Lev Trotski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLev Trotski

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (ru) Лев Давидович Троцкий Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento (ru) Лейб Давидович Бронштейн Editar o valor em Wikidata
26 de outubro de 1879 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Bereslavka (Imperio Ruso) Editar o valor em Wikidata
Morte 21 de agosto de 1940 (60 anos)
Coyoacan, Mexico Editar o valor em Wikidata
Causa da morte homicidio , hemorraxia cerebral Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Grave of Leon Trotsky and Natalia Sedova (en) Traducir
Coyoacan Editar o valor em Wikidata
Membro do Politburo do Comite Central do Partido Comunista da Union Sovietica
25 de marzo de 1919 ? 23 de outubro de 1926
Lista de ministros da Defesa da Uniao Sovietica (pt) Traducir
13 de marzo de 1918 ? 15 de xaneiro de 1925
←  Nikolai Podvoisky (pt) Traducir ? Mikhail Frunze (pt) Traducir →
Membro do Politburo do Comite Central do Partido Comunista da Union Sovietica
29 de novembro de 1917 (Xuliano)  ? 25 de marzo de 1919
Membro da Asemblea Constituinte Rusa
25 de novembro de 1917 ? 20 de xaneiro de 1918
People's Commissar (en) Traducir People's Commissariat for Foreign Affairs of the Russian SFSR (en) Traducir
8 de novembro de 1917 ? 9 de abril de 1918
←  Mikhail Tereshchenko (en) Traducir ? Georgii Chicherin  →
Membro do Politburo do Comite Central do Partido Comunista da Union Sovietica
10 de outubro de 1917 (Xuliano)  ? 23 de outubro de 1917 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Mexico (1937?1940)
Union Sovietica (?1932)
Republica Socialista Sovietica de Ucraina (1919?1922)
Republica Socialista Sovietica Federativa de Rusia
Imperio Ruso Editar o valor em Wikidata
Grupo etnico Ukrainian Jews (en) Traducir e Russian Jews (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ideoloxia politica Trotskismo Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade Nacional de Odessa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura 174 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo San Petersburgo
Moscova Editar o valor em Wikidata
Ocupacion politico , militar , historiador , xornalista , revolucionario , autobiografo , filosofo , diplomatico , escritor Editar o valor em Wikidata
Partido politico Partido Comunista da Union Sovietica (1917?1927)
Partido Obreiro Socialdemocrata de Rusia (faccion bolxevique)
Partido Obreiro Socialdemocrata Ruso
Partido Socialista Suizo Editar o valor em Wikidata
Membro de
Movemento Trotskismo Editar o valor em Wikidata
Pseudonimo literario Троцкий
Л. Седов
Антид Ото
Перо
Старик Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua rusa , lingua ucraina , lingua alema , lingua inglesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Lealdade Union Sovietica Editar o valor em Wikidata
Rama militar Exercito Vermello Editar o valor em Wikidata
Rango militar Xeneral Editar o valor em Wikidata
Conflito Guerra Civil Rusa , Revolucion Rusa de 1917 , Revolucion de Outubro e Guerra polaco-sovietica Editar o valor em Wikidata
Participou en
17 de abril de 1923 12th Congress of the Russian Communist Party (en) Traducir
27 de marzo de 1922 11th Congress of the Russian Communist Party (en) Traducir
6 de marzo de 1918 7th Congress of the Russian Communist Party (en) Traducir
30 de abril de 1907 (Xuliano) V Congreso do Partido Obreiro Socialdemocrata de Rusia
17 de xullo de 1903 (Xuliano) II Congresso do Partido Operario Social-Democrata Russo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
Conxuxe Natalia Sedova
Aleksandra Sokolovskaya
Fillos Sergei Sedov (pt) Traducir
  ( ) Natalia Sedova (pt) Traducir
Zinaida Volkova (pt) Traducir
  ( ) Aleksandra Sokolovskaya (pt) Traducir
Lev Sedov (pt) Traducir
  ( ) Natalia Sedova (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pais David Bronstein (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e  Anna Bronstein (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Irmans Olga Kameneva (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Parentes Semen Semkovski (en) Traducir ( curman entregue ) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxia
marzo de 1933-outubro de 1933 queima de libros na Alemana nazi Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0873654 Musicbrainz: 4911c4e7-c8a5-4907-8976-462e73cdad40 WikiTree: Бронштейн-1 Find a Grave: 4174 Editar o valor em Wikidata

