Mar Vermello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mar Vermello
????? ?????? - Ba?r al-A?mar - ?? ??? - Yam Suf
Localizacion administrativa
Estado Exipto Exipto
Sudán Sudan
Eritrea Eritrea
Djibuti Djibuti
Somalia Somalia
Israel
Xordania
Arabia Saudita
Iemen
Localizacion xeografica
Oceano / Mar Oceano Indico
Continente Africa - Asia
Xeografia
Mares contiguos Golfo de Aden
Cidades ribeiregas Assab , Massawa , Hala'ib , Porto Sudan , Safaga , Hurghada , El Suweis , Sharm el-Sheij , Eilat , Aqaba , Dahab , Jedda e Al Hudaydah
Accidentes
Golfos e baias Golfo de Aqaba e golfo de Suez ( canal de Suez )
Peninsulas Peninsulas do Sinai e arabiga
Estreitos Bab el-Mandeb (golfo de Aden)
Caracteristicas
Superficie 450.000 km²
Lonxitude maxima 2.200 km
Anchura maxima 335 km
Profundiade maxima 2.130 m
Profundidade media 500 m
Mapa

Localizacion do mar Vermello.

Mapa da rexion do mar Vermello

O mar Vermello e unha baia do oceano Indico entre Africa e Asia . Ao sur comunicase co oceano Indico polo estreito de Bab el-Mandeb e o golfo de Aden . Ao norte atopase a peninsula do Sinai , o golfo de Aqaba e o canal de Suez , que permite a comunicacion co mar Mediterraneo . [ 1 ] [ 2 ]

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Ten pouco mais de 1900 km de longo, un largo maximo de 300 km e unha profundidade maxima de 2500 m na foxa media central, cunha profundidade media de 500 m. A superficie do Mar Vermello e duns 450.000 km².

Hai unha gran cantidade de formacions coralinas pola exuberancia de vida submarina, con gran variedade de peixes e corais . Esta poboado por mais de 1.000 especies de invertebrados , de 200 especies de corais e de, polo menos, 300 especies de tiburons . O Mar Vermello e un destino turistico de sona, sobre todo entre os mergulladores .

As temperaturas da superficie son relativamente constantes, entre 21 e 25 °C. A visibilidade e bastante boa ate os 200 m de profundidade, mais podense levantar ventos fortes rapidamente e as correntes volvense perigosas.

A creacion do Mar Vermello debese a separacion de Africa e a Peninsula Arabiga ( Asia ). O movemento comezou hai uns trinta millons de anos e mantense na actualidade, o que explica a existencia de actividade volcanica nas partes mais fondas. O modelo de Tuzo Wilson asegura que o Mar Vermello se convertera nun oceano , e parece verse confirmado polo aumento da chamada 'fenda de Africa'.

Os paises lindantes co Mar Vermello son Exipto , Sudan , Eritrea e Djibuti na beira africana e Israel , Xordania , Arabia Saudita e o Iemen na beira asiatica. Algunhas cidades costeiras do Mar Vermello son: Assab , Port Sudan , Port Safaga , Hurghada , Suez , Sharm el-Sheikh , Eilat , Acaba , Dahad , Jedda ou Al-Hudaidah .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Red Sea" . Encyclopedia Britannica (en ingles ) . Consultado o 2019-02-18 .  
  2. "La Mer Rouge: qu'est-ce que c'est?" . AquaPortail (en frances ) . Consultado o 2019-02-18 .