Cidade do Vaticano

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Vaticano ≫)

Modelo:Xeografía políticaCidade do Vaticano
Civitas Vaticana (la) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Himno Inno e Marcia Pontificale Editar o valor em Wikidata

Lema ≪sen valor≫ Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia a Outeiro Vaticano Editar o valor em Wikidata
Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  41°54′14″N 12°27′11″L  /  41.904, 12.453 Coordenadas : 41°54′14″N 12°27′11″L  /  41.904, 12.453
Enclave en Roma e Italia Editar o valor em Wikidata
Capital sen valor
Cidade do Vaticano Editar o valor em Wikidata
Poboacion
Poboacion 764 (2023) Editar o valor em Wikidata (1.559,18 hab./km² )
Lingua oficial lingua italiana
lingua francesa
lingua latina Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Superficie 0,49 km² Editar o valor em Wikidata
Punto mais alto Outeiro Vaticano (77 m) Editar o valor em Wikidata
Punto mais baixo Praza de San Pedro (33 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos historicos
Precedido por
Creacion 11 de febreiro de 1929 Editar o valor em Wikidata
Dia festivo
Organizacion politica
Forma de goberno Teocracia
monarquia electiva
monarquia absoluta
absolute theocratic monarchy (en) Traducir
monarquia constitucional Editar o valor em Wikidata
• Papa Editar o valor em WikidataFrancisco (2013?) Editar o valor em Wikidata
Organo executivo Governorate of Vatican City State (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Presidente da Comision Pontificia para o Estado da Cidade Editar o valor em WikidataFernando Vergez Alzaga (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organo lexislativo Comision Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano , (Escano: 7) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Moeda euro Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Codigo postal 00120 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel .va Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefonico +39 e +379 Editar o valor em Wikidata
Telefono de emerxencia 112 Editar o valor em Wikidata
Codigo de pais VA Editar o valor em Wikidata
Patrimonio da Humanidade    
Tipo Patrimonio cultural   → Europa-America do Norte
Data 1984 (8ª Sesion), Criterios de Patrimonio da Humanidade : (i) , (ii) , (iv) e (vi) Editar o valor em Wikidata
Identificador 286
Ben cultural baixo proteccion especial
Data 18 de xaneiro de 1960

Paxina web vaticanstate.va Editar o valor em Wikidata
Twitter: pontifex Editar o valor em Wikidata

Cidade do Vaticano (en italiano : Citta del Vaticano ), e un estado soberano cuxo territorio esta composto por un enclave dentro da cidade de Roma , capital de Italia . Abrangue unha superficie 0,439 km² (44 hectareas ), sendo o pais independente reconecido internacionalmente mais pequeno do mundo. A sua poboacion e de pouco mais de 800 habitantes, dos cales 438 persoas gozan do dereito de cidadania vaticana, mentres que o resto estan autorizadas a residir nel sen ese dereito.

O Vaticano e unha cidade-estado , reconecido como tal o 11 de febreiro de 1929 tralos pactos de Latran . A Cidade do Vaticano alberga a Santa Se , maxima institucion da Igrexa catolica . Ainda que os dous nomes "Cidade do Vaticano" e "Santa Se" se utilizan a miudo coma se fosen equivalentes, o primeiro refirese a Cidade e ao seu territorio, mentres que o segundo se refire a institucion que dirixe a Igrexa e que ten personalidade xuridica propia (como suxeito de dereito internacional ). En rigor, e a Santa Se, e non o Estado do Vaticano, a que manten relacions diplomaticas cos demais paises do mundo. Doutra banda, o Vaticano e quen da o soporte temporal e soberano para a actividade da Santa Se. As duas entidades ainda tenen pasaportes diferentes, ainda que en ambolos casos son moi poucos os existentes.

A denominacion oficial completa en latin desta estado e: Status Civitatis Vaticanæ , sendo en italiano a denominacion completa Stato della Citta del Vaticano , nome que ven do Monte Vaticano (do latin " Vaticin?um ": predicion; antigamente moraba no outeiro un oraculo etrusco ). A Cidade do Vaticano e unha monarquia eclesiastica ou sacerdotal , gobernada polo bispo da diocese romana , o Papa , polo que pode considerarse a unica monarquia electiva de Europa , ainda cando o Sumo Pontifice delega as funcions de goberno no Secretario de Estado. Posue ademais o exercito mais pequeno do mundo, a Garda Suiza , composta tan so por 110 soldados.

