Partido Arabe Socialista Baaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido Baath Arabe Socialista (PASB)
Partido politico de Siria
Dirixentes e organizacion
Lider Bashar al-Assad
Historia
Fundacion 7 de abril de 1947
Posicions politicas
Ideoloxia Nacionalismo arabe , Socialismo arabe e Panarabismo
Outros datos
Sede Damasco , Siria
Na rede
www.baath-party.org

O Partido Baath Arabe Socialista (tamen transcrito como Baaz, Baath ou Ba'ath, arabe : ??? ????? ?????? ????????? Hizb Al-Baath Al-Arabi Al-Ishtiraki), foi fundado en 1947 como un partido politico nacionalista arabe laico , radical socialista . Funcionaba como un partido panarabe con polas en diferentes paises arabes , pero era mais forte en Siria e Iraq . Asumiu o poder en ambos paises en 1963 . En 1966 os partidos sirio e iraqui converteronse en faccions rivais. Ambo-los dous partidos Baaz mantiveron o mesmo nome e tenen estruturas paralelas no mundo arabe .

Apareceu inicialmente como movemento nacionalista arabe en 1940 da man dos pensadores sirios Michel Aflaq e Salah Bitar . Tomou forza nos anos seguintes en Siria (onde se lle agregaron militantes de grupos nacionalistas e marxistas ) e no vecino Iraq (onde se implantou fortemente no exercito ). Non foi fundado de xeito oficial como partido ate a celebracion do seu primeiro congreso en Damasco , o 7 de abril de 1947.

A palabra arabe "Baath" significa "resurreccion", como na obra publicada por Michel Aflaq, titulada Na senda da resurreccion . As crenzas baazistas combinan o socialismo arabe , o nacionalismo e o panarabismo . A ideoloxia, na sua maior parte laica, contrasta moito coa doutros gobernos arabes no Medio Oriente , que as veces tenden a orientarse cara ao islamismo e a teocracia . Alguns analistas occidentais pensan que o Partido Baaz ten certas similitudes coa ideoloxia fascista polo seu discurso populista e o seu nacionalismo panarabista que case se converte en expansionismo.

O lema do partido e "Unidade, liberdade, socialismo" (en arabe wahda, hurriya, ishtirakiya ). A "unidade" refirese a unidade arabe, a "liberdade" fai enfase na liberacion do control estranxeiro e particularmente da sua intervencion, e o "socialismo" refirese ao que se ven chamando socialismo arabe antes que ao marxismo .

O Partido Baath chegou ao poder en Siria o 8 de marzo de 1963 e mantivo un monopolio sobre o poder politico dende finais dese ano. Os baazistas gobernaron Iraq brevemente en 1963, e logo dende xullo de 1968 ate 2003 . Trala destitucion "de facto" da ditadura baathista de Saddam Hussein durante a invasion de Iraq de 2003 , as autoridades de ocupacion prohibiron o Partido Baath Iraqui en xuno de 2003 .

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]