Lev Trotski [ 1 ] nado en Ianovka ( Ucraina ) o 7 de novembro de 1879 e finado en Coyacan ( Mexico ) o 21 de agosto de 1940 , foi un intelectual marxista e revolucionario bolxevique .

O seu nome en ucraino e Лев Давидович Троцький, que pode ser transliterado como Lev Davidovitch Trotskii. Mais o seu verdadeiro apelido de familia era Bronstein (Бронштейн). Polo calendario xuliano, empregado nos paises de tradicion ortodoxa, naceu o 26 de outubro de 1879 .

Nos primeiros tempos da Union Sovietica desempenou un importante papel politico, primeiro como Comisario do Pobo para os Asuntos Exteriores , posteriormente como creador e comandante do Exercito Vermello , e fundador e membro do Politburo do Partido Comunista da Union Sovietica . Afastado por Stalin do control do partido, Trotski foi expulsado deste e da Union Sovietica , refuxiandose en Mexico , onde vai ser asasinado por un axente catalan as ordes de Stalin. As suas ideas politicas, expostas nunha obra escrita de grande extension, daran orixe o trotskismo , corrente ainda hoxe importante no marxismo.

Primeiros anos [ editar | editar a fonte ]

Trotski de rapaz no ano 1897 .

Trotski naceu nunha pequena localidade do oblast de Kherson na actual Ucraina , sendo o quinto fillo de David Bronstein e Anna Bronstein, humildes labregos de orixe xudaica, ainda que non relixiosos, que aproveitaran os esquemas de colonizacion tsarista na Crimea para abandonaren a area tradicional de residencia autorizada os xudeus (o "palio") e converterse o pai nun prospero facendeiro. Cando Trotski tina 9 anos, o seu pai enviouno a Odesa para educarse. Ainda que era bo estudante, xa de mozo mostraba a sua tendencia a rebelion, organizando unha protesta contra unha impopular profesora en 2º curso. Con todo, non expresou un especial interese pola politica ou o socialismo ate 1896 , cando se traslada a Nikolaiev (agora Mykolaiv ) onde estudara matematicas . A sua irma casaria posteriormente con Lev Kamenev , un dos principais lideres bolxeviques e membro do triunvirato liderado por Stalin que afastaria o propio Trotski do poder.

O mozo revolucionario [ editar | editar a fonte ]

Lev Trotski , cara ao ano 1900 , no seu exilio siberiano

Trotski contactou por primeira vez co marxismo en 1896 , sendo ainda estudante en Nikolaiev . Participou dende novo na oposicion clandestina o rexime autocratico dos tsares, organizando no ano 1897 a Liga Obreira do Sur de Rusia , polo que foi preso por primeira vez en 1898 e condenado a dous anos de detencion. Nese periodo casou coa sua primeira muller, Alexandra Sokolovskaia . En 1900 foi novamente condenado a catro anos de exilio en Siberia , onde naceran as suas duas primeiras fillas, Nina e Zina, a primeira delas morreria de tuberculose no final da decada de 1920 e a segunda suicidariase na emigracion forzada por Stalin , en 1933 . En 1902 , asumindo o nome Trotski dun garda carcerario dos tempos de Odesa, conseguiu fuxir de Siberia rumbo a Londres , onde se aproximou a figura que enton xa destacaba como lider da oposicion socialdemocrata no exilio: Vladimir Lenin , cando este era editor do Iskra , xornal do Partido Socialdemocrata dos Traballadores de Rusia (PSDTR).

