Londres

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaLondres
London (en-gb) Editar o valor em Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  51°30′26″N 0°07′39″O  /  51.5072, -0.1275 Coordenadas : 51°30′26″N 0°07′39″O  /  51.5072, -0.1275
Estado Reino Unido
Pais Inglaterra
Rexions Londres (pt) Traducir
Condado cerimonial Gran Londres Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboacion
Poboacion 8.799.728 (2021) Editar o valor em Wikidata (5.597,79 hab./km² )
Lingua oficial lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Superficie 1.572 km² Editar o valor em Wikidata
Banado por Rio Tamesis e Grand Union Canal (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude 15 m-11 m-11 m Editar o valor em Wikidata
Punto mais alto Biggin Hill (pt) Traducir (245 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos historicos
Precedido por
Creacion c.   47 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
Organizacion politica
• Alcalde Editar o valor em WikidataSadiq Khan (pt) Traducir (2016?) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Codigo postal E, EC, N, NW, SE, SW, W, WC, BR, CM, CR, DA, EN, HA, IG, KT, RM, SM, TN, TW, UB e WD Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefonico 20, 1322, 1689, 1708, 1737, 1895, 1923, 1959 e 1992 Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2 GB-LND Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Paxina web london.gov.uk Editar o valor em Wikidata
Facebook: LDNgov Twitter: ldn_gov Instagram: ldn_gov Editar o valor em Wikidata

Londres [ 1 ] (en ingles London [?l?nd?n]   (AFI) En-uk-London.ogg escoitar ) e a capital e cidade mais poboada de Inglaterra e do Reino Unido ; atopase a beira do rio Tamese , na illa da Gran Bretana . No ano 2015 tina unha poboacion estimada de 8,31 millons de habitantes na division administrativa do Gran Londres , composta por 32 distritos municipais ( boroughs ) e mais pola Cidade de Londres propiamente dita ( City of London ), nunha area de 1579 km². A sua area metropolitana ten preto de 17,1 millons de habitantes. [ 2 ]

Ten a sua orixe na cidade romana de Londinium , capital da rexion administrativa romana de Britania . A cidade acabou por se tornar o centro do Imperio Britanico , contribuindo hoxe en dia co 17% do PNB dun pais que e a cuarta maior economia do mundo.

Londres e un dos mais importantes centros da politica e do comercio mundiais dende hai case dous milenios (a pesar de ser Winchester a capital de Inglaterra durante gran parte da Idade Media ). [ 3 ]

Etimoloxia [ editar | editar a fonte ]

Modelo de Londinio entre 85 e 90 d.C., no Museo de Londres, mostrando a primeira ponte construida sobre o rio Tamese.

A etimoloxia de Londres e incerta. [ 4 ] E un toponimo moi antigo que aparece en fontes do seculo II d. C. Por volta do 121 d. C. apareceu citada como Londinium , termo que apunta a unha orixe britanorromana do asentamento. [ 4 ] O primeiro intento de aclaracion, hoxe descartado, atribuese a Godofredo de Monmouth , que no seu libro Historia Regum Britanniae [ 4 ] sostina que o toponimo provina dun tal rei Lud que en principio tomou a cidade e a nomeou Kaerlud . [ 5 ]

Dende 1898 aceptouse habitualmente que o toponimo tena unha orixe celta e significaba lugar pertencente a un home chamado *Londinos , pero esta explicacion foi rexeitada igualmente. [ 4 ] En 1998 Richard Coates propuxo a explicacion de que o nome tina a sua orixe no hidronimo antigo europeo * (p)lowonida , que significa ≪rio demasiado ancho para vadealo≫, e suxeriu que era un nome que se daba ao tramo do rio Tamese ao seu paso por Londres. Deste toponimo derivaria a sua forma celtica, * Lowonidonjon , [ 6 ] ainda que a transformacion da palabra e demasiado grande. A dificultade e conciliar o nome latino, Londinium , co que se lle da na lingua galesa moderna, Llundain . Non se pode descartar a posibilidade de que este nome gales se tomase prestado do ingles en epocas posteriores e polo tanto non poida ser tomado como referencia para a reconstrucion do nome orixinal da cidade. Oficialmente, ata 1889 o nome Londres so se aplicou a City londiniense, pero dende enton, refirese tamen ao condado de Londres e ao Gran Londres . [ 4 ]

Historia [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Historia de Londres .

