Joan Bennett

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoan Bennett

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento (en) Joan Geraldine Bennett Editar o valor em Wikidata
27 de febreiro de 1910 Editar o valor em Wikidata
Palisades Park, Estados Unidos de America (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte 7 de decembro de 1990 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Scarsdale, Estados Unidos de America (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morte infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Pleasant View Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Educacion Chase Collegiate School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Ocupacion actriz de teatro , actriz de cinema , locutora de radio , actriz de television , actriz Editar o valor em Wikidata
Periodo de actividade 1916 Editar o valor em Wikidata - 1982 Editar o valor em Wikidata
Familia
Conxuxe David Wilde (1978?)
Walter Wanger (1940?1965)
Gene Markey (1932?1937)
John Marion Fox (1926?1928)
Fillos Diana Wanger (en) Traducir
  ( ) John Marion Fox (en) Traducir
Stephanie Wanger (en) Traducir
  ( ) Walter Wanger (pt) Traducir
Melinda Markey (en) Traducir
  ( ) Gene Markey (en) Traducir
Shelley Antonia Wanger (en) Traducir
  ( ) Walter Wanger (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pais Richard Bennett (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e  Adrienne Morrison (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Irmans Barbara Bennett (pt) Traducir e Constance Bennett Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0000910 Allocine: 3265 Rottentomatoes: celebrity/joan_bennett Allmovie: p5398 TCM: 13863 IBDB: 31713
WikiTree: Bennett-9022 Find a Grave: 20184 Editar o valor em Wikidata
Joan Bennett

Joan Geraldine Bennett , nada en Fort Lee , Nova Jersey , o 27 de febreiro de 1910 e finada en Scarsdale , Nova York , o 7 de decembro de 1990 , foi unha actriz estadounidense .

Biografia [ editar | editar a fonte ]

Naceu en Palisades Park, Nova Jersey nunha familia de actores, seu pai era o actor Richard Bennett e sua nai a actriz Adrienne Morrison . As suas irmans mais vellas, Constance Bennett e Barbara Bennett tamen foron actrices. O actor Lewis Morrison era avo por parte de nai.

Joan apareceu os seis anos nun filme mudo, cos seus pais e irmas, The Valley of Decision (1916). Estudou en Miss Hopkins School for Girls en Manhattan , despois en St. Margaret's, un internado en Waterbury, Connecticut e finalmente en L'Hermitage, un colexio para senoritas, en Versalles , Francia .

Casou en 1926 con John M. Fox en Londres , do que se divorciou dous anos despois logo de ter unha filla, mantivo unha longa batalla legal co seu exmarido para darlle o seu apelido a sua filla.

Carreira [ editar | editar a fonte ]

No filme Disraeli (1929)

O debut de Joan no teatro foi en 1928 actuando co seu pai en Jarnegan que se mantivo en Broadway durante 136 representacions e que recibiu boas criticas. De 1929 datan os seus primeiros filmes, Bulldog Drummond e Disraeli . En 1930 apareceu no musical Puttin' on the Ritz e na primeira version sonora de Moby Dick .

Con contrato con Fox Film Corporation , apareceu en numerosos filmes, She Wanted a Millionaire (1932), Me and My Gal (1932).

En Little Women (1933)

O 16 de marzo de 1932 casou co guionista e produtor Gene Markey , divorciandose en 1937. Eles tiveron unha filla, Melinda Markey en 1934.

Bennett deixou Fox para interpretar Amy en Little Women (1933), dirixida por George Cukor para RKO . Este filme fixo que o produtor independente Walter Wanger se fixara nela e asinara un contrato con el, interpretou a Sally MacGregor en Private Worlds (1935) con Claudette Colbert , Charles Boyer e Joel McCrea . Trade Winds (1938) con Fredric March .

En The Woman in the Window (1944)

Comeza unha nova etapa na sua carreira, interpretando a mulleres fatales, a princesa Maria Tareixa en The Man in the Iron Mask (1939) con Louis Hayward e a duquesa Zona de Lichtenburg en The Son of Monte Cristo (1940).

O 12 de xaneiro de 1940 casou co produtor Walter Wanger , con quen estivo casada ata o seu divorcio en 1965, tiveron duas fillas xuntos, Stephanie e Shelley.

En Perversidade (1945)

En 1940 protagonizou The House Across the Bay con George Raft e o drama anti nazi The Man I Married con Francis Lederer .

Os seus traballos mais recordados foron os seus papeis de muller fatal nos filmes do xenero negro dirixidos por Fritz Lang , interpretando a Jerry Stokes, unha prostituta en Man Hunt (1941), Alice Reed, unha misteriosa modelo en The Woman in the Window (1944) e Katharine "Kitty" March en Perversidade (1945). Eses papeis converterona nunha estrela de Hollywood.

Bennett tamen tivo exito protagonizando o filme de Zoltan Korda , The Macomber Affair (1947) con Gregory Peck , como Peggy na fita de Jean Renoir Unha muller na praia (1947) con Robert Ryan e Charles Bickford , e como a atormentada Lucia Harper en The Reckless Moment (1949) de Max Ophuls .

Nas duas comedias nas que a dirixiu Vincente Minnelli interpretou a Ellie Banks, unha muller elegante e dona de Spencer Tracy , foron Father of the Bride (1950) e O pai e avo (1951).

Bennett tamen participou en numerosos programas de radio o longo da sua carreira, como The Edgar Bergen and Charlie McCarthy Show , a comedia radiofonica Duffy's Tavern e Lux Radio Theater .

En O pai e avo (1951)

A partir de 1951 comezou a aparecer como estrela convidada en diversos programas de television como Your Show of Shows de Sid Caesar e Burke's Law

En 1951 o seu home disparou contra o seu axente Jennings Langs pensando que tinan un romance, e ainda que Bennett sempre o negou o suceso afectoulle a sua carreira e apareceu so en cinco filmes no resto da decada, dedicandose sobre todo o teatro, facendo xiras con Bell, Book and Candle , Susan and God , Once More With Feeling , The Pleasure of His Company e Never Too Late . En Broadway tivo menos exito, Love Me Little (1958) estivo en cartel durante so oito representacions.

Bennett interpretou a Elizabeth Collins Stoddard, a matriarca da familia Collins, na serie de television Dark Shadows (1966-1971) e na sua adaptacion o cinema, House of Dark Shadows . En 1977 apareceu no filme do director italiano Dario Argento Suspiria .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]