Republica Arabe Unida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRepublica Arabe Unida
????????? ??????? ??????? (ar) Editar o valor em Wikidata

Himno Walla Zaman Ya Selahy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Nomeado en referencia a Arabes Editar o valor em Wikidata
Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  30°02′00″N 31°13′00″L  /  30.033333333333, 31.216666666667 Coordenadas : 30°02′00″N 31°13′00″L  /  30.033333333333, 31.216666666667
Capital O Cairo Editar o valor em Wikidata
Conten a division administrativa
Poboacion
Poboacion 32.203.000 (1961) Editar o valor em Wikidata (27,14 hab./km² )
Lingua oficial arabe Editar o valor em Wikidata
Relixion Secularismo Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Superficie 1.186.630 km² Editar o valor em Wikidata
Datos historicos
Precedido por
Fundador Exipto e Republica Siria Editar o valor em Wikidata
Creacion 1958 Editar o valor em Wikidata
Disolucion 1971 Editar o valor em Wikidata
Sucedido por Exipto e Siria Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
Forma de goberno federacion
Republica semipresidencialista Editar o valor em Wikidata
• Xefe de estado Gamal Abdel Nasser Editar o valor em Wikidata
Organo lexislativo National Assembly (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Membro de
ONU (1958?1971) Editar o valor em Wikidata
Moeda Libra exipcia Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Prefixo telefonico 20 Editar o valor em Wikidata

A Republica Arabe Unida (en arabe , ????????? ??????? ??????? , Al-Yumh?riyya al-'Arabiyya al-Muttahida ) foi un estado arabe produto da union entre Exipto e Siria entre 1958 e 1961 . Posteriormente, seguiu sendo ate 1971 o nome oficial de Exipto.

A RAU creouse por iniciativa siria como primeiro paso cara a unha futura unidade de todos os estados arabes, obxectivo do panarabismo , ideoloxia compartida polos gobernos sirio e exipcio. Foi establecida o 1 de febreiro de 1958 cuns 1.186.630 km² e na sua creacion influiu o gran prestixio do presidente exipcio, Gamal Abdel Nasser , tras a crise da canle de Suez , que fixo que converxeran nel as miradas dos panarabistas dos estados vecinos. O 5 de febreiro, Nasser foi nomeado presidente da RAU e o 5 de marzo aprobouse a sua Constitucion.

Non obstante, tivo unha vida breve. As diferenzas lexislativas, a diferente composicion social e das respectivas clases politicas e a presion dos nacionalismos locais, exacerbados polo proceso de unificacion, suscitaron todo tipo de problemas. A presidencia de Nasser e a capitalidade no Cairo foi percibida por alguns sectores da sociedade siria como unha anexion de Siria por Exipto. Ao mesmo tempo, a residencia de moitos dos artifices sirios da unificacion no Cairo, capital da RAU, afastounos das suas bases de poder. O golpe militar sirio do 28 de setembro de 1961 puxo fin a experiencia de union, ainda que Exipto seguiu utilizando o nome de Republica Arabe Unida ate 1971.

A bandeira da RAU, de deseno comun a moitos Estados arabes, constaba de tres franxas horizontais de cores vermella, branca e negra, con duas estrelas verdes na franxa branca central que representaban aos dous paises. Segue sendo a bandeira da Republica de Siria .

Orixes [ editar | editar a fonte ]

A mediados de 1957 , Siria estivo a piques de ser comunista; tina un partido comunista altamente organizado e o Xefe de Persoal do Exercito , Afif Bizri , era un simpatizante do Comunismo . O Presidente de Exipto , Gamal Abdel Nasser , comentoulle a unha delegacion siria, na que estaba incluidos o presidente Shukri al-Quwatli e o primeiro-ministro Khaled al-Azem , que precisaban librar os seus gobernos de comunistas, mais a delegacion rebateu e avisou que so a union total co Exipto acabaria coa "ameaza comunista". De acordo con Abdel Latif Boghdadi , Nasser resistiu a unha union total con Siria, favorecendo poren unha union federal. Mais Nasser tina "medo dunha conquista comunista" e concordou unha fusion total. A crecente forza do Partido Comunista de Siria, sobre o liderado de Khalid Bakdash , preocupaba aos dirixentes do Partido Baath , que tamen estaba sufrindo unha crise interna a partir da cal membros prominentes estaban ansiosos por encontrar unha solucion. Siria tivera un goberno democratico desde o derrocamento do rexime militar de Adib al-Shishakli , en 1954 , e a presion popular pola unidade arabe foi reflectida na composicion do parlamento.

