Katharine Hepburn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKatharine Hepburn

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento (en) Katharine Houghton Hepburn Editar o valor em Wikidata
12 de maio de 1907 Editar o valor em Wikidata
Hartford, Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Morte 29 de xuno de 2003 Editar o valor em Wikidata (96 anos)
Old Saybrook, Estados Unidos de America (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morte Parada cardiorrespiratoria Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Cedar Hill Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Relixion Ateismo Editar o valor em Wikidata
Educacion Bryn Mawr College
Kingswood-Oxford School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura 170 cm Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollos Azul Editar o valor em Wikidata
Cor do pelo Rubio Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Actor e actor de cinema Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Ocupacion actriz de cinema , actriz de television , actriz de teatro , autobiografa , actriz Editar o valor em Wikidata
Periodo de actividade 1928 Editar o valor em Wikidata - 1994 Editar o valor em Wikidata
Partido politico Partido Democrata Editar o valor em Wikidata
Membro de
Lingua Lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Companeiro profesional Spencer Tracy : Katharine Hepburn and Spencer Tracy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deporte tenis
natacion Editar o valor em Wikidata
Modalidade Partido de tenis enllaç=enllaç= enllaç= Record persoal
Familia
Familia Houghton family (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Conxuxe Ludlow Ogden Smith (1928?1934) , divorcio
Parella Spencer Tracy (1941?1967) Editar o valor em Wikidata
Pais Thomas Norval Hepburn (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e  Katharine Martha Houghton Hepburn (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Parentes Katharine Houghton ( sobrina ) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0000031 Allocine: 24 Rottentomatoes: celebrity/katharine_hepburn Allmovie: p31873 TCM: 85052 Metacritic: person/katharine-hepburn TV.com: people/katharine-hepburn IBDB: 44928
Musicbrainz: 106d01a9-9704-4d3f-8138-21d94fedfa6e WikiTree: Hepburn-455 Find a Grave: 7637789 Editar o valor em Wikidata

Katharine Houghton Hepburn , nada en Hartford , Connecticut o 12 de maio de 1907 e finada en Fenwick , Connecticut o 29 de xuno de 2003 , foi unha actriz estadounidense . E a unica actriz que ganou catro Oscars e unha das mais nomeadas, con doce candidaturas, tan so superada por Meryl Streep con vinte e unha candidaturas.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Primeiros anos [ editar | editar a fonte ]

Nada en Hartford, Connecticut en 1907 , pertencia a unha familia descendente de colonos de Mayflower e ata tina sangue real nas suas veas. O seu pai era xinecologo e foi quen a educou. A sua nai, Katharine Houghton, era unha decidida sufraxista moi activa na sua comunidade e que loitou polo reconecemento das prostitutas [ 1 ] e a planificacion familiar. [ 2 ]

Hepburn criouse nun ambiente libre e tolerante, algo que marcaria o seu caracter. Practicou desde moi pequena moitos deportes e segundo conta na sua autobiografia, un veran cortou o pelo, fixose chamar "Jimmy" e, segundo ela mesma, foi un marimacho. Sendo moi nova, Hepburn recibiu un duro golpe: o seu irman Tom de 14 anos, a quen ela estaba moi unida, suicidouse aforcandose en Nova York durante unha visita a un familiar: isto converteuna nunha moza retraida e pouco comunicativa. [ 3 ] Deixou os estudos na escola e deu clases coa sua nai na sua casa.

Iniciou os seus estudos de fisica no Bryn Mawr College, lugar onde comezou as suas actuacions teatrais. Cando os terminou en 1928 decidiu dedicarse totalmente a interpretacion. Tivo pequenos papeis en obras como The Czarina onde fixo unha substitucion e viaxou a Nova York , onde tomou clases de diccion coa antiga cantante Frances Robinson Duff. [ 4 ]

En 1932 tivo un enorme exito coa obra teatral The Warrior's Husband , unha fabula grega. Ese mesmo ano foi requirida polo cine e protagonizou para a RKO A Bill of Divorcement , xunto a John Barrymore e dirixida por quen seria un dos seus mais intimos amigos, George Cukor . O ano seguinte protagonizou Christopher Strong na que interpretaba unha piloto, moi inspirada na figura de Amelia Earhart .

En 1933 ganou o seu primeiro Oscar por interpretar unha actriz provinciana que vai buscar gloria na gran cidade en Morning Glory e o ano seguinte, en 1934 , fixose co premio a mellor actriz no Festival de Venecia pola sua interpretacion en Little Women , onde interpretou a Jo March, na version de George Cukor do clasico " Little Women ".

Veleno para o negocio e recuperacion [ editar | editar a fonte ]

Katahrine Hepburn (1943).

