Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os
Disturbios Palestinos de 1929
(tamen conecidos como a
Sublevacion do Muro das Lamentacions
ou
Sublevacion de Buraq
) fan referencia a serie de manifestacions e disturbios que aconteceron a finais de agosto de
1929
cando unha prolongada disputa entre
musulmans
e
xudeus
polo acceso ao
Muro das Lamentacions
en
Xerusalen
desembocou en actos violentos. Durante a semana dos disturbios, 116 arabes e 113 xudeus foron asasinados e 339 resultaron feridos.
O
Mufti
ordenou abrir o extremo sur da rua que cruzaba o Muro. A antiga rua sen saida converteuse nun paso que ia desde o Monte do Templo ata dentro da area de oracion do Muro. Os mulas pasaban por esa rua estreita, a miudo tirando excrementos. Isto, xunto con outros proxectos de construcion na zona, e o acceso restrinxido ao Muro, provocou a protesta dos xudeus ante os
britanicos
, que permaneceron indiferentes.
O
14 de agosto
de
1929
, logo dos ataques a xudeus que rezaban no Muro, 6000 xudeus
[
1
]
manifestaronse en
Tel Aviv
gritando "O Muro e noso". Ao dia seguinte, 300 mozos izaron a bandeira e cantaron o himno sionista fronte ao Muro. Un dia despois, o
16 de agosto
, unha multitude de 2000 musulmans baixou ao Muro das Lamentacions esnaquizando obxectos liturxicos, queimando libros de oracion e notas de suplica. A revolta estendeuse cara a zona comercial xudia e provocou poucos dias mais tarde a infame
Matanza de Hebron
.
[
2
]
- ↑
Horne, Edward (1982) "A Job Well Done. A History of the Palestine Police Force. 1920 - 1948". Anchor Press.
ISBN 978-1857767582
. Page 132. "The principle inflammatory organ of the day."
- ↑
Jerold S. Auerbach (2009). Hebron Jews: Memory and Conflict in the Land of Israel. Rowman & Littlefield.