Cando Iraq liderou unha segunda delegacion siria composta por oficiais militares o 11 de xaneiro de 1958 , Nasser optou por unha fusion total. So os sirios defendian a unidade, como Salah al-Din Bitar e Akram al-Hawrani que tinan conecemento previo da delegacion; Quwatli e Azem foron notificados un dia despois e consideraron a mesma un "golpe militar".

Fundada o 1 de febreiro de 1958 , como un primeiro paso para un estado pan-arabe , a RAU foi creada cando un grupo de lideres politicos e militares en Siria propuxeron unha fusion dos dous estados ao presidente exipcio Abdel Nasser. O sentimento pan-arabe era moi forte en Siria, e Nasser unha popular figura heroica en todo o mundo arabe despois da Guerra de Suez , en 1956 . Habia, polo tanto, un considerabel apoio popular en Siria para a union. Os protocolos foron asinados polas principais autoridades exipcias e sirias, ainda que Azem fixoo con certa resistencia. Nasser tornouse presidente da republica e rapidamente realizou unha represion contra os comunistas sirios e opositores da union, que incluia o cesamento de Bizri e Azem dos seus postos.

Nasser asinando o pacto de unidade co presidente de Siria , Shukri al-Quwatli, formando a Republica Arabe Unida, en febreiro de 1958.

Os termos finais de Nasser foron decisivos e non negociabeis: "un plebiscito , a disolucion dos partidos e a retirada do exercito da politica". Mentres que o plebiscito parecia razoabel para a maioria da elite siria, as duas ultimas condicions foron extremadamente preocupantes. Crian que isto destruiria a vida politica en Siria. A pesar destas preocupacions, os oficiais sirios sabian que era tarde de mais para volver atras. A crecente presion publica para a union con Exipto estabase tornando demasiado forte para ignorala.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Para as elites de Siria, a fusion era o menor dos dous males. Crian que os termos de Nasser eran inxustos, mais, dada a inmensa presion que habia sobre o goberno, sabian que non tinan escolla. A pesar destas preocupacions, crian que Nasser usaria o Baath como o metodo principal de control de Siria. Desafortunadamente para o Baath, nunca foi a intencion de Nasser compartir unha medida igualitaria de poder. Nasser estabeleceu unha nova constitucion provisional proclamando unha Asemblea Nacional de 600 membros (400 de Exipto e 200 de Siria) e a disolucion de todos os partidos politicos, inclusive o Baath. Nasser deu a cada unha das provincias dous vicepresidentes, atribuindo Boghdadi e Abdel Hakim Amer a Exipto e Sabri al-Assali e Akram al-Hawrani - un lider Baath - a Siria. Unha nova constitucion federal foi aprobada.

A pesar de Nasser ter permitido que ex-membros do Baath mantivesen posicions politicas de relevancia, estes nunca chegaron a posicions tan elevadas no goberno como as autoridades exipcias. No inverno e na primavera de 1959 - 1960 , Nasser lentamente desprazou sirios fora das posicions de influencia. No Ministerio de Industria de Siria, por exemplo, sete dos trece altos cargos foron cubertos por exipcios. Na Autoridade Xeral de Petroleo, catro dos seis principais funcionarios eran de nacionalidade exipcia. No outono de 1958 , Nasser formou unha comision tripartita, composta por Zakaria Mohieddine , al-Hawrani e Bitar para supervisionar os desenvolvementos en Siria. Ao mover os dous ultimos, que eran baathistas, ao Cairo, neutralizou importantes figuras politicas que tinan as suas propias ideas sobre como deberia ser administrada Siria dentro da RAU.

