Vicente Risco

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Infotaula de personaVicente Risco

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal Vicente Martinez Risco e Aguero
Biografia
Nacemento 30 de setembro de 1884
Ourense, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 30 de abril de 1963
Ourense, Espana Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Allariz Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Relixion catolica
Educacion Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion Intelectual , politico , escritor , xornalista Editar o valor em Wikidata
Partido politico Irmandades da Fala
Partido Galeguista
Partido Nazonalista Republican de Ourense
Dereita Galeguista Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xenero artistico novela , ensaio , narrativa , teatro
Lingua Lingua castela e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Conxuxe Maria del Carmen Fernandez Gomez
Fillos Carmen (†1926), Anton (1926), M.ª Jesus (1933) e M.ª Cruz Martinez-Risco Fernandez (1943)
Premios
Sinatura

Galiciana: 10962 Bitraga: 1225 BUSC: risco-vicente-1884-1963

Vicente Martinez Risco e Aguero , nado en Ourense o 30 de setembro [ 1 ] de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963 , foi un intelectual galego do seculo XX . Membro da xeracion Nos , e considerado un dos meirandes teoricos do nacionalismo galego . [ 2 ]

Constitue unha das figuras mais importantes e complexas da historia da literatura galega . Procedente dunha familia acomodada e de alto nivel cultural, asentou as bases do nacionalismo galego e renovou a narrativa galega do primeiro terzo do seculo XX .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Primeiros anos [ editar | editar a fonte ]

Casa natal (1º andar), na rua da Paz, Ourense.

Fillo dun funcionario da Facenda, Risco foi un rapaz de saude delicada e amigo da infancia de Ramon Otero Pedrayo . En 1899 rematou o bacharelato. Estudou Dereito por libre na Universidade de Santiago de Compostela , licenciouse en 1906 e ingresou no corpo de funcionarios de Facenda, con destino en Ourense .

Neses anos participou no faladoiro que dirixia Marcelo Macias na Comision de Monumentos, no cal se xuntaban intelectuais como Xulio Alonso Cuevillas ou Arturo Vazquez Nunez , quen van influir na vocacion literaria de Risco. As lecturas dos decadentistas franceses e ingleses puxerono en contacto co ocultismo e o orientalismo. Amais, estudou o budismo e mesmo se afiliou ao teosofismo . Admirador de Rabindranath Tagore , darao a conecer nos circulos ourensans.

Placa na casa natal.

En 1910 Risco entrou na redaccion do xornal local El Mino . Nel escribiu artigos filosoficos e de actualidade cos pseudonimos de Raju Sahib e Polichinela e literarios co seu propio nome (V.R.). [ 3 ]

En febreiro de 1912 coneceu a Alfonso Daniel Rodriguez Castelao e gabou un dos seus discursos en El Mino , pero Risco mantinase ainda lonxe do movemento galeguista .

En 1913 marchou a Madrid para estudar maxisterio . Ali foi alumno de Jose Ortega y Gasset , tratou a Ramon Gomez de la Serna e a Luis de Hoyos Sainz , e volveu ao catolicismo . No Ateneo de Madrid ofreceu unha conferencia sobre Rabindranath Tagore, quen acababa de ser galardoado co Premio Nobel de Literatura .

En 1916 , rematados os seus estudos, volveu a Ourense como catedratico de Historia da Escola Normal. En 1917 fundou con Arturo Noguerol a revista literaria La Centuria , que se converteria nun antecedente da revista Nos pola xente que colaboraba nela.

Descubrimento do galeguismo [ editar | editar a fonte ]

Risco publica artigos de autores estranxeiros n' A Nosa Terra .

A fins de 1917, Vicente Risco entra nas Irmandades da Fala baixo a influencia de Anton Losada Dieguez . O 18 de decembro de 1917 pronunciou o primeiro discurso en galego, nun acto de apoio a Francesc Cambo . Na campana das eleccions parlamentarias de 1918, Risco e o grupo de Ourense participaron en numerosos mitins no distrito de Celanova . Malia non acadaren bos resultados, a experiencia serviulle a Risco como estimulo. En xullo de 1918 saiu o ultimo dos sete numeros de La Centuria e Risco comezou a colaborar n´ A Nosa Terra . Esforzouse por darlle un novo pulo a literatura galega, con artigos sobre Arthur Rimbaud , Paul Verlaine , Guillaume Apollinaire ou Omar Khayyam .

