Terceira Internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Terceira Internacional
Logo
Tipo Internacional
Ideoloxia Marxismo-leninismo , comunismo e leninismo
Data de fundacion 2 de marzo de 1919
Data de disolucion 15 de maio de 1943
Fundador(es) Lenin
Presidente/a
Georgi Dimitrov (1929-1943) Editar o valor em Wikidata
baseline|Traducir|link= https://www.wikidata.org/wiki/Q186709?uselang=gl ]] (1926-1929)
Grigori Zinoviev (1919-1926) Editar o valor em Wikidata
Eventos/Actividades Founding Congress of the Comintern, 2nd World Congress of the Comintern, 3rd World Congress of the Comintern, 4th World Congress of the Communist International, Fifth Congress of the Communist International, 6th World Congress of the Comintern e Seventh World Congress of the Comintern
Organizacion subsidiaria Liga Contra o Imperialismo e Partido Comunista de China
Sede Moscova
Pais Union Sovietica
editar datos en Wikidata  ]

A Terceira Internacional , conecida normalmente so por Internacional Comunista , como tamen pola sua abreviatura en ruso Komintern (Коминтерн, abreviatura de Коммунистический интернационал, "Internacional Comunista") ou Comintern (abreviatura do ingles : Communist International) foi unha organizacion comunista internacional, fundada por iniciativa do Partido Comunista de Rusia (Bolxevique) en marzo de 1919 que agrupaba os Partidos Comunistas do mundo co obxectivo de loitar pola superacion do capitalismo , o establecemento da Ditadura do proletariado e da Republica Internacional dos Soviets, a completa abolicion das clases e a realizacion do socialismo , como primeiro paso cara a sociedade comunista , como aparecia nos seus primeiros estatutos.

Historia da Komintern [ editar | editar a fonte ]

Antecedentes historicos [ editar | editar a fonte ]

Segundo o preambulo dos primeiros estatutos da Komintern, os seus antecedentes remontanse a Asociacion Internacional de Traballadores fundada, entroutros, por Karl Marx e Friedrich Engels en Londres en 1864 , e que, por primeira vez, agrupaba traballadores de diferentes paises. Apos a desaparicion desa Primeira Internacional en 1876 , Engels promoveu a creacion da Segunda Internacional en Paris en 1889 , que agrupaba partidos socialistas, socialdemocratas e laboristas . O inicio da primeira guerra mundial produciu unha fractura na organizacion cando o sector dos socialistas reformistas decidiu apoiar os gobernos na declaracion da guerra e o sector dos socialistas revolucionarios se opuxeron totalmente a ela. Derivado diso, este sector revolucionario celebrou a Conferencia de Zimmerwald en 1915 e a Conferencia de Kienthal en 1916 , que se converteron na base para a Komintern (a Terceira Internacional), creada en marzo de 1919 en Petrogrado como sistema para romper as relacions definitivamente cos sectores reformistas, os que acusaban de teren traizoado a clase traballadora e de provocaren a destrucion da Segunda Internacional .

Constitucion e evolucion [ editar | editar a fonte ]

A Komintern celebrou sete congresos mundiais, que inicialmente eran de caracter anual e que posteriormente se foron espazando no tempo.

Do I o IV Congreso [ editar | editar a fonte ]

O I Congreso Mundial da Internacional Comunista tivo lugar en Petrogrado entre o 2 de marzo e o 6 de marzo de 1919 . Os temas fundamentais foron a democracia burguesa e a ditadura do proletariado, asi como a necesidade de difundir o sistema de soviets . Tamen se nomeou Grigori Zinoviev como Presidente do Comite Exectivo da Internacional Comunista (CEIC), a maxima autoridade da Komintern durante o periodo intercongresual. Estiveron presentes os Partidos Comunistas de Rusia , Alemana , Austria , Hungria , Polonia , Finlandia , Ucraina , Letonia , Lituania , Belarus , Estonia , Armenia e da Rexion do Volga; tamen grupos comunistas checos , bulgaros , iugoslavos , britanicos , franceses e suizos , o Partido Social Democratico de Esquerda de Suecia , o Partido Socialista Laborista de America , a Liga de Propaganda Socialista dos Estados Unidos , o Partido dos Traballadores da China , a Union de Traballadores de Corea , e seccions comunistas de Turquia , Acerbaixan , Xeorxia , Persia e Turquestan . O Partido dos Traballadores Noruegueses tamen estivo presente (ainda que a abandonou en 1923 ). Pola sua banda, o Partido Socialista Italiano negouse a participar, o que provocou unha escision interna en 1921 que deu orixe o Partido Comunista Italiano , que si se integrou na Komintern.

O II Congreso Mundial da Internacional Comunista celebrouse en Moscova entre o 19 de xullo e o 7 de agosto de 1920 . E o momento do fin da guerra civil rusa e tamen o momento en que a axitacion revolucionaria se estende rapidamente por Alemana . Neste Congreso insistese na necesidade de adoptar e propagar o sistema de soviets, e acordanse as denominadas 21 Condicions para o ingreso na Komintern diante das numerosas organizacions socialdemocratas que solicitaran a adhesion.

O III Congreso Mundial da Internacional Comunista celebrouse entre o 22 de xuno e o 12 de xullo de 1921 novamente en Moscova . Nel combateronse as posturas ultraesquerdistas dalguns partidos comunistas como o Partido Comunista de Alemana (KPD) aleman tras o fracaso do Levantamento Espartaquista e reconeceuse que a situacion mundial tina mudado na medida en que as revolucions comunistas so triunfaran no Imperio Ruso e fracasaran en Alemana e en Polonia. Ademais, tratouse especificamente a necesidade de incorporar as mulleres traballadoras o movemento comunista.

