Senegal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSenegal
Senegaal (wo) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Himno Pincez tous vos koras, frappez les balafons Editar o valor em Wikidata

Lema Un Peuple, Un But, Une Foi
One People, One Goal, One Faith
Един народ, една цел, една вяра
Un pueblo, un objetivo, una fe
?????????? ?????? ? ????????? ?????? ? ??????????? ??????
Un poble, un objectiu, una fe
Un bobl, un nod, un ffydd Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia a Rio Senegal Editar o valor em Wikidata
Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  14°22′00″N 14°17′00″O  /  14.36667, -14.28333 Coordenadas : 14°22′00″N 14°17′00″O  /  14.36667, -14.28333
Capital Dakar Editar o valor em Wikidata
Conten a division administrativa
Poboacion
Poboacion 16.876.720 (2021) Editar o valor em Wikidata (85,79 hab./km² )
Lingua oficial lingua francesa
lingua wolof
Badyara (pt) Traducir
Lingua balanta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Parte de
Superficie 196.722 km² Editar o valor em Wikidata
Banado por Oceano Atlantico Editar o valor em Wikidata
Punto mais alto Nepin Cliff (en) Traducir (531 m) Editar o valor em Wikidata
Punto mais baixo Oceano Atlantico (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos historicos
Precedido por
Creacion 1960 Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
Forma de goberno presidencialismo
presidencialismo Editar o valor em Wikidata
• President of Senegal (en) Traducir Editar o valor em WikidataBassirou Diomaye Diakhar Faye (2024?) Editar o valor em Wikidata
Organo lexislativo National Assembly (en) Traducir , (Escano: 165) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal 27.569.136.728 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moeda franco CFA de Africa Occidental Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel .sn Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefonico +221 Editar o valor em Wikidata
Telefono de emerxencia 17 e 18 Editar o valor em Wikidata
Codigo de pais SN Editar o valor em Wikidata

Paxina web sec.gouv.sn Editar o valor em Wikidata

O Senegal , oficialmente Republica do Senegal , e un pais de Africa Occidental . Limita ao norte con Mauritania , ao leste con Mali , ao sur con Guinea e Guinea-Bissau , e ao oeste co oceano Atlantico e Gambia . E o mais proximo vecino de Cabo Verde , arquipelago que se espalla polo Atlantico a occidente da peninsula de Cabo Verde . A sua capital e Dakar . Ten unha particularidade que e a de abrigar dentro do seu territorio a Republica de Gambia como se fose unha illa dentro do Senegal.

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Xeografia do Senegal .
Senegal.

O Senegal esta situado na parte oeste do continente africano , entre os 12º08' e 16º41' de latitude norte e 11º21' e 17º32' de lonxitude Oeste. O seu punto oeste, a peninsula de Cabo Verde (e particularmente a localizacion do Club Med de Dakar), constitue a parte mais occidental do continente africano.

O rio Gambia ao seu paso polo Parque Nacional Niokolo-Koba .

A paisaxe senegalesa consiste principalmente en planos ondulados pola area do oeste de Sahel que crecen ata as faldras da montana no sueste. Ali atopase tamen o punto mais alto do Senegal, un accidente xeografico sen nome preto de Nepen Diakha con 581 m. O limite norte esta formado polo rio Senegal . Outros rios destacables son o rio Gambia e o rio Casamance . A capital Dakar xace sobre a peninsula de Cabo Verde, o punto mais occidental da Africa continental.

O pais estendese sobre 196.192 km². Comparado cos paises vecinos, Mali e Mauritania, Senegal e un pais minusculo.

Clima [ editar | editar a fonte ]

O clima e de tipo saheliano con:

  • unha estacion chuviosa de xuno a outubro, con inflexion en agosto e variable segundo a latitude (menos chuvioso o norte que o sur). As temperaturas alcanzan o seu maximo. E o periodo dos monzons .
  • unha estacion seca de novembro a xuno con alisios continentais. Nesta estacion, concretamente no mes de xaneiro, alcanzanse as temperaturas minimas.

No litoral, o mar suaviza as temperaturas, as cales son da orde de 16 °C a 30 °C; pero no centro e no leste do Senegal poden chegar aos 41 °C. Durante o inverno de Europa, Senegal convertese nun destino prezado para o desenvolvemento de actividades turisticas.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Historia do Senegal .