En pouco tempo Risco converteuse no teorico e lider do nacionalismo galego , e en novembro de 1918 tivo unha actuacion destacada na I Asemblea Nacionalista .

Alguns dos pares de lentes empregadas ao longo da sua vida.

En 1920 publicou Teoria do nacionalismo galego , considerado o texto fundacional do nacionalismo galego. En 1918 publicara un artigo co mesmo nome en que xa aparecian esbozadas as ideas do libro. Recolleu o legado de Manuel Murguia , de quen publicaria unha biografia en 1933 , e combinouno co irracionalismo filosofico, o determinismo xeografico, o neotradicionalismo e a etnografia . Definiu a nacion como un feito natural baseado na terra, na raza, na lingua, na organizacion social, na mentalidade e no sentimento. Tamen afirmou a pertenza de Galicia a civilizacion atlantica e celtica.

Vicente Risco. Circa 1920.

En 1920 tamen apareceu a revista Nos , herdeira de La Centuria , que ven renovar a literatura galega . Risco escribiu mais de 100 colaboracions para ela ata o seu peche en xullo de 1936, co seu nome, coas suas iniciais ou baixo o pseudonimo de Speradan Namaquizos [ 4 ] . Risco tamen dirixe a seccion de etnografia do Seminario de Estudos Galegos .

Na III Asemblea Nacionalista , en abril de 1921 , Risco aceptou a colaboracion puntual coa esquerda para evitar o esgazamento do PG. Nesta asemblea foi comisionado para a elaboracion dun Plan pedagoxico pr'a galeguizacion d'as escolas [ 5 ] , base para unha proxectada galeguizacion do ensino. [ 6 ]

Despacho do escritor.

Risco apoiou inicialmente a ditadura de Primo de Rivera porque a consideraba unha oportunidade para desmontar o sistema caciquil. Aceptou un posto de deputado provincial en Ourense pensando na posible instauracion dunha mancomunidade como en Cataluna .

Trala ruptura coas Irmandades da Fala da Coruna e A Nosa Terra , Risco escribiu para Rexurdimento , o organo da Irmandade Nazonalista Galega . Poren, ao pouco tempo retomou as suas colaboracions en ANT, sobre temas culturais. So en 1928 volveu escribir sobre politica para pedir a volta ao sistema parlamentario .

O 23 de febreiro de 1929 ingresou na Real Academia Galega , por proposta de Murguia, Eladio Rodriguez Gonzalez e Manuel Lugris Freire . O seu discurso de ingreso, Un caso de lycantropia (o home lobo) , [ 7 ] desenvolve o caso de Manuel Blanco Romasanta , o lobishome de Allariz , e a licantropia en Galicia. Foi respondido por Ramon Cabanillas .

En abril de 1930 marchou a Berlin para seguir un curso de etnografia na Universidade de Berlin . Os catro meses que pasa en Alemana marcaron a sua ideoloxia cara a un pensamento mais conservador e catolico, Risco escribiu a cronica do seu periplo europeo para ANT, que posteriormente recolleria no libro Mitteleuropa (1934). [ 8 ] Durante a sua estadia en Berlin, asistiu tamen a unha conferencia ofrecida por Tagore. Poren, ficou desencantado pola sua presenza, co que o seu anterior fervor polo poeta bengali tornouse en evidente desprezo. Durante a conferencia, Risco fixo un debuxo rapido do escritor que seria logo incluido no libro.

Segunda Republica [ editar | editar a fonte ]

Na VI Asemblea Nacionalista , Risco amosouse partidario da conversion das Irmandades da Fala nun partido politico. De cara as Eleccions a Cortes Constituintes de 1931 en Galicia fundou con Ramon Otero Pedrayo o Partido Nazonalista Republican de Ourense . Otero Pedrayo obtivo a acta, pero Risco, con 19.615 votos, quedou fora das Cortes. En consecuencia, comezou a perder influencia no seo do galeguismo en favor de Pedrayo e Castelao.

En abril de 1931 foi nomeado cronista da cidade de Ourense pola primeira corporacion municipal da Segunda Republica Espanola . Poren, non chegou a exercer por se afastar da Republica. [ 9 ] O 25 de outubro de 1931 encabezou un grupo de galeguistas que publicaron un manifesto de afirmacion catolica, contra o que consideraban unha persecucion da Igrexa catolica polo rexime republicano.