O Londres Romano [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Londinium .

A pesar das evidencias de pequenos asentamentos bretons dispersos pola area, o primeiro asentamento maior na cidade de Londres data do ano 43 d. C., cando os romanos , aproveitando a conquista da illa, fundaron o asentamento de Londinium na beira norte do rio Tamese . A antiga vila desenvolveuse preto da primeira ponte de Londres feita de madeira polos romanos e que lles permitia atravesar o rio.

O primeiro asentamento de Londres durou preto de dezasete anos. Ao redor do ano 61 d. C., a tribo celta dos icenos dirixida pola raina Boadicea asaltou o poboado, reducindoo a cinzas. A seguinte reencarnacion da cidade prosperou e substituiu a Colchester como a capital da provincia romana de Britania ao redor do ano 100 d. C. No cumio do seu apoxeo, no seculo II , Londres tina unha poboacion de 60.000 habitantes. Poren, no seculo III , a poboacion da cidade comezou a minguar debido a que as tropas asentadas na cidade foran enviadas ao continente para atallar os problemas do Imperio Romano . Nos seguintes seculos o descenso da poboacion foi continuado, ficando a cidade abandonada no seculo V [ 7 ] .

Os anglosaxons [ editar | editar a fonte ]

No ano 600 os anglosaxons volveron crear un novo asentamento chamado Lundenwic a 1 km da antiga cidade romana, preto do que hoxe e Covent Garden [ 8 ] . Probablemente houbo un porto dedicado a pesca e ao comercio na foz do rio Fleet . O comercio da cidade medrou paseninamente ata o ataque do 851 , cando as defensas da cidade foron apancadas por unha grande invasion viquinga que destruiu a cidade. Trala ocupacion viquinga, o novo rei Alfredo o Grande , estableceu a paz e mudou a vila para dentro das murallas da antiga Londres romana sendo chamada Ealdwic ("old city" ou "cidade vella"), nome que sobreviviu ata o presente como Aldwych .

Mais adiante, baixo o control de varios reis ingleses, volveu prosperar como centro politico e comercial. Poren, as invasions dos viquingos volveron no final do seculo X , chegando ao seu maximo no ano 1013 cando a cidade foi sitiada polo rei Canuto de Dinamarca quen forzou ao rei Ethelred o Indeciso a deixar o trono. Nun ataque de represalia, as tropas de Ethelred conseguiron a vitoria botando abaixo a Ponte de Londres e restablecendo de novo o control ingles.

O rei Canuto II volveu ter o control do trono ingles en 1017 , controlando a cidade de Londres e o pais ata 1042 , ano no que a sua morte devolveu o trono aos anglosaxons baixo o goberno de Eduardo o Confesor , quen refundou a Abadia de Westminster e o adxacente Palacio de Westminster . Nese tempo, Londres converterase na maior e mais prospera cidade de Inglaterra , a pesar de que a sede oficial do goberno seguia atopandose en Winchester [ 9 ] .

O Londres normando e medieval [ editar | editar a fonte ]

Torre de Londres dende o ceo ao caron da ponte do mesmo nome .
O gran lume de 1666 destruiu unha gran parte da cidade.
Rua atacada polo Blitz durante a segunda guerra mundial .

Logo do triunfo na batalla de Hastings , Guillerme I , naquel tempo Duque de Normandia , foi coroado rei de Inglaterra na recentemente inaugurada Abadia de Westminster o dia do Nadal do ano 1066 . Guillerme garantiu aos cidadans de Londres especiais privilexios, ao mesmo tempo que construiu un castelo no sueste da cidade para mantelos baixo control. Este castelo seria ampliado e modificado por reis vindeiros ata dar o que hoxe e conecido como Torre de Londres , servindo primeiro como residencia real e mais adiante como carcere.

