Johannes Brahms

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaJohannes Brahms

(1885) Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 7 de maio de 1833 Editar o valor em Wikidata
Hamburgo (Confederacion Xermanica) Editar o valor em Wikidata
Morte 3 de abril de 1897 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Viena (Imperio Austrohungaro) Editar o valor em Wikidata
Causa da morte cancro de figado Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Cemiterio central de Viena Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomes G.W. Marks Editar o valor em Wikidata
Residencia Viena (1862?) Editar o valor em Wikidata
Pais de nacionalidade Hamburgo Editar o valor em Wikidata
Relixion Agnosticismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Musica clasica , Sinfonia , Musica de camara e musica culta Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Letovice (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacion compositor , director de orquestra , pianista Editar o valor em Wikidata
Periodo de actividade 1843 Editar o valor em Wikidata -
Empregador Gesellschaft der Musikfreunde (en) Traducir, director de orquestra (1872?1875)
Wiener Singakademie (pt) Traducir, director de coro (1862?1864)
Universidade de Musica e Arte Dramatica de Viena Editar o valor em Wikidata
Membro de
Movemento Romanticismo musical Editar o valor em Wikidata
Profesores Eduard Marxsen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
Lingua Lingua alema Editar o valor em Wikidata
Instrumento Piano , violoncello e Trompa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Conxuxe sen valor
Pais Johann Jacob Brahms (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e  Johanna Henrica Christiane Nissen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Irmans Fritz Brahms Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Paxina web brahms-institut.de… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0005974 Spotify: 5wTAi7QkpP6kp8a54lmTOq iTunes: 264688 Last fm: Johannes+Brahms Musicbrainz: c70d12a2-24fe-4f83-a6e6-57d84f8efb51 Songkick: 148329 Discogs: 304975 IMSLP: Category:Brahms,_Johannes Allmusic: mn0000796908 WikiTree: Brahms-2 Find a Grave: 129 Deezer: 7128 Editar o valor em Wikidata

Johannes Brahms , nado en Hamburgo o 7 de maio de 1833 e finado en Viena o 3 de abril de 1897 , foi un pianista e compositor aleman do romanticismo . Brahms e unha figura prominente da musica do seculo XIX , quizais o ultimo gran compositor clasico, e considerado a antitese de Wagner e Liszt . Tratase dun dos mais importantes musicos do romanticismo e e considerado por moitos como o "sucesor" de Beethoven , ata o punto de que a sua Primeira Sinfonia foi descrita por Hans von Bulow como a decima sinfonia de Beethoven . [ 1 ] Home as veces dificil e intransixente, compuxo obras mestras en todolos xeneros agas a opera . As expresions Os tres bes ou A santa trindade (frase acunada por Hans von Bulow ) refirense a Bach, Beethoven e Brahms como tres dos maiores compositores da historia da musica. [ 2 ] Alguns opinan, non obstante, que von Bulow incluiu a Brahms en dita "trindade" por despeito e para prexudicar a Wagner, con quen estaba enemistado dende que a sua dona o abandonou para casar co outro compositor. [ 3 ]

Brahms e frecuentemente considerado a vez tradicional e innovador. A sua musica esta firmemente enraizada nas estruturas e tecnicas de composicion dos mestres do barroco e do clasicismo . Era un mestre do contrapunto , a complexa e altamente disciplinada arte que fixo famoso a Johann Sebastian Bach , e do desenvolvemento , un ethos compositivo creado por Joseph Haydn , Wolfgang Amadeus Mozart , Ludwig van Beethoven , entre outros compositores. Brahms tivo como obxectivo honrar a "pureza" destas venerables estruturas "alemas" e avanzar nelas cara a un idioma romantico, no proceso de creacion de novos enfoques para a harmonia e a melodia. Mentres que moitos contemporaneos atoparon a sua musica demasiado academica, a sua contribucion e artesania tenen sido admiradas por figuras posteriores tan diversas como Arnold Schoenberg [ 4 ] ou Edward Elgar . [ 5 ]

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Comezos [ editar | editar a fonte ]

Fotografia de 1891 do edificio no que naceu Brahms en Hamburgo. A familia de Brahms vivia en parte do primeiro andar, entre as duas dobres fiestras da parte esquerda. O edificio foi destruido por un bombardeo en 1943 .