En Siria organizabase a oposicion a union con Exipto; oficiais do Exercito Sirio resentironse de seren subordinados aos oficiais exipcios; as tribos de beduinos de Siria recibiron dineiro de Arabia Saudita para impedir que se tornasen leais a Nasser; o estilo exipcio de reforma agraria era acusado por prexudicar a agricultura de Siria; os comunistas comezaron a ganar influencia, e os intelectuais do Baath, que apoiaban a union, rexeitaron o sistema unipartidario . Nasser non foi plenamente capaz de resolver os problemas de Siria porque estes eran novos para el e, en vez de nomear sirios para administrar Siria, entregoulle esta tarefa a Amer. En Exipto, a situacion foi mais positiva, cun crecemento do PNB do 4,5% e un rapido crecemento da industria. En 1960 , nacionalizou a prensa exipcia, reducindoa a un portavoz persoal.

Relacions exteriores [ editar | editar a fonte ]

A bandeira de Iraq (1963-1991) pareciase a bandeira da RAU, porque Iraq estaba interesado en adherirse oficialmente a union como o terceiro estado (de ai a terceira estrela).
A bandeira da antiga Republica Arabe do Iemen tamen se parecia a bandeira da RAU, debido en gran parte ao apoio de Exipto a Revolucion no Iemen do Norte en 1962, e por haber sido Iemen do Norte membro dos Estados Arabes Unidos (1958-1961).

A union era interpretada como unha grande ameaza para Xordania . Siria era vista como unha fonte de instigacion e abrigo para conspiradores xordanos contra o Rei Hussein . O propio etatus do Exipto como un estado hostil ao desenvolvemento de Occidente na rexion (e, polo tanto, a estreita relacion entre os britanicos, en particular, e as monarquias de Iraq e de Xordania) aumentaron a presion. A resposta de Hussein foi propor a Faisal II de Iraq unha union Xordania-Iraq para conter a RAU, que foi formada o 14 de febreiro de 1958 . O acordo era para formar un comando militar unificado entre os dous estados, cun orzamento militar unificado, que deberia ser fornecido polo Iraq nun 80%, e o 20% restante por Xordania.

No vecino Libano , o presidente Camille Chamoun , un adversario de Nasser, viu a creacion da RAU con preocupacion. As faccions pro-Nasser no pais, na sua maioria compostas por musulmans e drusos , comezaron a colidir coa poboacion maronita que xeralmente apoiaba Chamoun, culminando nunha guerra civil en maio de 1958 . Ainda que Nasser non tivese a intencion de atacar o Libano, vendo isto como un caso especial, sentiuse obrigado a volverse cara aos seus partidarios, entregando a Abdel Hamid Sarraj a tarefa de enviarlles dineiro, armas lixeiras e oficiais de adestramento. O 14 de xullo , oficiais do Exercito Iraqui deron un golpe militar contra o Reino de Iraq , que se acababa de unir con Xordania para formar a rival Federacion Arabe . Nasser declarou o seu reconecemento ao novo goberno, e afirmou que "calquera ataque ao Iraq era equivalente a un ataque a RAU". No dia seguinte, fusileiros navais dos Estados Unidos e forzas especiais do Reino Unido desembarcaron no Libano e Xordania, respectivamente, para protexer os dous paises de caer tamen so as forzas pro-Nasser. Para Nasser, a Revolucion do 14 de xullo no Iraq deixou o camino libre para o nacionalismo arabe. Ainda que a maioria dos membros do Consello Revolucionario de Comando Iraqui concordaba en unir Iraq coa RAU, o novo presidente Abdel Karim Qasim discordou. Said K. Aburish declarou razons para iso, entre as que poderia estar incluida o rexeitamento de Nasser a cooperar con el e alentar aos oficiais iraquis libres un ano antes do golpe, e asi Qasim via a Nasser como unha ameaza a sua supremacia como lider do Iraq.