Etimoloxia [ editar | editar a fonte ]

Orixinariamente, Vaticano era unha figura da mitoloxia romana que abria a boca dos meninos acabados de nacer para que puidese dar o primeiro berro ou choro. Era tamen o nome dun outeiro da cidade de Roma , o Monte Vaticano , onde se erguia o circo de Neron e onde supostamente San Pedro foi martirizado e sepultado. [ 1 ] O nome deste outeiro vina do latin "vaticin?um" e dicir, predicion ou profecia, debido a que nese outeiro moraba na antiguidade un oraculo etrusco .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Orixe e Estados Pontificios [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Estados Pontificios .
Mapa dos Estados Pontificios .

Nesta zona deshabitada orixinalmente ( ager vaticanus ) ao lado oposto da beira do Tiber na cidade de Roma , Agripina a Maior, desbravou o outeiro e os seus arredores e construiu uns xardins a comezos do seculo I , e logo o emperador Caligula , no ano 40 , iniciou a construcion dun circo que foi rematado finalmente por Neron , o Circus Gaii et Neronis , [ 2 ] conecido comunmente como o Circo de Neron. O obelisco do Vaticano foi tomado inicialmente por Caligula de Heliopolis , en Exipto , para decorar a "spina" do seu circo, sendo este o ultimo remanente visible da construcion romana. Despois do grande incendio de Roma do ano 64 esta zona converteuse en lugar do martirio de moitos cristians e a antiga tradicion sosten que foi neste circo no que San Pedro foi crucificado boca abaixo; ademais, a parte frontal do circo foi convertida nun cemiterio, separado pola Via Cornelia, sendo construidos numerosos monumentos funerarios, mausoleos e pequenas tumbas, asi como altares a deuses pagans de todo tipo de relixions, situacion que durou ate a construcion da Basilica de San Pedro de Constantino na primeira metade do seculo IV . Restos destas de antigas necropoles sairon a luz de forma esporadica durante as renovacions de varios papas durante os seculos aumentando en frecuencia durante a Renacemento , ate que foi escavado sistematicamente por orde do papa Pio XII dende 1939 ate 1941 .

No ano 326 foi construida a Basilica de Constantino, a primeira igrexa, sobre o lugar en que os primeiros apoloxistas catolicos romanos (onde algun arqueologos italiano suponen que se atopa a tumba de San Pedro ) foran enterrados nun cemiterio. A partir de enton comezou un poboamento da zona, mais na sua meirande parte eran so casas relacionadas coa actividade da basilica, e xa no seculo V , durante o pontificado de Simaco , foi construido un pazo preto do sitio da basilica [ 3 ] A partir de ai os Papas, no seu papel secular, pouco a pouco pasaron a gobernar as rexions vecinas e, a traves da Estados Pontificios , gobernaron gran parte da Peninsula Italica por mais dun milleiro de anos, ate mediados do seculo XIX , cando todolos territorios dos Estados Pontificios foron tomados polo recentemente creado e unificado Reino de Italia . Durante gran parte deste tempo, o Vaticano non foi a residencia habitual dos Papas, senon o Pazo de Latran, e nos ultimos seculos, o Pazo do Quirinal, exceptuando o periodo entre 1309 e 1377 , cando a se papal foi trasladada a Avinon , Francia .

En 1870 , as posesions papais foron deixadas nunha situacion de incerteza cando Roma foi anexionada polas forzas do Piemonte ao resto da nova Italia , despois dunha resistencia nominal das forzas do Papa. Entre 1861 e 1929 a situacion do Papa era conecida como a "La Questione romana" (do lingua italiana : A cuestion romana ). Ainda que os Papas podian estar no seu palacio e tinan certos reconecementos determinados pola Lei de Garantias, incluido o dereito de enviar e recibir embaixadores, non reconeceron o dereito do Rei de Italia a gobernar en Roma, negandose a abandonar o recinto do Vaticano ate que se resolveu a disputa no ano 1929 . Compre destacar que alguns paises seguiron mantendo o reconecemento internacional da Santa Se como unha entidade soberana e que na practica Italia non fixo ningun intento de interferir coa Santa Se dentro dos muros do Vaticano. Poren, foron confiscados bens da Igrexa en moitos outros lugares, sendo quizais o mais notable o Pazo do Quirinal, anterior residencia oficial do Papa. Pio IX ( 1846 - 1878 ), ultimo gobernante dos Estados Pontificios , afirmou que despois da anexion de Roma era un "Prisioneiro no Vaticano".

Dos Pactos Lateranenses a actualidade [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Pactos Lateranenses .
Francisco .

