Conferencia de Ialta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Winston Churchill, Franklin D. Roosevelt e Iosif Stalin en Ialta no 45.

A Conferencia de Ialta , as veces chamada Conferencia de Crimea ou co nome en clave de Conferencia dos Argonautas , foi o encontro en tempo de guerra entre o 4 e o 11 de febreiro de 1945 mantido polos xefes de goberno dos Estados Unidos de America , o Reino Unido , e a Union Sovietica : Franklin D. Roosevelt , Winston Churchill , e Iosif Stalin , respectivamente.

Aspectos xerais [ editar | editar a fonte ]

O 4 de febreiro de 1945 Roosevelt, Churchill e Stalin reunironse en Ialta , na Peninsula de Crimea . Foi a segunda das longas conferencias en tempo de guerra, precedida pola Conferencia de Teheran en 1943 , e sucedida pola Conferencia de Postman (trala morte de Roosevelt) en 1945.

O lider sovietico refusou viaxar mais lonxe do encrave no Mar Negro de Ialta, na costa de Crimea para a seguinte reunion e, unha vez mais, Churchill e Roosevelt fixeron grandes viaxes para atender a reunion. Cada un dos tres lideres levou a sua propia axenda a conferencia de Ialta. Roosevelt tentaba acadar o apoio sovietico na guerra do Pacifico arredor da invasion do Imperio do Xapon ; Churchill presionaba por unhas eleccions libres e institucions democraticas en Europa do Leste (e mais concretamente en Polonia ), mentres que Stalin tentaba establecer unha esfera de influencia sovietica en Europa Oriental a traves dos Soviets, o que era esencial para a seguridade da URSS. [ Compre referencia ] Ademais, os tres tentaban establecer unha axenda sobre como seria gobernada Alemana trala guerra. En 1943 unha tese de William Bullitt profetizou o “fluxo da ameba vermella cara a dentro de Europa”, e bastante ironicamente, Stalin tina a vantaxe militar. [ Compre referencia ] A Union Sovietica tina fisicamente baixo o seu control a maior parte de Europa do Leste. Mentres que os aliados tinan as mans totalmente ocupadas coa invasion de Francia , o Exercito Vermello traspasara as fronteiras orientais do Terceiro Reich pagando un alto custo. No momento da Conferencia de Ialta, o xeneral ruso Gueorgui Zhukov estaba tan so a corenta millas de Berlin . Ademais, Roosevelt agardaba contar co compromiso de Stalin de que a URSS participaria nas Nacions Unidas . Con respecto o primeiro tema na axenda sovietica ?Europa do Leste? o asunto concernente a Polonia xurdiu inmediatamente. Stalin foi rapido en expor a sua idea coas seguintes palabras:

Para o pobo ruso, a cuestion de Polonia non e tan so unha cuestion de honor senon tamen unha cuestion de seguridade. A traves da historia, Polonia ten sido o corredor a traves do cal o inimigo ten entrado en Rusia. Polonia e asunto de vida ou morte para Rusia. [ Compre referencia ]

Consecuentemente, Stalin deixou claro que algunhas das suas demandas acerca de Polonia non eran negociabeis: os rusos tomarian parte do territorio oriental de Polonia e esta seria compensada coa extension das suas fronteiras polo oeste, forzando o exilio a millons de alemans. Stalin prometeu eleccions libres en Polonia, a pesar do goberno comunista satelite instalado recentemente. No entanto, axina se fixo patente que Stalin non tina intencions de manter a sua promesa de eleccions libres. As eleccions, celebradas en xaneiro de 1947 e que tiveron como resultado a transformacion oficial de Polonia nun estado socialista en 1949 , foron amplamente consideradas Modelo:Quem como manipuladas a favor dos partidos comunistas . [ Compre referencia ]

Roosevelt estaba decidido a acadar o apoio da URSS na guerra do Pacifico . Unha condicion previa para que a URSS lle declarase a guerra o Xapon foi o acordo entre a URSS e os EEUU que reconecia a independencia de Mongolia respecto da China . Este acordo levouse a cabo sen negociacions diplomaticas coa China. Pouco despois da fin da Conferencia de Ialta, a URSS declarou formalmente a guerra contra o Xapon e tropas sovieticas ocuparon partes do norte do arquipelago nipon. Mais adiante, isto causou unha disputa territorial entre o Xapon e Rusia, dende que Rusia non asinou o Tratado de Paz de San Francisco co Xapon e non se asinou ningun tratado de paz entre eles dende enton.

Unha habitacion do palacio onde se reuniron os tres lideres.

