Iuri Andropov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Yuri Andropov ≫)
Infotaula de personaIuri Andropov

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (ru) Юрий Владимирович Андропов Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 2 de xuno de 1914 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Soluno-Dmitriyevskoye (Imperio Ruso) Editar o valor em Wikidata
Morte 9 de febreiro de 1984 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Moscova (Union Sovietica) Editar o valor em Wikidata
Causa da morte insuficiencia renal Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Necropole da muralla do Kremlin Editar o valor em Wikidata
Chairman of the Presidium of the Supreme Soviet of the USSR (en) Traducir
16 de xuno de 1983 ? 9 de febreiro de 1984  ( finado no cargo )
←  Vasili Kuznetsov (pt) Traducir ? Vasili Kuznetsov (pt) Traducir →
Secretario-geral do Comite Central do Partido Comunista da URSS (pt) Traducir
12 de novembro de 1982 ? 9 de febreiro de 1984  ( finado no cargo )
←  Leonid Brezhnev ? Konstantin Chernenko  →
Chairman of the KGB (en) Traducir
18 de maio de 1967 ? 26 de maio de 1982
←  Vladimir Semichastny (en) Traducir ? Vitaly Fedorchuk (en) Traducir →
Ambassador of the Soviet Union to Hungary (en) Traducir
1954 ? 1957 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residencia Kutuzovsky Prospekt (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pais de nacionalidade Republica Socialista Sovietica Federativa de Rusia (?1922)
Imperio Ruso
Union Sovietica Editar o valor em Wikidata
Relixion Ateismo Editar o valor em Wikidata
Educacion Petrozavodsk State University (en) Traducir (?1951)
Higher Party School at the Central Committee of the CPSU (en) Traducir (?1947)
Rybinsk River School VI Kalashnikov (en) Traducir (?1936) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion politico , diplomatico Editar o valor em Wikidata
Partido politico Partido Comunista da Union Sovietica (1939?) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Lingua Lingua rusa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Lealdade Union Sovietica Editar o valor em Wikidata
Rama militar KGB Editar o valor em Wikidata
Rango militar General do Exercito (posto sovietico) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Comandante de (OBSOLETO) KGB Editar o valor em Wikidata
Conflito Fronte Oriental (segunda guerra mundial) Editar o valor em Wikidata
Participou en
17 de outubro de 1961 22nd Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
Conxuxe Tatyana Andropova (decada de 1940?1984)
Nina Ivanovna Yengalycheva (1935?1940)
Fillos Igor Yurievich Andropov (en) Traducir
  ( ) Tatyana Andropova (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Андропов-1 Find a Grave: 8142 Editar o valor em Wikidata

Iuri Vladimirovich Andropov (en ruso : Ю?рий Влади?мирович Андро?пов ), nado o 15 de xuno de 1914 e finado en Moscova o 9 de febreiro de 1984 , foi un politico sovietico , Secretario Xeral do Partido Comunista da Union Sovietica dende o 12 de novembro de 1982 ata a sua morte, alen de ser xefe do KGB durante quince anos. [ 1 ]

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Existen moitas dubidas sobre a orixe familiar de Andropov. [ 2 ] Segundo a biografia oficial, naceu en Stanitsa Nagutskaya (na actualidade no krai de Stavropol ) o 15 de xuno de 1914. [ 3 ] [ 4 ] O seu pai, Vladimir Konstantinovich Andropov, era un traballador ferroviario descendente de cosacos do Don que faleceu por tifo en 1919. A sua nai, Yevgenia Karlovna Fleckenstein (ningunha fonte oficial menciona o seu nome), foi unha mestra de escola que morreu en 1931. [ 5 ] [ 6 ] Ela nacera na gobernacion de Ryazan e fora abandonada na porta dun cidadan fines , un reloxeiro xudeu , Karl Franzevich Fleckenstein, que vivia en Moscova; el e a sua dona, Eudokia Mikhailovna Fleckenstein, adoptarona e criarona. [ 7 ] [ 8 ] Investigacions posteriores descubriron que moitos detalles da biografia de Andropov foron moi falsificadas durante a sua vida, contribuindo a confusion coa sua familia.

O seu primeiro nome documentado foi Grigory Vladimirovich Andropov-Fyodorov; cambiouno por Yuri Andropov varios anos despois. [ 9 ] Ainda que o seu certificado de nacemento orixinal desapareceu, estableceuse que Andropov nacera en Moscova, onde a sua nai traballou nun colexio feminino entre 1913 e 1917. [ 7 ] [ 9 ]

Andropov estudou durante un curto periodo no Instituto Tecnico para o Transporte Acuatico de Rybinsk, antes de se xuntar ao Komsomol en 1930. Concluiu a graduacion en 1939 e foi o primeiro secretario do Komsomol na republica de Carelia , entre 1940 e 1944. [ 8 ] [ 10 ] Trala guerra, mudouse a Moscova en 1951 e entrou na secretaria do partido. [ 8 ]

Trala morte de Iosif Stalin en marzo de 1953, Andropov foi rebaixado de posto e enviado a un "exilio" na embaixada sovietica en Budapest por Georgi Malenkov . Tivo un papel importante na invasion sovietica de Hungria en 1956.

Andropov e Jaruzelski

Andropov volveu a Moscova para dirixir o Departamento para Relacions con Paises socialistas (1957-1967) e foi promovido para a secretaria do Comite Central do Partido Comunista Sovietico en 1962, sucedendo a Mikhail Suslov . En 1967 foi nomeado xefe do KGB . En 1973 converteuse en membro pleno do Politburo , a pesar de non renunciar a direccion da KGB ata 1982.