Restos arqueoloxicos por todo o estado evidencian que o Senegal estivo habitado en tempos prehistoricos. O islam estabeleceuse no val do rio Senegal no seculo XI . O 95 % dos senegaleses practican a relixion musulma. Nos seculos XII e XIV , a area estivo baixo a influencia dos imperios mandingas do leste; o imperio Jolof do Senegal tamen foi fundado durante este tempo. No seculo XVI , o imperio Jolof dividiuse en catro reinos competidores: os jolof , waalo , cayor e baol .

Diversas potencias europeas, Portugal , os Paises Baixos e Inglaterra ; competindo polo comercio na area dende o seculo XV , ate que en 1677 , Francia rematou coa posesion do que convertera nun importante punto de partida do comercio de escravos, a illa de Goree , preto de Dakar . Foi so nos anos 1850 que os franceses, baixo o gobernador Louis Faidherbe , comezaron a expandires no propio territorio senegales.

En xaneiro de 1959 , o Senegal e o Sudan frances unironse para formar a Federacion de Mali , que se converteu nun estado totalmente independente o 20 de xuno de 1960 , como resultado da independencia e o acordo de transferencia de poder asinado con Francia o 4 de abril de 1960 . Debido a dificultades politicas internas, a Federacion disolveuse o 20 de agosto de 1960 . O Senegal e o Sudan, renomeado como a Republica de Mali, proclamaronse independentes. Leopold Senghor , un conecido poeta internacional da negritude, politico e estadista, foi elixido como primeiro presidente do Senegal en agosto de 1960.

Despois da disolucion da Federacion de Mali , o presidente Senghor e o primeiro ministro Mamadou Dia gobernaron xuntos so un sistema parlamentario. En decembro de 1962 , a sua rivalidade politica levou a un intento de golpe de Estado polo Primeiro Ministro. O golpe foi reducido sen derramamento de sangue e Dia foi arrestado e encarcerado. O Senegal adoptou unha nova constitucion que consolidou o poder do Presidente. En 1980 , o presidente Senghor retirouse da politica e transferiulle o cargo a un sucesor escolleito a dedo, Abdou Diouf , en 1981.

O 1 de febreiro de 1982 , o Senegal uniuse con Gambia para formar a Confederacion de Senegambia . Mais, a integracion imaxinada no papel nunca se materializou e a union foi disolta no 1989 . A pesar dos dialogos, un grupo de separatistas do sur, na rexion de Casamanza enfrontouse esporadicamente coas forzas gobernamentais dende 1982.

Abdou Diouf foi o seu presidente entre 1981 e 2000 . Fomentou unha participacion politica mais ampla, reduciu a intervencion do goberno na economia e aumentou os compromisos diplomaticos do Senegal, particularmente con outras nacions subdesenvolvidas. A politica interna as veces viuse desbordada pola violencia nas ruas, tensions nas fronteiras e un movemento separatista violento na rexion do sur de Casamanza . Mais, o compromiso do Senegal coa democracia e os dereitos humanos comeza a consolidarse [ Compre referencia ] . Diouf presidiu catro mandatos e foi derrotado na eleccion presidencial do 2000, polo lider da oposicion Abdoulaye Wade . O pais experimentou a sua segunda transicion de poder pacifica e a primeira dun partido politico a outro.

O 30 de decembro do 2004 o presidente Abdoulaye Wade anunciou que asinaria un tratado de paz con duas faccions separatistas do Mouvement des Forces Democratiques de la Casamance (MFDC) na rexion de Casamanza .

Goberno e politica [ editar | editar a fonte ]

Leopold Sedar Senghor o que foi primeiro presidente do Senegal

Politica [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Politica do Senegal .

O Senegal e unha republica parlamentaria cun presidente elixido pola poboacion, desde 2001 , cada 5 anos.

O parlamento e unicameral e ten 120 membros. Hai mais de 80 partidos politicos no pais.

