McDonnell Douglas F-15 Eagle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ F-15 Eagle ≫)
F-15 Eagle
F-15 Eagle en pleno voo
Tipo caza de superioridade aerea
Fabricante Boeing , McDonnell Douglas
Primeiro voo 27 de xullo de 1972
Estado en servizo
Principais usuarios EEUU , Xapon , Arabia Saudita , Israel , Corea do Sur e Singapur
Unidades construidas 1626 (incluindo pedidos ata o 2009 )
Custo unitario 45 millons de $ ( 1998 )

O F-15 Eagle e un caza tactico construido nos Estados Unidos , desenado para ganar e manter a superioridade aerea no combate aereo. Fabricado pola McDonnell Douglas e despois de 1996 por Boeing . O primeiro voo efectuouse en novembro de 1972 .

O derivado F-15E Strike Eagle e un cazabombardeiro que entrou en servizo en 1988 .

Tenen este tipo de cazas a Forza Aerea dos Estados Unidos , Forza Aerea Israeli , Forza Aerea de Autodefensa do Xapon e a Real Forza Aerea Saudita .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Na Guerra de Corea , o F-86 Sabre de as en frecha era o unico caza estadounidense que podia enfrontarse e derrotar o MiG-15 sovietico. Mais tarde, en 1965 os MiG-17 derrubaron F-105 Thunderchief que realizaban unha mision de bombardeo en Vietnam . A Intelixencia da USAF foi impresionada cando descubriu que a Union Sovietica estaba construindo un caza maior, conecido como MiG-25 Foxbat . Nese momento non se conecia en occidente que o MiG-25 estaba desenado como un interceptador de alta velocidade e non como caza de superioridade aerea, sendo a sua vantaxe principal a velocidade, non a manobrabilidade. As grandes aletas e estabilizadores de cola insinuaban que era un caza moi manobrable, o que preocupou a Forza Aerea de que o seu rendemento fose moi superior aos seus homologos estadounidenses. En realidade, os estabilizadores do MiG eran necesarios para previren a aeronave do acoplamento inercial a altas velocidades e altitudes grandes.

O F-4 Phantom II da Armada e a USAF era o unico caza con suficiente potencia, alcance e manobrabilidade para recibir como tarefa o enfrontarse aos cazas sovieticos en voo dentro do rango visual. Os misiles de alcance medio AIM-7 Sparrow e os AIM-9 Sidewinder adoitaban ser ineficaces a distancias curtas onde so os autocanons podian ser a unica arma eficaz. O Phantom II non tina orixinalmente un canon xa que a sua funcion era utilizar os misiles para derrubar os obxectivos a longas distancias. Tras experiencias de usar contedores externos con metralladoras, finalmente integrouse un canon interno no Phantom.

Habia unha necesidade clara dun novo caza que sobrepasase as limitacions do Phantom en distancias curtas e mantivese a superioridade aerea a longas distancias. Tras rexeitar o programa da Armada VFX, que daria como resultado o F-14 Tomcat , por non convir as suas necesidades, a Forza Aerea deu os seus propios requisitos para o programa Fx (Experimental Fighter), unha especificacion para un relativamente lixeiro caza de superioridade aerea. Tres companias enviaron propostas: Fairchild, North American Aviation e McDonnell Douglas . A USAF anunciou a seleccion de McDonnell Douglas o 23 de decembro de 1969 . O deseno ganador pareciase ao F-14, pero con as fixas, e non era mais lixeiro ou pequeno que o F-4 que debia substituir.

Primeiro prototipo do F-15.

A version inicial, designada F-15A para a configuracion monopraza e F-15B para o bipraza, estaba impulsado cos novos motores Pratt & Whitney F100 cun pulo superior ao seu peso. Propuxose utilizar un canon GAU-7 de Ford-Philco con municion sen casco pero foi abandonado a prol do canon estandar M61 Vulcan debido a problemas no seu desenvolvemento. O F-15 mantina os catro misiles Sparrow en suxeccions laterais da fuselaxe como o Phantom.

O Sparrow e unha arma semiactiva, o que significa que o avion lanzador debe estar continuamente pintando ao obxectivo co seu radar para que o misil poida alcanzar ao branco. Se o avion debia manobrar para evitar fogo inimigo, o misil podia perderse. Os misiles mais avanzados como o AIM-120 AMRAAM e AIM-54 Phoenix , levaba un sistema activo de busca, o que permitia ao avion lanzador "disparar e esquecerse" e disparar a varios obxectivos simultaneamente. O F-15 ten un radar de exploracion e disparo a cotas inferiores (conecido tamen como look down, shoot down ) que pode distinguir brancos mobiles a baixa altura como misiles cruceiros ou bombardeiros e serve tamen como un sistema basico de vixilancia AWACS.

