Propaganda

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tio Sam , imaxe usada polos EUA para recrutar soldados.

A propaganda e unha forma de comunicacion consiste no lanzamento dunha serie de mensaxes co fin de influir no sistema de valores e na conduta da cidadania .

De forma neutral a propaganda e definida como unha forma intencionada e sistematica de persuasion con fins ideoloxicos, politicos ou comerciais, co intento de influir nas emocions, actitudes, opinions e accions dos grupos de destinatarios especificos a traves da transmision controlada de informacion parcial (que pode ou non estar baseada en feitos) a traves dos medios de comunicacion masiva e directa
Richard Alan Nelson: A Chronology and Glossary of Propaganda in the United States (1996.

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Artellase a partir dun discurso persuasivo que busca a adhesion das persoas a determinados intereses. E unha comunicacion unidireccional, e require do recurso do anuncio . A sua formulacion consiste en utilizar unha informacion presentada e difundida masivamente coa intencion de apoiar unha determinada opinion ideoloxica ou politica. Ainda que a mensaxe contena informacion verdadeira, e posible que sexa incompleta, non contrastada e partidista, de forma que non presente un cadro equilibrado da opinion en cuestion, que e contemplada sempre en forma asimetrica, subxectiva e emocional.

O seu uso primario proven do contexto politico , referindose xeralmente aos esforzos patrocinados por gobernos ou partidos para convencer as masas; amais, existe a propaganda como publicidade de empresas privadas.

A propaganda pode ser usada en contextos moi diferentes. A propaganda relixiosa foi moi difundida ao longo da historia, como cando san Paulo exerceu o apostolado do cristianismo e estableceu as primeiras igrexas cristias en Asia Menor, Grecia e Italia. Alguns libros, mesmo novelas, tamen foron utilizados como vehiculo para a propaganda, como As viaxes de Gulliver ( Jonathan Swift , 1726), que atacou a vaidade e hipocrisia da politica do seu tempo, ou A cabana do tio Tom ( Harriet Beecher Stowe , 1852), que ao describir a escravitude nos estados surenos dos Estados Unidos contribuiu ao desenvolvemento do movemento abolicionista .

A conecida como propaganda branca busca crear unha opinion favorable sobre unha organizacion, grupo ou goberno especifico, como a difundida polo goberno nazi na decada de 1930 para destacar a supremacia e a prosperidade do seu pais. A propaganda negra intenta fomentar a intranquilidade e a supersticion con respecto as accions ou intencions doutra entidade, como a difundida durante a guerra fria .

Os avances tecnoloxicos dos medios de comunicacion, especialmente os electronicos, estan ampliando as canles de propaganda.

Etimoloxia [ editar | editar a fonte ]

Propaganda procede do latin propagare ('perpetuar, acrecentar, estender'). O termo comezou a ser usado pola curia romana , e continuou durante a Contrarreforma , onde a Igrexa usaba a expresion de propaganda fide , con intencion pastoral.

En ingles , "propaganda" ten connotacions negativas.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Exemplo de propaganda da Guerra Civil Inglesa .

Os edictos de Asoka (seculo III a. C.) son unha serie de edictos escritos que se conservaron en columnas ou rochas naturais distribuidas polo Norte do subcontinente indio. Estas inscricions estaban localizadas en enclaves importantes como preto das cidades, rutas comerciais ou centros relixiosos, co que o goberno de Asoka se aseguraba de chegar ao maior numero de xente posible. Eran preceptos morais, relixiosos e prestacions sociais en relacion cos homes e os animais.

Sendo conecida moito antes na India e a China, a propaganda en Europa ten os seus inicios escritos xa en inscricions de mensaxes publicitarias entre os comerciantes gregos. Na curia romana empregabase para difundir a sua mensaxe relixiosa . Esta ferramenta volver ser empregada e a expandirse grazas ao impulso da Igrexa catolica co seu departamento de administracion pontificia dedicado a controlar as rutas misioneiras do Novo Mundo . No periodo da Contrarreforma empregase a expresion de propaganda fide con intencion pastoral, cando o 22 de xuno de 1622 o papa Gregorio XV instituiu a Congregacion para a Evanxelizacion dos Pobos ou Propaganda Fide , coa fin de propagar o catolicismo nos continentes en vias de colonizacion.

