado do helicoptero polo estoupido.

Tres dos terroristas permaneceron no chan, dous deles aparentando mortos, e foron capturados pola policia. Jamal Al-Gashey recibiu un disparo que atravesou o seu pulso [ 2 ] , e Mohammed Safady tina unha ferida apreciable na perna. [ 8 ] Adnan Al-Gashey saiu completamente ileso. Tony, o outro terrorista, escapou do lugar, pero foi localizado con cans 40 minutos despois. Acurralado e bombardeado con gas, morreu por un disparo tras un breve tiroteo. Arredor da 1:30 a.m. , a batalla rematara.

As cronicas iniciais dos medios de comunicacion, publicados arredor de todo o mundo, indicaban que todolos refens estaban vivos, e que todolos terroristas morreran. So despois un representante do Comite Olimpico Internacional suxeriu que as noticias iniciais eran sobre todo optimistas.

Jim McKay , que estaba a cubrir os xogos para a ABC , informouse sobre os sucesos como lle dixera Roone Arledge . Trala tentativa errada de rescate, volveu en avion con esta exposicion:

Os nosos peores medos tenen sido realizados esta noite. Din agora que habia 11 refens; 2 foron asasinados nas suas habitacions na mana de onte, 9 foron asasinados no aeroporto esta noite. Eles estan todos mortos [ 9 ] .

O impacto nos xogos [ editar | editar a fonte ]

A competicion olimpica foi suspendida o 5 de setembro por un dia completo; isto nunca tina sucedido antes. O dia seguinte, un servizo conmemorativo o que asistiron 80,000 espectadores e 3,000 atletas tivo lugar no Estadio Olimpico. O presidente do Comite Olimpico Internacional Avery Brundage non fixo referencia os atletas asasinados durante un discurso gabando a forza do movemento olimpico, ultraxando a maioria dos que o ouviron [ 7 ] .

A maioria das 80,000 persoas que encheron o estadio olimpico para un partido de futbol entre Alemana e Hungria levaban matracas e ondeaban bandeiras, pero cando varios espectadores despregaron unha pancarta na que se podia ler “17 mortos, enseguida esquecidos?” os encargados de seguridade retiraron a pancarta e botaron os seus porteadores fora do estadio [ 10 ] .

Durante o servizo conmemorativo, a bandeira olimpica ondeou a media hasta, xunto coas bandeiras de moitas das nacions participantes, por orde de Willy Brandt . Enton as nacions arabes presentes nos xogos esixiron que as suas bandeiras ondeasen a hasta enteira, o que Brandt aceptou [ 11 ] .

Willi Daume, presidente do comite organizador de Munic , tentou inicialmente cancelar o que restaba dos xogos, pero pola tarde Brundage e outros que desexaban continuar os xogos prevaleceron, manifestando que non podian permitir que o terrorismo detivese os xogos. [ 10 ] Brundage manifestou que “os xogos deben continuar”, unha decision apoiada polo goberno israeli e polo xefe do equipo olimpico [ 12 ] .

O 6 de setembro , o equipo israeli anunciou que deixaria Munic . Todolos deportistas xudeus permaneceron baixo garda. Mark Spitz , o gran nadador americano que acabara de rematar as suas competicions, abandonou Munic durante a crise por medo a que, como xudeu importante, podia ser un obxectivo dos secuestradores. O equipo exipcio deixou os xogos o 7 de setembro , expresando o seu temor a represalias [ 13 ] . Os equipos de Filipinas e Alxeria tamen abandonaron os xogos, como fixeron alguns membros dos equipos neerlandes e noruegues. O corredor americano de maraton Kenny Moore , que escribiu sobre o incidente para Sports Illustrated , citou a un dos atletas holandeses dicindo “Se dades unha festa, e alguen e asasinado durante a festa, vos non continuades a festa, marchades a casa. Isto e o que estou facendo.”

