한국   대만   중국   일본 
Kampala - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Kampala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaKampala
Fotomontaxe
Imaxe

Localizacion
Mapa
  0°18′49″N 32°34′52″L  /  0.3136, 32.5811 Coordenadas : 0°18′49″N 32°34′52″L  /  0.3136, 32.5811
Estado Uganda
Rexion Regiao Central (pt) Traducir
Distrito Distrito Kampala Editar o valor em Wikidata
Capital de
Conten a division administrativa
Poboacion
Poboacion 1.680.600 (2019) Editar o valor em Wikidata (8.892,06 hab./km² )
Xeografia
Superficie 189.000.000 m² Editar o valor em Wikidata
Banado por Lago Vitoria Editar o valor em Wikidata
Altitude 1.190 m Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
• Presidente (pt) Traducir Editar o valor em WikidataErias Lukwago (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Paxina web kcca.go.ug Editar o valor em Wikidata
BNE: XX458328

Kampala e a capital de Uganda , en Africa central e cunha poboacion de 1 208 544 habitantes, segundo o censo de 2002 , e a maior aglomeracion urbana do pais. Esta situada no distrito homonimo , a unha altura de 1.189 metros sobre o nivel do mar. A cidade goza dun clima amornado pola sua altitude, a pesar da sua proximidade ao ecuador terrestre .

As suas actividades economicas mais destacables son a industria, en especial a mobiliaria e a maquinaria, asi como a exportacion de produtos agricolas como cafe , algodon , te e azucre .

Existe un aeroporto internacional en Entebbe , a uns 35 quilometros de distancia, asi como un porto sobre a beira do Lago Vitoria a 10 quilometros, Port Bell .

No sector de Makarere Hill pode acharse o campus principal da Universidade de Makarere , un dos principais centros de estudos superiores de Africa central e oriental. Kampala e tamen a sede do Banco de Desenvolvemento da Africa Oriental.

De acordo coa enquisa do bienio 2004-05 realizada polo Ministerio de Saude, Kampala posue o maior indice de infeccion por VIH . O 9´2% dos adultos achase infectado, taxa que se dispara ao 47% en canto aos traballadores sexuais refirese.

Orixe do nome [ editar | editar a fonte ]

Antes da chegada dos britanicos , o Kabaka ou rei de Buganda elixira a zona que se converteria en Kampala como un dos seus refuxios de caza. A zona esta formada de outeiros onduladas e exuberantes zonas humidas. E unha zona de cria ideal para varios antilopes -particularmente o impala. Cando os britanicos chegaron a zona chamarona os Outeiros dos Impala ( Hills of the Impala en ingles ).

A lingua dos baganda , o luganda , adoptou moitas palabras do ingles debido a interaccion dos seus falantes cos britanicos. Desta forma, os baganda traduciron "os Outeiros dos Impala " como Kasozi ka Empala - "Kasozi" significa "outeiro", "ka" significa "de" e "empala" significa "impala". Ao falar en lugandes, as palabras ka e empala pronuncianse xuntas, como unha soa palabra, Kaampala . Pronto, cando o kabaka ia cazar os baganda dician Kabaka agenze e "ka Empala" , que significa, "O kabaka foi a Ka'mpala". O nome Kampala axina foi adoptado.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Kampala expandiuse ao redor dun forte construido por Frederick Lugard en 1890 para a Compania Britanica da Africa Oriental. En 1962 , Kampala substituiu a Entebbe como capital nacional. Gran parte da cidade foi destruida en 1979 tras o derrocamento do goberno ditatorial de Idi Amin e a subseguinte guerra civil.

Patrimonio da Humanidade [ editar | editar a fonte ]

As Tumbas dos reis de Buganda en Kasubi localizadas no outeiro de Kasubi da capital, foron incluidas no Patrimonio da Humanidade da Unesco no ano 2001 .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]