O IV Congreso Mundial da Internacional Comunista celebrouse entre o 30 de novembro e o 5 de decembro de 1922 en Moscova , incidindo nas tacticas da chamada "fronte unica" e tratandose a situacion da raza negra e o traballo dos comunistas nos sindicatos . Ademais, tratase a situacion dos comunistas en Asia e o Pacifico , e decretase a incompatibilidade entre a pertenza a masoneria e a pertenza a un partido comunista. [ 1 ]

Do V o VII Congreso [ editar | editar a fonte ]

O V Congreso Mundial da Internacional Comunista celebrouse en Moscova entre xuno e xullo de 1924 , despois da morte de Lenin e cando a Union Sovietica xa estaba conformada. Marcado polo fracaso da revolucion alema, aprovanse uns novos estatutos que inician a denominada "bolxevizacion" da Komintern o insistir en que os partidos membros adopten o sistema organizacional do Partido Comunista da Union Sovietica (PCUS) na medida en que aquel era o unico membro da Internacional con funcions de goberno.

No veran de 1926 , ademais, a Presidencia do CEIC e abolida e substituida pola Secretaria Xeral. Nikolai Bukharin substitue Grigori Zinoviev a fronte da Komintern.

O VI Congreso Mundial da Internacional Comunista celebrouse en Moscova entre xullo e setembro de 1928 , nun momento de grave crise economica que favorece a aprobacion da consigna "clase contra clase" que oficializa o inicio do chamado "Terceiro Periodo". Aprobase tamen o Programa da Internacional Comunista, reiterando a necesidade da revolucion armada como recurso ultimo para a tomada de poder.

En abril de 1929, Nikolai Bukharin e obrigado a dimitir do cargo de Secretario Xeral da Komintern acusado de dereitista pola direccion do PCUS, no momento en que a ascension de Iosiv Stalin se confirma imparabel. En substitucion de Bujarin e escollido para a Secretaria Xeral o bulgaro Georgi Dimitrov , que dirixira a Komintern desde 1934 ate a sua disolucion.

O VII Congreso Mundial da Internacional Comunista celebrouse en Moscova en agosto de 1935 . Apos o auxe dos fascismos e o fracaso do programa politico aprobado no anterior Congreso, aprobase unha politica de frontes populares auspiciada intensamente por Stalin , que xa e gobernante absoluto da URSS despois de ter eliminado os seus opositores no proceso conecido como a Gran Purga . Fronte a esta politica de frontes populares, os representantes do trotskismo avogan pola revolucion mundial inmediata. A posicion que se aproba e, finalmente, a do PCUS staliniano.

Disolucion da Komintern [ editar | editar a fonte ]

A segunda guerra mundial cortou o contacto do goberno da URSS con numerosos partidos comunistas no resto do mundo, considerando ademais que os paises do eixo capitalista receaban do goberno sovietico despois do Pacto Ribbentrop-Molotov celebrado co goberno nazi en agosto de 1939 . A invasion da URSS por parte de tropas do III Reich en xuno de 1941 provocou que a URSS se vise como aliada de duas potencias capitalistas: Gran Bretana e os Estados Unidos . Nesa tesitura, o 15 de maio de 1943 , antes da celebracion da Conferencia de Teheran , o Presidium do Comite Executivo da Internacional Comunista decreta "a madurez dos partidos comunistas" nacionais e decide disolver a Komintern para evitar os receos das potencias capitalistas aliadas da URSS nese momento.

En 1947 , a instancias de Stalin e creada a Kominform (Oficina de Informacion Comunista para substituir a Komintern. O novo organismo reune os Partidos Comunistas de Bulgaria, Checoslovaquia , Francia, Hungria, Italia, Polonia, a Union Sovietica e Iugoslavia. Poren, disolveuna Nikita Khrushchev como medida de desestalinizacion e como consecuencia das criticas dos comunistas franceses e italianos (os mais influentes fora do Pacto de Varsovia ) a intervencion militar sovietica na Revolucion Hungara de 1956 . Ademais, desde 1960 , diversos acontecementos demostran innecesaria a existencia dun organismo de coordinacion como a Kominform: en primeiro lugar, o enfrontamento entre a URSS e Iugoslavia; en segundo lugar, a pugna ideoloxica sostida entre a URSS e a China maoista ; e, en terceiro lugar, a primacia efectiva da URSS e do PCUS sobre calquera outra organizacion comunista.

Organizacion da Internacional Comunista [ editar | editar a fonte ]

Os organos da Internacional Comunista foron definidos polos seus primeiros estatutos:

  • O Congreso Mundial . E o organo que exerce a autoridade maxima da Komintern e que debe reunirse unha vez cada ano (ainda que desde o V Congreso a periodicidade foise espallando). Ten en exclusividade a capacidade modificar o Programa e os Estatutos da Internacional.
  • O Comite Executivo . E o organo que exerce a autoridade maxima nos periodos intercongresuais e e escollido polo Congreso Mundial, que decide tanto a sua composicion como a sua sede.
  • O Presidium . E o organo que ten a maxima autoridade entre os plenos do Comite Executivo.

Organizacions paralelas [ editar | editar a fonte ]

Varias organizacions foron creadas baixo o auspicio da Internacional Comunista. Entre elas, as mais importantes foron:

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]