Esta situacion resolveuse finalmente o 11 de febreiro de 1929 , nun tratado asinado por Benito Mussolini en nome do rei Vitor Manuel III e polo Secretario de Estado de Pio XI Pietro Gasparri, onde finalmente foi reconecido o Estado independente da Cidade do Vaticano nos conecidos como Pactos Lateranenses , dez anos despois, en 1939 , estala a segunda guerra mundial , na que o estado do Vaticano se declarou neutral , ainda que segundo Werner Kaltefleiter e Hans Peter Oschwald, [ 4 ] Hitler deu a orde de entrar no Vaticano e secuestrar ao Papa Pio XII en 1944 , mais o xeneral das Schutzstaffel (SS) ao mando, Karl Wolff, fixo caso omiso da orde alegando cuestions eticas e morais, sendo relevado mais tarde do mando. En 1962 foi inaugurado no pais o Concilio Vaticano II por Xoan XXIII , o que supuxo grandes trocos dentro da Igrexa catolica , sendo clausurado tras anos despois polo papa Paulo VI . En 1981 , o xefe de estado Xoan Paulo II sofre un atentado na Praza de San Pedro do Vaticano. En 1984, un novo concordato entre a Santa Se e Italia modificou determinadas disposicions do tratado anterior de Latran, incluida a posicion do catolicismo romano como a relixion do Estado italiano. Xa no primeiro ano do seculo XXI o propio Xoan Paulo II promulgou a Lei Fundamental do Estado da Cidade do Vaticano, actualmente en vigor. En 2005 Bieito XVI foi elixido como novo Xefe de Estado da Cidade do Vaticano, renunciando ao seu posto o 11 de febreiro de 2013 , sendo o primeiro Papa en facelo en seculos. O seu substituto e actual Xefe de Estado e Francisco .

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

Cidade do Vaticano
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
Pais Cidade do Vaticano Cidade do Vaticano
Criterios Criterios
Inscricion 1984 (8ª sesion)
Identificador {{{ID}}}

| Rexion = Europa e America do Norte | Tipo = Cultural | Criterios = I, II, IV, VI | ID = 286 }}

A area do Vaticano e de 0,44 quilometros cadrados, situada como un enclave dentro da capital italiana , Roma , polo que non posue area costeira. A defensa do pais e da responsabilidade da Italia , mentres que a seguridade do Papa fica a cargo da Garda Suiza . Fora da Cidade do Vaticano, o Estado posue 13 edificios en Roma e Castel Gandolfo (a residencia de veran do Papa ), gozando de dereitos extraterritoriais. Ten unha fronteira 3,2 km coa Republica de Italia.

A cidade ten clima suave, con invernos chuviosos (de setembro a mediados de maio) e verans quentes (de maio a setembro). Esta situada nun outeiro baixo, o chamado Monte Vaticano , que ven do latin Mons Vaticanus , existente moito antes do cristianismo , e que se sospeita que proven da lingua etrusca . O punto mais baixo do pais e un local sen nome situado a 19 metros sobre o nivel do mar, sendo o punto mais alto outro local non nomeado a 75 metros de altitude. O Vaticano non posue ningun recurso natural.

O Vaticano e fundamentalmente urbano, sen ningunha das terras reservada para agricultura ou outro tipo de explotacion de recursos naturais. A cidade-estado exhibe un impresionante grao de economia, nacida da necesidade extremamente limitada debido ao seu territorio. Asi, o desenvolvemento urbano esta optimizado para ocupar menos do 50% da area total, mentres que o resto esta reservado a espazos aberto, incluindo os Xardins do Vaticano. O territorio posue moitas estruturas que axudan a fornecer autonomia ao Estado soberano, estes incluen: linas ferroviarias , heliporto , correos , estacion de radio , cuarteis militares, palacios e despachos gobernamentais, institucions de ensino superior, culturais e de arte, e algunhas embaixadas.

O Vaticano fai so fronteira con Italia , concretamente coa cidade de Roma , ou sexa, e un enclave independente, sendo a sua fronteira a menor do mundo, con tan so 4,07 km. [ 5 ] En xullo de 2007 , o Vaticano aceptou unha oferta que vai tornalo o unico estado neutro en relacion ao carbono por ano, debido a doazon do Vaticano do Bosque Clima en Hungria . O bosque posue tamano suficiente para compensar as emisions de dioxido de carbono do Estado. [ 6 ]

Politica e goberno [ editar | editar a fonte ]

Palacio de Goberno do Vaticano.