No ano 1097 , Guillerme II comezou a construcion do Westminster Hall , preto da abadia do mesmo nome. A residencia serviu de base ao futuro Palacio de Westminster , a que foi a principal residencia da monarquia durante a Idade Media . Westminster converteuse na sede da corte real e do goberno (persistindo na actualidade), mentres a sua vecina, a cidade de Londres, era o centro da industria e do comercio, xermolando baixo a sua propia administracion, a Corporacion de Londres. Continxentemente, as vilas adxacentes medraron xuntas ata formar as bases do actual centro de Londres, a pesar de que Winchester seguiu persistindo como capital de Inglaterra ata o seculo XII .

Londres continuou medrando en riqueza e poboacion durante a Idade Media. No ano 1100 a poboacion da cidade estaba arredor dos 18.000 habitantes; no ano 1300 a cidade xa chegara aos 100.000 [ 7 ] . Con todo, a peste negra devastou preto dun terzo da poboacion de Londres a mediados do seculo XIV . Sen contar a revolta campesina de 1381 , Londres permaneceu relativamente en paz durante as guerras civis acontecidas en Inglaterra ao longo da Idade Media , coma a Guerra das duas rosas .

Tralo triunfo contra a Armada Invencible en 1588 , a estabilidade politica en Inglaterra permitiu a Londres medrar ainda mais. En 1603 , Xacobe VI de Escocia converteuse no rei de Inglaterra , unindo esencialmente os dous paises. A sua promulgacion de leis anticatolicas fixerono impopular ata o punto de que o 5 de novembro de 1605 produciuse un intento de asasinato na capital inglesa, a famosa Conspiracion da polvora .

Durante o seculo XVII as pragas causaron moitos problemas en Londres, culminando na Gran praga acontecida entre 1665 e 1666 e que matou a mais de 75.000 persoas. Este foi o derradeiro gromo que tivo lugar en Europa , posiblemente grazas ao gran lume de 1666 . O gran lume de Londres orixinouse na cidade antiga, espallandose polo resto da cidade e queimando centos de vivendas feitas de madeira. As tarefas de reconstrucion da cidade levaron mais de dez anos.

O Londres moderno [ editar | editar a fonte ]

Co seu gran crecemento ao longo do seculo XVIII , Londres converteuse na maior cidade do mundo, posto que ocupou entre 1831 e 1925 [ 10 ] . Este crecemento viuse en gran parte axudado pola axina en 1836 do primeiro ferrocarril , o que puxo en contacto Londres coas vilas do campo. A rede do ferrocarril espallouse rapidamente, axudando a cidade a medrar cara aos campos que a rodeaban, fusionandose a sua vez con vilas situadas preto de Londres como Kensington. O crecente trafico que conxestionaba o centro da cidade fixo que se crease en 1863 o primeiro sistema de metro do mundo, que levou a cidade a unha maior expansion e urbanizacion. Grazas ao rapido crecemento, Londres converteuse nunha das primeiras cidades na historia en chegar ao millon de habitantes, e a primeira en chegar aos 5 millons.

O goberno local de Londres tivo que loitar contra o rapido crecemento para ofrecer a cidade as infraestruturas axeitadas. Entre 1855 e 1889 , a Metropolitan Board of Works supervisou os traballos de expansion, foi enton substituido polo County of London , o cal foi a sua vez substituido polo London County Council , a primeira administracion da cidade elixida pola poboacion.

O Blitz e outros bombardeos da Luftwaffe alema durante a segunda guerra mundial asasinaron a mais de 30.000 londinienses e esnaquizaron boa parte da paisaxe urbana de Londres [ 11 ] . Os traballos de reconstrucion tiveron lugar nas decadas de 1950 , 1960 e 1970 , estes traballos caracterizaronse pola sua diversidade de estilos, consecuencia do cal Londres non posue un estilo arquitectonico unido. En 1965 as fronteiras politicas de Londres espallaronse para incluir as crecentes areas urbanas fora do distrito de Londres. A nova area foi chamada Greater London ou Gran Londres e pasou a ser administrada polo Greater London Council .

