Nixer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaNixer
Nijar (ha) Editar o valor em Wikidata

Himno La Nigerienne (12 de xullo de 1961) Editar o valor em Wikidata

Lema Fraternite, Travail, Progres
Fraternity, Work, Progress
Братство, труд, прогрес Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia a Rio Nixer Editar o valor em Wikidata
Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  17°N 10°L  /  17, 10 Coordenadas : 17°N 10°L  /  17, 10
Capital Niamey Editar o valor em Wikidata
Conten a division administrativa
Poboacion
Poboacion 21.477.348 (2017) Editar o valor em Wikidata (16,95 hab./km² )
Lingua oficial lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Parte de
Superficie 1.267.000 km² Editar o valor em Wikidata
Punto mais alto Monte Idoukal-n-Taghes (pt) Traducir (2.022 m) Editar o valor em Wikidata
Punto mais baixo Rio Nixer (200 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos historicos
Precedido por
Creacion 1960 Editar o valor em Wikidata
Dia festivo
Organizacion politica
• Presidente Editar o valor em WikidataHassoumi Massaoudou (pt) Traducir (2023?) Editar o valor em Wikidata
Organo executivo Cabinet of Niger (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor em Wikidatadeclarado deserto Editar o valor em Wikidata
Organo lexislativo Assembleia Nacional do Niger (pt) Traducir , (Escano: 171) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal 14.915.002.098 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moeda franco CFA de Africa Occidental Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel .ne Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefonico +227 Editar o valor em Wikidata
Telefono de emerxencia 17 e 18 Editar o valor em Wikidata
Codigo de pais NE Editar o valor em Wikidata

Paxina web presidence.ne Editar o valor em Wikidata

Nixer [ 1 ] [ 2 ] e un pais de Africa do Oeste, situado ao sur de Alxeria e Libia , ao norte de Benin e Nixeria , ao leste de Burkina Faso e Mali, e ao oeste do Chad . A capital e Niamey .

Entre os recursos naturais do Nixer, podese citar o ouro , o ferro , o carbon , o uranio e mailo petroleo .

Certos animais, coma os elefantes , os leons e mailas xirafas estan en perigo de desaparicion en razon da destrucion das fragas.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Historia de Nixer .

O territorio nixerino estivo habitado dende hai mais de 60.000 anos, como asi o testemunan a evidencia arqueoloxica encontrada. Este descubrimento entronca coa evidencia botanica , climatica e xeoloxica , que indica que neses tempos o proceso de desertificacion de toda a rexion norte ainda non se producira ou era apenas incipiente.

Entre os seculos X e XIX, existiu un poderoso reino denominado Hausa , que se alimentou do control das rotas das caravanas que cruzaban o Sahara e dominaba a rexion mais fertil do sur. O apoxeo desta cultura produciuse arredor de 1400, para comezar a decaer coa conquista europea de Nixer no seculo XVIII .

A colonizacion francesa concretouse totalmente no seculo XIX , cando o actual territorio de Nixer pasou a formar parte da Africa Occidental Francesa , situacion que persistiu ate 1958 .

Independencia [ editar | editar a fonte ]

O pais obtivo a sua independencia en 1960. O primeiro presidente foi Hamani Diori , que logrou a sua reeleccion nas eleccions de 1965 e 1970 , cun goberno tranquilo e moderado. Mais as fortes secas que se sucederon a partir de 1968 comezaron a xerar un estado de inquietude social e de inestabilidade gobernativa, que conduciron a un primeiro golpe de estado militar en 1974 dirixido polo coronel Seyni Kountche , que derrocou a Diori. Kountche sufriu a sua vez varios intentos golpistas que conseguiron ser abortados. En 1983 elaborou un Consello Lexislativo de Ministros formado por civis e presidido por Oumarou Maname .

Kountche faleceu catro anos mais tarde, sendo substituido polo seu camarada Ali Seibou , que acrecentou a sua base de poder na decada dos 80. A principal preocupacion do seu goberno foi desenvolver e diversificar a feble base economica e produtiva do pais, intentando desprenderse da dependencia con respecto a extraccion de mineral de uranio, por aquela, unica fonte de ingresos economicos de exportacion. A estes efectos, Seibou constituiu o Movemento Nacional para o Desenvolvemento Social (MNSD), que se quedaria como o unico partido politico legal.

Mentres se estendia a pobreza entre amplas capas da sociedade e as secas ameazaban xerar fame negra, o MNSD comezou a solicitar prestamos ao Fondo Monetario Internacional e ao Banco Mundial , que lle impuxeron cambios estruturais macroeconomicos, como a conxelacion dos salarios dos empregados publicos durante dous anos, o que provocou maior pobreza.

Anos 1990 [ editar | editar a fonte ]

En 1990 a firmeza de Seibou foi superada pola presion popular, manifestacions estudantis e obreiras, que se viu obrigado a adoptar medidas amplamente aperturistas. Asi, o goberno convocou unha Conferencia Nacional que preparara o camino a unha saida democratica, encargando ao politico Amadou Cheiffou a preparacion dun goberno de transicion.

En 1993 promulgouse a Constitucion e celebraronse as primeiras eleccions libres, nas que resultou vitoriosa a Alianza de Forza para o Cambio (AFC) ?unha coalicion de seis partidos de oposicion? que obtivo 50 das 83 bancas lexislativas en disputa. O MNSD perdeu a presidencia, que pasou a mans de Mahamane Ousmane , candidato dun dos partidos integrantes da AFC.

