Edward Gibbon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEdward Gibbon

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 8 de maio de 1737 Editar o valor em Wikidata
Putney (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte 16 de xaneiro de 1794 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Londres Editar o valor em Wikidata
Causa da morte peritonite Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Fletching (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro do Parlamento da Gra-Bretanha (pt) Traducir
1774 ? 1784
Member of the 14th Parliament of Great Britain (en) Traducir

Member of the 15th Parliament of Great Britain (en) Traducir

Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residencia Putney (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pais de nacionalidade Reino de Gran Bretana Editar o valor em Wikidata
Relixion Catolicismo e Protestantismo Editar o valor em Wikidata
Educacion Magdalen College
Kingston Grammar School (en) Traducir
Westminster School
Universidade de Oxford Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Historia , Antiguidade clasica e literatura de divulgacao cientifica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacion historiador , erudito clasico , politico , escritor Editar o valor em Wikidata
Partido politico Partido Whig (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
Lingua Lingua francesa , lingua inglesa e lingua checa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Conxuxe sen valor
Pais Edward Gibbon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e  Judith Porten (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Gibbon-313 Find a Grave: 10453968 Editar o valor em Wikidata

Edward Emily Gibbon , nado en Putney o 8 de maio de 1737 e finado en Londres o 16 de xaneiro de 1794 , foi un historiador britanico , considerado como o primeiro historiador moderno, e un dos historiadores mais influentes de todos os tempos. [ 1 ] [ 2 ] A sua obra magna, The History of the Decline and Fall of the Roman Empire ( Historia da decadencia e caida do Imperio romano ), publicada entre 1776 e 1788 , e un traballo fundamental cuxa influencia perdura ata hoxe en dia, non so para comprender a evolucion historiografica sobre este tema ?que non o estado da cuestion, dado que a obra esta, loxicamente, desfasada?, senon tamen como solido fito metodoloxico no estudo historico.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Primeiros anos [ editar | editar a fonte ]

Naceu en Putney , daquela unha cidade xunto ao rio Tamese , preto de Londres , Inglaterra. O seu avo fixera e perdera a fortuna familiar na burbulla dos mares do Sur . Gibbon era fillo unico, e nas suas memorias describese a si mesmo como un "raparigo enfermizo". A sua nai morreu cando el contaba con dez anos, e a sua crianza e coidado correu a cargo da sua tia Catherine Porten. Asistiu ao Kingston Grammar School, residindo na casa da sua favorita "Aunt Kitty", seguida de Westminster School. Aos 14 o seu pai enviouno ao Magdalen College da Universidade de Oxford .

Gibbon non gozou da atmosfera escolar e mais tarde describiu os catorce meses pasados ali como os menos proveitosos de toda a sua vida. O mais memorabel deste periodo foi a sua conversion ao Catolicismo o 8 de xuno de 1753 . "Desde a mina mocidade fun afeccionado a disputa relixiosa" , escribiu mais tarde.

Estancia en Suiza [ editar | editar a fonte ]

Pola sua conversion ao catolicismo foi expulsado de Oxford e o seu pai enviouno a Lausana , Suiza , baixo a titoria de M. Pavilliard, pastor calvinista e titor privado, onde permaneceu cinco anos, un tempo que teria un forte impacto no seu caracter e a sua vida posterior. Rapidamente apostatou de novo e regresou ao Protestantismo . A sua estancia en Lausana enriqueceu a inmensa aptitude de Gibbon para o estudo e a erudicion. Ademais coneceu ao unico amor da sua vida, a filla do pastor, unha rapaza chamada Suzanne Curchod , que mais tarde seria a esposa de Jacques Necker , o ministro de finanzas frances, e nai de Germaine de Stael . Unha vez mais interveu o seu pai na sua vida, que lle negou o permiso para proponer matrimonio a rapaza e esixiu o seu regreso a Inglaterra. Gibbon escribiria: "I sighed like a lover, I obeyed like a son."

Regreso [ editar | editar a fonte ]

Ao seu regreso a Inglaterra Gibbon publicou o seu primeiro libro Essai sur l'Etude de la Litterature en 1758 . De 1759 a 1763 Gibbon pasou catro anos de servizo coa milicia de Hampshire . A finais de 1763 embarcou para un Grand Tour a Europa, que incluiu unha visita a Roma . Foi ali, en 1764 , cando Gibbon concibiu por primeira vez a idea de escribir sobre a historia do Imperio romano.

En 1772 o seu pai morreu deixandolle o suficiente como para vivir desafogadamente en Londres. Empezou a escribir a sua historia en 1773 e o primeiro "quarto" da Decadencia e Ruina apareceu en 1776. A obra tivo moito exito entre os intelectuais do seu tempo e provocou certa polemica coas autoridades eclesiasticas. Os ultimos tomos da "Decadencia e caida do Imperio romano" apareceron en 1788. Traballou na sua autobiografia ata a sua morte, en 1794.