Goberno [ editar | editar a fonte ]

O 20 de agosto de 1959 , o Senegal abandonou a federacion e converteuse en republica independente. Senghor foi o seu primeiro presidente e repetiu mandato en 1963 , 1968 , 1973 e 1978 . En decembro de 1962, o primeiro ministro Mamadou Dia foi prendido baixo a acusacion de tentar derrubar o presidente. O primeiro ministro Mamadou Dia e os seus acolitos foron xulgados e condenados a prision, en 1963.

Despois deste errado golpe de estado do primeiro ministro Mamadou Dia, o presidente viu aumentados os seus poderes coa aprobacion dunha nova constitucion en 1963 . Baixo o rexime de Senghor, o pais conseguiu impulsar novos sectores economicos, pero os ingresos procedentes da venda a outros paises das colleitas de cacahuetes seguian dominando o panorama economico do Senegal.

En varias ocasions, especialmente en 1968 e 1973 , os estudantes protagonizaron manifestacions de protesta contra a concentracion de poderes en mans de Senghor. As emendas a Constitucion de 1976 establecian a introducion dun sistema multipartidista no pais, e a finais de 1980 , Senghor dimitiu. A presidencia foi enton ocupada por Abdou Diouf , que xa en 1970 exercera o cargo de primeiro ministro.

En 1982 , o Senegal e a vecina Gambia formaron unha confederacion que era conecida como Senegambia , con Diouf a fronte. A confederacion foi disolta en 1989 , ainda que en 1991 ambos os paises asinaron un novo tratado de cooperacion. Cando en 1988 , Diouf obtivo a maioria absoluta nas eleccions, a oposicion protestou provocando disturbios en Dakar , e o goberno declarou o estado de urxencia. A finais da decada de 1980 , tiveron lugar novos conflitos, esta vez por motivos de limites fronteirizos con Mauritania .

A encarnizada hostilidade entre senegaleses e mauritanos desencadeou violentos choques en ambas as nacions, que acabaron coa vida de mais de 400 persoas, na sua maioria senegaleses, e a expulsion de cada pais dos cidadans do contrario, medidas que non conseguiron deter o enfrontamento. Diouf ganou novamente as eleccions en 1993 , pero a oposicion volveu protestar aducindo fraude electoral. Durante o seguinte ano continuaron as mostras de malestar politico.

En marzo de 1995 , nun intento de acabar coa inestabilidade politica, o Primeiro Ministro Habib Thian (por encargo de Diouf) fixo publico un novo gabinete ministerial no que estaban representados os partidos politicos da oposicion do pais.

No 2000 , Abdoulaye Wade foi elixido presidente do pais, sendo reelixido nas eleccions de 2007 sen necesidade de segunda volta. Asi mesmo, a coalicion de partidos que o apoia conseguiu a vitoria nas eleccions parlamentarias de 2001 e 2007.

Subdivisions [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Subdivisions do Senegal .

Senegal dividese en 11 rexions ( regions ), que a sua vez estan compostas por 34 departamentos ( departements ). Os departamentos dividense en distritos , chamados "arrondissements". As capitais rexionais tenen o mesmo nome ca rexion respectiva:

Rexions do Senegal

Economia [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Economia do Senegal .
Vendedores rueiros.

En xaneiro de 1994 , o Senegal emprendeu un ambicioso programa de reforma economica co apoio da comunidade de doantes internacionais. Esta reforma comezou cun 50% de depreciacion da moeda do Senegal, o franco CFA , que foi vinculado a unha taxa fixa ao antigo franco frances , e agora ao euro . Os controis de prezos e as subvencions do goberno foron desmanteladas a ritmo constante. Logo de ver contraer o seu economia un 2,1% en 1993 , Senegal fixo unha importante repunta, grazas ao programa de reforma, cun crecemento real no PIB dun 5% anual durante 1995 - 2001 . A inflacion anual foi reducida a menos dun 1%, pero creceu a un estimado 3,3% en 2001 . O investimento creceu a ritmo constante do 13,8% do PIB en 1993 , ao 16,5% en 1997 .