En 1903 participa no 2º congreso dese partido. Malia discordar da concepcion autoritaria que tina Lenin do partido, a quen censuraba os metodos ditatoriais e o xacobinismo , colaborou con el e procurou en van reconciliar a faccion bolxevique de Lenin coa faccion menxevique . Acabou por se alinar cos menxeviques, o que afectou negativamente a sua relacion con Lenin durante os 14 anos seguintes, a pesar da fugacidade do alinamento, pois en 1905 rachou cos menxeviques e tornouse un socialista independente. E no decorrer deste primeiro exilio cando conece a sua segunda esposa, a revolucionaria Natalia Sedova , quen seria a sua companeira constante no resto da sua vida e coa que tivo dous fillos.

Trotski coa sua filla Nina en Francia , no ano 1915

Dous anos despois regresa a Rusia para participar na revolucion de 1905 , chegando a presidente do primeiro consello revolucionario, o soviet de San Petersburgo . Fracasada a revolucion, a sua implicacion nunha folga xeral en outubro e o apoio a rebelion armada que dela seguiu supuxeron a condena o exilio perpetuo, novamente en Siberia . Mais en xaneiro de 1907 consegue novamente escapar e regresar a Londres para participar no 5º congreso do PSDTR. En outubro dese ano mudase para Viena , onde edita o xornal Pravda (A Verdade) ate o 23 de abril de 1912. Distribuido clandestinamente en Rusia, este xornal foi unha das publicacions revolucionarias mais populares da epoca, sendo o seu nome apropiado polos bolxeviques de Lenin, que crearan asi o futuro Pravda , xornal oficial do PCUS. Na sua Pravda vienense, Trotski defendeu a union de todalas correntes socialdemocratas, o que orixinou na epoca vivas polemicas con Lenin .

Durante as guerras balcanicas de 1912 - 1913 , Trotski, esgotado polas loitas partidistas da emigracion rusa, trasladase para a Serbia , Bulgaria e Romania como correspondente do xornal liberal ucraino Pensamento de Kiev . Ali denuncia atrocidades de guerra cometidas polas forzas serbias e bulgaras contra as poboacions turca e albanesa, e participa nas actividades politicas da socialdemocracia romanesa. Mais tarde, en 1914 , perante a ameaza de ser internado como cidadan dun pais inimigo durante a eclosion da primeira guerra mundial , Trotski mudase de Austria para Suiza e posteriormente para Francia , onde editara a publicacion Nashe Slovo (A Nosa Palabra), cuxo apoio a lina antimilitarista adoptada por parte do movemento socialista na conferencia de Zimmervald acabara por indisponelo co goberno frances, que, por instigacion do embaixador ruso en Paris , remata por deportar a Trotski en setembro de 1916 para Irun , en Euskadi , onde e novamente detido pola policia e forzado a embarcar para os EUA . Estabelecese en Nova York , onde colabora no xornal Novy Mir . Ali atopase cando, de supeto, co derrube do tsar Nicolao II , estoura a Revolucion Rusa de 1917 , levandoo a regresar o seu pais en maio.

Os dias da revolucion [ editar | editar a fonte ]

Saudando na rua, en outubro de 1917

No decorrer da revolucion, Trotski deixa de crer na unificacion de todalas faccions socialdemocratas, abandona a sua traxectoria anterior de socialista independente e xuntase o partido bolxevique de Lenin . Destacando polo seu talento como organizador e axitador, e elixido presidente do soviet de Petrogrado , participa activamente na loita para derrubar o Goberno Provisorio de Aleksandr Kerenskii , e lidera o Comite Militar Revolucionario que planea e concretiza o asalto o Palacio de Inverno , consumando a Revolucion de Outubro .