As familias dalgunhas vitimas pediron o COI establecer un memorial permanente os atletas, pero o COI declinou isto, dicindo que introducir unha referencia especifica as vitimas poderia “alienar a outros membros da comunidade olimpica,” segundo a BBC [ 14 ] . Alex Gilady, un oficial do COI israeli, dixo a BBC: “Debemos considerar que pode facer isto a outros membros das delegacions que son hostis a Israel .”

Hai, de todos xeitos, un memorial fora do Estadio Olimpico, na forma dunha placa de pedra na ponte que une o estadio coa antiga Cidade Olimpica. Hai tamen unha placa memorial os israelis asasinados a caron da porta dos seus antigos apousentos no 31 de Connollystraße. O 15 de outubro de 1999 (case un ano antes dos Xogos de Sidney do 2000) unha placa conmemorativa foi inaugurada nunha das grandes torres lumisosas de fora do Estadio Olimpico de Sidney, e ali permanece hoxe [ 15 ] [ 16 ] .

Consecuencias [ editar | editar a fonte ]

Placa conmemorativa no edificio dos atletas israelis. A inscricion en aleman e hebreo di: ≪ O equipo do Estado de Israel permaneceu neste edificio durante os 20ª Xogos Olimpicos de Veran do 21 de agosto ao 5 de setembro de 1972. O 5 de setembro, [lista das vitimas] morreron de morte violenta. Honra a sua memoria. ≫.

O 5 de setembro , Golda Meir , por aquel enton Primeira Ministra de Israel , apelou a outros paises para “salvar os nosos cidadans e condenar os impronunciables actos criminais perpetrados” [ 17 ] . O ataque foi amplamente condenado arredor do mundo, co Rei Hussein de Xordania cualificandoo como un “crime salvaxe contra a civilizacion… perpetrado por mentes enfermas.” [ 4 ] Hussein foi o unico lider dun pais arabe que denunciou publicamente o ataque.

Os corpos dos cinco palestinos ? Afif, Nazzal, Chic Thaa, Hamid e Jawad ? mortos durante o tiroteo de Furstenfeldbruck foron enviados a Libia , onde recibiron funerais de heroes e foron incinerados con grandes honores militares.

As autoridades alemas encarceraron os tres terroristas sobreviventes, e pronto crearon unha unidade antiterrorista ( GSG 9 ) para evitar unha posible resposta mais forte con nova toma de refens.

O 9 de setembro , avions israelis bombardearon campos de refuxiados palestinos en Siria e no Libano [ 18 ] .

O 29 de outubro , os secuestradores dun avion de pasaxeiros aleman da compania Lufthansa reclamaron a posta en liberdade dos tres terroristas sobreviventes que ian ser levados a xuizo. Safady e os Al-Gasheys foron liberados inmediatamente por Alemana, recibindo unha tumultuosa benvida cando tomaron terra en Libia e deron a sua experiencia de primeira man da operacion nunha conferencia de prensa a nivel mundial. Alguns sospeitan que os oficiais alemans liberaron rapidamente os terroristas por medo a que os defectos e erros da actuacion de Alemana na crise saisen a luz durante o xuizo [ 2 ] . No documental A traxedia dos xogos de Munic e no documental ganador dun Oscar de Kevin Macdonald Un dia en Setembro , mantense que o secuestro do 29 de outubro foi so unha actuacion, ideada por Alemana e a OLP para permitir que Alemana liberase os tres prisioneiros palestinos.

Operacion Colera de Deus e Operacion Spring of Youth [ editar | editar a fonte ]

Golda Meir e o Comite de Defensa Israeli autorizaron secretamente o Mossad a que, en vinganza, descubrise e eliminase a aqueles responsables do Masacre de Munic [ 19 ] , algo disputado por Zvi Zamir, que o describiu como “poner fin a un tipo de terror que estaba a ser perpetrado” (en Europa) [ 20 ] .

Para este fin o Mossad estableceu un numero de equipos especiais para localizar e eliminar a eses terroristas, coa axuda das estacions que a axencia posuia en Europa [ 21 ] .

