Antonio Iglesias Vilarelle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Anton Iglesias Vilarelle ≫)
Infotaula de personaAntonio Iglesias Vilarelle
Biografia
Nacemento 17 de xaneiro de 1891 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 11 de maio de 1971 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Pontevedra, Espana Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion pedagogo Editar o valor em Wikidata
Membro de
Lingua Lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
Irmans Josefa Iglesias Vilarelle Editar o valor em Wikidata


Antonio Iglesias Vilarelle , nado en Santiago de Compostela o 17 de xaneiro de 1891 e finado en Pontevedra o 11 de maio de 1971 , foi un mestre e musico galego.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

SEG en 1934: Entre outros: Otero Pedrayo , Iglesias Vilarelle, Parga Pondal , Ferreiro Panadeiro , Fernandez Osorio , Fernandez Cochon , Vicente Risco , Gonzalez Garcia-Paz , Anton Taboada Roca , Paulino Pedret , Xesus Carro , Anton Fraguas , Xohan Ledo , Isla Couto , Ferreiros Espinosa , Lopez Cuevillas e Ramos Coleman

Malia nacer en Compostela xa de rapaz pasou a vivir en Pontevedra. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e retornou a Pontevedra, con praza de funcionario na delegacion de facenda, onde quedou. As suas inquedanzas intelectuais abranguian moi diversos eidos: a historia da arte, as fontes e testemunos historicos, a liturxia e a haxiografia , a evolucion das tecnicas musicais e a renovacion pedagoxica. Sendo a mais destacada das suas participacions culturais a sua producion no eido da musica.

Na sua mocidade compartiu instituto con Francisco Javier Sanchez Canton , Octavio Pintos e Antonio Blanco Porto e fixo parte dos Ultreias . A traves da sua relacion con Anton Losada Dieguez axudou a por os alicerces do Museo Provincial de Pontevedra e tamen do Seminario de Estudos Galegos .

Fundou con Antonio Blanco Porto a Sociedad Filharmonica de Pontevedra, da que foi secretario entre 1923 e 1925 , e en 1940 converteuse en director da Coral Polifonica de Pontevedra , cargo que ocupou durante vinte e catro anos. Tamen dirixiu o Conservatorio de Musica de Pontevedra. Como musico cultivou diversos xeneros como o motete , a suite orquestral, o lied, o preludio sinfonico e a cancion popular.

Cemiterio de S. Amaro, Pontevedra .
Placa da rua Iglesias Vilarelle en Campolongo, Pontevedra.

Creou con Xesus Ferro Couselo a revista Logos , boletin catolico mensual do que foi director. Como mestre estivo a cargo da Seccion de Pedagoxia e do Laboratorio de Psicotecnica do Seminario de Estudos Galegos , e defendeu a galeguizacion do ensino desde os primeiros anos de escolarizacion do neno. Participou na fundacion do Partido Galeguista de Pontevedra en 1931 e integrouse na Dereita Galeguista logo da escision do Partido Galeguista en maio de 1935.

Ingresou na Real Academia Galega o 29 de decembro de 1951 . [ 1 ] Foi membro da Real Academia de Bellas Artes [ Compre referencia ] e da Comision de Monumentos de Pontevedra.

Era irman da tamen mestra Josefa Iglesias Vilarelle , autora dun Metodo de lectura en galego, que foi o primeiro do seu xenero, publicado polo Seminario de Estudos Galegos en 1932 e formou parte da xunta directiva da Dereita Galeguista .

Obras [ editar | editar a fonte ]

  • Musica en Compostela , sobre os instrumentos do Portico da Gloria .
  • Deus Fratesque Gallaecia composicion musical para a misa.

Homenaxes [ editar | editar a fonte ]

A cidade de Pontevedra rendeulle homenaxe facendoo fillo adoptivo no ano 1960 e ponendolle a unha rua centrica o seu nome no ano 1979 .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Antonio Iglesias Vilarelle" . Real Academia Galega .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]