한국   대만   중국   일본 
Xoan XXIII, papa - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Xoan XXIII, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXoan XXIII, papa

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (la) Ioannes PP. XXIII Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento (it) Angelo Giuseppe Roncalli Editar o valor em Wikidata
25 de novembro de 1881 Editar o valor em Wikidata
Sotto il Monte Giovanni XXIII, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte 3 de xuno de 1963 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Palacio Vaticano, Cidade do Vaticano Editar o valor em Wikidata
Causa da morte cancro de estomago Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Basilica de San Pedro (2000?)
Grutas vaticanas (1963?2000) Editar o valor em Wikidata
261º Papa
28 de outubro de 1958 ? 3 de xuno de 1963
←  Pio XII, papa ? Paulo VI, papa  →
Cardeal presbitero Santa Priscila (pt) Traducir
29 de outubro de 1953 ? 28 de outubro de 1958
←  Adeodato Giovanni Piazza ? Giovanni Urbani  →
Patriarch of Venice (en) Traducir
15 de xaneiro de 1953 ? 28 de outubro de 1958
←  Carlo Agostini ? Giovanni Urbani  →
Cardeal
12 de xaneiro de 1953 ?
Apostolic Nuncio to France (en) Traducir Apostolic Nunciature to France (en) Traducir
22 de decembro de 1944 ? 12 de xaneiro de 1953
←  Valerio Valeri ? Paolo Marella  →
Arcebispo titular
30 de novembro de 1934 ?
Diocese: Mesembria (en) Traducir
Visitador apostolico Bulgaria
3 de marzo de 1925 ?
Arcebispo titular
3 de marzo de 1925 ?
Diocese: Areopolis (en) Traducir
Diacono
18 de decembro de 1903 ?
Delegado apostolico (pt) Traducir Bulgaria
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Italia (1946?1963)
Reino de Italia (1881?1946)
Cidade do Vaticano Editar o valor em Wikidata
Relixion Igrexa catolica Editar o valor em Wikidata
Educacion Pontificio Seminario Romano (pt) Traducir
Universidade de Roma La Sapienza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Venecia (1953?1958)
Cidade do Vaticano (1953?1963)
Paris (1944?1953)
Sofia (1925?1934)
Roma Editar o valor em Wikidata
Ocupacion Sacerdote catolico de rito romano (1904?) , diacono (1903?) Editar o valor em Wikidata
Influencias
Lingua Lingua italiana , lingua latina , lingua portuguesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militar Tenente   (1916?) Editar o valor em Wikidata
Conflito Primeira guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Consagracion Giovanni Tacci Porcelli (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Dia de festividade relixiosa 11 de outubro Editar o valor em Wikidata
Participou en
11 de outubro de 1962 Concilio Vaticano Segundo
28 de outubro de 1958 conclave de 1958 Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Conxuxe sen valor
Pai Giovanni Battista Roncalli Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata
(la) Oboedientia et Pax Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1721425 Dialnet: 3147412 Musicbrainz: d39663e2-360b-44ea-81a2-2829539d72e4 Discogs: 565490 IMSLP: Category:Pope,_John_XXIII WikiTree: Roncalli-1 Find a Grave: 2380 Editar o valor em Wikidata

Xoan XXIII , en latin Ioannes PP. XXIII , nado como Angelo Giuseppe Roncalli en Sotto il Monte , Bergamo , o 25 de novembro de 1881 e finado en Roma o 3 de xuno de 1963 , foi o papa n.º 261 da Igrexa catolica, [ 1 ] bispo da diocese de Roma e soberano da Cidade do Vaticano dende o 28 de outubro de 1958 ata a sua morte.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Primeiros anos [ editar | editar a fonte ]

Naceu o 25 de novembro de 1881 no casario Brusico de Sotto il Monte, provincia de Bergamo. Era o cuarto dos trece fillos (e o maior dos homes) que tiveron Giovanni Battista Roncalli e de Mariana Mazzola. [ 2 ] A sua familia traballaba como labregos nun terreo arrendado; como contraste, o seu predecesor Pio XII provina dunha antiga familia aristocratica italiana, tradicionalmente ao servizo do papado . No ambiente da sua humilde familia, encabezada polo seu tio avo (e padrino) Zaverio, [ 3 ] desenvolveu a sua fe cristia .

En 1892 entrou no Seminario de Bergamo para cursa-los estudos superiores, [ 4 ] grazas a axuda economica do parroco Rebuzzini e de Giovanni Morlani (propietario das terras cultivadas polos Roncalli). No seminario comezou a practica, que continuaria ata a sua morte, de redactar unhas notas espirituais, que quedaron recollidas no seu "Giornale dell' Anima" . [ 5 ]

A causa da sua capacidade, en 1901 foi enviado a Roma para segui-los seus estudos como alumno do Seminario Romano dell'Apollinare. Foi ordenado sacerdote o 10 de agosto de 1904 . [ 6 ]

Sacerdocio e labor apostolico [ editar | editar a fonte ]

En 1905 o bispo de Bergamo, Monsenor Giacomo Radini Tedeschi nomeouno o seu secretario [ 7 ] e o ano seguinte foi encargado da ensinanza de Historia e Patroloxia no Seminario de Bergamo. Ocupou estes postos ata a morte en 1914 do seu bispo, como sempre lembraria a Monsenor Radini Tedeschi.