Este novo goberno intentou mellorar a situacion economica mais pronto se viu acurralado por un alzamento dos tuaregs , habitantes da zona norte do pais. O motivo da violencia foi que as repetidas secas acabaran co gado deste pobo nomade, que foi obrigado a converterse en sedentario, e reclamaballe ao goberno unha solucion ao problema. A autoridade central prometeu entregar terras aos tuareg, mais non encontrou unha solucion facil as suas demandas, o que xerou un conato de guerra civil que durou ate ben entrado o ano seguinte.

A sua vez, as manifestacions estudantis continuaban e o goberno seguia reprimindoas, feitos que conduciron a ruptura da coalicion nese mesmo ano de 1994 e a renuncia do Primeiro Ministro. En 1995 formouse unha nova coalicion que alcanzou a maioria no Congreso, que esixiu a renuncia de todo o Poder Executivo e a formacion dun novo goberno, que ficou en mans de Hama Amadou.

A nova situacion pouco durou. En xaneiro de 1996 o coronel Ibrahim Bare Mainassara realizou un novo golpe de estado e suspendeu a vixencia da constitucion. Mainassara prometeu devolver o goberno ao poder civil e cumpriu en 1999 , cunhas eleccions municipais que lle deron o triunfo a oposicion. Esa circunstancia provocou descontento en amplos sectores militares, cuxa reaccion foi facer asasinar a Mainassara a mans da sua propia garda.

En decembro de 1999 dese mesmo ano o poder pasou novamente a mans de civis, posto como presidente a Mamadou Tandja e a Hama Amadou como primeiro Ministro ?este ultimo nomeado en xaneiro de 2000 ?.

Politica [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Politica de Nixer .

Subdivisions [ editar | editar a fonte ]

O Nixer esta dividido en 7 rexions que tenen coma nome o da sua capital: Agadez , Difa , Doso , Maradi , Tahoua , Tillaberi , Zindar , ademais dunha oitava rexion, Niamay, que agrupa cinco concellos.

As rexions estan divididas en 35 departamentos.

A capital, Niamey , e un concello urbano separado.

# Rexion Capital Superficie (km²) Poboacion (2004) Mapa
1. Agadez Agadez 634.209 344.916 Rexións do Níxer
2. Diffa Diffa 140.216 362.216
3. Dosso Dosso 31.002 1.625.174
4. Maradi Maradi 38.581 2.419.513
5. Niamey * Niamey 670 741.610
6. Tahoua Tahoua 106.677 2.096.547
7. Tillaberi Tillaberi 89.623 2.041.876
8. Zinder Zinder 145.430 2.224.880

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

Artigo detallado : Xeografia de Nixer

Nixer.
Imaxe satelite de Nixer.

O Nixer atopase no interior da Africa Occidental , localizada ao sur de Alxeria e Libia e ao norte de Nixeria . A sua area e de 1 267 000 quilometros cadrados (algo mais do duplo ca a Peninsula Iberica ), dos cales 1 266 700 km² son terra e 300 km² auga. Nixer e o 63° pais mais poboado e o 22° mais grande do mundo.

O Nixer fai fronteira con sete paises e ten un total de 5 697 km de fronteiras. A fronteira mais longa e co Chad , polo leste, con 1175 km. A esta seguelle a fronteira con Nixeria , polo sur (1497 km), con Alxeria , a norte-noroeste (956 km) e con Mali , con 821 km. Nixer tamen posue fronteiras mais miudas a suroeste ( Burkina Faso con 628 km e Benin con 266 km) e a norte-nordeste ( Libia con 354 km).

O pais ten dous terzos do seu territorio no deserto do Sahara , que son practicamente inhabitables e constituen todo o norte do pais. O resto estendese polas marxes do rio Nixer , con grandes sabanas onde e posible a cria de gado e practicar agricultura. E nesta zona onde se atopa a capital , como ademais os principais centros poboados, ( Zinder , Maradi e Tillaberi ).

A zona desertica alcanza o seu maximo rigor no Tenere . Ali achanse macizos montanosos como o do Air , que acada o seu cumio maximo no monte Bagzane , de 2022 m. As cidades mais importantes desta zona son Tahoua e Agadez .

Sinalar que no extremo suroriental atopase unha parte do lago Chad , que Nixer comparte con Chad , con Nixeria e con Camerun , e onde habitan os beri beri . Este lago e o rio Nixer subministran a maior parte de auga potable do pais.

O punto mais baixo e o rio Nixer , a unha altitude de 200 m. Os punto mais elevado son o dito monte Bagzane e monte Greboun , con 1 944 m.

O clima nixerino e moi caloroso, onde a temperatura media supera os 30 °C. Tratase dun clima subtropical, que e xeralmente quente e seco, existindo no extremo sur unha zona de clima tropical.

Economia [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Economia de Nixer .

Nixer e membro da Union economica e monetaria de Africa do oeste

Demografia [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Demografia de Nixer .

Cultura [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Cultura de Nixer .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nixerino .
  2. "Listaxe de paises participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF) . Portal das Palabras . Consultado o 16 de agosto de 2016 .  

Este artigo tan só é un bosquexo
  Este artigo sobre xeografia e, polo de agora, so un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuir a que a Galipedia mellore e medre .
  Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamen podes contribuir.