Bicicleta

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bicicleta de estrada.
Tandem nun cadro de Casas, 1897.
Ciclista montado nun velocipede en Cracovia , Polonia .
Carreira ciclista en Leipzig , 1960 .

Unha bicicleta ( Gl-bicicleta.ogg pronunciacion ) (do frances bicyclette , e este do latin bis , "duas veces", e do grego κ?κλο?, kuklos , "circulo") e un vehiculo sen motor de duas rodas dispostas en lina e fixadas a un cadro. Serve para o transporte de persoas e mercancias. Movese grazas a forza que o ciclista exerce sobre os pedais , que e transmitida as rodas.

O nome do vehiculo moderno data de 1869 . Varios antecedentes desta maquina foron conecidos como velocipedes , nome que data do seculo XVIII .

En moitos paises a bicicleta e un dos principais medios de locomocion e de transporte de mercadorias para distancias curtas e medias. E un medio de transporte san, ecoloxico, sostible e moi economico, tanto para trasladarse por cidade coma por zonas rurais. O seu uso esta especialmente difundido nos paises da Europa central e nordica e nos paises pouco desenvolvidos. [ 1 ] Tamen existen diversas modalidades deportivas que se practican con este vehiculo.

Introducida no seculo XIX en Europa , tivo un impacto considerable na historia, tanto na cultura como na industria . No ano 1996 fabricaronse 101 millons de bicicletas e so entre 1990 e 1996 mais de 700 millons. No mundo hai mais de 1.000 millons de bicicletas, mais do dobre que automobiles, e a sua fabricacion triplicou a destes todos os anos dende 1987 . [ 2 ]

Historia [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Historia da bicicleta .

A Asemblea Xeral das Nacions Unidas declarou o 3 de xuno como o Dia Mundial da Bicicleta co obxectivo de promover o uso da bicicleta como medio para fomentar o desenvolvemento sostible e reivindicar unhas infraestruturas seguras para andar en bicicleta (entre outras actividades fisicas), un camino para alcanzar unha maior equidade en materia de saude [ 3 ] .

Antecedentes [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Draisienne .
Reproducion da bicicleta de Leonardo.
Evolucion da bicicleta.
Diversos modelos de velocipedes, bicicletas e monociclos, 1887 .

As primeiras noticias que se tenen sobre aparatos semellantes a unha bicicleta datan do ano 1490 aproximadamente, na obra "Codex Atlanticus" de Leonardo da Vinci . Neles pode verse un esbozo dunha bicicleta con transmision de cadea impulsada por uns pedais, o mesmo metodo empregado pola maioria das actuais.

A bicicleta actual proven da evolucion dunha serie de modelos de maquina de caminar que apareceron en Europa a partir do seculo XVIII . O primeiro deles foi o velocifere , inventado polo conde de Sivrac en 1790 , que se puxo de moda entre os mozos da alta sociedade. Tina duas rodas fixas suxeitas a unha pesada ponte de madeira . O condutor dabase impulso cos pes sobre o chan e para variar a direccion tina que deterse e desviar a roda dianteira. En 1816 Karl von Drais introduciu a roda dianteira orientable, dando nacemento a draisienne , que en 1819 o ingles Krnught construiu en ferro . En 1861 Pierre Michaux, mecanico parisiense, instalou no eixo dianteiro da draisienne duas manivelas que se puidesen accionar cos pes, a modo de pedais. Cunha roda dianteira de 1 metro de diametro obtinase un desenvolvemento de tres metros, co que efectuando 30 voltas de pedal por minuto se chegaba a unha velocidade de 5 km/h. A falta de suspension mitigouse aumentando o tamano da roda dianteira, o cal permitiu alcanzar maiores velocidades. [ 2 ] [ 4 ]

Primeiros modelos [ editar | editar a fonte ]

Dentro desta lina evolutiva, o velocipede e un punto de transicion. Os enxeneiros ingleses James Starley e William Hillman patentaron en 1870 o primeiro modelo metalico, que foi ganando popularidade e estivo de moda ata a decada de 1890 . [ 4 ] O velocipede tina duas rodas de tamano desigual unidas por un arco sobre o cal se asentaba a sela, e as bielas exercian a sua forza directamente sobre o eixo da roda dianteira, a de maior tamano. Os primeiros usuarios de velocipedes eran mozos de clase acomodada que cos seus vehiculos comezaron a facer un uso diferente do espazo publico que esixia unha certa coraxe e habilidade. Non era un vehiculo apto para percorridos longos e as mulleres e as persoas de idade avanzada considerabano perigoso e inseguro.