As suas seguintes peliculas, The Little Minister , na que interpretou unha xitana irlandesa, e o gran clasico da screwball comedy Domando a fera , foron un rotundo fracaso e as produtoras bautizarona como "veleno para o negocio" xunto a Fred Astaire , Joan Crawford e Marlene Dietrich . [ 5 ]

Protagonizou xunto as "Mozas da RKO", Damas do teatro ( 1937 ), que foi candidata a varios Oscar, pero non asentou totalmente a Hepburn. En 1933 e tralo exito de Morning Glory , interveu na obra teatral The Lake , pola que recibiu malas criticas. [ 6 ] Volveu a Connecticut coa sua familia e regresou triunfante a Broadway coa comedia The Philadelphia Story , que en 1940 foi adaptada para o cine e protagonizada por ela, James Stewart e Cary Grant , e que a devolveu a gloria cinematografica. O guion desa cinta foi un agasallo do magnate Howard Hughes , a sua parella. [ 7 ]

En 1942 , protagonizou xunto a quen seria o amor da sua vida, Spencer Tracy , con quen mantivo unha relacion sentimental ata a morte do actor, a comedia Woman of the Year na que amosou o seu plurilinguismo falando frances, ruso e espanol. Hepburn e Tracy fixeron nove peliculas xuntos. Xa nos anos corenta protagonizou xunto a el, Without Love dirixida por George Stevens ou The Sea of Grass de Frank Capra e con Angela Lansbury . En 1949 , compartiron pantalla en Adam's Rib que narra as situacions nas que un matrimonio de avogados se atopa cando se enfrontan nun tribunal.

En 1951 rodou con Humphrey Bogart dirixida por John Huston The African Queen . O ano seguinte realizou en Venecia , dirixida por David Lean , Summertime , na que interpreta unha solteirona secretaria de vacacions que descobre o amor. Durante todos os anos cincuenta, Hepburn realizou numerosas obras de teatro, entre elas Como goste e O mercador de Venecia de William Shakespeare e The Millionairess de George Bernard Shaw .

A tranquilidade dunha estrela [ editar | editar a fonte ]

En 1959 , Hepburn realizou o papel mais iconoclasta da sua carreira, o de Violet Venable en Suddenly, Last Summer de Tennessee Williams , xunto a Elizabeth Taylor e Montgomery Clift , e polo cal foi aclamada pola critica. Logo fixo algunhas adaptacions cinematograficas de obras teatrais, como Long Day's Journey Into Night de Eugene Ou'Neill , na que interpreta unha morfinomana metida nunha familia rota e pola que ganou o premio a mellor actriz no Festival de Cannes .

Logo de cinco anos de paron, nos que coidou un cada vez mais enfermo Tracy, reapareceu xunto a el no seu ultimo filme xuntos A que non sabes quen ven cear esta noite? , trala que Tracy morreu. Hepburn ganou, por este filme, o seu segundo Oscar; moitos din que non llelo concederon a Hepburn pola sua interpretacion -considerada magnifica, por outra banda- senon como agradecemento por coidar tantos anos de Tracy. Hepburn nunca viu a montaxe final do filme polos recordos dolorosos que lle traia. [ 8 ] Nese filme a sua sobrina Katharine Houghton , fixo o papel da sua filla.

En 1968 interpretou a Leonor de Aquitania en The Lion in Winter e ganou o seu terceiro Oscar, compartido con Barbra Streisand por Funny Girl .

No ano 1969 Hepburn realizou un dos seus papeis mais recordados no teatro, o da protagonista de Coco , [ 6 ] musical de grande exito inspirado na vida da desenadora de moda Coco Chanel .

Xa nos anos 70, Hepburn realizou papeis importantes en mais adaptacions a pantalla de clasicos teatrais, como o da Condesa Aurelia en The Madwoman of Chaillot de Jean Giradoux e o de Hecuba en The Trojan Women de Euripides xunto a Irene Papas e Vannesa Redgrave . Interveu en A Delicate Balance con Paul Scofield e dirixida por Anthony Harvey e na obra de teatro filmada The Glass Menagerie .

En 1975 encarnou a Eula Goodnitgh en Rooster Cogburn , un filme do Oeste xunto a John Wayne e cun argumento que lembra o de The African Queen . [ 9 ]

Realizou ademais alguns traballos para television , como Love among the Ruins , dirixida por George Cukor e con Laurence Olivier , pola que ganou un premio Emmy , ou The Corn Is Green . En 1981 , Hepburn interveu na romantica On Golden Pond xunto a Henry Fonda e polo cal ganou o seu cuarto Oscar.