O Papa , xefe de Estado electo nun colexio de cardeais denominado conclave para un cargo vitalicio, deten no Estado do Vaticano os poderes lexislativo , executivo e xudicial , desde a creacion do Vaticano polo Tratado de Latran en 1929 . O conclave actualmente se fai segundo as disposicions da Constitucion Apostolica Universi Dominici gregis , promulgada por Xoan Paulo II o 22 de febreiro de 1996 e modificada por Bieito XVI en xuno de 2007 . Polo tanto, so o colexio cardinalicio ten dereito a voto, quedan excluidas as mulleres e o resto de homes que residen na Cidade do Vaticano.

A Garda Suiza co seu tradicional uniforme.

O electo convertese en Papa en canto manifesta a sua aceptacion, sempre que tivese xa o caracter de bispo . En caso contrario, o elixido debe ser ordenado Bispo inmediatamente. En calquera dos dous casos, o Papa electo adquire desde o mesmo momento da sua aceptacion, e ordenacion no seu caso, a plena e suprema potestade na Igrexa catolica e como Xefe de Estado da Cidade do Vaticano. Con todo, tecnicamente e unha monarquia electiva , non hereditaria e podese considerar como unha autocracia , xa que todolos poderes (executivo, lexislativo e xudicial) estan concentrados na figura do Papa , o cal non posue calquera organo que fiscalize os seus actos como gobernante e, por ser considerado sucesor de San Pedro , non debe prestacion de contas a ninguen, considerandoo un emisario de Deus na Terra . En consonancia con esta doutrina, o Vaticano e o unico territorio europeo que explicitamente defende o seu caracter de teocracia .

O termo Cidade do Vaticano e referente ao Estado, mentres Santa Se e referente ao goberno da Igrexa catolica efectuado polo Papa e pola Curia Romana, que leva o goberno do Estado e a sua xestion administrativa, polo que o seu xefe, o Secretario de Estado , ten unhas competencias equivalentes as dun Primeiro Ministro . Outros cargos politicos encontranse nas diversas designacions dos organos da Curia.

Formalmente constituido en 1929 coa configuracion actual, o Estado do Vaticano administra as propiedades situadas en Roma e aforas que pertencen a Santa Se . O Estado do Vaticano esta reconecido internacionalmente e foi admitido membro de pleno dereito das Nacions Unidas en xullo de 2004 , ainda que abdicou voluntariamente do dereito de voto. Tamen e membro observador da Union Latina .

O Estado ten os seus propios embaixadores ou representantes (que reciben o nome de nuncios ), un xornal oficial ( Acta Apostolicae Sedis ), unha estacion de radio e unha forza militar denominada Garda Suiza . Emite autonomamente moeda (desde 2002, o euro ; antes a lira vaticana ) e selos, a traves da Oficina Filatelica e Numismatica Vaticana , asi como pasaportes. [ 7 ] A Santa Se estabelece tratados internacionais con moitos Estados ( concordatas ), para asegurar os dereitos dos catolicos ou da Igrexa catolica naqueles paises. Co establecemento de relacions diplomaticas coa Republica de Botswana , son xa 177 (ano 2008 ) estados de todo o mundo os que mantenen reconecemento bilateral coa Santa Se. Entre os paises que non tenen relacions diplomaticas coa Santa Se atopanse China , Corea do Norte , Vietnam e Arabia Saudita . O Vaticano e un dos dous paises europeos (o outro e Belarus ) que non asinou a Convencion Europea de Dereitos Humanos .

Policia e exercito [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen : Garda Suiza Pontificia .
Coche patrulla da Policia do Vaticano.

Ainda que os primeiros Papas recrutaban mercenarios suizos como parte dun exercito, a Garda Suiza Pontificia non foi fundada ate o 22 de xaneiro de 1506 polo Papa Xulio II o 22 de xaneiro de 1506 como garda persoal do Sumo Pontifice, seguindo hoxe en dia a cumprir esa funcion. A Garda esta inscrita no "Anuario Pontificio" baixo a Santa Se e non baixo o Estado da Cidade do Vaticano. No final de 2005 , a Garda Suiza tina 134 membros. O recrutamento esta organizado baixo un acordo especial entre a Santa Se e Suiza , limitando a entrada no corpo aos cidadans suizos catolicos homes, solteiros, que midan mais de 1,74 m, con algun titulo profesional e con instrucion no exercito suizo con certificado de boa conduta. A Garda Suiza e adestrada en procedementos e manexo de armas modernas (como o fusil de asalto suizo SIG SG 550 ), ainda que tamen se lles ensina tamen a manexar a espada e a alabarda .