Nas decadas vindeiras a segunda guerra mundial, a cidade de Londres recibiu unha grande ondada de inmigrantes dos paises da Commonwealth convertendose nunha das cidades mais diversas e multiculturais do continente europeo . A integracion de todos estes novos habitantes non foi sempre doada, producindose leas, sobre todo nos distritos de Notting Hill e Brixton, ainda que estes enfrontamentos foron moito menores a outros acontecidos noutras cidades inglesas e doutras partes de Europa e de America .

Durante a decada de 1980 e en diante produciuse unha reactivacion de Londres como centro economico mundial. Con todo, como capital e maior cidade do Reino Unido , a cidade de Londres converteuse en obxectivo do terrorismo . Ata o cesamento do fogo en 1997 , Londres foi obxectivo cotian das bombas do IRA que deste xeito buscaba amedrentar ao goberno britanico co Sinn Fein para negociar na Irlanda do Norte .

Mais recentemente, unha serie de ataques bomba coordinados foron levados a cabo por extremistas islamicos suicidas na rede de transportes da cidade o 7 de xullo do 2005 , tan so 24 horas despois de que Londres fora elixida sede dos Xogos Olimpicos do 2012 [ 12 ] . Cos Xogos Olimpicos do 2012, Londres converteuse na primeira cidade do mundo en hospedar tres edicions dos xogos, despois da IV edicion de 1908 e a XIV no ano 1948 , e logo de que a XIII edicion, que tamen se ia celebrar en Londres, fose suspendida debido a segunda guerra mundial .

Demografia [ editar | editar a fonte ]

Coa industrializacion, a poboacion de Londres medrou axina entre os seculos XIX e XX , chegando a ser a cidade mais poboada da terra ata que Nova York a superou en 1925 . Londres acadou o seu cumio de poboacion no ano 1939 ao chegar aos 8 615 245 habitantes.

No ano 2005 segundo estimacions a cidade tina unha poboacion de 7 517 700 habitantes na sua area. Poren, a cidade expandese cara aos seus bordos ( Gran Londres ) chegando aos 8 278 251 habitantes. Londres e a maior cidade da Union Europea e tamen posue a maior area metropolitana.

Grupos etnicos [ editar | editar a fonte ]

Habitantes segundo pais [ cando? ]
Reino Unido Reino Unido 5 230 155
India India 172.162
Irlanda Irlanda 157.285
Paquistan 120.900
Bangladesh 84.565
Xamaica Xamaica 68.907
Níxer Nixer 66.311
Quenia Kenya 49.933
Sri Lanka 49.932
Ghana Ghana 46.513
Chipre Chipre 45.888
Sudáfrica Surafrica 45.506
Estados Unidos de América Estados Unidos 44.622
Australia Australia 41.488
Alemaña Alemana 39.818
Turquía Turquia 39.128
Italia Italia 38.694
Francia 38.130
Somalia Somalia 33.831
Uganda Uganda 32.082
Nova Zelandia Nova Zelandia 27.494
Templo hindu en Londres.

No censo do 2001 preguntouse aos cidadans londinienses polo seu grupo etnico , o 71,15%, dos sete millons e medio de persoas que habitan a cidade, clasificaron a sua raza como branca. Neste grupo atopanse os White British ou britanicos brancos (59,79%), White Irish ou irlandeses brancos (3,07%) ou Other White ou outros brancos (8,29%) ?grupo no que se incluen 180.000 gregos , [ 13 ] 100.000 italianos [ 14 ] , ao redor de 300.000 polacos , uns 100.000 espanois e outros individuos brancos de orixe europea , americana , suramericana , australiana , neozelandesa ou surafricana ?. Un 12,09% dos londinienses clasificase como British Asian ou asiatico-britanico, grupo nos que se atopan as persoas de orixe hindu , paquistani , bangladeshi e Other Asian ou outros asiaticos (a maioria proveniente de paises arabes ou do sueste asiatico). Un 10,91 % da poboacion de Londres clasificouse no censo como Black British ou negro britanico (ao redor do 7 % de orixe africana , o 4,79 % de orixe caribena, e o 0,84 % como Other Black ou outros negros). A poboacion restante do censo clasificouse como de raza mixta nun 3,15 %; un 1,12% de raza chinesa , e un 1,58 % doutras razas (a maioria ten a sua orixe na America latina ?estimase que 60.000 brasileiros residen en Londres [ 15 ] , amais das nacionalidades filipina , xaponesa , coreana , vietnamita e ou doutras nacionalidades asiaticas). Aproximadamente un 21,8 % dos habitantes de Londres naceron fora da Union Europea . Os irlandeses da Republica de Irlanda e da Irlanda do Norte que habitan na cidade forman unha comunidade de 200.000 individuos, case o mesmo numero que os escoceses e galeses que tenen a sua residencia na cidade.