Enfermidade [ editar | editar a fonte ]

Gibbon sufriu dunha afeccion, que agora se pensa que poderia ser hydrocele testis , de acordo co Manual de Merck . Produce a exsudacion de fluido dos testiculos en proporcions extraordinarias. Gibbon ideou moitos xeitos de retirar o fluido en anos posteriores, pero a situacion empeorou e converteuse en algo mais doloroso e vergonzoso. O seu medico, que facia medicions, sacou unha vez mais dun litro de liquido da protuberancia.

Esta inflamacion cronica causoulle unha incomodidade engadida nunha epoca en que a moda tendia aos calzons axustados. Refirese indirectamente a isto nas suas memorias cando comenta: "podo recordar so catorce dias verdadeiramente felices na mina vida" e "nunca estou contento senon cando escribo en soidade". A hixiene persoal durante o seculo dezaoito era como moito opcional. A humillacion social que soportou como consecuencia da sua necesidade de hixiene e a sua protuberancia quedou rexistrada. Nunha epoca en que o valor do home era medido non soamente polo "corte dos seus calzons" senon tamen pola sua equitacion, Gibbon foi unha figura solitaria. Nun incidente axeonllouse ante unha dama da sociedade a que se ia declarar. Ela protestou, "Senor, por favor, levantese." Gibbon replicou: "Senora, non podo."

Historia da decadencia e caida do Imperio romano [ editar | editar a fonte ]

Gibbon proponse escribir a historia de xeito accidental. Nas suas memorias escribiu que a redaccion do libro se lle ocorreu en Roma , cando esta entre as ruinas do Capitolio e, mentres oe orar aos franciscanos , preguntase o porque da decadencia do Imperio romano. Quizais por iso asociara a caida do Imperio co ascenso do Cristianismo , ainda que na obra isto non parece ser unha teoria creada ad hoc .

A pregunta inicial do libro sera a causa da caida do Imperio romano , e o tema central, quizais pola relevancia historica do mesmo, sera o ascenso e desenvolvemento do Cristianismo . A primeira edicion da primeira parte da obra publicase en 1776, e vai seguida do escandalo, porque Gibbon por primeira vez aplica a historia filosofica a historia da Igrexa , e dicir, escribe este libro desde unha perspectiva ilustrada e critica. O escandalo e a seriedade inherente da obra contribuen o exito da obra, polo que publica a segunda parte en 1788.

A primeira parte abarca desde os Antoninos ata o ano 476, no que se produce a desaparicion do ultimo Emperador, Romulo Augustulo . A segunda parte ocupase fundamentalmente da historia bizantina e de occidente, desde o ano 476 ata a Caida de Constantinopla no ano 1453. A caida de Roma e Constantinopla produciuse, segundo el, por un proceso de decadencia moral, debido a que o Cristianismo ia en contra dos ideais de Roma, que eran a liberdade intelectual e moral.

Unha das formulacions centrais da obra e responder a por que o Cristianismo se impuxo en Roma (e cal puido ser a sua influencia na caida do Imperio). A resposta obvia que lle deron na sua epoca e porque se trata da doutrina verdadeira. Gibbon, ainda que agnostico confeso, non discute esta causa, senon que a ignora e analiza as causas verdadeiras, que son, segundo el:

  • A intolerancia dos cristians, que estan convencidos de que a sua relixion era a verdadeira.
  • O Cristianismo ten como vantaxe que e unha doutrina proselitista, non como o Xudaismo , que e pechada.
  • A promesa nunha vida futura.
  • Os milagres da Igrexa Primitiva.
  • A moral austera.
  • A union do Cristianismo e Goberno.

Todo isto contribue a explicar a caida do Imperio.

O verdadeiro merito de Gibbon, emporiso, non se centra nas suas teses decadentistas, senon en como aborda o estudo do periodo, en como manexa as fontes historicas, e en como non se conforma con recoller aquilo que cada unha destas relata, senon que o fia e contextualiza tratando de ofrecer unha imaxe global de cada periodo historico. Asi, o novidoso e valioso de Gibbon non son as suas teses politicas, morais ou relixiosas, que son as mesmas de Voltaire e de Montesquieu , senon que soubo comprender o importante papel dos feitos na Historia, e soubo ordenalos e valoralos, realizando a primeira historia moderna: niso radica a sua importancia e a forza con que calou en toda a historiografia posterior. [ 3 ]

Valoracion [ editar | editar a fonte ]

Placa conmemorativa de Edward Gibbon en Bentinck Street, Londres.

