Budapest

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBudapest
Vista nocturna
(2014)
Fotomontaxe
Imaxe

Nomeado en referencia a Buda e Peste (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localizacion
Mapa
  47°29′54″N 19°02′27″L  /  47.4983, 19.0408 Coordenadas : 47°29′54″N 19°02′27″L  /  47.4983, 19.0408
Estado Hungria Editar o valor em Wikidata
Enclave en Condado de Pest Editar o valor em Wikidata
Capital de
Hungria (1989?) Editar o valor em Wikidata
Conten a division administrativa
Poboacion
Poboacion 1.671.004 (2023) Editar o valor em Wikidata (3.182,02 hab./km² )
Lingua oficial lingua hungara Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Parte de
Superficie 52.514 ha Editar o valor em Wikidata
Banado por Rio Danubio Editar o valor em Wikidata
Altitude 102 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos historicos
Creacion 17 de novembro de 1873 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
24 de decembro de 1944 Cerco de Budapeste (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
• Alcalde Editar o valor em WikidataGergely Karacsony (2019?) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Codigo postal 1011?1239 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefonico 1 Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2 HU-BU Editar o valor em Wikidata
Codigo NUTS HU101 Editar o valor em Wikidata
13578 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Paxina web budapest.hu Editar o valor em Wikidata

Budapest e a capital de Hungria e o seu principal centro industrial, comercial e de transportes. Ten 1,7 millons de habitantes segundo o censo de 2005 (unha diminucion significativa respecto dos case 2,1 millons con que contaba a mediados dos anos 80), que representan un quinto da poboacion total do pais. E a setima cidade en tamano da Union Europea . Ten unha extension de 252 km 2 . [ 1 ]

A cidade de Budapest e o resultado da unificacion en 1873 , ocupando ambas as duas beiras do Danubio , das cidades de Buda e Obuda , na beira dereita, e Pest , na esquerda.

Historia [ editar | editar a fonte ]

A historia conecida de Budapest remontase a antiga cidade romana de Aquincum , fundada no ano 89 sobre o sitio dun antigo campamento celta, proximo ao que actualmente e Obuda. Do 106 ata finais do s. IV, foi a capital da provincia de Pannonia .

Cara ao ano 896 os maxiares , devanceiros do pobo hungaro actual, colonizan a rexion baixo o comando de Arpad e asentanse no val pannoniano asi como no sector de Obuda. Hungria e fundada un ano mais tarde, no ano 1000 , coa coroacion do seu primeiro rex , Estevo I . Ainda que a cidade foi case destruida polos mongois en 1241 e que a residencia real foi trasladada a Visegrad en 1308 , a cidade converteuse na capital do pais en 1361 .

A conquista da maior parte do pais polos otomans interrompeu o crecemento da cidade. Pest cae en mans dos invasores en 1526 . Buda, que foi defendida polo seu castelo, coneceu a mesma sorte quince anos despois. Mentres que Buda se converte en base do goberno turco na rexion, Pest e abandonada polos seus habitantes despois da reconquista en 1686 por parte dos Habsburgo , que eran reis de Hungria desde 1526 ainda que gran parte do seu territorio fora perdido ante os otomans.

Durante os ss. XVII e XVIII, malia que a cidade sufriu unha grande inundacion que deixou uns 70.000 mortos, Pest tivo un crecemento enorme, grazas ao comercio e ao crecemento combinado das tres cidades. En 1780 o aleman e introducido como lingua oficial polos Habsburgo.

A fusion das tres cidades toma forza por primeira vez en 1849 baixo o impulso dun goberno revolucionario, antes de ser revogada despois da reconstitucion da autoridade dos Habsburgo. A union das tres cidades queda definida polo goberno real autonomo hungaro en 1873 despois do Ausgleich (Compromiso austrohungaro) de 1867 .

Museo de Belas Artes.