En febreiro do 2006 , o antigo xefe do Mossad nunha entrevista [ 20 ] Zvi Zamir responde a unha pregunta directa:

Non habia ningun componente de vinganza na decision de actuar contra os terroristas?

Non. Non estabamos ocupados na vinganza. Estamos acusados de ter sido guiados por un desexo de vinganza. Isto non ten sentido. O que fixemos foi para prever concretamente o terrorismo no futuro. Actuamos contra aqueles que pensaban que ian continuar perpetrando actos de terror. Non estou a dicir que aqueles que estiveron envoltos no de Munic non estivesen sinalados para morrer. Eles definitivamente mereceron a morte. Pero non estabamos dispensandonos co pasado; nos concentrabamos no futuro.

Non recibiu vostede unhas ordes de Golda Meir sobre a lina de accion para “tomar vinganza naqueles responsables do de Munic”?

Golda aborreceu a necesidade que nos foi imposta para levar a cabo a nosa operacion. Golda xamais instoume a ‘tomar vinganza naqueles responsables do de Munic.’ Ninguen me dixo iso [ 20 ] .

A mision israeli foi conecida despois como Operacion Colera de Deus ou Mivtza Elohim .

Secuestradores superviventes [ editar | editar a fonte ]

Despois de moitos anos, o destino dos tres sobreviventes e debatido. Tense dito moito que tanto Mohammed Safady como Adnan Al-Gashey foron matados polo Mossad como parte da Operacion Colera de Deus . De acordo a Klein, Adnan Al-Gashey morreu dun faio cardiaco nos anos setenta, e non como resultado dun ataque polos equipos israelis. Ademais, no veran de 2004 , o veterano da OLP Tawfiq Tirawi dixolle a Klein que o seu amigo Mohammed Safady estaba "tan vivo como o estas ti" [ 6 ] . El non foi mais alo daquel criptico comentario. Non veu a luz ningunha outra evidencia relativa o sobrevimento de Safady.

O pensamento que prevalece e que Jamal Al-Gashey e o unico supervivente dos secuestradores que permanece vivo hoxe en dia (setembro do 2006), vivindo baixo terra, dicindo que ainda teme a resposta das autoridades israelis. E o unico dos terroristas que sobreviviron que consente entrevistas dende 1972, permitindo unha entrevista en 1992 para un xornal palestino, e tendo emerxido brevemente do seu ocultamento en 1999 para participar nunha entrevista para o filme Un dia en Setembro , durante a cal el estivo disfrazado e a sua cara mostrada so nunhas sombras borrosas.

Abu Daoud [ editar | editar a fonte ]

Daqueles que se pensa que planearon o masacre de Munic, tan so Abu Daoud , o home que di que o ataque foi idea sua, conecese que esta vivo, e pensase que esta oculto nalgun lugar do Oriente Medio ou en Africa. O 27 de xullo de 1981 recibiu trece disparos dende unha distancia de preto de dous metros nunha cafeteria do hotel Victoria (hoxe Sofitel) de Varsovia , pero sorprendentemente sobreviviu o ataque. Dise que perseguiu o seu atacante ata a entrada do hotel antes de caer derrubado.

Abu Daoud conseguiu un pasaxe seguro a traves de Israel en 1996 para que puidese asistir a unha reunion da OLP na Franxa de Gaza co proposito de rescindir un artigo nos seus estatutos que establecia a loita pola erradicacion de Israel [ 6 ] .

Na sua autobiografia, Dende Xerusalen a Munic , publicada por primeira vez en Francia en 1999 , e despois nunha entrevista escrita con Sports Illustrated [ 22 ] , Abu Daoud, xa con setenta anos, escribe que os cartos para Munic foron postos por Mahmoud Abbas , Presidente da OLP dende o 11 de novembro de 2004 e Presidente da Autoridade Nacional Palestina dende o 15 de xaneiro de 2005 [ 23 ] [ 24 ] [ 25 ] .

