Organizacion de Paises Exportadores de Petroleo

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Organizacion dos Paises Exportadores de Petroleo (OPEP)

Editar o valor em Wikidata
Tipo Organizacion economica
Fundacion 10-14 de setembro de 1960 en Bagdad ( Iraq )
Localizacion Viena ( Austria )
Persoas clave Angola
Arabia Saudita
Alxeria Alxeria
Ecuador
Emiratos Árabes Unidos Emiratos Arabes
Libia
Irán Iran
Iraq
Kuwait Kuwait
Nixeria Nixeria
Qatar Qatar
Venezuela
Na rede
https://www.opec.org
Twitter: OPECSecretariat Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata  ]

A Organizacion de Paises Exportadores de Petroleo (OPEP) e unha organizacion economica internacional, con sede en Viena . Foi creada como resposta a baixada do prezo oficial do petroleo acordada unilateralmente polas grandes companias distribuidoras en agosto de 1960 (que eran estranxeiras). Os seus fins son: a unificacion e coordinacion das politicas petroleiras dos paises membros, coa defensa dos seus intereses como nacions produtoras. A OPEP e o exemplo mais conecido de cartel : o seu obxectivo e unificar a politica petrolifera dos paises membros, centralizando a administracion da actividade, o que inclue un control de prezos e do volume de producion, estabelecendo presions no mercado.

historia [ editar | editar a fonte ]

Foi fundada en Bagdad , nunha conferencia entre o 10 e o 14 de setembro de 1960 coa iniciativa do Goberno de Venezuela e enton ministro de Enerxia e Minas venezolano Juan Pablo Perez Alfonzo e o ministro de Petroleo e Recursos Minerais de Arabia Saudita , Abdullah al-Tariki . Alfonzo sinalou que era necesario un "instrumento de defensa dos prezos para evitar o malgasto economico do petroleo que se esgota sen posibilidade de renovarse". [ 1 ]

A OPEP "pode ter unha grande influencia no mercado de petroleo, especialmente se decide reducir ou aumentar o seu nivel de producion". [ 2 ] A OPEP controla aproximadamente o 43% da producion mundial de petroleo e o 75% das reservas de petroleo . O seu dominio nas exportacions de cru situase en ao redor do 51%. Ademais, concentra a totalidade da capacidade excedentaria de producion de petroleo do mundo, o que, de facto, converte a OPEP no banco central do mercado petroleiro.

A cota de mercado da organizacion aumentara no futuro, xa que a Axencia Internacional da Enerxia preve que a producion de petroleo convencional dos paises que non forman parte da OPEP alcanzara o seu maximo ao redor de 2015 .

A OPEP e unha organizacion reconecida desde o 6 de novembro de 1962 pola Organizacion das Nacions Unidas ( ONU ), grazas a resolucion da ONU numero 6363. A OPEP tivo a sua sede en Xenebra ( Suiza ) entre 1960 e 1965 , e despois trasladou a sua sede a Viena, grazas as facilidades que outorgou o goberno austriaco.

Os estatutos da OPEP din que o seu obxectivo e coordinar e unificar as politicas petroleiras entre os paises membros, "co fin de garantir uns prezos xustos e estables para os produtores de petroleo, o abastecemento eficiente, economico e regular de petroleo aos paises consumidores e un rendemento xusto do capital dos investidores".

Os paises membros lograron un significativo aumento do prezo do petroleo, sobre todo nos anos 1973 , 1974 e 1979 , e unha maior participacion e control sobre a explotacion realizada nos seus territorios.

Os paises da OPEP contan cunha poboacion de ao redor de 560 millons de habitantes.

A composicion [ editar | editar a fonte ]

Nova sede da OPEP en Viena .

A OPEP esta integrada por cinco paises fundadores ( Arabia Saudita , Iraq , Iran , Kuwait e Venezuela ). Posteriormente, a organizacion ampliouse con sete membros mais:

Paises da OPEP
Ex-membros

A principios de 2007 o goberno de Ecuador anunciou a posibilidade de regresar a organizacion, [ 3 ] feito que se materializou finalmente en novembro dese mesmo ano.

A OPEP viviu a sua primeira ampliacion en 30 anos en xaneiro de 2007 cando Angola converteuse de forma oficial no duodecimo socio do grupo, tras pedir o seu ingreso na reunion da OPEP en Abuja ( Nixeria ) de decembro de 2006 e sondar ao grupo na reunion de Caracas ( Venezuela ) dese mesmo ano.

Outros paises produtores de petroleo, ainda que non son integrantes da OPEP, como Sudan , Mexico , Noruega , Rusia , Casaquistan , Oman e Exipto , participan regularmente como observadores nas reunions ordinarias do grupo.

Cotas de producion [ editar | editar a fonte ]

A OPEP influe actualmente sobre o prezo do petroleo aumentado ou reducindo a sua producion de petroleo. Desde 1987 , fixa unha cota de producion para cada un dos seus socios; a suma de todas elas e a cota de producion do grupo. Arabia Saudita e o membro do grupo cunha maior cota de producion, mentres que Qatar ten a mais pequena.

Historia [ editar | editar a fonte ]

1960 - 1970 [ editar | editar a fonte ]

Estes foron os anos de formacion da OPEP, nos que a organizacion -que iniciou a sua existencia con cinco paises produtores de petroleo en vias de desenvolvemento- trataba de reafirmar os dereitos dos paises membros nun mercado de petroleo internacional dominado polo grupo das companias multinacionais, conecidas como as "Sete Irmas". As actividades xeralmente foron discretas, xa que a OPEP estaba a establecer os seus obxectivos, creando a Secretaria -que se trasladou de Xenebra a Viena en 1965 -, adoptando resolucions e negociando coas empresas. O numero de membros incrementouse a dez na decada dos 70.