A Garda Palatina e a Garda Nobre foron disoltas polo Papa Paulo VI en 1970 . Mentres que a primeira foi fundada como unha milicia ao servizo dos Estados Pontificios , as suas funcions dentro do Estado Vaticano, como os da Garda Nobre, eran soamente cerimoniais. O Corpo de Xendarmeria da Cidade do Vaticano (en italiano : Corpo della Gendarmeria ) actua como unha forza de policia. O seu nome completo e "Corpo della Gendarmeria dello Stato della Citta del Vaticano", ainda que as veces e denominada Vigilanza , como unha reducion dun anterior nome. A Xendarmeria e responsable da orde publica, a aplicacion da lei, control de multitudes e do trafico, e as investigacions penais na Cidade do Vaticano. Segundo o Tratado de Latran , estabeleceuse que a Policia Italiana custodie, xunto coa Garda Suiza e os Servizos Vaticanos de Seguridade, a Praza de San Pedro. A defensa da Cidade do Vaticano e proporcionada asi mesmo por Italia .

Economia [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen : Obolo de San Pedro .

O Vaticano non pode manterse a merce da actividade produtiva do seu propio territorio, limitada a venda de recordos turisticos, libros, selos e entradas a museos . Pero conta cos ingresos da Igrexa catolica en todo o mundo, provenientes das achegas economicas dos Estados onde conta con acordos de financiamento chamados concordatos (pola sua tradicion catolica), as doazons dos catolicos (a nivel persoal ou empresarial), e os beneficios das empresas, escolas, universidades e bancos propiedade da Igrexa.

A economia estaba seriamente danada en 1979 , e tres anos mais tarde produciuse a quebra dun dos bancos mais ilustres de Italia , o Banco Ambrosiano, que levaba as finanzas internacionais do Vaticano, ademais do asasinato do seu director Roberto Calvi, as investigacions consecuentes revelarian que o banco se adicaba ao branqueo dos cartos da mafia.

Mais tarde, o Papa Xoan Paulo II trasladou a responsabilidade da economia vaticana, o cal, a partir de 1984 , encargariase das finanzas. Cinco anos mais tarde, o Papa leva a cabo unha reestruturacion da organizacion economica e a direccion economica foi encargada a cinco financeiros reconecidos internacionalmente (baixo a supervision dunha comision de cinco cardeais). A dependencia do Vaticano encargada destes controis e a "Administracion do Patrimonio da Santa Se".

Moedas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen : Lira vaticana .

Por acordo con Italia , en representacion da Union Europea , a moeda vaticana e o euro . A cidade ten euros con deseno propio, que tenen aceptacion en Italia e os demais paises da zona euro . O rexime non ten unha casa de emision propia, polo que se puxo de acordo con Italia para a sua cunaxe , que non pode ser mais de 1 millon de euros anuais.

Demografia [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Demografia da Cidade do Vaticano .

Poboacion e linguas [ editar | editar a fonte ]

Sinal dunha rua do Vaticano.

Mais de 800 cidadans ( 2009 ) [ 8 ] viven dentro das murallas do Vaticano ou serven no servizo diplomatico nas embaixadas da Santa Se (chamadas "nunciaturas", un embaixador do Papa e un "nuncio") ao redor do mundo. A cidadania do Vaticano componse case exclusivamente de dous grupos: os clerigos , a maioria dos cales traballan no servizo da Santa Se, e uns poucos funcionarios do Estado e a Garda Suiza . A maioria dos 3.000 axentes non profesionais que constituen a maioria da forza de traballo residen fora do Vaticano e son cidadans italianos , exceptuando uns poucos que son os cidadans doutras nacions. Como resultado, todolos cidadans reais da cidade son profesan a relixion catolica .

Ainda que a Cidade do Vaticano non estableceu unha lingua oficial , ao contrario da Santa Se que utiliza a miudo o latin para a version autorizada de documentos oficiais da Igrexa catolica, utiliza o italiano na sua lexislacion e nas comunicacions oficiais, [ 9 ] sendo tamen a lingua de uso cotian pola maioria dos que traballan no estado. Con todo outros idiomas son utilizados no Vaticano, por exemplo a Garda Suiza emprega o aleman para dar ordes, ainda que os seus gardas poden tomar o seu xuramento de lealdade nos seus propios idiomas, xa sexa o propio aleman, frances , italiano ou romanche .

Cidadania [ editar | editar a fonte ]

Vista do Vaticano dende o Tiber .