Envolveuse en rumores e acusacions coa morte sospeitosa do enton lider Leonid Brezhnev o 10 de novembro de 1982. Brezhnev faleceu dunha sobredosa, motivada pola sua enfermeira, que era unha asociada do KGB, dirixido por Andropov. Cando a enfermeira foi declarado inocente e o caso abafado, pasouse a cuestionar a culpa de Andropov na morte de seu antecesor. [ 11 ] Dias despois, foi nomeado, como era previsto, para o liderado do Partido Comunista , vencendo a Konstantin Chernenko , lider parlamentario dende habia tempo. Foi o primeiro xefe do KGB que obtivo ese posto. Herdou tamen de Brezhnev, a presidencia do Consello de Defensa do pais.

Durante o seu mandato fixo tentativas de mellorar a economia e de reducir a corrupcion. Tamen e lembrado pola sua campana contra o alcoholismo e polos esforzos para mellorar a disciplina no traballo. As duas campanas foron conducidas cunha vision administrativa tipicamente sovietica, e lembraban vagamente algunhas reminiscencias do stalinismo .

Fixo pouca cousa en termos de politica externa, continuando a guerra iniciada trala invasion de Afganistan . O seu goberno tamen estivo marcado pola deterioracion das relacions cos Estados Unidos a causa das actitudes fortemente antisovieticas de Ronald Reagan , exacerbadas polo derrubamento por parte duns cazas sovieticos dun avion civil surcoreano que invadiu o espazo aereo da URSS o 1 de setembro de 1983 e pola ampliacion dos misiles Pershing en Europa .

En febreiro de 1983, Andropov sufriu un fallo renal total. En agosto foi ingresado no Hospital Clinico Central de Moscova, onde pasou o resto da sua vida. A finais de febreiro de 1984 a sua saude deteriorouse enormemente e tivo periodos en que perdeu a consciencia. Faleceu o 9 de febreiro de 1984 as 16:50 no seu cuarto do hospital con 69 anos. [ 12 ] Foi sucedido por Konstantin Chernenko , que xa estaba enfermo cando chegou ao poder e pasou tamen tempo no hospital antes de falecer en 1985.

Legado [ editar | editar a fonte ]

Tumba de Andropov na necropole do Kremlin , Moscova

O legado de Andropov ainda e tema de debate, tanto en Rusia como noutros lugares, e tanto entre academicos como nos medios de comunicacion. Permanece no foco de varios documentais televisivos e en libros de non ficcion, particularmente en datas conmemorativas.

A pesar da sua lina dura en Hungria e de numerosas desterros e intrigas das cales foi responsabel durante a sua longa permanencia na direccion do KGB, foi moi lembrado por varios comentaristas como un reformador. Aapuntan como evidencias o feito de promover a Mikhail Gorbachev no Partido Comunista sovietico, e ser considerado un xefe da KGB particularmente tolerante. Tamen e lembrado como menos inclinado as reformas rapidas do que foi Gorbachev; o punto central das especulacions e se Andropov conseguiria ou non reformar a URSS de xeito tal que evitase o seu colapso .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Yury Vladimirovich Andropov | president of Union of Soviet Socialist Republics" . Encyclopædia Britannica (en ingles ) . Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2017 . Consultado o 14 de novembro de 2020 .  
  2. Akturk, ?ener (2012). Regimes of Ethnicity and Nationhood in Germany, Russia, and Turkey . Cambridge University Press. ISBN   978-1-139-85169-5 .  
  3. Jessup, John E. (1998). An Encyclopedic Dictionary of Conflict and Conflict Resolution, 1945?1996 . Westport, CT: Greenwood Press. p. 25. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2017 . Consultado o 14 de novembro de 2020 .  
  4. Kavanagh, Dennis (1998). "Andropov, Yuri" . A Dictionary of Political Biography . Oxford University Press. p. 15. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013 . Consultado o 31 de agosto de 2013 .  
  5. A Dictionary of 20th Century Communism . Editado por Silvio Pons e Robert Service. Princeton University Press. 2010.
  6. Leonid Mlechin . Yuri's childhood and other mysteries from the life of the Chairman article from the Sovershenno Sekretno newspaper № 5, 2008 (en ruso )
  7. 7,0 7,1 Babichenko, Denis (3 de outubro de 2005). Легендарная личность [Legendary Personality] . Itogi (en ruso) (40): 30?34. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2007 . Consultado o 14 de novembro de 2020 .  
  8. 8,0 8,1 8,2 "Biography of Yuri Andropov" (PDF) . Soviet Life (323): 1B. 1983 . Consultado o 19 de agosto de 2013 .  
  9. 9,0 9,1 Alexander Ostrovsky (2010) . Who Appointed Gorbachev? ? Moscova: Algorithm, pax. 187 ISBN 978-5-699-40627-2
  10. БИОГРАФИЧЕСКИЙ УКАЗАТЕЛЬ
  11. The Sword and the Shield: The Mitrokhin Archive and the Secret History of the KGB , Christopher Andrew (2000), pag. 204 Google E-Books
  12. Burns, John F. (11 de febreiro de 1984). "Andropov is Dead in Moscow at 69; Reagan Asks 'Productive Contacts' and Names Bush to Attend Funeral" . The New York Times (en ingles ) . ISSN   0362-4331 . Consultado o 11 de xullo de 2017 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]