Xordania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaXordania
?????????????? ??????????????? ????????????? (ar) Editar o valor em Wikidata

Himno As-salam al-malaki al-urdoni Editar o valor em Wikidata

Lema ????? ?????? ????? Editar o valor em Wikidata
Simbolo oficial Iris nigricans Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia a Rio Kevin Editar o valor em Wikidata
Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  31°12′N 36°30′L  /  31.2, 36.5 Coordenadas : 31°12′N 36°30′L  /  31.2, 36.5
Capital Aman Editar o valor em Wikidata
Conten a division administrativa
Poboacion
Poboacion 10.428.241 (2019) Editar o valor em Wikidata (116,72 hab./km² )
Lingua oficial arabe Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Parte de
Superficie 89.341 km² Editar o valor em Wikidata
Punto mais alto Jabal Umm ad Dami (pt) Traducir (1.854 m) Editar o valor em Wikidata
Punto mais baixo Mar Morto (?428 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos historicos
Precedido por
Creacion 1946 Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
• Rei Editar o valor em WikidataAbdullah II de Xordania Editar o valor em Wikidata
• Primeiro-ministro da Jordania (pt) Traducir Editar o valor em WikidataBisher Al-Khasawneh (pt) Traducir (2020?) Editar o valor em Wikidata
Organo lexislativo Parlamento da Jordania (pt) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal 45.116.317.042 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moeda dinar xordano Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel .jo e .?????? (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefonico +962 Editar o valor em Wikidata
Telefono de emerxencia 911 Editar o valor em Wikidata
Codigo de pais JO Editar o valor em Wikidata

Paxina web jordan.gov.jo… Editar o valor em Wikidata
BNE: XX450661

Xordania [ 1 ] (en arabe : ?????? Al-?Urdunn), oficialmente Reino Haxemita de Xordania ( ??????? ?????????? ????????? Al-Mamlaka al-Urdunniyya al-H?shimiyya ), chamado Transxordania ata 1950 , e un pais de Asia localizado na rexion do Oriente Medio . Limita ao norte con Siria , ao nordeste con Iraq , ao leste e ao sur con Arabia Saudita e ao suroeste co mar Vermello (no Golfo de Aqaba , con Israel e co territorio palestino de Cisxordania ).

Historia [ editar | editar a fonte ]

Petra , capital nabatea e da provincia romana de Arabia Petrea . Unha das Novas sete marabillas do mundo .
A Praza Ovalada Romana en Xerash.

A terra que mais tarde chegou a ser Xordania forma parte da historica rexion do Crecente Fertil . A sua historia comezou ao redor de 2000 a. C, cando os amoritas semiticos se estableceron ao redor do rio Xordan no area chamada Canaan. Subsecuentes invasores e colonos incluiron aos hititas, exipcios , israelitas, asirios, babilonios , persas , gregos, nabateos, romanos, arabes musulmans, cruzados cristians, mamelucos e a turcos otomans.

Aproximadamente, no 312 a. C, os nabateos refuxiaronse en Petra , escapando dos reis seleucidas . Gozaron de relativa independencia, grazas a decadencia da monarquia seleucida, razon pola cal Petra converteuse nunha importante parada de caravanas . Nos tempos de Pompeo Magno , a autonomia nabatea en Xordania viuse ameazada, e finalmente, en 105 , os romanos anexaron gran parte da actual Xordania ao seu imperio , baixo o nome de Arabia Petrea , con Petra como capital. A provincia intentaria rebelarse no seculo III , sen exito.

No seculo VII , a actual Xordania seria conquistada polo califa Umar I, pero no ano 1100 , durante a Primeira Cruzada , Balduino I de Xerusalen realizaria diversas incursions na chamada Transxordania (en frances Outre-Jordain , que significa "mais alo do Xordan ", co obxectivo de controlar as caravanas de camelos que cruzaban os territorios da actual Xordania. Durante as cruzadas, os francos fixeronse co control de toda a rexion. Transxordania converteuse enton no senorio de Transxordania , vasalo do Reino de Xerusalen , que durou ata 1189, ano en que Saladino ocupou toda Transxordania, e mantivose baixo o goberno da dinastia ayubi ata que en 1259 pasa a mans dos mamelucos e, en 1517, a mans dos otomans .

A expansion do Imperio Otoman , nos tempos de Selim I , chocou directamente co Imperio Safavida , no seculo XVI , quedando os territorios de Xordania atrapados no medio. Logo da decadencia safavida, os territorios ao leste do Xordan foron administrados polos turcos otomans desde 1518 . Entre 1900 e 1908 , os ocupantes otomans iniciaron a construcion do ferrocarril de Hiyaz, que atravesaba a actual Xordania, co obxectivo de facilitar a peregrinacion a Meca desde Damasco e o envio de tropas as nacions arabes. Este ferrocarril mellorou o desenvolvemento de Xordania. Poren, o resentimento arabe contra a ocupacion turca non se viu atenuada.

Durante a primeira guerra mundial , Gran Bretana aproveitouse do nacionalismo arabe, e logo de prometer a creacion dun Estado arabe independente que abarcaria a Arabia e as actuais Siria , Libano , Israel , Xordania e Iraq , promoveu a Rebelion Arabe . Deste xeito, as tropas arabes, apoiadas por oficiais britanicos como Lawrence de Arabia , lograron derrotar aos turcos e alemans no Medio Oriente, e o ferrocarril de Hiyaz sufriu accions de sabotaxe, especialmente en Xordania. A caida do porto Xordano de Aqaba en mans arabes en 1917 , condenou as forzas turcas, ainda que a guerra non acabaria ata setembro de 1918 .