Malia ser elixido membro do Consello Executivo na I Asemblea do Partido Galeguista , estivo en conflito permanente co partido. Isto debeuse a sua falta de interese pola politica activa, ao seu escaso entusiasmo pola democracia e ao seu rexeitamento a colaborar coa esquerda.

En 1933 publicou Nos, os inadaptados , que amosa a sua concepcion ciclica e espiritual da historia. En 1934 publicou Mitteleuropa , que recollia as suas impresions da viaxe por Europa e apoiaba o auxe do nazismo .

En xaneiro de 1935 publicara un artigo en Heraldo de Galicia en que facia un chamamento para reconquistar Galicia para Deus. Nun enfrontamento aberto coa executiva do seu partido, non asistiu a IV Asemblea do PG de Monforte de Lemos , que ratificou os acordos coa esquerda. Trala Asemblea Extraordinaria de Compostela de febreiro de 1936 , na que o PG se sumou a Fronte Popular , Risco uniuse ao grupo de galeguistas que en maio de 1935 creara Dereita Galeguista de Pontevedra e marchou do PG para dirixir este partido.

Recibo coa sua sinatura.

O 13 de xuno de 1936 , co comezo da campana polo Estatuto de Autonomia de Galicia , Risco participou na redaccion dun dos anteproxectos non considerados e mesmo fixo campana activa a prol do si. Poren, deixou claro que non lle gustaba a situacion politica, xa que a consideraba un perigo para a Igrexa Catolica.

Cando se produciu o Golpe de Estado , Risco calou ante o asasinato ou encarceramento de moitos dos seus amigos e companeiros galeguistas. O 30 de agosto de 1936 , Risco participou na reposicion solemne do crucifixo na Escola Normal de Ourense, un acto organizado polas autoridades franquistas, como director desta. Dende 1937 dirixiu Mision , cofundado con Otero Pedrayo. En 1938 comezou a colaborar con La Region con artigos a prol do bando sublevado. Consumouse asi o que os seus antigos companeiros no exilio consideraron "unha traizon aos ideais galeguistas". Castelao deixouno simbolizado en Sempre en Galiza : "dicia Risco, cando Risco era alguen".

Franquismo [ editar | editar a fonte ]

Carta enviada por Fernandez del Riego na que se lle informa que a sua obra Leria fora aprobada pola censura.

En 1940 publicou o traballo etnografico El fin del mundo en la tradicion popular gallega e en 1944 o libro Historia de los judios desde la destruccion del Templo . Residiu un tempo en Pamplona , onde colabora con El Pueblo Navarro . En 1945 trasladouse a Madrid. Colaborou con El Espanol , Pueblo e La Estafeta Literaria e publicou en 1947 Satanas. Biografia del Diablo . Volveu a Ourense en 1948 .

Grazas ao esforzo dos seus amigos galeguistas, Otero Pedrayo e Francisco Fernandez del Riego , Risco volve escribir en galego no seu estudo de etnografia para a Historia de Galiza dirixido por Otero Pedrayo en 1962 . Traduciu a novela de Camilo Jose Cela A familia de Pascual Duarte en 1951 e en 1957 escribiu o relato Sursumcorda . Poren, empregou o castelan no numero 2 de Grial e no resto da sua producion literaria. Entre esta, destacou La puerta de paja , finalista do Premio Nadal 1952 e publicada o ano seguinte con grande exito de critica. Escribiu tamen La tiara de Saitaphernes , Gamalandafa e La veridica historia del nino de dos cabezas de Promonta , que quedaron ineditas por falta de editores interesados.

Risco xubilouse en 1954 , pero continuou a publicar traballos de etnografia na prensa galega. En 1961 publicou Leria , escolma de textos de antes da guerra civil espanola .

Logo de varios meses de ter diagnosticado o cancro , Risco morreu o 30 de abril de 1963 na sua cama de Ourense, uns dias despois de que o goberno franquista lle concedese a Medalla de Afonso X.

Dedicouselle o Dia das Letras Galegas no 1981 .