Malia dicir que el non sabia en que ian ser empregados os cartos, o durante moito tempo oficial de Fatah Mahmoud Abbas, alias Abu Mazen, foi responsable do financiamento do ataque de Munic [ 26 ] .

Abu Daoud, que vive coa sua dona nunha pension provista pola Autoridade Palestina , ten dito que “a operacion de Munic tivo o respaldo de Arafat ,” a pesar de que Arafat non estivo envolto no concevimento ou no equipamento do ataque. Na sua autobiografia, Daoud escribe que Arafat despediu o equipo no aeroporto coas verbas “Que Ala te protexa” [ 27 ] . Arafat sempre negou a sua participacion nos feitos.

O 27 de decembro de 2005 , Mohammed Odeh (Abu Daoud) dixo que non tina remorsos pola sua implicacion no ataque de Munic, e que o filme de Steven Spielberg non traeria a reconciliacion. Ankie Spitzer, viuva do adestrador de esgrima Andre , ten rexeitado varias ofertas de encontros con Abu Daoud, dicindo que o unico lugar onde lle gustaria atoparse con el e na sala dun tribunal. Como dixo Ankie Spitzer, “El (Abu Daoud) non pagou o prezo polo que fixo” [ 28 ] .

Vitimas [ editar | editar a fonte ]

Israelis [ editar | editar a fonte ]

Policias alemans [ editar | editar a fonte ]

  • Anton Fliegerbauer

Terroristas [ editar | editar a fonte ]

  • Luttif Afif (Issa)
  • Yusuf Nazzal (Tony)
  • Afif Ahmed Hamid (Paolo)
  • Khalid Jawad (Salah)
  • Ahmed Chic Thaa (Abu Halla)

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. PLO-Black September Link State Department Documents. 13 de marzo de 1973 ( JVL )
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Reeve, Simon. One Day in September , 2001.
  3. "Article on CBC Archives" . Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2012 . Consultado o 04 de setembro de 2006 .  
  4. 4,0 4,1 Cooley
  5. Reeve
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 TIME article, part 5 , 5 de agosto 2002
  7. 7,0 7,1 CBS News article on 2002 comemoration of the massacre Arquivado 19 de outubro de 2013 en Wayback Machine ., 5 de setembro 2002
  8. Groussard
  9. American Sportscasters Online interview with Jim McKay
  10. 10,0 10,1 Artigo de TIME, parte 6 , 5 de agosto 2002
  11. [1]
  12. Microsoft Encarta article on the Olympic Games Arquivado 17 de novembro de 2006 en Wayback Machine .
  13. Guardian article on the massacre , 7 de setembro 1972
  14. BBC News article on comemoration at 2004 Olympics , 20 de agosto 2004
  15. Israel Ministry of Foreign Affairs article on Sydney 2000 Olympics and Plaque
  16. Simon Reeve’s article in 2000: Munich massacre’s echoes heard amid Sydney’s jubilee
  17. "Artigo de telegrafo no masacre" . Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2005 . Consultado o 14 de xullo de 2021 .  
  18. "The Jewish Agency for Israel Timeline" . Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2007 . Consultado o 06 de setembro de 2006 .  
  19. Morris
  20. 20,0 20,1 20,2 Yossi
  21. “Munich: Mossad breaks cover” by Ewen MacAskill and Ian Black, The Guardian , January 26, 2006
  22. Sports Illustrated on Abu Daoud
  23. "WorldNetDaily on Mahmoud Abbas" . Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2006 . Consultado o 06 de setembro de 2006 .  
  24. "Israel Law Center on Abu Mazen" . Arquivado dende o orixinal o 30 de xuno de 2006 . Consultado o 06 de setembro de 2006 .  
  25. Jewish Virtual Library on Mahmoud Abbas
  26. Daoud
  27. "Conservative News Services on involvement of PLO in the massacre" . Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2004 . Consultado o 06 de setembro de 2006 .  
  28. "Her husband’s killer" . Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2007 . Consultado o 06 de setembro de 2006 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]