1970 - 1980 [ editar | editar a fonte ]

A OPEP adquiriu relevancia internacional durante esta decada, a medida que os paises membros tomaban o control do sector petroleiro e adquirian voz e voto a hora de fixar os prezos do cru do petroleo no mercado mundial. Nesta decada houbo duas crise no prezo do petroleo, motivadas polo embargo do petroleo arabe en 1973 -e a decision unilateral da OPEP de triplicar os seus prezos de venda do cru- e polo estalido da revolucion iraniana en 1979 . As duas crises agudizaronse polos desequilibrios basicos do mercado. Ambos desembocaron nun acusado incremento dos prezos do petroleo. O primeiro cume de xefes de estado da OPEP celebrouse en Alxer en marzo de 1975 . A organizacion admitiu a sua undecimio e ultimo pais membro - Nixeria - en 1971 .

1980 - 1990 [ editar | editar a fonte ]

Os prezos chegaron aos maximos a principios da decada debido a revolucion iraniana e o arranque da guerra entre Iraq e Iran , na que ambos os bandos bombardearon os seus xacementos e refinarias. Os elevados prezos tamen fomentaron a exploracion, co que a demanda do cru da OPEP baixo. Arabia Saudita, que actuaba como produtor "bisagra", reaccionou recortando a sua producion para manter o prezo alto. O papel de bisagra forzou a Riad a baixar mais e mais a sua extraccion, que tocou un minimo de menos de 2 mb/d en 1985 . A finais dese ano, tras multiples advertencias, Arabia Saudita abandonou a posicion de bisagra e elevou a sua producion, o que provocou un esborralle dos prezos en 1986 (producindose asi a terceira crise do prezo do petroleo). Cara ao final da decada, os prezos aumentaron, pero sen chegar aos elevados niveis de principios do oitenta. Os asuntos relacionados co medio ambiente comezaron a introducirse na axenda internacional

1990 - 2000 [ editar | editar a fonte ]

A decada comeza coa invasion iraqui de Kuwait , que dispara o prezo do petroleo por encima dos 30 dolares por barril. O resto de membros da OPEP responden elevando a sua producion.

Desde enton, os prezos permaneceron relativamente estables ate 1998 . Por enton, a crise asiatica, que reduciu substancialmente a demanda, sumada a un incremento de producion da OPEP, provocou o colapso dos prezos. Tras caer a 10 dolares por barril, a chegada dun novo goberno a Caracas mellorou as relacions entre Arabia Saudita e Venezuela.

Hugo Chavez fai resucitar a Organizacion de paises exportadores de petroleo OPEP, cuxos principais fundadores foron xustamente a Arabia Saudita e Venezuela en 1960. Aproveitando das mellores relacions diplomaticas entre o Iran e a Arabia Saudita e contando co apoio de Mexico , Chavez chega a convencer aos seus socios de instaurar un mecanismo para axustar o prezo bruto do cru petroleo . A disciplina que impon a Sociedade Nacional Petroleos de Venezuela SA ( PDVSA ) serve de exemplo e reforza a eficiencia do sistema. En 18 meses o prezo do petroleo e multiplicado por tres, provocando a furia dos automobilistas estadounidenses e europeos en xullo de 2000. Ese mesmo ano, en setembro, o cume mundial da OPEP no seu 40 aniversario reunese en Caracas e felicita ao Gabinete de goberno de Chavez .

Ese novo entendemento, auspiciado por Mexico , permitiu unha accion colectiva da OPEP para recortar drasticamente a producion. Os prezos volveron a 30 dolares a principios do 2000.

2000 - 2008 [ editar | editar a fonte ]

Os recortes de producion que a OPEP acordou a partir de 1999 logran o seu obxectivo e a principios de 2000 o prezo do petroleo supera por primeira vez desde 1986 a barreira psicoloxica de 30 dolares por barril. O grupo fixase en 2000 un obxectivo de prezos en forma de banda entre 22 e 28 dolares por barril.

A OPEP reacciona aos altos prezos con aumentos da sua producion, pero un forte incremento da demanda, debido a emerxencia da China e da India como grandes consumidores, sumado a problemas de producion (unha folga patronal en Venezuela a partir de decembro de 2002 e a invasion de Iraq en marzo de 2003 ) provocaron novas subidas dos prezos.

O cru alcanzou practicamente os 80 dolares por barril no veran-inverno de 2006 . A mediados de xullo de 2007 o valor situase por encima dos 72 dolares por barril. Desde outubro deste ano situase por encima dos 90 dolares por barril.

En 2008 o Goberno de Indonesia anuncia que se desliga da Organizacion, [ 4 ] ate agora era o unico pais do sueste asiatico, con todo seguira sendo membro ate fins de ano. Deixara aberta a alternativa de regresar a OPEP se logra aumentar a sua producion.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. http://www.pdvsa.com/index.php?tpl=interface.sp/design/readmenuprinc.tpl.html&newsid_obj_ide=145&newsid_temas=49
  2. "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2012 . Consultado o 15 de maio de 2012 .  
  3. "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2009 . Consultado o 07 de abril de 2010 .  
  4. Indonesia abandona a OPEP

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]