Despois da conquista do poder polos bolxeviques, Trotski tornase Comisario do Pobo para os Asuntos Exteriores , coa mision de negociar o armisticio militar con Alemana e os seus aliados. A posicion de Trotski nas negociacions do armisticio foi oposta a de Lenin ?que achaba que deberia ser asinado un tratado con Alemana en calquera condicion? mais tamen oposta a dos comunistas de esquerda, que propunan a guerra revolucionaria; para el, a posicion a tomar seria de "nin paz, nin guerra"; o goberno sovietico deberia retirarse das conversacions e esperar pola axitacion revolucionaria no exercito aleman. A traves dunha combinacion previa con Lenin, que aceptara probar a sua proposta ("para estar de boas con Trotski, paga a pena ate perder Letonia e Estonia ", diria Lenin), Trotski acaba por retirarse das conversas o 10 de febreiro de 1918 , respondendo a Alemana cun novo ataque, que obrigou o goberno sovietico a asinar por fin a 3 de marzo o desvantaxoso Tratado de Brest-Litovsk , que retirou o pais da primeira guerra mundial para responder os desexos de paz das masas e concentrarse na consolidacion da Revolucion.

Cartel do Exercito Branco presentando a Trotski coma o diano

Trotski abandona o cargo, mais no mesmo mes e nomeado Comisario do Pobo para os Asuntos Militares (ate 1925 ) e, en setembro, lider do Comite Militar Revolucionario do rexime sovietico . E neste contexto cando lidera de forma decisiva a creacion e organizacion do Exercito Vermello , que acaba por vencer a longa e violenta guerra civil ( 1918 - 1920 ) contra o Exercito Branco ( contrarrevolucionarios ) e os seus aliados estranxeiros, garantindo a supervivencia do rexime sovietico. O seu prestixio publico sofre, mentres, abalos importantes: cando se produce a represion da revolta de Kronstadt , na que tivo un papel importante, e cando propon abertamente o combate o desemprego decorrente da desmobilizacion e a rapida recuperacion economica da Rusia Sovietica pola abolicion da independencia, mesmo nominal, dos sindicatos e pola xeneralizacion do traballo coercitivo a traves da formacion de "exercitos do traballo" que mobilizaran forzosamente os traballadores ociosos. Sumandose a desconfianza dos veteranos bolxeviques pola sua adhesion tardia o Partido, estas posicions daranlle unha fama de bonapartista e ditador militar en potencia, o que o debilitara diante de Stalin; Lenin , no seu testamento politico, falara de Trotski coma "o home mais capaz do presente Comite Central", mais deplorara as suas tendencias autoritarias (nas palabras de Lenin , "a sua tendencia a abordar as cuestions apenas polo lado administrativo"), o que o mesmo Lenin xa comentara acedamente nun encontro dos seus partidarios no ano 1920 : "Trotski e un home temperamental con experiencia militar. Apaixonouse polo aparello (burocratico) pero de politica non entende nada".

Derrota diante de Stalin [ editar | editar a fonte ]

Trotski e Lenin en Petrogrado , rodeado de soldados

A morte de Lenin en 1924 crea un baleiro de poder que Stalin acaba por encher, aproveitando a influencia da que xa dispuna na burocracia partidaria. Nese momento, Trotski non quixo ou non puido oporse activamente a Stalin, mantendose discreto no 12º Congreso do Partido en 1923 (especialmente na polemica cuestion do testamento ocultado de Lenin , que condenaba a un Stalin demasiado poderoso e apelaba directamente a sua destitucion) onde acaba por perder o control deste ante un triunvirato constituido por Stalin , Lev Kamenev e Grigori Zinoviev , que posteriormente Stalin disolveria con purgas os seus propios camaradas, ate concentrar todo o poder na sua persoa. Trotski e os seus apoios organizanse na Oposicion de Esquerda, faccion que nos anos seguintes loita no interior do partido contra Stalin.

Habia, poren, unha asimetria fundamental nesta loita entre faccions: a Oposicion de Esquerda , por mais implantada que estivese no interior da militancia comun do Partido, non tina poder no interior das instancias decisorias do Partido Bolxevique xa totalmente burocratizado. Trotski, pola sua entrada tardia no Partido e por non ter asumido responsabilidade nos nomeamentos burocraticos como Stalin , non posuia a capacidade de influenciar coas suas posicions polo exercicio do clientelismo. Ainda mais, dende o seu decimo congreso, no ano 1920 , o Partido Bolxevique adoptou ?co apoio de Trotski? un novo rexemento administrativo que prohibia a existencia de faccions permanentemente organizadas no partido, o que facia posibel que calquera contestacion os lideres do Partido puidera ser caracterizada como "faccionaria".

