Library of Congress Control Number

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Library of Congress Control Number ( LCCN ) e un sistema baseado en numeros de serie para numerar os rexistros de catalogo da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos . Este sistema de numeracion estan en uso dende 1898 . Non ten relacion algunha cos contidos dos libros e non debe confundirse coa Library of Congress Classification (LCC).

Consulta do LCCN de Ernst Cassirer : n50034385.

Historia [ editar | editar a fonte ]

O acronimo LCCN aludia orixinalmente ao Library of Congress Card Number ( numero de tarxeta da Biblioteca do Congreso ), xa que a Biblioteca do Congreso preparaba tarxetas de informacion bibliografica para o seu catalogo e vendia conxuntos duplicados das tarxetas a outras bibliotecas para usalos nos seus catalogos. Este costume coneciase como catalogacion centralizada. A cada conxunto de tarxetas dabase un numero de serie para facilitar a sua identificacion.

Como a maioria da informacion bibliografica crease, almacenase e compartese actualmente de forma dixital, segue existindo a necesidade de identificar univocamente cada rexistro, facendo ainda o LCCN esta funcion.

Bibliotecarios de todo o mundo empregan este identificador univoco no proceso de catalogar a maioria dos libros que foron publicados nos Estados Unidos de America . Isto axudalles a corrixir os datos de catalogacion (conecidos como rexistro de catalogo), que a Biblioteca do Congreso e terceiros ponen a disposicion na web e por outros medios.

En febreiro de 2008 , a Biblioteca creou o servizo de ligazons permanentes do LCCN, que conten unha URL estable para todolos numeros de control. [ 1 ]

Formato [ editar | editar a fonte ]

Na sua forma mais elemental o numero inclue un ano e un numero de serie. O ano ten dous dixitos desde 1898 a 2000, e catro dixitos a partir de 2001. Os tres anos ambiguos (1898, 1899 e 1900) distinguense pola lonxitude do numero de serie. Hai tamen algunhas peculiaridades cos numeros que empezan por un ≪7≫ debido a un experimento errado levado a cabo entre 1969 e 1972.

Os numeros de serie tenen seis dixitos e deben incluir ceros a esquerda. O guion que a miudo separa o ano e o numero de serie e opcional. Poren, recentemente, a Biblioteca indicou aos editores que non o incluan.

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]