Seculo XX [ editar | editar a fonte ]

Cartel onde se promove o traballo feminino ( Young Women's Christian Association ).
Propaganda estadounidense da segunda guerra mundial, onde se incita aos cidadans a que aumenten a producion.

Poren, non foi ata a primeira guerra mundial cando se iniciou a sistematizacion do uso da informacion ao servizo dos intereses belicistas. [ 1 ] O xornalista Walter Lippmann e o relacionista publico Edward Bernays foron os responsables de orquestrar a primeira campana antialema nos Estados Unidos de America para que o pobo estadounidense dese o seu visto e prace a entrada deste pais na contienda.

Un ambiente de rivalidade internacional materializado en actitudes chauvinistas, sumado a tension propia da epoca (agresivas politicas coloniais, conflitos ancorados na memoria como a guerra franco-prusiana ) iniciaron o conflito. [ 1 ] Os sectores belicistas estimularon a agresividade recorrendo ao emprego de todos os medios ao seu alcance, entre os que destacou o uso da prensa e a colaxe masiva de carteis propagandisticos. Os medios de comunicacion (prensa e radio) pasaron a seren controlados e censurados polos gobernos. [ 1 ]

As mensaxes propagandisticas intentaban evitar a desmoralizacion e o derrotismo, houbo un forte control da informacion que se recruou especialmente trala crise de 1917 . [ 2 ] [ 3 ]

A guerra civil espanola constituiu un verdadeiro fito e foi a antesala da segunda guerra mundial , onde se puxeron en practica os elementos persuasivos mais importantes. Como parte da propaganda franquista quedou implantada a idea de que na guerra civil espanola habia dous bandos enfrontados. Desta manera pretendeuse dar lexitimidade ao feito de apoiar coas armas un levantamento contra o goberno democratico lexitimo.

Seculo XXI [ editar | editar a fonte ]

Despois dos atentados do 11 de setembro de 2001 o goberno estadounidense iniciou o que denominou guerra contra o terrorismo , comprendida como unha guerra de cuarta xeracion , onde se fixo uso dos medios masivos, especialmente dos medios televisivos; sen excluir Internet. A politica estadounidense centrouse en propagar o suposto choque de civilizacions , propaganda que promoveu e logrou o apoio popular necesario para a invasion de Iraq de 2003 co argumento de que Saddam Hussein posuia armas de destrucion masiva e que apoiaba a rede Al Qaeda .

Estados Unidos en relacion ao programa nuclear de Iran utilizou en 2006 a denominacion de fascismo islamico [ 4 ] [ 5 ] nunha retorica tendente a xustificar un ataque contra Iran.

Se ben os gobernos contan coa capacidade de difundir a sua retorica por medios masivos globais en forma extensa, os grupos que son atacados dende os medios e os que se oponen as guerras valense dos medios alternativos e de Internet principalmente, logrando influir na opinion publica. [ 6 ] Por outra banda, a estratexia dos medios alternativos e distinta, xa que se centran en ofrecer informacion que non se publica nos grandes medios e a participacion horizontal do espectador ao poderen publicar a sua opinion xunto coa informacion alternativa, situacion que contradi os principios da propaganda.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Propaganda sin rubor: la prensa durante la I Guerra Mundial" . 20 minutos (en castelan ) . 1-4-2014 . Consultado o 21-11-2014 .  
  2. "Tu pais te necesita, los comienzos de la propaganda belica" . National Geographic Society (en castelan ) . Arquivado dende o orixinal o 03-12-2014 . Consultado o 21-11-2014 .  
  3. "La Primera Guerra Mundial: entre la censura y la propaganda" . Reportaje Grafico . Consultado o 2013 .  
  4. "Esta nacion esta en guerra con el fascismo islamico≫" . Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2007 . Consultado o 13 de outubro de 2007 .  
  5. "V aniversario del 11-Septiembre: EEUU da nueva definicion a Guerra Antiterrorista" . Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014 . Consultado o 28 de xuno de 2016 .  
  6. "Estadounidenses repudian de manera abrumadora plan de guerra de Bush en Irak" . Arquivado dende o orixinal o 05/10/2011 . Consultado o 28/06/2016 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]