Durante a primeira guerra mundial , exerceu primeiro de sarxento medico e mais tarde de capelan militar. [ 8 ] En 1921 , foi chamado dende Roma polo papa Bieito XV para ocupa-lo cargo de Presidente para Italia do Consello Central da Obra Pontificia da Propagacion da Fe. [ 9 ]

O 19 de marzo de 1925 Monsenor Angelo Giuseppe Roncalli foi consagrado bispo, e elixiu como lema episcopal "Obedientia et Pax" (obediencia e paz). O papa Pio XI nomeouno Visitador Apostolico de Bulgaria este mesmo ano, onde permaneceu dez anos. Ali realizou o seu labor apostolico visitando as comunidades catolicas e establecendo relacions de respecto e estima con outras comunidades cristias, en especial da Igrexa Ortodoxa Bulgara .

En 1934 foi trasladado a Nunciatura en Turquia ; ali, ademais, asumiu as funcions de administrador apostolico da vigairia apostolica de Constantinopla , vacante dende 1925. [ 10 ]

A sua intervencion foi indispensable para socorrer os xudeus ante a persecucion nazi .

O mes de decembro de 1944 o Papa Pio XII nomeouno nuncio apostolico de Paris. Contribuiu a normaliza-la organizacion eclesiastica en Francia, desestabilizada polos numerosos bispos que colaboraran cos alemans. Grazas a sua cortesia, a sua simplicidade e a sua amabilidade puido resolve-los problemas e conquista-lo corazon dos franceses e de todo o Corpo Diplomatico.

Patriarca de Venecia [ editar | editar a fonte ]

En 1953 , o Papa Pio XII nomeao cardeal e enviao a Venecia como Patriarca. En 1954 , coincidindo co Ano Santo Xacobeo , visitou Santiago de Compostela , convidado polo arcebispo compostelan e amigo seu Fernando Quiroga Palacios . Chegou o 22 de xullo procedente de Donostia logo de parar en Lugo , e permaneceu na cidade ate o dia 24 [ 11 ] .

Pontificado [ editar | editar a fonte ]

Escultura de Xoan XXIII, obra de Camilo Nogueira Martinez , en Vigo.

O 28 de outubro de 1958 , contando con 77 anos, Roncalli foi elixido Papa ante a sorpresa de todo o mundo. [ Compre referencia ] Escolleu o nome de Xoan (nome do seu pai e do patron da sua vila natal).

Despois do longo pontificado do seu predecesor, os cardeais lle semellaron escoller un papa de transicion a causa da sua avanzada idade e da sua modestia persoal. Nin os cardeais nin o resto da Igrexa agardaban que o temperamento ledo, a calidez e a xenerosidade do papa Xoan XXIII seducisen os afectos do mundo dunha forma en que o seu predecesor (con toda a sua sabedoria e santidade) non puido. [ Compre referencia ]

En seguida empezou unha nova forma de facer de Papa. Foi o primeiro Papa, dende 1870 , que exerceu o seu ministerio de bispo de Roma visitando persoalmente as parroquias da sua Diocese. O cabo de dous meses de ser elixido, deu exemplo de obras de misericordia : por Nadal visitou os nenos enfermos dos hospitais Espirito Santo e Neno Xesus; o dia seguinte foi a visita-los prisioneiros do carcere Regina Coeli.

Na sua primeira medida de goberno vaticano, que o enfrontou co resto da curia , reduciu os altos salarios (e a vida de luxo que, en bastantes ocasions, levaban os bispos e cardeais). Asi mesmo, dignificou as condicions laborais dos traballadores do Vaticano, que ata ese momento carecian de moitos dos dereitos dos traballadores de Europa , ademais retribuidos con moi baixos salarios por parte do Vaticano.

Tres meses despois da sua eleccion, o 25 de xaneiro de 1959 , na Basilica de San Paulo Extramuros , ante a sorpresa de todo o mundo anunciou o XXI Concilio Ecumenico -que posteriormente foi chamado Concilio Vaticano II -, o I Sinode da Diocese de Roma e a revision do Codigo de Dereito Canonico.

O 2 de decembro de 1960 reuniuse no Vaticano durante unha hora co Arcebispo de Canterbury , o Reverendisimo Geoffrey Francis Fisher. Era a primeira vez en mais de 400 anos, dende a excomunon de Isabel I , que o Arcebispo de Canterbury se reunia co Papa. Durante o seu Pontificado nomeou 37 novos cardeais, entre os cales por primeira vez un de Tanzania , un xapones, un filipino e un mexicano.

O papa Xoan XXIII escribiu oito enciclicas en total. O seu maxisterio social nas Enciclicas " Mater et Magistra " e, sobre todo, " Pacem in terris " foi fondamente apreciado. En ambas pastorais insistese sobre os dereitos e deberes derivados da dignidade do home como criatura de Deus.