Roosevelt aceptou o prezo de Stalin, coa esperanza de que a URSS seria tratada con mais facilidade a traves das Nacions Unidas cando participase nelas. Alguns estadounidenses [ quen? ] consideraron mais tarde que o de Ialta foi unha "vendida", porque lles deu coraxe os sovieticos para expandiren a sua influencia no Xapon e Asia e tamen porque Stalin violou finalmente os termos o formar o bloque sovietico . Ademais, os sovieticos acordaron unirse as NNUU cunha formula que lles daba dereito a veto os membros permanentes do Consello de Seguridade , asegurandose que asi cada pais poderia bloquear as iniciativas que non lle interesaban. Alguns criticos suxeriron que a falta de saude de Roosevelt (Ialta foi a sua derradeira gran conferencia denantes de morrer por unha hemorraxia cerebral ) foi a culpa da sua aparente falta de xuizo. Naquel intre, a URSS tina tropas en gran parte de Europa do Leste cunha dotacion militar tres veces maior que as forzas de Eisenhower .

Os tres lideres ratificaron os acordos previos para a division de Alemana: haberia tres zonas de ocupacion, cada unha das cales para cada un dos estados dominantes (Francia teria mais adiante unha porcion cando os Estados Unidos e o Reino Unido dividiron as suas respectivas zonas e lle deron parte a Francia). O mesmo Berlin, malia estar en zona sovietica, tamen seria dividido en tres sectores, e converteriase no maior simbolo da guerra fria pola division da cidade co Muro de Berlin , construido polo goberno comunista aleman.

Os lideres decidiran ademais que todolos gobernos orixinais serian restaurados os paises invadidos e que todolos civis serian repatriados. Establecerianse democracias e todolos territorios celebrarian eleccions libres, e a orde seria restaurada en Europa, tal e como di a seguinte declaracion.

O establecemento da orde en Europa e a reconstrucion da vida nacional economica compre que sexan acadados por procesos que permitiran os pobos liberados destruiren os derradeiros vestixios de nazismo e fascismo e crearen institucions democraticas de acordo coa sua eleccion.

O encontro [ editar | editar a fonte ]

O encontro dos tres lideres tivo lugar no Gran Palacio Livadia.

A Conferencia tivo lugar en Ialta , unha vila de descanso na peninsula de Crimea , na RSS de Ucraina . A delegacion americana foi hospedada no antigo palacio dos tsares , mentres que Roosevelt estivo no Palacio Livadia onde tiveron lugar os encontros. A delegacion britanica foi instalada no castelo do Principe Vorontsov de Alupka . Os membros importantes das delegacions foron Edward Stettinius , Averell Harriman , Anthony Eden , Alexander Cadogan e Vyacheslav Molotov . Segundo Anthony Beevor , todalas habitacions foron telefonicamente intervidas polo NKVD . [ Compre referencia ] Stalin chegou por tren o 4 de febreiro . A reunion comezou cunha cea oficial aquela tarde.

Puntos importantes [ editar | editar a fonte ]

Os puntos claves da reunion foron os seguintes:

  • Houbo un acordo de que a prioridade deberia ser a rendicion incondicional da Alemana nazi . Trala guerra, Alemana deberia ser dividida en catro zonas de ocupacion, asi como unha ocupacion cuadripartita de Berlin.
  • Stalin mostrouse de acordo en deixar a Francia a cuarta zona de ocupacion en Alemana e Austria , establecida a parte das zonas britanica e americana. Francia tamen teria un posto garantido no Consello de Control Aliado .
  • Alemana deberia ser demilitarizada e desnazificada.
  • As reparacions de Alemana deberian ter lugar parcialmente en forma de traballos forzados.
  • Creacion dun consello de reparacion aliado con sede en Moscova .
  • O status de Polonia foi discutido, pero foi complicado polo feito de que Polonia estaba naquel momento baixo o control do Exercito Vermello . Foi acordado reorganizar o Goberno Provisional Polaco que fora establecido polo Exercito Vermello a traves da inclusion doutros grupos como o Goberno Provisional Polaco de Unidade Nacional e de ter eleccions democraticas. Isto efectivamente excluiu o lexitimo goberno polaco no exilio que fora evacuado en 1939.
  • A fronteira do leste de Polonia seguiria a Lina Curzon , e Polonia recibiria compensacions substanciais territoriais o oeste por parte de Alemana.
  • Os cidadans da Union Sovietica e de Iugoslavia deberian ser devoltos os seus respectivos paises, sen importar o seu consentimento.
  • Roosevelt obtivo o compromiso de Stalin de participar nas Nacions Unidas unha vez foi acordado que cada un dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade teria poder de veto.
  • Stalin acordou entrar na loita contra o Imperio do Xapon despois de 90 dias trala derrota de Alemana. A Union Sovietica recibiria a parte sur de Sakhalin e as Illas Kuriles trala derrota do Xapon.
  • Millons de sovieticos ciscados por Europa foron forzados a volver a URSS.
  • Un Comite de Desmembramento de Alemana foi creado. O seu proposito foi decidir se Alemana teria que ser dividida en varias nacions, e se asi fose, que fronteiras e relacions terian que ter os novos estados alemans.