Durante a preparacion polo Comintern dun levantamento revolucionario en Alemana a finais de 1923 (con Lenin ainda vivo, pero incapacitado), Trotski solicita o Partido permiso para atender un convite feito polo lider comunista aleman Heinrich Brandler e dirixir o levantamento proxectado in situ como combatente revolucionario internacional (un proxecto que de certa forma anticipaba a aventura boliviana do Che Guevara ). O permiso foi negado, pois Stalin temia que Trotski caese prisioneiro ou morto, pola situacion embarazosa que iso provocaria o goberno sovietico, e temia mais ainda a posibilidade de que regresase de Alemana vitorioso, o que faria aumentar o seu poder e influencia. O levantamento aleman, mal preparado e executado, foi un fracaso e fortaleceu a tendencia stalinista de abandonar a revolucion socialista internacional polo "socialismo nun so pais".

No decorrer das loitas confusas que seguiron, Trotski procurou unha axuda ?asi como un aumento da sua influencia? na concentracion no traballo teorico e intelectual. Trotski xa formulara, durante a revolucion de 1905 , a Teoria da Revolucion Permanente (a proposicion de que a revolucion liberal-burguesa, nas condicions dun pais capitalista atrasado como Rusia non se deteria na constitucion dunha republica democratica, senon que avanzaria cara a unha revolucion socialista, nun proceso sen solucion de continuidade) contraria o entendemento evolucionista do marxismo predominante na epoca, segundo o cal a revolucion socialista e un produto do esgotamento previo das posibilidades de desenvolvemento capitalista nacional. Despois da Revolucion de 1917, pasou a defender tamen que a revolucion socialista era un proceso mundial e que a Revolucion Rusa necesitaba continuar a se desenvolver nunha arena mundial, no ambito dunha perspectiva internacionalista que contrastaba claramente coa politica stalinista do "socialismo nun so pais". Defendeu a rapida industrializacion da economia e o abandono da Nova Politica Economica de Lenin , cando Stalin e o teorico Bukharin defendian a industrializacion gradual e a manutencion daquela politica.

A disidencia no interior do Partido chegou a poboacion cando Trotski publica, en 1924 , un prefacio a edicion dos seus escritos de 1917 , As Leccions de Outubro , criticando a falta de estratexia revolucionaria de Stalin e da direccion do Comintern na direccion do levantamento aleman de 1923 , e compara as suas actitudes coa indecision demostrada por Kamenev e Zinoviev nas vesperas da Revolucion de Outubro. Estas abertas discordancias afastan politicamente a Trotski de Stalin , culminando na sua expulsion do partido o 12 de novembro de 1927 , e no exilio en Alma Ata (hoxe Almaty ), na enton Republica Socialista Sovietica de Casaquistan , o 31 de xaneiro de 1928 , e finalmente a expulsion da Union Sovietica no ano 1929 . En xullo dese ano comeza a publicar un boletin mensual da oposicion, que continuara a ser publicado e contrabandeado para o territorio sovietico durante todo o seu exilio.

Ironicamente, afastado Trotski, Stalin virase contra Bukharin e acaba por apropiarse de moita da politica economica de Trotski, levandoa a practica e sendo criticada por todalas partes como esaxeradamente violenta e autoritaria. Tal "viraxe a esquerda" de Stalin foi moito por privar a Oposicion de Esquerda de gran parte dos seus partidarios na URSS , que acabaran por se adherir a Stalin. A inmensa maioria dos antigos trotskistas haberian de perecer nas grandes purgas dos anos 30.

Exilio e morte [ editar | editar a fonte ]

Lev Trotski con Harry De Boer e James H. Bartlett e as suas esposas en Mexico no ano 1940 .