Mais tarde, en xullo, o Goberno dos Estados Unidos convenceu a Chamoun de non buscar un segundo mandato, e isto permitiu a Fuad Chehab ser electo novo presidente do Libano. Nasser e Chehab reunironse na fronteira sirio-libanesa, e Nasser explicoulle a Chehab que el nunca quixo a union co Libano, so que o pais non fose utilizado como unha base contra a RAU. O resultado desta reunion foi a fin da crise no Libano, cun Nasser deixando de abastecer aos seus partidarios e os Estados Unidos estabelecendo un prazo para a retirada da area.

O estado arabe mais favorabel a RAU foi inicialmente Iraq. Este procurou xuntarse a union entre 1960 e 1961 , para reunificar a union despois de 1963 , coa proposta do Exipto, Iraq e Siria reformando a Republica Arabe Unida. Unha nova bandeira foi proposta, con tres estrelas, simbolizando os tres estados que constituirian a union. Mais ao final non se materializou a idea. Ainda asi, Iraq continuou utilizando a bandeira de tres estrelas, e mais tarde adoptouna como bandeira nacional do pais. A bandeira de tres estrelas permaneceu como a bandeira nacional iraqui (con algunhas modificacions) ate 2007 .

Nacionalizacion economica [ editar | editar a fonte ]

En xuno de 1960, Nasser tentou estabelecer reformas economicas que ponerian a economia siria mais de acordo co extremamente forte sector publico exipcio. Infelizmente, esas mudanzas fixeron pouco para auxiliar a economia. En vez da cambios con intencion de crecemento do sector privado, Nasser embarcouse nunha onda de nacionalizacions sen precedentes en Siria e en Exipto. Iso comezou en xullo de 1961, sen consultar as principais autoridades economicas de Siria. O comercio total de algodon foi tomado polo goberno, asi como todas as empresas de importacion e exportacion . O 23 de xullo de 1961, Nasser anunciou a nacionalizacion de bancos, companias de seguros e toda a industria pesada.

Nasser tamen estendeu os seus principios de xustiza social . O limite da terra foi reducida de 200 a 100 feddans. As taxas de xuros para os agricultores foron drasticamente reducidas ao punto de seren eliminadas nalguns casos. Un imposto de 90% foi instituido en todos os rendementos superiores a 10.000 libras. Os traballadores e empregados foron autorizados a ter representantes en consellos de administracion. Estes tamen recibiron o dereito a unha cota de 25% do beneficio das suas empresas. A xornada media de traballo tamen foi reducida de oito horas a sete, sen unha reducion da remuneracion.

Colapso [ editar | editar a fonte ]

A pesar das dificultades economicas, o que realmente produciu a desaparicion da RAU foi a incapacidade de Nasser para encontrar un sistema politico adecuado ao novo rexime. Dada a sua axenda socialista no Exipto, o Partido Baath deberia ter sido o seu aliado natural, mais Nasser estaba dubidoso de compartir o poder. Ainda que Amer tivese permitido algunha liberalizacion da economia, a fin de tranquilizar os empresarios sirios, a sua decision de facer fraude nas eleccions da Union Nacional (partido unico, que substituiu o Baath), coa axuda do Coronel Abdel Hamid al-Sarraj (un oficial do Exercito Sirio e simpatizante de Nasser), enviou os lideres do Baath a unha axitacion. O Baath ganou apenas o 5% dos asentos nos altos comites, mentres que as partes conservadoras mais tradicionais obtiveron unha maioria significativa. Sarraj foi nomeado xefe da Union Nacional en Siria, e na primavera de 1960 substituia a Amer como presidente do Consello Executivo de Siria. Baixo Sarraj, Siria foi gobernada por unha forza de seguranza brutal, proxectada para suprimir toda a oposicion ao rexime.

Notas [ editar | editar a fonte ]