En xaneiro do 2005 , unha enquisa sobre a diversidade etnica e relixiosa de Londres amosou que na cidade se falaban mais de 300 linguas e que existian mais de 50 comunidades non indixenas con mais de 10.000 individuos [ 16 ] A Office for National Statistics (Oficina para as estatisticas nacionais) publicou que no ano 2006 que 2 288 000 (31 %) dos habitantes da cidade non naceran nela, cifra moito maior cos 1 630 000 de 1997 [ 17 ] . O censo do 2001 amosou que o 27,1 % da poboacion do Gran Londres nacera fora do Reino Unido , dos que unha gran parte non eran de raza branca [ 18 ] .

Londres foi un foco de inmigracion durante seculos, xa sexa pola busca de asilo ou por razons economicas. Hugonotes, xudeus da Europa oriental e chipriotas son exemplos da primeira; irlandeses, hindus e bangladesis son exemplos das segundas.

Relixion [ editar | editar a fonte ]

A principal relixion de Londres e o cristianismo , segundo o censo do 2001 o 58,2 % da poboacion profesaa, principalmente pertencentes a Igrexa de Inglaterra e a Igrexa catolica . Mais tamen, en termos relixiosos, Londres e fogar de numerosas comunidades musulmas , hindus , sikh , e xudias . Moitos musulmans viven en Tower Hamlets e Newham ; o edificio musulman mais importante e a London Central Mosque no Regent's Park . A comunidade hindu mais importante atopase no noroeste en Harrow e Brent ; na ultima atopase un dos maiores templos hindus de Europa o Neasden Temple . As comunidades Sikh localizanse no Oeste e Leste de Londres , que e o fogar dun dos maiores templos Sikh do mundo. A maioria dos Xudeus Britanicos viven en Londres, con grandes comunidades xudias en Stamford Hill (a maior area Xudia Ortodoxa fora de Nova York e Israel ), e Golders Green no norte da cidade.

Economia [ editar | editar a fonte ]

O Banco de Inglaterra , e o banco central do Reino Unido
Ranaceos do distrito financeiro de Canary Wharf na Illa de Dogs
Vista aerea da City of London , un dos principais distritos financeiros do mundo.

Londres e un dos principais centros de negocios internacionais, sendo considerado un dos catro "centros do mando" da economia mundial (detras de Nova York , Toquio e Paris ).

Como a segunda maior cidade economica europea, ano por ano, a economia de Londres xera aproximadamente o 19% do GDP do Reino Unido (IB). A area metropolitana de Londres xerou aproximadamente o 30% do PIB do Reino Unido no ano 2005 .

O exito de Londres como unha industria de servizo e centro de negocios pode ser atribuido a multiples factores. O feito de que o ingles sexa a nova lingua franca , a sua posicion como a capital do Imperio Britanico , a sua relacion proxima cos Estados Unidos e varios paises de Asia . A lei inglesa e a mais importante e a mais empregada nos negocios internacionais, a infraestrutura multicultural (colexios, lugares de traballo, organizacions culturais e sociais), relativamente baixos impostos, particularmente para estranxeiros, un ambiente de negocios amigable (por exemplo, na Cidade de Londres o goberno local non e elixido pola poboacion residente senon polos negocios, a Cidade de Londres e logo, unha especie de Democracia Financeira), tamen influen a sua boa infraestrutura de transporte, a sua industria aerea e a economia regulada con pouca intervencion do goberno.