Ao contrario da cidadania doutros estados, que se basean no ius sanguinis (fillo dun cidadan, incluso fora do territorio) ou no ius soli (nacemento no territorio do Estado), a cidadania da Cidade do Vaticano concedese iure officii , e dicir, os motivos do seu nomeamento son posuir certa capacidade de servizo na Santa Se, e polo xeral, remata ao cesamento do traballo. A cidadania estendese tamen ao conxuxe, aos pais e aos descendentes do cidadan sempre que estean a vivir coa persoa que e cidadan. [ 10 ] [ 11 ] Calquera persoa que na perda da cidadania do Vaticano, a xulgar pola lexislacion italiana, non tena outra cidadania convertese automaticamente en cidadan italiano. [ 12 ]

A 31 de decembro de 2005 , habia, ademais do propio Papa , 557 persoas coa cidadania do Vaticano, mentres que habia outros 246 residentes no estado sen ela. Dos 557 cidadans o 80% eran clerigos, dos cales:

  • 58 eran cardeais , residentes en Roma e na sua maioria fora do Vaticano.
  • 293 clerigo , membros de misions diplomaticas residentes noutros paises, que forman de mais da metade do total dos cidadans.
  • 62 outros membros do clero, que traballaban no estado mais que non necesariamente vivian no Vaticano.

Os 101 membros da Garda Suiza Pontificia constituen o 18% do total da poboacion, habendo so outros 43 segrares coa cidadania do Vaticano. [ 13 ]

Infraestrutura [ editar | editar a fonte ]

Transportes [ editar | editar a fonte ]

Estacion ferroviaria do Vaticano.

A Cidade do Vaticano posue unha rede de transportes razoabelmente ben desenvolvida considerando seu tamano. Con 1,045 quilometros de longo por 850 metros de ancho, [ 14 ] posue entre outras cousas un heliporto e unha lina de ferrocarris conectada coa rede italiana, concretamente coa estacion de San Pedro de Roma por unha ferrovia de 852 metros, onde so 300 metros estan dentro do territorio vaticano. O Papa Xoan XXIII foi o primeiro Papa en facer uso desta via, sendo usada tamen por Xoan Paulo II , ainda que moi raramente. Asi pois o transporte ferroviario e utilizado principalmente para o transporte de mercadorias. [ 15 ] Como a Cidade do Vaticano non ten aeroportos, sendo asi un dos poucos estados independentes no mundo sen un, servese por medio dos aeroportos da cidade de Roma , e dicir, o Aeroporto Leonardo da Vinci-Fiumicino e, en menor medida, o Aeroporto de Roma-Ciampino, que serve como porta de entrada e partida para visitas internacionais do Papa. [ 15 ] O Vaticano outorga a traves do "rexistro de vehiculos vaticanos" unha patente aos automobiles, sendo asi que os vehiculos do goberno levan as siglas "RVV" e os dos cidadans particulares as siglas "SCV".

Comunicacions [ editar | editar a fonte ]

Antena de Radio Vaticano dentro do territorio do Estado.

A cidade conta con multitude de servizos propios, como por exemplo un sistema de telefonos moderno e independente, [ 16 ] a Farmacia do Vaticano ou correos . O sistema postal foi fundado o 11 de febreiro de 1929 , tornandose operacional tan so dous dias mais tarde. O 1 de agosto , o estado comezou a liberar os seus propios selos postais, baixo a autoridade do "Despacho Filatelico e Numismatico da Cidade do Vaticano". [ 17 ] e hoxe en dia o servizo de correos da Cidade esta reconecido como "o mellor do mundo", [ 18 ] chegando por exemplo ao seu destino antes que o servizo postal de Roma. [ 18 ] O Vaticano tamen ten o seu propio dominio de Internet , que esta rexistrado como ".va"; ademais, o servizo de banda larga esta amplamente instaurando dentro da Cidade do Vaticano. Por outro lado, ten atribuido un prefixo de radio , HV, que e as veces usado por operadores de radio afeccionados.

