243 Ida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe de (243) Ida tomada por Galileo .

(243) Ida e un asteroide da familia Coronis [ 1 ] do cinto principal . Foi descuberto o 29 de setembro de 1884 por Johann Palisa e recibe o nome dunha ninfa da mitoloxia grega. Posteriores observacions telescopicas clasificaron o asteroide Ida como un asteroide de tipo S , o tipo mais numeroso no cinto interior de asteroides. O 28 de agosto de 1993, Ida foi visitado pola nave espacial Galileo , con destino a Xupiter . Foi o segundo asteroide visitado por unha nave espacial e o primeiro que se descubriu que tina un satelite.

Igual que todos os asteroides do cinto principal, a orbita de Ida atopase entre os planetas Marte e Xupiter . O seu periodo orbital e de 4,84 anos, e o seu periodo de rotacion , de 4,63 horas. Ida ten un diametro medio de 31,4 quilometros. E de forma irregular e alongada, e polo que semella, esta composto por dous grandes obxectos conectados entre eles nunha forma que lembra un croissant . A sua superficie e unha das que ten mais crateres do Sistema Solar , cunha ampla variedade de medidas e idades dos mesmos.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Grimal 2008 , p. 116.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]