Actor, actriz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Actores durante unha representacion.

Un actor ou unha actriz , [ 1 ] e unha persoa que representa un papel nunha obra teatral , cinematografica , radiofonica ou televisiva . O primeiro actor do que se ten noticias foi o grego Tespo que actuou no Teatro Dionisio no 534 a.C. e que narrou a historia en primeira persoa, ata enton as historias que se narraban contabanse en terceira persoa.

No seculo XX , os actores eran professionais da sua materia e formados en arte dramatica . Coa aparicion do cinema , o numero de actores de sona multiplicouse.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Actores interpretando persoas do pasado.

Semella que o primeiro actor que rexistra a historia, no 534 a.C. (probablemente o 23 de novembro, os cambios de calendario ao longo da historia fan que sexa dificil determinalo con exactitude), cando o grego Tespo actuou no Teatro de Dioniso , onde foi o primeiro que reproducia as palabras dos personaxes en primeira persoa . Antes da actuacion de Tespo, as historias cantabanse e bailabanse nun estilo narrativo en terceira persoa. O mito teatral manten que Tespo trouxo un espirito malicioso, e que ten a culpa dos desastres no teatro. Na Grecia clasica , so os homes podian ser actores e tapaban a cara con carautas grotescas. Continuaron deste xeito tamen durante o Imperio Romano .

Na Idade Media , o teatro esmoreceu. Os xograres son considerados actores por alguns expertos, xa que interpretaban as cancions dos trobadores .

O teatro moderno comezou cos autos sacramentais ; como mostra deles podese citar o Misterio de Elx , que ainda hoxe se representa cada ano na devandita cidade.

Durante o Renacemento e o Barroco , o teatro , xunto cos actores, volve medrar. Os actores comezaron a converterse en profesionais. Ademais, cando apareceu a opera , precisabanse cantantes e actores ao mesmo tempo.

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Csapo, Eric, e William J. Slater. 1994. The Context of Ancient Drama. Ann Arbor: The U of Michigan P. ISBN 0-472-08275-2 .
  • Elam, Keir. 1980. The Semiotics of Theatre and Drama . New Accents Ser. Londres e Nova York: Methuen. ISBN 0-416-72060-9 .
  • Weimann, Robert. 1978. Shakespeare and the Popular Tradition in the Theater: Studies in the Social Dimension of Dramatic Form and Function. Ed. Robert Schwartz. Baltimore e Londres: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-3506-2 .