Sobre o 85% (3,2 millons) da poboacion empregada no Gran Londres traballa en servizos de industrias. Outro medio millon de empregados residentes na zona traballan no mantemento e a construcion, case divididos igualitariamente entre os dous.

Londres ten cinco distritos financeiros principais, The City, Westminster, Canary Wharf, Camden, Islington, Lamberth e Southwark.

As exportacions financeiras fan un gran favor a balanza de pagamentos do Reino Unido , unhas 300.000 persoas estan empregadas en servizos financeiros en Londres. Londres ten mais de 480 bancos, mais que ningunha outra cidade no mundo. A Stock Exchange e a maior do mundo en intercambio de accions, mais grande que Nova York e Toquio unidos. Ten unha transferencia diaria que supera os 683 billons de dolares.

O turismo e unha das principais fontes e os empregados chegaron a ser 35.000 con xornada completa en Londres no 2003 . Londres e un destino popular para os turistas, atraendo 27 millons cada ano, so excedido por Paris no continente europeo .

Cultura [ editar | editar a fonte ]

London Eye a beira do rio Tamese .

Monumentos [ editar | editar a fonte ]

Interior do Museo Britanico .

Museos [ editar | editar a fonte ]

Cidades irmas [ editar | editar a fonte ]

Cidades socias (en ingles Partner cities ) [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Erro no codigo da cita: Etiqueta <ref> non valida; non se forneceu texto para as referencias de nome rag
  2. Elcock, Howard (1994). Local Government: Policy and Management in Local Authorities . Routledge. p. 368. ISBN   978-0-415-10167-7 .  
  3. Jones, Bill; Kavanagh, Dennis; Moran, Michael; Norton, Philip (2007). Politics UK . Pearson Education. p.  868 . ISBN   978-1-4058-2411-8 .  
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Mills, David (22 de febreiro de 2001). Dictionary of London Place Names . Oxford Paperbacks. ISBN   978-0192801067 . OCLC   45406491 .  
  5. Ackroyd, Peter (2 de decembro de 2001). " ' London ' " . New York Times . ISBN   978-0-7011-7279-4 . Consultado o 2 de febreiro de 2013 .  
  6. Coates, Richard (1998). "A new explanation of the name of London" . Transactions of the Philological Society 96 (2): 203?229. doi : 10.1111/1467-968X.00027 . Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2011 . Consultado o 17 de maio de 2013 .  
  7. 7,0 7,1 "Historical Overview of London Population" , en London Online (en ingles ) .
  8. "Moving to London Relocation Guide" Arquivado 23 de febreiro de 2008 en Wayback Machine ., artigo en Gateways Moving (en ingles ) .
  9. http://www.gatewaysmoving.com/about_moving_to_london_england_uk.htm Arquivado 23 de febreiro de 2008 en Wayback Machine . en ingles
  10. "Largest Cities Through History " Arquivado 18 de agosto de 2016 en Wayback Machine ., artigo de Matt T. Rosenberg en About.com (en ingles ) .
  11. "The Blitz" Arquivado 04 de maio de 2008 en Wayback Machine ., artigo de Peter N. Risbey (2002) (en ingles ) .
  12. "Londres acaba co sono olimpico de Madrid 2012" Arquivado 12/03/2016, en Wayback Machine ., artigo de Alejandro Posilio en La Voz de Galicia , 6 de xullo de 2005.
  13. "Greek London" , artigo da BBC , xullo de 2008 (en ingles ) .
  14. "Italy" , apartado en Born Abroad. An inmigration map of Britain , na web da BBC (en ingles ) .
  15. "Brazilian London" , artigo da BBC , maio de 2008 (en ingles ) .
  16. http://www.guardian.co.uk/britain/article/0,2763,1395534,00.html en ingles
  17. http://www.thisislondon.co.uk/news/article-23374397-details/%27One-third+of+Londoners+born+outside+Britain%27/article.do Arquivado 09 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine . en ingles
  18. http://www.statistics.gov.uk/census2001/profiles/H-A.asp Office for national Statistics en ingles

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]