Johannes Brahms naceu o 7 de maio de 1833 en Hamburgo , daquela pertencente a Confederacion Xermanica , fillo do contrabaixista Johann Jakob Brahms (quen lle deu as suas primeiras leccions de musica) e de Hersika Cristina Nissen. A unha idade tempera Brahms revelouse como pianista avantaxado, polo que, sendo ainda adolescente, contribuiu aos ingresos familiares cos cartos que ganaba impartindo clases, tocando o piano en restaurantes , bares e ata bordeis .

Brahms deu recitais de piano en publico pero non tivo o exito desexado, ainda que mais tarde tocaria el mesmo nas estreas dos seus dous Concertos para piano . Comezou a compor e durante un tempo tampouco conseguiu que o publico mostrase interese polas suas obras. En 1853 realizou unha xira de concertos como acompanante do violinista hungaro Eduard Remenyi . Durante a viaxe tivo ocasion de conecer a Josehp Joachim , quen lle presentou a Robert Schumann . Este ultimo, ademais de compositor era editor dunha revista prestixiosa de musica, e atraeu a atencion dos criticos e empresarios de musica sobre o mozo Brahms, o que contribuiu notablemente a que este se convertese nun compositor conecido e apreciado.

Ainda que a relacion entre Robert Schumann e Brahms durou ata o fin dos dias de Schumann, o vencello mais destacable foi o que tivo coa dona deste, Clara Schumann , unha pianista reconecida naqueles momentos, compositora tamen e coa que estableceu unha longa e profunda amizade que tivo trazos de amor platonico . Brahms adoitaba presentarlle a Clara as suas obras antes de estrealas; moitas veces Clara Schumann foi a encargada de estrear algunhas das obras pianisticas de Johannes. Nunca se chegou a aclarar a relacion entre ambos malia producirse un distanciamento do que non se conecen os motivos.

Traslado a Viena [ editar | editar a fonte ]

En 1862 Brahms instalouse con caracter definitivo en Viena , onde se adicou por completo a composicion. Durante case 30 anos compuxo obras musicais que chegaron a formar parte do repertorio esencial da musica clasica romantica, e que xa durante a vida de Brahms foron acollidas moi favorablemente, de xeito que se lle considerou como un dos grandes compositores da sua epoca. O seu primeiro exito importante tivoo con Ein deutsches Requiem , unha grande obra coral. A acollida dispensada polo publico animouno a comezar a composicion da sua Sinfonia nº 1 , que tardou dez anos en escribir. Rematada en 1876 , compuxo as suas outras tres sinfonias no transcurso dos oito anos seguintes.

A idade de 57 anos Brahms decidiu abandonar a composicion. Con todo, non foi consecuente coa sua decision, xa que uns anos antes da sua morte compuxo ainda algunhas das suas mellores obras, como as duas Sonatas para clarinete e as catro Cancions serias .

Moitos consideraron a Brahms como sucesor de Beethoven , e a sua primeira sinfonia foi alcumada decima sinfonia de Beethoven . Ademais das xa citadas obras, compuxo outras tamen moi apreciadas, como o Concerto para violin e diferentes Variacions , xenero que cultivou con especial mestria. Foi prolifico na composicion de musica de camara e de pezas para piano so , asi como de cancions .

