Gamal Abdel Nasser
(en
arabe
???? ??? ??????? - Jam?l ‘Abd an-N?sir), tamen transliterado como
Jamal Abd al-Naser
,
Jamal Abd An-Nasser
e outras variantes, nado en
Alexandria
o
15 de xaneiro
de
1918
e finado no
Cairo
o
28 de setembro
de
1970
, foi un lider politico
exipcio
.
Pioneiro do
socialismo arabe
e lider da sua loita nun dos periodos mais criticos da sua historia. Nasser naceu o 15 de xaneiro de
1918
no pobre suburbio alexandrino de Bacos. Falando verbo da sua infancia Nasser dicia: "Estou fachendoso de pertencer a esta pequena vila de Beni Morr. E estou mais fachendoso de ser membro dunha pobre familia desta vila. Estou dicindo estas palabras para a historia, Nasser naceu nunha familia pobre e prometo que vivira e morrera como un home pobre".
Beni Morr
e unha pequena vila no Alto
Exipto
asentada na provincia de Assiut. Pertencer a este lugar pode que sexa a razon pola que Nasser sempre focalizaba-los seus pensamentos nos campesinos. O pai de Nasser era un empregado de clase media que fixo consciente a Nasser da pobreza da maioria do pobo de
Exipto
.
Ingresou na academia militar despois da sinatura do pacto de
1936
, que permitia os mozos da clase mais baixa unirse a esta academia onde antes non eran admitidos. Graduouse en
xullo
de
1938
e logo uniuse o Exercito Exipcio.
Insatisfeito coa corrupcion do rexime do rei
Farouk
e coa ocupacion britanica, xunto cun grupo de amigos formou unha organizacion semiclandestina, Os
Oficiais Libres
, conecidos en Exipto como
El-Dhobatt El-Ahrar
. Loitou na primeira
guerra arabe-israeli
en
1948
. Participar nesta guerra aumentou a sua consciencia do Problema Palestino e o caso contemporaneo arabe.
A corrupcion do goberno interior e a perda da guerra de
1948
foron os motivos principais que fixeron que Os
Oficiais Libres
conducidos polo xeneral
Mohamed Naguib
alzaran a revolucion do
23 de xullo
de
1952
. O xeneral era un oficial de alta graduacion respectado que so designaron como lider para realza-la credibilidade do golpe.
O
26 de xullo
, o Rei
Farouk
de
Exipto
abandonou
Alexandria
no seu iate persoal, nunca regresou a Exipto, o seu fillo,
Ahmad Fouad
, foi declarado rei. Os restos das tropas britanicas se lles pediu que abandonaran o pais e, en
1954
, foise o derradeiro soldado britanico.
Os
Oficiais Libres
gradualmente se ocuparon da politica durante os seguintes anos. En
1953
, depuxeron a Ahmad Fouad, o derradeiro rei, e declararon a
Exipto
republica
, con
Mohamed Naguib
como primeiro presidente.
Naguib
, que creceu no antigo sistema, era un valoroso pero pacifico home que non tina plans para un cambio radical. Asi que foi deposto en
1954
polo verdadeiro lider do golpe,
Nasser
, que chegaba asi a cabeza do estado.
So cando Nasser se converteu en presidente o golpe militar do
1952
empezou a xirar cara a unha verdadeira
revolucion social
e politica. Foi moi gabado pola sua nacionalizacion do
Canle de Suez
, a sua reforma agraria, e as suas politicas socialistas que sacaron a vasta maioria dos exipcios da pobreza.
Nasser conseguiu unha popularidade desconecida ate enton no
mundo arabe
. Era admirado polo seu apoio o nacionalismo arabe; os seus programas sociais domesticos (que, por primeira vez na historia de
Exipto
, buscaban o mellor para a maioria labrega).
Nasser pasou a sua vida defendendo o nacionalismo arabe e o dereito a liberdade dos pobos. Apoiou os movementos liberais contra todo tipo de ocupacion nos paises en desenvolvemento. Nasser era o lider-fundador do movemento Non alinado. So co
Nehru
da
India
e
Sukarno
de
Indonesia
.
Pouco despois da derrota de
1967
, Nasser estaba resignado, pero milleiros de cairenses marcharon no seu apoio. Durante os seguintes tres anos, Nasser fixo o que puido para reconstrui-lo exercito e case o logra. A sua morte en
1970
por serias complicacions da sua saude foi un shock para todo o mundo arabe. Nun despregue de emocion, millons de exipcios seguiron a sua procesion funeraria a traves das ruas do
Cairo
.
|
---|
Acontecementos principais (1945–1978)
| Acontecementos principais (1979–1991)
| Participantes directos
| Outras figuras importantes
|
Cronoloxia:
s
Anos 40:
Anos 50:
Anos 60:
1970s:
|
Anos 70 (segue):
Anos 80:
Anos 90:
Outros artigos:
Conflitos contemporaneos:
| | |
|