O F-15 usaria tecnoloxia de computacion e novos controis e dispositivos de visualizacion para reducir a carga de traballo do piloto e aforrar o peso dun segundo tripulante. A diferenza do F-4 e o F-14, o F-15 ten unha unica cuberta na carlinga o que lle permite maior visibilidade frontal. A USAF presentou o F-15 como o "primeiro caza de superioridade aerea dedicado da USAF dende o F-86 Sabre ".

O F-15 seria favorecido por clientes como Israel e o Xapon , e o desenvolvemento do F-15E Strike Eagle produciria un cazabombardeiro que substituiria ao F-111. No entanto, tamen se critica que o F-15 e demasiado grande para combates aereos e demasiado caro para obter unha gran cantidade para substituir o F-4 e o A-7 o que levou ao programa LWF (Light Weight Fighter) a crear desenos como o F-16 Fighting Falcon e o F/A-18 Hornet .

Deseno [ editar | editar a fonte ]

A manobrabilidade do F-15 deriva da sua baixa carga alar (relacion entre o peso e a area alar) cunha relacion pulo-peso alta, o que lle permite facer xiros pechados sen apenas perder velocidade. O F-15 pode subir a 10.000 metros nuns 60 segundos. Os controis de armas e voo estan desenados para que unha persoa poida utilizalos con seguridade e eficacia nun combate aereo.

Os sistemas de avionica incluen a visualizacion HUD , radar avanzado, sistema de navegacion inercial, instrumentos de voo, comunicacions en UHF, sistema de navegacion tactico e sistema de aterraxe instrumental. Ten tamen instalado internamente un sistema de guerra electronica tactica, un sistema de identificacion de inimigos-amigos, un grupo de contramedidas electronicas e un computador dixital central.

Un F-15 preparandose para recargar combustible dun KC-135 Stratotanker.

A pantalla de visualizacion ( HUD ) proxecta, a traves dun combinador, toda a informacion de voo esencial recollida polos sistemas integrados de avionica. Esta pantalla, visible para calquera tipo de condicion de luz, proporciona ao piloto a informacion necesaria para rastrexar e destruir unha aeronave inimiga sen a necesidade de ollar os instrumentos da cabina.

O radar de impulsos dopler APG-63/70 do F-15 pode buscar tanto avions a cotas superiores e inferiores sen confundirse con obxectos do chan. Pode detectar e seguir avions e brancos pequenos a alta velocidade a distancias maiores que o alcance visual e ata altitudes tan baixas como o nivel das arbores. O radar da a informacion do branco a computadora central que e proxectada na pantalla de visualizacion. O sistema de guerra electronica do F-15 proporciona tanto alertas de perigo como contramedidas automaticas contra ameazas seleccionadas. Debido ao uso de sistemas electronicos avanzados, o avion recibiu o sobrenome de Starship (nave espacial).

O F-15 pode levar unha ampla variedade de armamento aire-aire. Un sistema automatico de armas permite ao piloto realizar combates aereos seguros e efectivos, utilizando a pantalla de visualizacion e os controis de armas e avionica localizados nos mandos de control. Cando o piloto cambia dun sistema de armas a outro, aparece no HUD unha guia visual de forma automatica.

O Eagle pode ser armado coa combinacion de catro tipos de armas aire-aire: misiles AIM-7F/M Sparrow ou AIM-120 AMRAAM nos laterais da fuselaxe, misiles AIM-9L/M Sidewinder ou AIM-120 baixo as as, e un canon interno de 20 mm no lado dereito.

Deposito externo de combustible dun F-15E.

Uns depositos externos de combustible (CFT, Conformal Fuel Tank) foron desenvolvidos para os modelos F-15C e D. Poden ser colocados nos lados das tobeiras dos motores baixo cada a e estan desenados cos mesmos factores de carga e de limites de velocidade que o avion. Con todo, reducen a capacidade de aceleracion e non poden ser desechados en voo como os depositos externos convencionais. A USAF so equipa con CFT aos F-15E, pero estes depositos foron proporcionados a Israel que os utiliza en toda a sua frota. Cada CFT ten capacidade de 3.200 litros. Estes tanques reducen a necesidade do reabastecemento en voo en misions e aumenta o tempo na zona de combate. Todas as estacions externas para armas permanecen disponibles, alen de poder suxeitar misiles Sparrow ou AMRAAM nos laterais dos CFT.