Radio Vaticano, que foi organizada por Guglielmo Marconi , fai transmisions en frecuencias de onda curta , onda media e FM, ademais de Internet . [ 19 ] . Con todo, as suas principais antenas de transmision estan localizadas en territorio italiano. Os servizos de television son servidos a traves doutra entidade, o Centro de Television Vaticano. [ 20 ]

En canto aos medios de papel, L'Osservatore Romano e o xornal semi-oficial multilingue da Santa Se , e ainda que esta publicado por unha empresa privada, conta con informes oficiais vaticanos. Poren, os textos oficiais dos documentos publicanse na Acta Apostolicae Sedis , o xornal oficial da Santa Se, que conta un apendice para documentos da Cidade do Vaticano. "Radio Vaticano", o "Centro Televisivo Vaticano" e "L'Osservatore Romano" non son organos do Estado do Vaticano, senon da Santa Se , e estan listados como tal no "Anuario Pontificio", que os coloca dentro da seccion "Institucions ligadas coa Santa Se". Ademais, o Vaticano posue distintas fundacions, como Latinitas , para o estudo do latin , academias e universidades pontificias.

Cultura [ editar | editar a fonte ]

Santos nos laterais da Praza de San Pedro.

A cultura do Vaticano correspondente a cultura da Igrexa catolica , ainda que se abre tamen a arte doutras culturas, sendo o seu maior exponente as obras de arquitectura, como a Basilica de San Pedro, a Praza San Pedro, a Capela Sistina e os Museos Vaticanos , entre os cales se atopan, o Museo Gregoriano de arte exipcia e de arte etrusco , o Museo Pio Clementino, o museo Chiaramonti e a Pinacoteca Vaticana. Moitos artistas e arquitectos famosos como Botticelli , Miguelanxo e Bernini traballaron en importantes obras artisticas que hoxe se poden admirar nos edificios vaticanos.

A Biblioteca Vaticana e as coleccions dos Museos Vaticanos son da maxima importancia historica, cientifica e cultural. En 1984 , o Vaticano foi engadido pola UNESCO a lista de Patrimonio da Humanidade , sendo o unico que consiste nun pais enteiro. Ademais pode dicirse que e o custodio de facto da lingua latina a traves da sua Fundacion Latinitas , que por exemplo edita regularmente lexico cos ultimos neoloxismos, o Lexicon Recentis Latinitatis .

Cocina Vaticana [ editar | editar a fonte ]

En novembro de 2006 publicouse un libro que revela a cocina do Vaticano, e que realiza un percorrido pola Gastronomia Historica dende o primeiro Papa ate os nosos dias, aderezado cunha coleccion de receitas que incluen menus tan representativos como o da Ultima Cea ou os pratos favoritos de moitos dos Papas. A autora do libro comenta que a gastronomia deste pais e "unha das mais complexas e ricas do mundo, moito mais que a de calquera Casa Real".

O libro conten ademais datos curiosos sobre as orixes dalgunhas das numerosas receitas que se inventaron nesta Cidade, por exemplo a "salsa verde" (tamen chamada salsa vaticana), a salsa carmelita ou a coccion ao bano maria , ademais de informacion sobre protocolo e numerosas referencias que mostran a indisoluble union entre a Historia e a Gastronomia dos Papas.

Deportes [ editar | editar a fonte ]

O estado conta coa Seleccion de futbol da Cidade do Vaticano, ainda que non esta asociada nin a NF-Board nin a FIFA . Dita seleccion enfrontouse contra San Marino e Monaco , quedando 0-0 contra ambos os equipos. O equipo esta composto por voluntarios da Garda Suiza , membros do Consello Papal e por gardas dos museos. En febreiro de 2007 sacerdotes e seminaristas da Cidade do Vaticano e Roma disputaron a primeira "Copa Clerical", o que foi o primeiro campionato de equipos conformados por clerigos, unha idea do Secretario de Estado, o cardeal Tarcisio Bertone.

Sitios de interese [ editar | editar a fonte ]

Basilica de San Pedro [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Basilica de San Pedro .
A Basilica de San Pedro de noite.

E o maior templo cristian do mundo. A sua fachada consta de cinco portas, unha das cales (a Porta Santa) so se abre cada 25 anos polos anos xubilares romanos. Nesta basilica estan soterrados a maioria dos papas.

No seculo XV , o papa Nicolao V encarga a reconstrucion da basilica paleocristia, que se atopaba moi deteriorada, interrompendose as obras tres anos despois coa morte de Nicolao V. E con Xulio II en 1506 cando se reinician as obras rematandose con Paulo V en 1626 .

Para a construcion da basilica houbo dous proxectos iniciais, un realizado por Bramante e outro por Rafael , sendo o primeiro un proxecto de cruz grega e o segundo de cruz latina. Posteriormente, Michelangelo retomou o proxecto de cruz grega de Bramante, desenando tamen a cupula da basilica, onde esta escrito en latin "Ti es Pedro e sobre esta pedra edificaras a mina igrexa". O ultimo arquitecto que interveu na construcion foi Gian Lorenzo Bernini .

