Transbordador espacial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Lanzadeira espacial ≫)
Lanzamento do Transbordador espacial Discovery , mision STS-120.

O transbordador espacial ou lanzadeira espacial da NASA , oficialmente chamado ≪Space Transportation System≫ ( STS ou Sistema de Transporte Espacial en galego), foi a astronave empregada durante 30 anos polo goberno dos Estados Unidos de America para as suas misions tripuladas no espazo , que foi retirado de servizo no 2011. [ 1 ] A plataforma de lanzamento componse dun gran tanque externo (ET), de cor vermella, dous foguetes aceleradores solidos (SRB), de cor branca, e un avion espacial , o cal e o transbordador espacial propiamente dito. O transbordador mesmo conta cos seus propios motores principais (SSME).

A lanzadeira transportou astronautas e carga util (tal como satelites ou partes da estacion espacial ) ate a orbita baixa terrestre , na parte superior da atmosfera terrestre (ou termosfera ). [ 2 ] Polo xeral, a sua tripulacion estivo composta por cinco ou sete persoas. A capacidade de carga util foi de 22 700 kg. Cando a mision do transbordador rematou, foron accionados ps propulsores da ≪Orbital Maneuvering System≫ (OMS ou Sistema de Manobra Orbital ) e reentrou na baixa atmosfera. Durante o descenso, o orbitador desacelera a sua velocidade hipersonica principalmente a traves da aerofreada , e despois, polo proceso de aterraxe, actuou como un planador , aterrando totalmente sen a axuda dos motores (≪deadstick≫).

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Joaquim Elcacho (25 de xaneiro de 2011). Avui+, ed. "Prova final per al ‘Discovery ' " . Consultado o 5 de marzo de 2011 .  
  2. NASA (1995). National Aeronautics and Space Administration , ed. "Earth's Atmosphere" (en ingles) . Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2007 . Consultado o 25 de outubro de 2007 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]