Como un membro da Union Economica e Monetaria da Africa do Oeste (UEMOA), o Senegal esta traballando cara a unha maior integracion rexional cun arancel externo unificado. O pais tamen realizou unha completa conectividade con Internet en 1996 , creando un miniboom nos servizos baseados nas tecnoloxias da informacion . A actividade privada agora conta un 82 % do PIB . Na parte negativa, p Senegal enfrontase a problemas urbanos profundamente arraigados de desemprego cronico, disparidade socioeconomica, delincuencia xuvenil e drogadiccion .

O Senegal posue a terceira economia da baixa rexion do oeste africano logo de Nixeria e Costa do Marfil . A sua economia esta orientada cara a Europa e a India . Os seus principais socios economicos son Francia , a India e Italia . Con todo, desde hai varios anos China e un socio cada vez mais importante como demostran os cumes Chinoafricanas. Comparado con outros paises do continente africano , o Senegal e moi pobre en recursos naturais; os seus principais ingresos provenen da pesca e do turismo. Pero tendo en conta a sua situacion xeografica e a sua estabilidade politica, entendese que o Senegal forme parte dos paises africanos mais industrializados coa presenza de multinacionais, sendo estas maioritariamente de orixe francesa, e en menor medida, de orixe americana. O sector agricola emprega en torno ao 70% da poboacion senegalesa, mentres que a pesca e a principal fonte de entrada de divisas.

Demografia [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Demografia do Senegal .
Evolucion da poboacion do pais en miles de habitantes.

No ano 2009, o Senegal tina unha poboacion de 13.712.000 habitantes. A esperanza de vida e de 56 anos. A media de fillos por muller e de 5,1, unha das taxas mais altas do mundo, o cal poderia provocar graves problemas economicos e ambientais. O 40,2% da poboacion esta alfabetizada.

Esta poboacion que crece moi rapidamente, cun indice de fecundidade superior aos 5 fillos por muller, atopase desigualmente distribuida polo seu territorio, a cal concentrase na fachada atlantica, sendo as rexions mais urbanizadas Ziguinchor, Thies e Saint-Louis, fronte as mais despoboadas como Kolda, Matam e Fatick. E a rexion de Tambacounda a que posue a densidade mais baixa (11 habitantes por km²). Hai tamen unha gran diversidade etnica: wolof (43,3%), peuls (33,8%), sereres (14,7%), diolas (3,7%), malinkes (3,0%), soninkes (1,1%), e algunhas etnias menos numerosas e mais locais, sen contar os 50.000 europeos (franceses na sua maioria) e libaneses presentes no medio urbano.

O frances e a lingua oficial, pero so e utilizada de forma corrente por unha minoria.

Evolucion demografica

  • 1800- 1.280.000 habitantes. [ 1 ]
  • 1850- 200.000 habitantes (caida demografica por conquista europea) [ 2 ]
  • 1900- 1.200.000 habitantes.
  • 1915- 1.400.000 habitantes.
  • 1926- 1.358.400 habitantes.
  • 1938- 1.793.300 habitantes.
  • 1966- 3.620.000 habitantes.
  • 1976- 5.085.400 habitantes.
  • 1988- 6.896.800 habitantes.
  • 1995- 8.468.000 habitantes.
  • 2000- 9.987.000 habitantes.
  • 2010- 12 millons de habitantes.
  • 2020- 15 millons de habitantes.
  • 2030- 17 millons de habitantes.
  • 2050- 39 millons de habitantes.

Transporte [ editar | editar a fonte ]

Os medios de transporte no Senegal seguen sendo tradicionais, ainda que numerosos proxectos de equipamento estan en curso (construcion dunha autoestrada de peaxe entre Dakar e Diamniadio, novo aeroporto internacional Blaise Diagne etc.).

As redes son mais densas ao oeste do pais, e a circulacion de persoas e mercancias e particularmente dificil cara a Dakar e Cabo Verde, porque esta moi saturada.

As infraestruturas son mais escasas no Senegal oriental, e a sua evolucion parece dificil neste momento.

Cultura [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Cultura do Senegal .

Literatura: Aminata Sow Fall

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Where all of the slaves captured during the trans atlantic slave trade captured by other africans? - Yahoo! Answers" . Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2020 . Consultado o 08 de agosto de 2011 .  
  2. "Caida demografica por conquista europea" . Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2011 . Consultado o 08 de agosto de 2011 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]