Revolucion Hungara de 1956

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Revolucion Hungara de 1956 foi unha revolta espontanea de caracter nacional contra o goberno comunista de Hungria e a sua politica prosovietica que aconteceu entre o 23 de outubro e o 10 de novembro de 1956 .

Dende a morte de Stalin os paises do leste viviran unha certa liberalizacion, malia que controlada e reducida. O lider hungaro, Matyas Rakosi , non obstante Imre Nagy , comunista reformista, accede ao posto de primeiro ministro, pero Rakosi mantense como secretario xeral do Partido Comunista Hungaro , situacion que dura ata 1955 cando Nagy foi destituido do seu posto.

En xuno de 1956 unha revolta popular conseguiu destituir ao goberno e o nomeamento en outubro do comunista liberal Władysław Gomułka como primeiro secretario do Partido Comunista de Polonia , como consecuencia en Hungria pouco despois Ern? Ger? substituia a Rakosi como secretario xeral do Partido Comunista por temor a que o descontento se estendese por Hungria.

Para o 23 de outubro convocarase unha manifestacion de solidariedade co pobo polaco, comezou como unha demostracion de milleiros de estudantes que marcharon dende o centro de Budapest ao edificio do Parlamento. Unha delegacion dos estudantes que entrara no edificio da radio nacional para tentar retransmitir as suas demandas foi detida. Cando os manifestantes demandaban a liberacion dos seus companeiros a Policia da Seguridade do Estado (AVH) disparou dende o interior do edificio; a nova esparexeuse rapidamente e a violencia e as desordes invadiron a capital e o resto do pais. Milleiros de cidadans organizaronse en milicias loitando contra a AVH e as tropas sovieticas, enviados sovieticos chegan ao pais e o 24 Ger? acusado de ser o principal causante da situacion e destituido, constituiuse un novo goberno presidido por Imre Nagy que formalmente eliminou a AVH e declarou a sua intencion de retirar o pais do Pacto de Varsovia , abolir a censura e convocar eleccions libres mentres a situacion belica normalizabase coa case fin da loita nas ruas trala retirada das tropas sovieticas de Budapest o 28 de outubro e boa parte do poder real queda das mans dos comites municipais e de fabrica. O 3 de novembro formouse un goberno nacional con representantes socialdemocratas, agrarios e tan so tres comunistas, entrementras Janos Kadar formou tamen ese dia pola tarde un novo goberno na zona onde se concentraban as tropas sovieticas que pide axuda a Union Sovietica.

O 4 de novembro forzas do Pacto de Varsovia, fundamentalmente sovieticas, entraron en Budapest, matando milleiros de civis, o goberno refuxiouse na embaixada iugoslava e accederon a sair para seren conducidos ao estranxeiro mais finalmente seran executados, o 5 de novembro os sovieticos controlan case todo o pais e a resistencia organizada cesou o 10 de novembro, producindose arrestos masivos, estimase en 200.000 hungaros os que sairon do pais como refuxiados. En xaneiro de 1957 o novo goberno prosovietico suprimira toda oposicion publica. A invasion sovietica de Hungria tivo como consecuencia unha fonda reflexion entre alguns intelectuais da esquerda europea e a retirada do apoio de moitos marxistas occidentais ao comunismo sovietico.