Praza de San Pedro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas : 41°54′08″N 12°27′26″L  /  41.902183055556, 12.457238888889

Praza de San Pedro, no Vaticano , vista desde a cupula da Basilica de San Pedro .
O papa Bieito XVI o dia de Nadal de 2009 na Praza de San Pedro.
Vista parcial da columnata de Bernini .

A Praza de San Pedro ( Piazza San Pietro , en italiano ) atopase na Cidade do Vaticano , dentro da cidade e capital italiana de Roma e precede, a modo de gran sala periptera, a Basilica de San Pedro , o magno templo do catolicismo . Foi proxectada por Gian Lorenzo Bernini entre 1656 e 1667 .

A praza accedese desde a Via della Conciliazione e mostra, ao fondo, a magnifica fachada da Basilica de San Pedro; esta via comeza no largo Xoan XXIII , moi preto do castelo de Sant'Angelo , xunto ao rio Tiber , pasando ao final pola praza Pio XII .

A praza e unha grande explanada trapezoidal que se alarga lateralmente mediante duas pasaxes, con forma eliptica, de columnatas rematadas nunha balaustrada sobre a que se asentan as figuras de cento corenta santos de diversas epocas e lugares. No seu interior hai duas fontes , unha en cada foco da elipse e, no medio da praza, erixiuse un monumental obelisco (de 25 m de altura e 327 t de peso), un bloque petreo sen inscricions traido de Exipto , que estaba no Circo de Neron e que, en 1586 o papa Sixto V decidiu colocar fronte a Basilica de San Pedro na memoria do martirio de San Pedro no circo de Neron . Conecesa como a "testemuna muda", pois xunto a el crucificouse a Pedro. A esfera de bronce da cuspide que, segundo a lenda medieval, contina os restos de Xulio Cesar , foi substituida por unha reliquia da cruz de Cristo . As duas pasaxes de columnas (284 de 16 m cada unha) abrense a cada lado simbolizando o abrazo de acollida da Igrexa ao visitante que parece invitan a entrar.

Nesta praza o papa acostuma celebrar algunhas liturxias solemnes (especialmente aquelas que reunen multidumes demasiado grandes para caberen na inmensa basilica) e outros encontros, sobre todo audiencias publicas.

A praza da Concordia de Paris e unha copia desta praza, pois tanto o obelisco como as fontes e a sua distribucion son identicas as de San Pedro.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Paul Letarouilly, Le Vatican et la Basilique de Saint-Pierre de Rome , Paris, VTE A. Morel et CIE Editeurs, 1882
  • Maurizio e Marcello Fagiolo Dell'Arco, Bernini , Roma, Mario Bulzoni Editore, 1967
  • Franco Borsi, Bernini architetto , Milan, Electa, 1980
  • Massimo Birindelli, Piazza San Pietro , Bari, Laterza, 1981
  • Italo Insolera, Roma , Roma-Bari, Laterza, 1985
  • Leonardo Benevolo, San Pietro e la citta di Roma , Roma-Bari, Laterza, 2004

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]