Legado [ editar | editar a fonte ]

Ialta foi a derradeira gran conferencia anterior a fin da guerra e a ultima viaxe que fixo Roosevelt o estranxeiro. Para os observadores apareceu deseguida enfermo e canso. [ Compre referencia ] Razoadamente, o seu tanto mais importante foi asegurarse a participacion da Union Sovietica nas Nacions Unidas, que conseguiu co prezo de garantir o poder de veto a cada membro permanente do seu Consello de Seguridade. Outro dos seus obxectivos era levar a Union Sovietica a loita contra o Xapon, xa que a efectividade da bomba atomica estaba ainda sen probar. Como recompensa, permitiuselle a Union Sovietica ocupar Sakhalin e as Illas Kuriles , que estiveran sempre baixo soberania xaponesa, e outros privilexios na China colonial permaneceron intactos.

O Exercito Vermello expulsara a maioria das forzas nazis do leste de Europa, polo que Stalin acadou os seus obxectivos: unha significativa esfera de influencia como zona intermediaria. Neste proceso, a liberdade de pequenos estados foi sacrificada por motivos de estabilidade, o que significou que os paises balticos de Letonia , Lituania e Estonia continuarian sendo membros da URSS.

As alegacions verbo de Ialta xogarian un papel moi importante na politica dos Estados Unidos na Guerra Fria. Os conservadores americanos mantinan que as decisions tomadas en Ialta foron unha traizon as nacions do leste europeo xa que propiciaron a sua dominacion polo comunismo. Durante a epoca do mccartismo , Ialta foi a peza central de acusacions contra os democratas de que eran "brandos co comunismo".

A opinion alternativa manten que pouco podian facer Roosevelt e Chuchill para evitaren o dominio de Stalin sobre as nacions do leste sen chegaren a guerra coa Union Sovietica, xa que o Exercito Vermello controlaba completamente eses territorios do leste. Coa guerra no Pacifico continuando, e a bomba atomica sen rematar (restaban dous meses), Roosevelt probablemente quixo mellorar a sua posicion negociadora unha vez que a bomba fose introducida. Stalin amosouse de acordo en Ialta co principio dunha Europa liberada, que establecia que os pobos liberados terian dereito o autogoberno democratico. Stalin tamen estivo de acordo en que Polonia fose democratica, cunhas eleccions libres tan pronto coma fose posible. A opinion alternativa [ quen? ] manten que o problema non foron os acordos de Ialta, senon a violacion de Stalin dos mesmos.

Os historiadores din que Stalin xa amosara a sua inmoralidade, [ Compre referencia ] como demostrara na purga do exercito ruso nos anos trinta e, mais recentemente, a sua falta de vontade a axudar a insurreccion en Varsovia no 1944, e que polo tanto non se poderia ter confiado nel. Poren, en outubro de 1944, Stalin e Churchill acordaran no Acordo das Porcentaxes como dividir as suas respectivas esferas de influencia. Stalin manteria a maioria deste acordo, incluindo a denegacion de apoio as guerrillas comunistas na Grecia, que Stalin acordara como parte da esfera de influencia britanica. Tamen influiu o feito de que, o remate do dia, Stalin poderia ter optado por non permitir a entrada dos aliados en Berlin. Era parte do territorio sovietico, e poderia ter dito que non de querelo. Polo tanto, naquel intre, non habia nada que permitise imaxinar que a situacion acabaria como acabou.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Best, Geoffrey. Churchill: A Study in Greatness . Londres: Hambledon and Londres, 2001.
  • Clemens, Diane S. "Yalta Conference." World Book. 2006 ed. vol. 21. 2006, 549.
  • Meacham, John. Franklin and Winston: An Intimate Portrait of an Epic Friendship . Nova York: Random House Inc., 2003.
  • O’Neil, William L. World War II: a Student Companion . Nova York: Oxford UP, 1999.
  • Perisco, Joseph E. Roosevelt’s Secret War . Nova York: Random House, 2001.
  • “Portraits of Presidents: Franklin D. Roosevelt.” School Arts Magazine febreiro 1999: 37. Student Research Center. EBSCO Host. Philadelphia. 2 Apr. 2006. Keyword: FDR.
  • Snyder, Louis L. World War II . Nova York: Grolier Company, 1981.
  • Sulzberger, C L. American Heritage New History of World War II . Ed. Stephen E. Ambrose. Nova York: Viking Penguin, 1998.
  • Waring, J. G. A student's experience of Yalta
  • “Yalta Conference.” Funk and Wagnalls New Encyclopedia. World Almanac Education Group, 2003. SIRS DISCOVER. Philadelphia. 2 de abril de 2006. Keyword: Yalta Conference.

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]