Ao finalizar a guerra, segundo o acordado, o Imperio Otoman foi desmembrado, pero os secretos Acordos Sykes-Picot viron a luz: significaban a reparticion do Medio Oriente entre Reino Unido e Francia , traizoandose a causa arabe. Gran Bretana recibiu da Sociedade das Nacions , o mandato sobre gran parte do Medio Oriente , incluindo o territorio que agora comprende Israel , Xordania, Cisxordania , a Faixa de Gaza e Xerusalen . Ante a necesidade de comunicar Iraq con Palestina, ambas baixo mando britanico, definiuse a forma actual do estado Xordano.

En 1922 , os britanicos dividiron o Mandato britanico de Palestina ao establecer o emirato semiautonomo de Transxordania ao leste do rio Xordan , gobernado polo principe haxemita Abdala I , ainda que continuaba a administracion baixo un alto comisariado britanico. O mandato sobre Transxordania terminou o 22 de maio de 1946 ; o 25 de maio , o pais converteuse no independente Reino Haxemita de Transxordania, con Abdala I como primeiro Rei; mais, o seu tratado especial de defensa co Reino Unido non finalizaria ata 1957 .

Nos Acordos Sykes-Picot , o Reino Unido conseguiu o dominio de Xordania, que obtivo un corredor desertico ao leste para comunicar Iraq con Transxordania , ambas ocupadas polos britanicos.

O Reino de Transxordania mostrouse contrario a creacion de Israel en maio de 1948, e tomou parte na guerra entre os estados arabes e o novo Estado de Israel (vexase Guerra arabe-israeli de 1948 ). Os armisticios do 3 de abril de 1949 deixaron a Xordania o control da Cisxordania . O Reino Haxemita propuxo que as linas de demarcacion establecesense sen prexuizo dos futuros limites territoriais a determinarse.

En 1950 , o pais foi renomeado como "Reino Haxemita de Xordania" ao incluir aquelas porcions de Palestina anexadas polo rei Abdala. Mentres reconecian a administracion Xordana sobre a Cisxordania, os Estados Unidos mantiveron a posicion de que a soberania final sobre Cisxordania seria materia de novos tratados.

Despois de que Siria e Exipto se unisen baixo a Republica Arabe Unida en 1958 , os reinos Haxemitas de Xordania e Iraq unironse baixo o nome de Federacion Arabe de Iraq e Xordania . Poren, un golpe de Estado militar en Iraq, liderado por Abdul Karim Qasim , interrompeu a union con Xordania. Xordania logo asinou un pacto de defensa mutua en maio de 1967 con Exipto, e polo tanto participou na guerra de xuno de 1967 entre Israel e os Estados arabes de Siria , Exipto e Iraq . Durante a guerra, Israel logrou o control da Cisxordania e de Xerusalen Leste .

A guerra de 1967 conduciu a un dramatico aumento no numero de palestinos que vivian en Xordania. A sua poboacion de refuxiados palestinos ?700 000 en 1966? creceu noutros 300 000 provenientes da Cisxordania. O periodo seguinte a guerra de 1967 viu un grande aumento no poder e a importancia dos elementos de resistencia palestinos ( fedayin ) en Xordania. Os fortemente armados fedayin constituiron unha ameaza crecente a soberania e seguridade do Estado haxemita, e unha loita aberta estalou en xuno de 1970.

Goberno e politica [ editar | editar a fonte ]

A Xordania e unha monarquia constitucional , conforme a constitucion de 1952 . O rei Abdullah II e o xefe de estado dende o 7 de febreiro de 1999 .

O xefe de goberno e o primeiro-ministro, indicado polo rei. O 24 de outubro de 2011 foi proclamado no cargo Awn Shawkat Al-Khasawneh .

Organizacion politico-administrativa [ editar | editar a fonte ]

Mapa das gobernacions de Xordania.

Xordania esta dividida en doce gobernacions ( muhafazat , en singular muhafazah ):

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

Xordania limita con Iraq ao nordes, Arabia Saudita ao leste e sur, Israel e os territorios palestinos ao oeste e Siria ao norte. En total, as suas fronteiras tenen unha lonxitude de 1.619 km . Grazas ao Golfo de Aqaba , posue unha saida ao mar Vermello ; tamen posue costas no mar Morto . En total, Xordania posue 26 km de costas.

Xordania posue unha arida planicie que cobre as rexions centrais e orientais do seu territorio, polo que soamente o 3.32% das terras son cultivables. No oeste, existen rexions altas. O Gran Val do Rift e o rio Xordan son as fronteiras naturais occidentais de Xordania. O punto mais baixo e o mar Morto (-408 msnm ) e o punto mais alto e a montana Jabal Ramm con 1.734 metros de altura sobre o nivel do mar.

Mapa de Xordania

Economia [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Economia de Xordania .

Xordania e un pais pequeno con recursos naturais bastante limitados, pouca auga e pouco petroleo . A pobreza, o desemprego e a inflacion son problemas fundamentais, pero o rei Abdullah , despois de asumir o trono en 1999 , puxo en funcionamento reformas economicas para mellorar o padron de vida do pais.

O pais e un grande exportador de fosfato e carbonato de potasio , e tamen depende do turismo e do comercio de fertilizantes . Importa o petroleo que consome do Iraq e da Arabia Saudita .

A Xordania continua a seguir as directrices do Fondo Monetario Internacional dende o 2002 , seguindo unha politica monetaria austera e privatizacions.

Notas [ editar | editar a fonte ]


Este artigo tan só é un bosquexo
  Este artigo sobre xeografia e, polo de agora, so un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuir a que a Galipedia mellore e medre .
  Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamen podes contribuir.