O F-15E e un caza bipraza todo tempo para misions de intercepcion. A parte traseira da cabina foi actualizada para incluir catro monitores multiproposito para os sistemas do avion e a utilizacion do armamento. Incorpora un sistema triplo redundante de control de voo e un sistema mellorado de navegacion inercial con xiroscopo de anel laser. Para voos a altas velocidades e baixa altitude e ataques precisos nocturnos ou con mal tempo, o F-15E leva un radar de alta resolucion APG-70 e contedores LANTIRN que lle proporcionan imaxes termais.

Historia operacional [ editar | editar a fonte ]

O principal operador do F-15 e a Forza Aerea dos Estados Unidos (USAF). O primeiro F-15A voou en xullo de 1972 , e o primeiro voo do bipraza F-15B (denominado anteriormente TF-15A) realizouse en xullo de 1973 . O primeiro Eagle, un F-15B, foi entregado en novembro de 1974 , e en xaneiro de 1976 entregouse o primeiro Eagle con destino a un escuadron de combate. Estes primeiros avions levaban o radar APG-63 de Hughes Aircraft.

Os primeiros F-15C monoprazas e F-15D biprazas entraron a formar parte da USAF a principios de 1979 . Estes modelos levaban as melloras do Paquete de Producion Eagle (PEP 2000), incluindo 900 kg adicionais de combustible interno, subministracions para levaren os depositos externos CFT e aumentando o peso maximo ao engalaren en 30.700 kg.

O Programa de Mellora Multifase (MISP) do F-15 comezou en febreiro de 1983 , coa primeira producion de MISP F-15C en 1985 . As melloras incluian un computador central actualizado, un grupo de control programable de armamento, que permitia utilizar versions avanzadas dos misiles AIM-7, AIM-9 e AIM-120; un sistema de guerra electronica tactica expandido que proporcionaba melloras ao radar de alerta ALR-56C e ao grupo de contramedidas ALQ-135. As ultimas 43 unidades levaban un radar Hughes APG-70, que seria o modelo de serie no F-15E.

Os modelos F-15A e B foron utilizados por Israel na Guerra do Libano de 1982 . Os modelos C, D e E foron despregados no golfo Persico durante a Operacion Tormenta do Deserto en 1991 , onde se apuntaron 36 das 39 vitorias aereas da USAF. Os F-15E operaban principalmente de noite, buscando lanzadores de misiles Scud e posicions de artillaria utilizando o sistema LANTIRN.

Operadores [ editar | editar a fonte ]

F-15J da Forza Aerea do Xapon.

A USAF dispuna de 396 F-15 e a Gardia Nacional Aerea operaba con 126 unidades en 2005 . A Forza Aerea Israeli (Heyl ha'Avir) utilizou F-15 dende 1977 . Estes avions estan organizados en dous escuadrons de F-15A/B e un escuadron de F-15C/D.

A Forza Aerea Xaponesa adquiriu 203 F-15J e 20 F-15DJ en 1981 , dos cales 2 F-15J e 12 F-15DJ foron fabricados en Estados Unidos e o resto por Mitsubishi baixo licenza. A Forza Aerea Real Saudita ten catro escuadrons de F-15C/D (55 e 19 unidades de cada modelo respectivamente) dende 1981 . A Forza Aerea Surcoreana opera con tres F-15K a espera de completar un total de 36 unidades a comezos de 2008 .

Record de baixas [ editar | editar a fonte ]

A 2005 , os F-15 de todas as forzas aereas tenen unha marca combinada de 104 derribos sen ningunha perda en combate aereo (excluindo o caso onde un F-15J xapones derrubou a outro F-15J en 1995 debido ao mal funcionamento dun AIM-9 Sidewinder durante un adestramento con fogo real). Os Estados Unidos e Israel sostenen que ata a data, as versions de superioridade aerea do F-15 (modelos A, B, C e D) nunca foron derrubados por un inimigo.

Mais da metade das baixas realizadas polos F-15 foron producidas por pilotos da Forza Aerea Israeli. Durante os conflitos na fronteira co Libano entre 1979 e 1981 , os F-15A derrubaron trece MiG-21 e dous MiG-25 sirios. Na guerra do Libano de 1982 , os pilotos israelis derrubaron 40 cazas sirios, 23 MiG-21 e 17 MiG-23 e un helicoptero sirio Gazelle SA.342L. Durante as escaramuzas israeli-sirias de 1985 , Israel informou que derribara dous MiG-23 .

Os pilotos da Forza Aerea Real Saudita derrubaron dous F-4E Phantom II da Forza Aerea Iraniana nunha escaramuza na fronteira en 1984 , e derrubaron dous Mirage F1 iraquis na Guerra do Golfo .