O 11 de outubro de 1962 o papa Roncalli abriu o Concilio Vaticano II en San Pedro. Este Concilio cambiaria a face do Catolicismo : unha nova liturxia (mais sinxela e proxima os fieis), un novo ecumenismo e un novo achegamento o mundo.

Dende a apertura do Concilio, o papa Xoan XXIII indica a precisa orientacion dos obxectivos: non se trataba de definir novas verdades nin condenar erros, senon que era necesario renova-la Igrexa para facela capaz de transmiti-lo Evanxeo nos novos tempos, busca-los caminos de unidade das Igrexas cristias , procura-lo bo dos novos tempos e establecer dialogo co mundo moderno centrandose primeiro "no que nos une e non naquilo que nos separa".

O Concilio foron convidados como observadores, non so membros de todalas Igrexas cristias (Ortodoxa, Protestantes e Evanxelicas, en xeral) senon membros de diversos credos dende crentes islamicos ata indios americanos.

Morte e canonizacion [ editar | editar a fonte ]

O 23 de maio de 1963 anunciabase publicamente a enfermidade do Papa ( cancro de estomago ). Xoan XXIII morreu en Roma o 3 de xuno de 1963 . Na memoria de moitos, o Papa Xoan XXIII quedou como "o Papa bo" ou como "o Papa mais amado a historia". Os seus restos embalsamados actualmente descansan na Basilica de San Pedro, en Roma.

A causa de beatificacion foi introducida polo seu sucesor Paulo VI en 1965 , despois da clausura do Concilio Vaticano II. O papa Xoan XXIII foi beatificado por Xoan Paulo II o 3 de setembro de 2000 , e a sua festa liturxica quedou fixada o 11 de outubro , dia da apertura do Concilio Vaticano II.

Canonizacion [ editar | editar a fonte ]

O 5 de xullo de 2013 o papa Francisco aprobou os decretos da Congregacion para as Causas dos Santos que abriron a porta a canonizacion de Xoan XXIII e Xoan Paulo II. [ 12 ]

O 30 de setembro do mesmo ano, anunciouse que a cerimonia conxunta de canonizacion de ambos papas tera lugar en abril de 2014 . [ 13 ]

Finalmente, o 27 de abril de 2014 , ante unha multitume congregada na praza de San Pedro do Vaticano , que se estima nuns 800.000 peregrinos chegados de todo o mundo, o papa Francisco proclamou a canonizacion de Xoan XXIII, xunto a de Xoan Paulo II , pedindo en latin , coa formula ritual, que se inscribise aos dous papas no Libro dos Santos . Foi un dia historico xa chamado "o dos catro papas", xa que, ademais de que Francisco proclamou santos a Angelo Roncalli e Karol Wojtyła, a esquerda do altar onde se concelebrou a misa, estivo o papa emerito Bieito XVI , a quen o papa arxentino abrazou antes de comezar a ceromonia e ao finalizar a mesma. Na homilia da misa, Francisco destacou que ambos os novos santos "restauraron e actualizaron a Igrexa" a sua imaxe orixinal. O papa terminou a cerimonia saudando as 93 delegacions asistentes, entre as que habia 24 xefes de Estado e de Goberno, e entre os que se encontraban os reis de Espana e de Belxica , ademais dos presidentes de Paraguai , Honduras , O Salvador , Ecuador , Albania , Croacia e Polonia , entre outros. [ 14 ]

Obras [ editar | editar a fonte ]

Constitucions apostolicas [ editar | editar a fonte ]

Enciclicas [ editar | editar a fonte ]

As enciclicas do seu papado, por orde cronoloxica, foron as seguintes: [ 15 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "The List of Popes" . Catholic Encyclopedia (en ingles) . Consultado o 5 de marzo de 2014 .  
  2. Tornielli, 2000, pp. 11-12.
  3. Sgarbossa, 2000, p. 12
  4. Tornielli, 2000, p. 23.
  5. Tornielli, 2000, p. 25.
  6. Trevor, 2000, p. 47.
  7. Trevor, 2000, p. 62.
  8. Capovilla, 2001, p. 28.
  9. Capovilla, 2001, p. 29.
  10. BENIGNI, Mario (2000). San Paolo, ed. Giovanni XXIII: biografia ufficiale (en italiano) . p. 208. ISBN   9788821542671 .  
  11. "Xoan XXIII visitou Galicia en 1954, antes de ser Papa" Arquivado 11/03/2016, en Wayback Machine ., artigo en La Voz de Galicia , 2 de setembro de 2000.
  12. News.va (ed.). "Decretos de la Congregacion para las Causas de los Santos: Juan XXIII y Juan Pablo II Seran canonizados" (en castelan) . Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014 . Consultado o 6 de marzo de 2014 .  
  13. Ver noticia
  14. La Vosz de Galicia , 27-04-1014.
  15. vatican.va (ed.). "Encicliche di Giovanni XXIII - La Santa Sede - Il Santo Padre" (en italiano) . Consultado o 6 de marzo de 2014 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]