Praza de San Pedro [ editar | editar a fonte ]

Praza de San Pedro vista dende a basilica homonima.

Esta praza atopase fronte a basilica e e unha gran superficie trapezoidal que se ensancha lateralmente mediante duas pasaxes, con forma eliptica, de columnatas rematadas nunha balaustrada sobre a que se asentan as figuras de cento corenta santos de diversas epocas e lugares. No seu interior atopanse duas fontes, unha en cada foco da elipse, e no centro da praza o obelisco exipcio de 25 metros de alto, o cal e o unico resto visible do antigo circo romano que habia no Monte Vaticano antes da cristiandade . Poren, a esfera de bronce da cuspide que, segundo a lenda medieval, contina os restos de Xulio Cesar , foi substituida por unha reliquia da cruz de Cristo. As duas pasaxes de columnas (284 de 16 metros cada unha) abrense a cada lado simbolizando o abrazo de acollida da Igrexa ao visitante ao que parecen convidar a entrar.

Nesta praza, o Papa adoita celebrar algunhas liturxias solemnes, especialmente aquelas que reunen a multitudes demasiado grandes como para que entren na Basilica, e outros encontros, sobre todo audiencias publicas. A famosa Praza da Concordia en Paris e unha copia desta praza, xa que tanto o obelisco como as fontes e a sua distribucion son identicas as de San Pedro.

Capela Sistina [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Capela Sistina .
Interior da Capela Sistina .

E un dos mais famosos tesouros artisticos do estado, construida entre 1471 e o 1484 na epoca do papa Sisto IV , de onde procede o nome polo que e conecida, ainda que inicialmente foi chamada Capela Palatina. O seu arquitecto foi Giovanni d'Dolci seguindo os modelos das antigas plantas basilicais romanas, as cales pola sua banda se inspiraban estrutural e arquitectonicamente en antigos edificios gregos como o Concello da Agora ateniense . E conecida en todo o mundo tanto por ser a sala na que se celebra o conclave e outras cerimonias oficiais como as coroacions papais, como por estar decorada por Michelangelo Buonarroti (Miguelanxo).

Atopase a dereita da Basilica de San Pedro, despois da Scala Rexia ('Escaleira Real'). E de forma rectangular e mide 40,93 m de lonxitude, por 13,41 de anchura (as dimensions do Templo de Salomon segundo o Antigo Testamento) e 20,7 m de alto. Na decoracion destacan a parede sobre o altar maior (cunha superficie de 13.7 m por 12.2 m), onde se atopa o "Xuizo Final" e o centro da boveda onde se representan nove escenas rectangulares sobre a Creacion e a Caida do home.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Orixe do nome Vaticano
  2. Roma Cristia e Paga
  3. Columbia Encyclopedia
  4. Publicaron un libro titulado "Spione im Vatikan. Die Papste im Visier der Geheimdienste", Editorial Pattloch, 2006.
  5. Fronteira Vaticano e Italia
  6. The Vatican cho go carbon neutral (en ingles)
  7. " Chi siamo ". Ufficio Filatelico e Numismatico .
  8. "The World Factbook - Santa Se (Vaticano)" . Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2019 . Consultado o 15 de xaneiro de 2010 .  
  9. De acordo co segundo paragrafo da Legge sulle fonti del diritto do 7 de xuno de 1929 , todalas leis e regulamentos do estado son publicadas en lingua italiana , como por exemplo a revista oficial vaticana Acta Apostolicae Sedis
  10. "Lei sobre a cidadania e residencia" . Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2011 . Consultado o 15 de xaneiro de 2010 .  
  11. Cittadinanza Vaticana
  12. "Tratado entre a Santa Se e Italia" (PDF) . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de agosto de 2011 . Consultado o 15 de xaneiro de 2010 .  
  13. Cidadania vaticana
  14. Holy See - State of the Vatican City
  15. 15,0 15,1 Vatican City State Railway Railways of the World
  16. "On call 24/7: Vatican phone system directs thousands of call each day" . Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2012 . Consultado o 15 de xaneiro de 2010 .  
  17. "The Early Definitives" . Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2007 . Consultado o 15 de xaneiro de 2010 .  
  18. 18,0 18,1 Baker, Al (2004-06-27). "Hail Marys Not Needed: Vatican Mail Will Deliver" . The New York Times (en ingles ) . ISSN   0362-4331 . Consultado o 2020-02-03 .  
  19. Vatican Radio - Index
  20. Vatican Television Center - Index

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]