Os seus ultimos papeis no cinema foron o de Grace Quigley , no que interpretou unha ancia que contrata un sicario, Nick Nolte , para matar os seus amigos que xa sofren alifates, e o da ancia tia Ginny na pelicula de Warren Beatty , Love Affair . A partir de ai Hepburn realizou pequenas peliculas para television que a mantiveron en activo pero unha vez o seu estado de saude se agravou retirouse a Connecticut. [ 10 ]

Vida privada [ editar | editar a fonte ]

Casada con Ludlow Ogden Smith, divorciouse del na decada dos 30 e mantivo relacions con John Ford , que a dirixiu en Maria Estuardo , co seu axente Leland Hayward e co magnate Howard Hughes . [ 11 ]

En 1942 coneceu a Spencer Tracy , do que non se separou ata morte del en 1967 . Hepburn e Tracy mantiveron esta duradeira relacion sen casar, pois Tracy, que era catolico, non quixo separarse nunca da sua esposa. Cando chamou a viuva Louise para dicirlle que poderian ser amigas, esta contestou “pensei que so era un rumor”. Hepburn non puido asistir ao enterro de Tracy. [ 11 ]

Ainda que moitos dixeron que Hepburn padecia a enfermidade de Parkinson , ela sempre o negou dicindo que os tremores eran herdanza do seu avo, ao que tamen lle tremian as articulacions e a cabeza. [ 12 ] Hepburn padeceu tamen un tumor no pescozo. [ 13 ] Finou na sua casa de Old Saybrook, no estado de Connecticut o 29 de xuno de 2003 .

Katharine Hepburn publicou a sua autobiografia no ano 1991 co titulo de Me: Stories of My Life . Hepburn xa publicara un libro coas suas experiencias na rodaxe de The African Queen .

Filmografia [ editar | editar a fonte ]

Katharine Hepburn en The African Queen .

Obras teatrais [ editar | editar a fonte ]

  • 1928
    • The Czarina : Lady-In-Waiting
    • The Cradle Snatchers : Flapper
    • The Big Pond : Barbara
    • These Days : Veronica Sims
    • Holiday Understudy
  • 1929
    • Death Takes A Holiday : Grazia
  • 1930
    • A Month In The Country : Katia
    • The Admirable Crichton : Lady Agatha Lasenby
    • The Romantic Young : Lady Amalia
    • Romeo & Juliet : Kinswoman to the Capulets
    • Art & Mrs Bottle : Judy Bottle
  • 1931
    • The Animal Kingdom : Daisy Sage
  • 1932
    • The Warrior's Husband : Antiope
    • The Bride The Sun Shines On : Psyche Marbury
  • 1933
    • The Lake : Stella Surrege
  • 1936
    • Jane Eyre : Jane Eyre
  • 1939
    • The Philadelphia Story : Tracy Samantha Lord
  • 1942
    • Without Love : Jamie Coe Rowan
  • 1950
    • As You Like It : Rosalind
  • 1952
    • The Millionairess : Epifania
  • 1957
    • The Merchant Of Venice : Portia
    • Much Ado About Nothing : Beatrice
  • 1960
    • Twelfth Night : Viola
    • Antony & Cleopatra : Cleopatra
  • 1969
    • Coco : Coco Chanel
  • 1976
    • A Matter Of Gravity : Mrs Basil
  • 1981
    • West Side Waltz Margaret : Mary Elderdice

Premios [ editar | editar a fonte ]

Premios Oscar [ editar | editar a fonte ]

Ano Categoria Pelicula Resultado
1933 Oscar a mellor actriz Morning Glory Ganadora
1935 Oscar a mellor actriz Alice Adams Candidata
1940 Oscar a mellor actriz The Philadelphia Story Candidata
1942 Oscar a mellor actriz Woman of the Year Candidata
1951 Oscar a mellor actriz The African Queen Candidata
1955 Oscar a mellor actriz Summertime Candidata
1956 Oscar a mellor actriz The Rainmaker Candidata
1959 Oscar a mellor actriz Suddenly, Last Summer Candidata
1962 Oscar a mellor actriz Long Day's Journey Into Night Candidata
1967 Oscar a mellor actriz A que non sabes quen ven cear esta noite? Ganadora
1968 Oscar a mellor actriz The Lion in Winter Ganadora . Compartido con Barbra Streisand .
1981 Oscar a mellor actriz On Golden Pond Ganadora

Hepburn so acudiu a gala dos oscar en 1974 para entregar o Premio Irving Thalberg ao seu amigo Lawrence Weingarten . [ 14 ]

Globos de Ouro [ editar | editar a fonte ]

Ano Categoria Pelicula Resultado
1952 Globo de Ouro a mellor actriz - Comedia ou musical Pat and Mike Candidata
1956 Globo de Ouro a mellor actriz - Drama The Rainmaker Candidata
1959 Globo de Ouro a mellor actriz - Drama Suddenly, Last Summer Candidata
1962 Globo de Ouro a mellor actriz - Drama Long Day's Journey Into Night Candidata
1967 Globo de Ouro a mellor actriz - Drama A que non sabes quen ven cear esta noite? Candidata
1968 Globo de Ouro a mellor actriz - Drama The Lion in Winter Candidata
1981 Globo de Ouro a mellor actriz - Drama On Golden Pond Candidata
1992 Globo de Ouro a mellor actriz en television The Man Upstairs Candidata

