Kenya
[
1
]
oficialmente
Republica de Kenya
, e un pais da
Africa oriental
e membro fundador da
Comunidade Africana Oriental
(CAO). A sua capital e meirande cidade e
Nairobi
. O territorio de Kenya atopase no
ecuador
e superponse o
Rift de Africa Oriental
cubrindo un extenso e diverso terreo que abrangue dende o
lago Vitoria
ate o
lago Turkana
(antigamente chamado
lago Rudolph
) e cara ao sueste co
oceano Indico
. Ten fronteira con
Tanzania
polo sur, con
Uganda
polo oeste, co
Sudan do Sur
polo noroeste, con
Etiopia
polo norte e con
Somalia
polo nordes. Kenya abrangue 581 309 km², e no 2014 tina unha poboacion aproximada de 45 millons de persoas.
[
2
]
Kenya ten un clima calido, humido e tropical na lina costeira do
oceano Indico
. O clima e mais frio nas
sabanas
arredor da capital, Nairobi, e especialmente preto do
monte Kenya
, que ten neve de forma permanente no seu cumio. Mais no interior, na provincia de
Nyanza
, hai un clima quente e seco que se converte en humido arredor do
Lago Vitoria
, o meirande lago tropical de auga doce do mundo. O lago da paso as zonas montanosas temperadas e boscosas da vecina rexion occidental. As rexions do nordes na fronteira con Somalia e Etiopia son areas aridas e semiaridas case
deserticas
. Kenya e tradicionalmente famoso polos seus
safaris
, o clima e a xeografia diversos e polas suas grandes reservas e parques nacionais, como
Parque Nacional de Tsavo Leste
e
Oeste
, o
Maasai Mara
, o
lago Nakuru
e o
Parque Nacional de Aberdare
. Kenya ten varios lugares
Patrimonio da Humanidade
como a cidade de
Lamu
e varias praias famosas como
Diani
,
Bamburi
e
Kilifi
, onde se celebran cada ano competicions internacionais de vela.
A rexion dos
Grandes Lagos Africanos
, da cal forma parte Kenya, foi habitada polo ser humano dende o
Paleolitico inferior
. Arredor do primeiro milenio da nosa era, a
expansion bantu
chegou ate a zona dende
Africa Occidental
e Central. As fronteiras do estado moderno comprenden a encrucillada das areas
nixer-congo
,
nilo-saharianas
e
afroasiaticas
do continente, representando a maioria de grupos etnolinguisticos que hai en Africa. As poboacions
bantu
e
niloticos
constituen xuntas arredor do 97% dos habitantes do pais.
[
3
]
A presenza arabe e europea en
Mombasa
data de comezos da
Idade Moderna
, e a exploracion europea do interior de Africa comezou no seculo XIX. O
Imperio Britanico
estabeleceu o protectorado da
Africa Oriental Britanica
en 1895, que en 1920 deu paso a
Colonia de Kenya
. Kenya obtivo a independencia en decembro de 1963. Segundo o referendo de agosto de 2010 e a adopcion dunha nova
constitucion
, Kenya esta dividida en 47
condados
semi-autonomos gobernados por gobernadores electos.
A capital, Nairobi, e o centro rexional do comercio. A
economia de Kenya
e a maior de Africa Oriental e Central.
[
4
]
[
5
]
A agricultura e a principal actividade economica, e o pais exporta tradicionalmente te e cafe, e mais recentemente, flores frescas cara a Europa. O
sector terciario
tamen e un importante aspecto da sua economia.
A palabra
Kenya
procede do nome
kamba
para o
Monte Kenya
,
Kiinyaa
. As prehistoricas erupcions volcanicas do Monte Kenya (hoxe
extinto
) puideron ser a orixe da sua asociacion cunha divindade e co
mito da creacion
entre grupos etnicos
kikuyu
, que son os habitantes nativos da area agricola arredor do Monte Kenya.
No seculo XIX, o explorador aleman
Johann Ludwig Krapf
estivo co
pobo kamba
cando viu por vez primeira o monte. Cando preguntou polo nome da montana, responderonlle "
K?-Nyaa
" ou "
K??ma- K??nyaa
" probablemente porque a vision da rocha negra coroada de branco pola neve lles lembraba as plumas dun avestruz.
[
6
]
Os agikuyu, que habitan a beira do monte Kenya, K?r?ma K?r?nyaga en
Kikuyu
, que e bastante semellante o nome kamba.
Ludwig Krapf
rexistrou os dous nomes,
Kenia
e
Kegnia
(considerado como unha corrupcion da version kamba).
[
7
]
[
8
]
Malia a controversia sobre o significado da palabra Kenya, esta amplamente aceptado que foi o nome da montana o que lle deu o nome o pais.
Kenya atopase situada no leste de
Africa
, nas costas do
Indico
. Limita ao norte con
Sudan
e
Etiopia
, ao nordeste con
Somalia
, ao oeste con
Uganda
, ao sur con
Tanzania
e ao leste co
oceano Indico
.
A superficie total de Kenya e de 582.650 km², e conta con 536 km de costa no oceano Indico. O clima varia do tropical na zona costeira ao arido no interior.
O
Monte Kenya
, que da nome ao pais, encontrase no centro do territorio, ao norte de Nairobi, e o cume mais alto do estado e o segundo de Africa, tralo
Kilimanjaro
. Este ultimo esta tamen parcialmente en Kenya, mais a sua cima mais elevada emprazase na sua totalidade o territorio de Tanzania.
- ↑
Definicions no
Dicionario da Real Academia Galega
e no
Portal das Palabras
para
kenyano
.
- ↑
Central Intelligence Agency (2012).
The World Factbook
, ed.
"Kenya"
. Arquivado dende
o orixinal
o 31 de agosto de 2020
. Consultado o 28 de maio de 2013
.
- ↑
Asongu, J. J. and Marr, Marvee (2007). Greenview Publishing Co., ed.
Doing Business Abroad: A Handbook for Expatriates
. pp. 12 & 112.
ISBN
0979797632
.
- ↑
Ethiopia GDP purchasing power 2010: 86 billion
. Imf.org. 14 de setembro de 2006.
- ↑
Kenya GDP purchasing power 2010: 66 B llion
. Imf.org. 14 de setembro de 2006.
- ↑
Sullivan, Paul (2006). Mkuki na Nyota Publishers, ed.
Kikuyu Districts
. Dar es Salaam, Tanzania.
- ↑
Krapf, Johann Ludwig (1860). Frank Cass & Co. Ltd, ed.
Travels, Researches, and Missionary Labours in Eastern Africa
. Londres.
- ↑
Krapf, Johann Ludwig (13 de maio de 1850). "Extract from Krapf's diary".
Church Missionary Intelligencer
i
: 452.