Consonte a USAF, os seus F-15C tiveron 34 baixas confirmadas de aeronaves iraquis durante a Guerra do Golfo de 1991 , principalmente por accion de misiles: cinco MiG-29 , dous MiG-25 , oito MiG-21 , dous Su-25 , catro Su-22 , un Su-7 , seis Mirage F1 , un avion de carga Il-76 , un avion de adestramento Pilatus PC-9 e dous helicopteros Mil Mi-8 . Tras conseguir a superioridade aerea nos primeiros tres dias do conflito, moitas das baixas posteriores eran de avions iraquis que voaban a Iran , no canto de intentos de enfrontarense aos avions estadounidenses. O F-15C monopraza foi utilizado para a superioridade aerea mentres que o F-15E foi usado para bombardeos terrestres. Un F-15E conseguiu derrubar un helicoptero Mi-8 iraqui utilizando unha bomba guiada por laser. Os F-15E tiveron duas baixas por fogo terrestre na Guerra do Golfo .

En 1994 , un F-15C da USAF derrubou por accidente dous UH-60 Black Hawk do Exercito estadounidense na zona de exclusion norte de Iraq . En 1999 , na intervencion da OTAN en Kosovo , os F-15C da USAF derrubaron catro MiG-29 iugoslavos.

Variantes [ editar | editar a fonte ]

Dous F-15J

Modelos basicos [ editar | editar a fonte ]

  • F-15A : variante caza monopraza todo tempo para superioridade aerea. Fabricaronse 384 unidades entre 1972 e 1979.
  • F-15B : variante bipraza para adestramento, anteriormente designado TF-15A. 71 fabricados entre 1972 e 1979.
  • F-15C : variante mellorada do modelo F-15A. Os 43 ultimos foron mellorados co radar AN/APG-70. 483 fabricados entre 1979 e 1985.
  • F-15D : variante mellorada do modelo F-15B. 92 fabricados entre 1979 e 1985.
  • F-15J : variante caza monopraza construida baixo licenza por Mitsubishi para a Forza Aerea do Xapon. Entre 1981 e 1997 Mitsubishi contruiu 139 exemplares baixo licenza e 2 fabricaronse en St. Louis.
  • F-15DJ : variante bipraza de adestramento para a Forza Aerea do Xapon, construida baixo licenza por Mitsubishi. 12 fabricados en St. Louis e 25 por Mitsubishi entre 1981 e 1997.
  • F-15N Sea Eagle : variante con capacidade para operar dende portaavions, proposta a principios dos 70 para a U.S. Navy , como alternativa ao F-14 Tomcat . O F-15N-PHX foi outra proposta de version naval, capaz de levar o misil AIM-54 Phoenix . Estes contaban con as pregables, unha tren de aterraxe reforzada e un gancho de cola masis forte para operar nun barco.
  • F-15 Streak Eagle : variante sen armas e sen pintar do F-15A para demostrar a aceleracion do caza e bater oito marcas de subidas entre o 16 de xaneiro e o 1 de febreiro de 1975 .

F-15E e relacionados [ editar | editar a fonte ]

  • F-15E Strike Eagle: cazabombardeiro bipraza todo tempo de longo alcance da USAF.
  • F-15I Ra'am (Thunder): variante avanzada do F-15E Strike Eagle para as Forzas Aereas Israelis.
  • F-15K Slam Eagle: variante avanzada do F-15E Strike Eagle para as Forzas Aereas de Corea do Sur.
  • F-15S: variante de exportacion do F-15E Strike Eagle para as Forzas Aereas de Arabia Saudita.
  • F-15SG: variante avanzada da version F-15E Strike Eagle para as Forzas Aereas de Singapur.
  • F-15S/MTD: un TF-15A convertido para engalaxe e aterraxe curta e como demostracion de tecnoloxia aeronautica.
  • F-15 ACTIVE: un F-15S/MTD convertido para investigacion de tecnoloxias aeronauticas avanzadas.
  • F-15 IFCS: un F-15 ACTIVE convertido para investigacion de sistemas de control intelixentes.
  • F-15 MANX: variante sen cola do F-15 ACTIVE.

Especificacions [ editar | editar a fonte ]

Dimensions
F-15A F-15C
Envergadura
13,5 m
Lonxitude
19,43 m
Altura
5,63 m
Superficie alar
56,48 m²
Carga alar maxima
449,7 kg/m²
546,1 kg/m²
Pesos
F-15A F-15C
Baleiro
12975 kg
Maximo
25400 kg
30844 kg
Carga util
7260 kg
Combustible interno
6766 l
7836 l
Combustible externo
6927 l
13355 l
Estacions de carga
3
Normal de engalaxe
18885 kg
20245 kg

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]