BAFTA [ editar | editar a fonte ]

Ano Categoria Pelicula Resultado
1953 Mellor actriz Pat and Mike Candidata
1956 Mellor actriz Summertime Candidata
1958 Mellor actriz The Rainmaker Candidata
1967 Mellor actriz A que non sabes quen ven cear esta noite? Ganadora
1968 Mellor actriz The Lion in Winter Ganadora
1981 Mellor actriz On Golden Pond Ganadora

Festival de Venecia [ editar | editar a fonte ]

Ano Categoria Pelicula Resultado
1934 Premio a mellor actriz Little Women Ganadora

Festival de Cannes [ editar | editar a fonte ]

Ano Categoria Pelicula Resultado
1962 Premio a mellor actriz Long Day's Journey Into Night Ganadora

Festival de Montreal [ editar | editar a fonte ]

Ano Categoria Resultado
1984 Premio de Honra a toda unha vida dedicada o cine Ganadora

Premios Tony [ editar | editar a fonte ]

Ano Categoria Pelicula Resultado
1969 Premio a mellor actriz en musical Coco Candidata
1981 Premio a mellor actriz dramatica The West Wide Waltz Candidata

Premios Emmy [ editar | editar a fonte ]

Ano Categoria Pelicula Resultado
1973 Premio a mellor actriz The Glass Menagerie Candidata
1975 Premio a mellor actriz Love among the Ruins Ganadora
1979 Premio a mellor actriz The corn is green Candidata
1986 Premio a mellor actriz Mrs. Delafield Wants to Marry Candidata

Premio dos Circulos de criticos de New York City e Kansas City [ editar | editar a fonte ]

Ano Categoria Pelicula Resultado
1940 Premio a mellor actriz (Chicago) The Philadelphia Story Ganadora
1973 Premio a mellor actriz (Kansas City) The Trojan Women Ganadora
1981 Premio a mellor actriz (Nova York) On Golden Pond Ganadora

Laurel Golden Awards [ editar | editar a fonte ]

Ano Categoria Pelicula Resultado
1960 Premio a mellor actriz Suddenly, Last Summer Candidata
1968 Premio a mellor actriz The Lion in Winter Ganadora

Premios do Sindicato de Actores [ editar | editar a fonte ]

Ano Categoria Pelicula Resultado
1994 Premio a mellor actriz One Christmas Candidata

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Rude, Lisa. khronikos: the blog, ed. "Katharine Hepburn’s Mother: Who Knew?" . Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2013 . Consultado o 19 de outubro de 2013 .  
  2. Planned Parenthood(R) of Souther New England, Inc. (ed.). "Our History" . Consultado o 19 de outubro de 2013 .  
  3. Perry, Margaret. "Brother Tom's Suicide" . The Great Katharine Hepburn. Feminism in classic Hollywood . Consultado o 19 de outubro de 2013 .  
  4. Taylor, Trey. The Atlantic, ed. "The Rise and Fall of Katharine Hepburn's Fake Accent" . Consultado o 19 de outubro de 2013 .  
  5. "Dead cats" . Consultado o 19 de outubro de 2013 .  
  6. 6,0 6,1 Cohen, Patricia. The New York Times, ed. "The Theatrical Katharine Hepburn, in Journals and Letters" . Consultado o 19 de outubro de 2013 .  
  7. Perry, Margaret. "The Philadelphia Story (1940)" . The Great Katharine Hepburn . Consultado o 19 de outubro de 2013 .  
  8. "The Stanley Kramer Film Festival" . Camelot Theatres . Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2013 . Consultado o 19 de outubro de 2013 .  
  9. Galbraith IV, Stuart. DVD Talk, ed. "Rooster Cogburn" . Consultado o 19 de outubro de 2013 .  
  10. Connecticut Women's Hall of Fame (ed.). "Katharine Hepburn" . Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2013 . Consultado o 19 de outubro de 2013 .  
  11. 11,0 11,1 Shilling, Jane. Mail Online, ed. "The only man who made Kate quiver" . Consultado o 19 de outubro de 2013 .  
  12. Ray, C. Claiborne. The New York Times, ed. "Q & A; Head and Hand Tremors" . Consultado o 19 de outubro de 2013 .  
  13. Berg, Scott A. (2004). Kate Remembered: Katharine Hepburn, a Personal Biography . London. pp.  323 . ISBN   0-7434-1563-9 .  
  14. Once Upon a Screen... (ed.). "The Great Kate" . Consultado o 19 de outubro de 2013 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]