Despois da deportacion, Trotski pasou por Turquia , Francia (xullo de 1933 a xuno de 1935 ) e Noruega (xuno de 1935 a setembro de 1936 ), fixandose finalmente en Mexico , a convite do pintor Diego Rivera , vivindo temporalmente en casa deste e mais tarde en casa da esposa de Rivera, a pintora Frida Kahlo . A partir deste momento aumenta considerabelmente a sua producion escrita, escribindo importantes obras como a sua autobiografia, Moia zhizn (en galego A Mina Vida , 1930 ), a Istoria ruscor revoliutsii ( en galego Historia da Revolucion Rusa ) en 2 volumes publicados en 1930 e 1932 : A Revolucion Permanente ( 1930 ) e A Revolucion Traizoada ( 1936 ), unha critica violenta o stalinismo. Apoiandose sobre un panfleto de Rakovski , Os Perigos profesionais do poder , Trotski consideraba n’ A Revolucion Traizoada que a Union Sovietica se tornara nun Estado de traballadores deformado, controlado por unha burocracia antidemocratica (derivada da propia clase obreira) que teria eventualmente que ser derrubada por unha segunda revolucion politica que restaurase o caracter democratico da revolucion socialista ou, enton, dexenerar ate o punto de regresar o capitalismo. Considerando a URSS stalinista como un estado de transicion entre o capitalismo e o socialismo, e non considerando que se tivese convertido nun capitalismo de Estado, Trotski oponse no inicio da segunda guerra mundial a aqueles seguidores que propunan retirarlle o apoio a URSS en caso de ataque externo, lanzando a consigna de "defensa incondicional da Union Sovietica ".

Derradeiro despacho de Trotski , onde foi asasinado

O 3 de setembro de 1938 , nunha reunion con 25 delegados de 11 paises, Trotski e os seus seguidores fundan a IV Internacional , como alternativa a III Internacional stalinista. Trotski entrara namentres en conflito con Diego Rivera (nunha disputa que tina que ver tanto coas pretensions politicas de Rivera no movemento trotskista, que Trotski desfavorecia, coma co breve romance de Trotski con Frida Kahlo ) e mudarase en 1939 para unha casa propia no barrio de Coyoacan , na Cidade de Mexico . O 24 de maio de 1940 sobrevive a un ataque na sua casa por asasinos o mando de Stalin, o pintor mexicano stalinista David Alfaro Siqueiros e Vittorio Vidale . Non sobrevivira, poren, o segundo ataque de Stalin: o 20 de agosto de 1940 , o axente da policia politica sovietica ( GPU ) Ramon Mercader , nado en Barcelona , consegue entrar pacificamente na sua sala para un encontro, onde lle entrega un artigo feito por el para que lle dese a sua opinion. Mentres Trotski, sentado no seu despacho o lia, Mercader arremete cunha piqueta un golpe fatal dende atras no seu cranio. O ouvir o ruido, os gardacostas de Trotski precipitanse para a sala e case matan a Mercader, pero Trotski detenos, exclamando: " Non o maten! Ese home ten unha historia para contar! ". Faleceu o dia seguinte.

Epitafio de Trotski , en Mexico .

A casa de Trotski en Coyoacan , preservada no mesmo estado en que se encontraba naquel dia, e hoxe un museo. Nos terreos exteriores encontrase o epitafio de Trotski, coa fouce e martelo tallados sobre o seu nome.

Trotski nunca foi formalmente rehabilitado polo goberno sovietico, nin durante a "desestalinizacion" de Nikita Khrushchev , nin durante o Glasnost de Mikhail Gorbachev , a pesar da rehabilitacion, durante estes dous episodios, da maioria da vella garda bolxevique morta durante as grandes purgas de Stalin .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Tamen transliterado Leon, Leon, Leo, Trotskii, Trotsky, Trotskij, Trockij e Trotzky.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Liz, Antonio (2005). Trotski e o seu tempo 1879-1940 . Entinema. ISBN   9788481985757 .