Ideoloxia [ editar | editar a fonte ]

O pensamento politico de Risco baseabase na critica a modernidade, considerada como decadencia e abandono das formas de vida mais puras e lexitimas. Ao mesmo tempo, exaltaba a irracionalidade, o misticismo e a relixiosidade popular , por iso rexeitara a literatura realista. Avogaba polo antiparlamentarismo durante a Restauracion borbonica en Espana . Tamen desprezaba a civilizacion mediterranea e defendia o celtismo e atlantismo . Louvaba Portugal e, en especial, Irlanda , polo catolicismo e pola loita vitoriosa contra o imperialismo ingles.

O seu escritorio en Allariz.

A Galicia verdadeira, para Risco, era a tradicional, a labrega e marineira, a que gardaba a esencia da raza e o sentimento relixioso da Terra, mitificadora dos tempos pasados.

Influenciado por Oswald Spengler , rexeitaba a vision progresista de Historia e entendia que esta e ciclica e que a civilizacion occidental esta en decadencia, [ 10 ] no Kali Yuga hindu. [ 11 ]

Malia que nas suas primeiras obras se axudou das correntes esteticas do momento, criticaba que non deixaban crear unha cultura propia e que limitaban a individualidade dos escritores. Poren, difundia esas correntes entre autores novos, como Manuel Antonio . Concibia o catolicismo como unha das bases da identidade galega. A sua procura de Deus levouno a un espiritualismo relacionado coas tradicions orientais .

Vicente Risco tamen amosou tendencias racistas que se foron tornando antisemitas conforme a sua influencia no galeguismo ia minguando. [ 12 ]

Vida persoal [ editar | editar a fonte ]

En maio de 1922 casou con Maria del Carmen Fernandez Gomez, procedente da pequena burguesia de Allariz , e filla do expresidente da Deputacion de Ourense , Manuel Fernandez [ 13 ] . En 1923 tiveron a sua primeira filla, que morreu en 1926, e ese ano naceu o seu fillo Anton .

Obra literaria [ editar | editar a fonte ]

O lobo da xente .

A totalidade da obra literaria de Risco e un trasunto do seu pensamento filosofico e politico. O primeiro texto literario foi o relato breve Do caso que lle aconteceu o Dr. Alveiros , centrado no tema do esoterismo e a maxia.

As seguintes obras de Risco baseanse nas lendas e tradicions populares, O lobo da xente (1925) [ 14 ] e A trabe de ouro e a trabe de alquitran (1925). De 1926 e o cadro dramatico A Coutada centrado no sentimento da terra e a volta as orixes. [ 15 ] En 1927 publicou en Nos alguns capitulos dunha novela que non remataria, Os europeos en Abrantes , unha satira contra algunhas personalidades conecidas da intelectualidade de Ourense.

Posteriormente publicou a sua unica novela, O porco de pe , na cal amosa a sua concepcion espiritual da historia, contraria ao materialismo e ao mundo moderno.

De 1928 e a obra de teatro O bufon de El-Rei

Obra (seleccion) [ editar | editar a fonte ]

En galego [ editar | editar a fonte ]

Narrativa
O souto onde andaba o Anxel era pecho e sombrizo, cuberto o chan de herba verde entre a que medraban gamons , estraloques , poutegas e chouparros , flora das terras humidas...

O lobo da xente . Lar, A Coruna, 1925. [ 16 ]

A Coutada
Teatro
  • O bufon d'El-Rei. Drama en catro pasos , Nos. A Coruna, 1928.
Ensaio
Etnografia
  • Etnografia e folkore de Melide , in VV.AA., Terra de Melide . Seminario de Estudos Galegos. Santiago, 1933.
  • Etnografia: Cultura espiritual , in VV.AA., Historia de Galiza , t. I. Bos Aires, 1962.

En castelan [ editar | editar a fonte ]

Narrativa
Ensaio
Busto de Risco na praza do Humor na Coruna.
  • Elementos de metodologia de la Historia . Nos. A Coruna, 1928.
  • O problema politico de Galiza ( El problema politico de Galicia ). Ciap. Madrid, 1930. Traducion ao galego de Isaac Alonso Estraviz (SEPT, 1976).
  • Psicologia del librepensador . Ourense, 1937.
  • Satanas, historia del diablo . Libros y Revistas. Madrid, 1947.
  • Libro de las "Horas" . Tanco. Ourense, 1961 (artigos publicados no xornal La Region ).
  • Mitologia cristiana . Editora Nacional. Madrid, 1963.
  • Orden y caos. Exegesis de los mitos . Madrid, 1963.
  • Las tinieblas de Occidente: Ensayo de una valoracion de la civilizacion europea . Sotelo Blanco. Santiago, 1990. [ 24 ]
Historia
  • Historia de los judios desde la destruccion del templo . Barcelona, 1944.
  • La Historia de Oriente contada con sencillez . Escelicer. Cadiz, 1955.
Xeografia