Como a maioria dos compositores romanticos , Brahms louvaba a Beethoven, quen exerceu unha marcada influencia nel. Pero tamen sentiu unha grande admiracion polos grandes compositores da epoca clasica , Mozart e Haydn . Coleccionaba primeiras edicions das suas partituras e sinaturas, e ata editaba partituras das obras que se adoitaban representar. A sua identificacion coa musica do periodo clasico foi tanta que incorporou a moitos movementos das suas obras as formas daquela musica. Por iso a Brahms consideraselle o mais clasico dos compositores romanticos.

No seu traballo, Brahms foi un perfeccionista. Unha mostra diso e o feito de que tardase tantos anos en rematar a sua primeira sinfonia. Alguns expertos opinan que esa sinfonia en realidade non foi a primeira, xa que a primeira non chegou a sair a luz por non sentirse Brahms satisfeito con ela. O que e certo e que Brahms rachaba con certa frecuencia novas composicions que non estaban a altura das suas esixencias.

Brahms foi amante da natureza . Nos seus paseos polos bosques que rodean Viena levaba sempre lambetadas que repartia entre os nenos. Cara aos maiores era mais ben frio, ainda que os seus amigos o apreciaban sinceramente. Brahms nunca chegou a casar. Morreu aos 64 anos de idade en Viena, como consecuencia dun cancro de figado . Foi considerado un compositor moi importante nesta epoca, un caso atipico nos musicos do seu tempo.

Obra [ editar | editar a fonte ]

Brahms combina o mellor dos estilos clasico e romantico. Rexeitou o uso superfluo de novos efectos harmonicos e cromatismos, a diferenza dos seus contemporaneos, e so os empregaba para resaltar os matices estruturais internos da obra. Ata 1873 Brahms escribira sobre todo musica para piano , o instrumento que mellor conecia, e para coro e orquestra . Entre as suas obras orquestrais atopase a Sinfonia nº 1 en do menor, opus 68 (1876); a Sinfonia nº 2 en re maior, opus 73 (1877); a Abertura do festival academico, opus 80 ( 1880 ), que conten cancions de estudantes alemans ; a Abertura traxica, opus 81 (1881); a Sinfonia nº 3 en fa maior, opus 90 (1883), e a Sinfonia nº 4 en mi menor, opus 98 (1885). Todas estas obras mostran unha estrutura moi complexa, herdada da tradicion vienesa clasica.

Esforzouse mais ben por compor musica de gran coherencia interna. Asi pois, as suas mellores obras non contenen engadidos innecesarios: cada tema, figura e modulacion estan anunciadas nas pasaxes precedentes.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Sigmund Gottfried Spaeth, At home with music (1971), p. 245
  2. David Mason Greene (2007). "Brahms, Johannes". Greene's biographical encyclopedia of composers . p. 695. ISBN   9780385142786 . Foi Bulow quen elevou a Brahms a santa trindade da musica alema, con J. S. Bach e Beethoven, "os tres B"  
  3. M. Owen Lee (2007). University of Toronto Press, ed. Wagner and the wonder of art: an introduction to Die Meistersinger. G - Reference, Information and Interdisciplinary Subjects Series. p. 11. ISBN   9780802095732 . Hans von Bulow escribiu a un amigo “Non podes nin comezar a imaxinar a riqueza da sua musica; un traballo artesanal como o de Cellini en cada detalle. Wagner e o mais grande compositor, facilmente a par de Beethoven e Bach, e ainda mais.” ... Mais tarde, logo de ter concedido o divorcio a sua dona Cosima para que puidera casar con Wagner, armou unha nova trindade. Acunou a frase, ainda en uso, 'Bach, Beethoven, e Brahms' .  
  4. Schoenberg eloxiou a Brahms nunha emision de radio en 1933, posteriormente publicou un artigo titulado "Brahms o progresista" arquivado do [http://www.hr-online.de/website/rubriken/kultur/index.jsp?rubrik=50660&key=standard_document_38091598 orixinal o 4 de xuno de 2012
  5. (en ingles ) MacDonald, Brahms (1990), p. 406

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]