A arte literaria de Gibbon, a continua excelencia do seu estilo, os seus epigramas picantes e a sua brillante ironia, poida que non asegurasen a sua obra a inmortalidade de que probabelmente goza, de non ser polo pulo ecumenico, a precision extraordinaria e unha perspicacia de xuizo que raramente foi igualada en historia, ou mesmo na prosa inglesa. Winston Churchill anotou, "empecei Decadencia e Ruina (e) fun inmediatamente dominado tanto pola historia como polo estilo. Devorei a Gibbon. Seguino triunfalmente de principio a fin." Mais tarde, nos seus propios escritos tenderia a imitar o estilo da sua prosa, ainda que a un nivel menos elevado.

De modo infrecuente para o seculo XVIII , Gibbon nunca estaba satisfeito de segundas fontes se as primarias estaban a man. "Sempre me esforcei", dixo, "por extraer da fonte principal; a mina curiosidade, tanto como un sentido do deber, urxironme sempre a buscar nos orixinais." Nesta insistencia na importancia das fontes primarias Gibbon e considerado por moitos como o primeiro historiador moderno.

O capitulo decimo quinto, que documenta as razons para o rapido crecemento da cristiandade ao longo do Imperio romano foi particularmente vilipendiado e causou a prohibicion do libro en varios paises ata hai relativamente pouco. ( Irlanda , por exemplo, levantou a prohibicion sobre a sua venda pouco despois de 1970 )

A historia de Gibbon sobre a Decadencia e Ruina do Imperio romano segue sendo unha obra de valor indiscutibel, unha inspiracion para os historiadores e, sobre todo, unha critica brillante, sostida e extraordinariamente perspicaz da fraxilidade da condicion humana. Emporiso, a tese decadentista que suscitou en canto ao "fin do imperio romano de occidente" esta mais que desfasada e bastante superada pola historiografia actual. A Gibbon e importante telo en conta para comprender a evolucion historiografica sobre este tema, xa que foi un dos pioneiros na historiografia moderna, pero a sua proposta xa non e aceptada polos estudosos do tema.

Influencia noutros autores [ editar | editar a fonte ]

Os temas sobre os que escribiu Gibbon asi como as suas ideas e o seu estilo influiron noutros autores, como e o caso de Isaac Asimov , que usou a sua obra principal "The History of the Decline and Fall of the Roman Empire" como a sua guia ao escribir un dos contos que forman parte do libro "Fundacion e Imperio" (Parte I: "O Xeneral"), dentro da famosa Triloxia da Fundacion.

Obra [ editar | editar a fonte ]

  • Essai sur l’etude de la litterature (1761).
  • The History of the Decline and Fall of the Roman Empire (Volume I, 1776; Volumes II e III, 1781; Volumes IV, V, e VI, 1788).
  • A vindication of some passages in the fifteenth and sixteenth chapters of the History of the decline and fall of the Roman Empire (1779).
  • Memoire justificatif pour servir de reponse a l’expose, &c de la cour de France (1779).
  • Memoirs of My Life (1796)

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Edward Gibbon na Encyclopaedia Britannica
  2. A finais do s. XIX, o biografo Sir Leslie Stephen "Gibbon, Edward (1737-1794)," Dictionary of National Biography , vol. 21, p. 255 (Londres, 1890) , apuntou a reputacion de The History ' como a dunha obra de erudicion inigualabel, algo que o ambito academico reconece tan valido enton como na actualidade:

    As criticas vertidas sobre o seu libro (...) son case unanimes. En precision, meticulosidade, lucidez, e en abarcar de forma extensiva tan vasto tema, a Historia e insuperabel. E o unico libro de Historia escrito en ingles que pode considerarse como definitivo. (...) Malia os seus defectos, o libro e a vez artisticamente imponente e historicamente irreprochabel como un vasto panorama dun periodo inmensamente longo.

  3. "Gibbon’s Contribution to historical Method", en: Historia, 1954, 458-460

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  1. Volumen I (Segunda ed.). ISBN   978-84-939635-0-7 .  
  2. Volumen II . ISBN   978-84-939635-6-9 .  
  • Gibbon, Edward (2006). Historia de la decadencia y caida del Imperio Romano . Edicion integra en catro volumes, traducion Jose Mor de Fuentes . Madrid: Editorial Turner.  
  1. Tomo I. Desde los Antoninos hasta Diocleciano; Desde la renuncia de Diocleciano a la conversion de Constantino . ISBN   978-84-7506-753-7 .  
  2. Tomo II. Desde Juliano hasta la particion del Imperio; Invasores barbaros . ISBN   978-84-7506-754-4 .  
  3. Tomo III. Invasiones de los barbaros y revoluciones de Persia; Aparicion del Islam . ISBN   978-84-7506-755-1 .  
  4. Tomo IV. El Imperio de Oriente y las cruzadas; Fin del Imperio de Oriente y coronacion de Petrarca . ISBN   978-84-7506-756-8 .  

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]