Galeria de imaxes [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Unha primeira achega a Vicente Risco , Fundacion Vicente Risco.
  2. "Beramendi: ≪Risco e o maior teorico do nacionalismo galego≫" . La Voz de Galicia . 16/1/2001. Arquivado dende o orixinal o 04/10/2018 . Consultado o 03/10/2018 .  
  3. usc.es (ed.). "Autores galegos na BUSC. Risco, Vicente, 1884-1963" . Consultado o 21 de maio de 2021 .  
  4. Luis Alonso Girgado (dir.): Posio (Ourense 1945-1946), ed. facsimile do Centro de Investigacions Linguisticas e Literarias Ramon Pineiro, Santiago 1995, px. 212.
  5. Fernandez Fernandez, Xose (2009). "Planos e informe de Vicente Risco para a galeguizacion e a renovacion da escola." (PDF) . Sarmiento: Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educacion (13): 167?180.  
  6. "Galeguizacion das escolas (Materia pendente)" . AC Alexandre Boveda . 2018-10-24 . Consultado o 2022-08-04 .  
  7. Risco, V. (1971). Un caso de lycantropia (o home lobo) . Real Academia Galega.  
  8. Rodriguez-Gonzalez, Olivia (2006). "Viajeros gallegos por Europa. Los diarios de Castelao y Vicente Risco" . Revista de filologia romanica (extra 4).  
  9. "Ourense permanece sin cronista oficial desde el ano 2009, fecha de la muerte de Lopez Morais" . Faro de Vigo (en castelan ) . 2 de maio de 2018.  
  10. "Elementos de metodologia de la historia." Obras completas tomo 7, Galaxia, Xunta de Galicia, 1994 pp. 347-349
  11. "Elementos de metodologia de la historia." Obras completas tomo 7, Galaxia, Xunta de Galicia, 1994 p. 338
  12. Alvarez Chillida, Gonzalo (2002). "Razas y judios en el nacionalismo gallego. El antisemitismo de Vicente Risco". El antisemitismo en Espana: la imagen del judio, 1812-2002 (en castelan ) . Madrid : Marcial Pons, Ediciones de Historia. p. 255. ISBN   84-95379-44-9 .  
  13. La Region , 1 de xuno de 2022.
  14. 14,0 14,1 Iglesias , Xabier (5/9/2012). "O lobo da xente" . OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com .  
  15. 15,0 15,1 Iglesias , Xabier (2/1/2018). "A Coutada" . OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com .  
  16. Alonso Girgado . Antoloxia do conto galego do seculo XX , pp. 35-43. Galaxia . Vigo . ISBN 978-84-8288-865-1 .
  17. "El cas que va passar al doctor Alveiros" . bibliotraducion.uvigo.es . Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2018 . Consultado o 2019-07-08 .  
  18. 18,0 18,1 "El porc dempeus" . bibliotraducion.uvigo.es . Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2018 . Consultado o 2019-07-08 .  
  19. En 2021 a Editorial Galaxia publicou: O porco de pe (Ed. Ilustrada) , 234 paxs., ISBN 978-84-9151-734-4 . Edicion de Raquel Vila-Amado e Toman Gonzalez Ahola.
  20. "El cerdo de pie" . bibliotraducion.uvigo.es . Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2018 . Consultado o 2019-07-08 .  
  21. Risco , Vicente (25/7/1933). "Nos, os inadaptados" . Nos (revista) (115): 115?123.  
  22. Vicente Risco (1998). Doutrina e Ritual da Moi Nobre Orde Galega do Sancto Graal (PDF) . CRPIH - Xunta de Galicia.  
  23. En 2004 foi incluida na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia
  24. Edicion postuma de Manuel Outeirino sobre orixinal da primeira decada do seculo XX.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]


Predecesor:
Emilio Vazquez Pardo
  Cronista de Ourense  
1931
Sucesor:
Ramon Otero Pedrayo