En 1900 a poboacion de Pest e mais importante que a de Buda e Obuda xuntas e a cidade era a segunda do Imperio Austrohungaro , despois de Viena . Durante o seguinte seculo, a poboacion multiplicarase por vinte mentres que a de Buda e Obuda multiplicarase por cinco. Durante o s. XX a maior parte da industria hungara centrouse en Budapest, o crecemento da poboacion foi enton mais importante. As perdas humanas da primeira guerra mundial e a perda consecuente de mais de dous terzos do territorio, constituiron un trauma temporal: Budapest era agora a capital dun pais seguramente mais pequeno, pero independente e soberano. A comezos do seculo XX , Budapest tina unha poboacion de 730.000 habitantes (7 veces mais que no censo de 1840).

Vista do rio Danubio.
Sinagoga de Obuda.

Durante o seculo XX , a maior parte do crecemento da cidade realizouse nos arrabaldes, multiplicandose por dous a poboacion do arrabalde de Ujpest entre 1890 e 1910 e multiplicandose por cinco a poboacion de Kispest respondendo a centralizacion da industria na capital do pais. En 1930 a cidade tina un millon de habitantes no seu centro, e 400.000 nos seus arrabaldes.

Trala segunda guerra mundial Budapest quedou parcialmente destruida polas tropas britanicas e americanas. Estes ataques tiveron lugar entre o 24 de decembro de 1944 e o 13 de febreiro de 1945 , nos ataques contra os sovieticos e na defensa das tropas hungaras e alemas. Nos ataques foron destruidas todalas pontes da cidade e morreron mais de 38.000 civis. No xenocidio nazi levado a cabo entre 1944 e 1945 morreron entre o 20% e o 40% dos 250.000 cidadans xudeus que vivian na cidade. A pesar disto, Budapest segue a ser a cidade con mais xudeus per capita da Union Europea .

Lugares de interese [ editar | editar a fonte ]

Budapest, coas ribeiras do Danubio , o barrio do castelo de Buda e a avenida Andrassy
Castelo de Buda visto dese o rio Danubio
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
Pais Hungría Hungria
Criterios Criterios
Inscricion 1987 (11ª Sesion) ext. 2002
Identificador {{{ID}}}

| Rexion = Europa e America do Norte | Tipo = Cultural | Criterios = II, IV | ID = 400 }}

Buda, visto dende Pest.

Budapest e membro da Organizacion de Cidades do Patrimonio Mundial .

En Buda:

En Pest:

En Buda e en Pest:

  • O Metro de Budapest , construido en 1896 , un dos mais antigos do mundo.
  • As pontes: entre outras a Ponte da Cadea ( Lanchid ) e a Ponte Erzsebet.
  • A Illa Margaret ( Margit-sziget ), conectada con Buda e Pest pola ponte Margaret. A illa enteira e un parque cun estadio deportivo, unha piscina e balnearios.
  • As famosas termas publicas: Balneario Gellert ( Gellert furd? ), Balneario Szechenyi ( Szechenyi furd? ), Balneario Lukacs ( Lukacs furd? ), Balneario Rudas ( Rudas furd? ), Balneario Kiraly ( Kiraly furd? ), Balneario Rac ( Rac furd? ).

Transportes [ editar | editar a fonte ]

Estacion de Keleti.
Linas de Metro de Budapest.

Aereo [ editar | editar a fonte ]

O aeroporto internacional de Ferihegy e o maior de Hungria , con tres terminais de pasaxeiros (1, 2A e 2B). Atopase o leste do centro, do lado de Pest.

Ferroviario [ editar | editar a fonte ]

Budapest posue tres estacions de tren : Keleti (o leste), Nyugati (o oeste) e Deli (o sur). Os servizos ferroviarios estan operados pola MAV.

Metro [ editar | editar a fonte ]

O metro de Budapest considerase o segundo mais antigo de Europa, tralo londiniense . Actualmente, o metro posue tres linas: M1 (historica), M2 e M3. A lina M4 esta en construcion mentres hai unha quinta en planificacion.

Cidades irmas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Earth from Space: Budapest, Hungary" . www.esa.int (en ingles ) . Consultado o 2021-10-08 .