A demanda de velocipedes mais rapidos orixinou a aparicion do Rudge Ordinary , cunha roda dianteira de 1,40 m de diametro. O interese de adecuar o velocipede a outros tipos de usuarios levou a facer experimentos como inverter as rodas, como no Pony Star , ou reducir a roda dianteira e atrasar a sela, como na bicyclette do britanico H.J. Lawson. A adaptacion da transmision a base de cadea, catarina e pinon, obra de Lawson e do frances Guilmet en 1879 e mellorada por H. Renold en 1880 , permitiu aumentar a velocidade . Estas innovacions e outras posteriores posibilitaron que a bicicleta pasase a ser un medio de transporte cun uso alen do estritamente deportivo. [ 5 ]

Bicicleta moderna [ editar | editar a fonte ]

Alexander de Riquer , cartel anunciador dun salon de ciclismo en Madrid , 1897 .

Os elementos constitutivos da actual bicicleta foron inventados nas ultimas decadas do seculo XIX : dinamo, pneumaticos, tensor de cambio, roda libre etc. O biciclo Rutge non superaba os 10 quilos de peso e o aspecto da bicicleta de J.L. Starley, a quen Lawson vendeu a sua patente, non diferia moito do dunha actual: rodas con rodamentos, raios cruzados, transmision por cadea, sela de coiro e suspension. [ 2 ]

En 1867 Adler recubriu a lamia da roda cunha banda de caucho e aplicou rodamentos aos eixos; en 1869 substituironse os raios de madeira por outros de arame; en 1885 o suizo Renold inventou a cadea e aplicouna como modo de transmision a roda traseira; John Boyd Dunlop inventou o sistema de camara e cuberta de caucho en 1888 , sendo un adolescente; no ano 1890 comezanse a construir os cadros con tubo metalico, deixando de lado a madeira e o metal macizo; en 1896 introducironse os rodamentos de bolas, que permitiron liberar a roda motriz do eixo base dos pedais, xa que ata enton ambos conxuntos xiraban ao mesmo tempo, obrigando ao ciclista a manter as suas pernas en constante movemento; no mesmo ano os irmans Wright incorporan os eixos selados, que permitiron manter unha lubricacion constante dos rodamentos. [ 6 ] Os progresos posteriores, despois do invento do cambio de marchas, foron minimos ata a decada de 1970

Nas decadas de 1960 e 1970 a contaminacion atmosferica polos gases dos automobiles e a crise mundial do petroleo incrementou o interese pola bicicleta. A popularidade da bicicleta aumentou e en moitas cidades estableceronse carris para bicicleta e rutas exclusivas para ciclistas. A importancia dada a forma fisica nas decadas de 1970 e 1980 contribuiron a sua popularidade. Xeneralizouse a bicicleta de estrada lixeira de dez velocidades con freos de man e pneumaticos estreitos de alta presion. Na decada de 1980 apareceron as bicicletas todo terreo, con pneumaticos de banda de rodadura profunda e un cadro mais forte. Xa na decada de 1990 fixeron aparicion as electricas, que aumentaron a sua producion un 78% so en 1997 . [ 2 ] [ 7 ]

Desenvolvemento dunha roda de 700 mm, segundo o numero de dentes das catarinas e dos pinons.

Unha bicicleta que recibe un bo mantemento pode percorrer 300.000 km. Un ciclista gasta cinco veces menos enerxia (0,15 cal/gr.km) que unha persoa que camina (0,75 cal/gr.km). Desprazarse en bicicleta pola cidade require 25 veces menos enerxia que facelo en transporte publico e 53 veces menos que en automobil. Mentres que o automobil pode desprazar entre 120 e 220 persoas por metro de anchura de rua e por hora, a unha velocidade de entre 15 e 25 km/h, a bicicleta pode desprazar 1.500 persoas na mesma dimension de rua entre 10 e 14 km/h. Ademais, no espazo que ocupa un coche aparcado poden deixarse 18 bicicletas. [ 2 ]

Aspectos morfoloxicos e mecanicos [ editar | editar a fonte ]

Tipos de bicicleta [ editar | editar a fonte ]

A principal clasificacion das bicicletas toma en conta a funcion para a que estan desenadas. Asi os principais tipos de bicicletas son:

De montana.
De cross.
Estatica.
De estrada.
Urbana.
Tandem.
Tall bike .
Electrica.
De pinon fixo.
Pregable.
Reclinada.
De transporte.
  • Todo terreo ( BTT ) ou de montana . E unha bicicleta destinada a terreos agrestes, polo que a resistencia das suas partes e un punto principal e tamen a proteccion das suas partes a lama e a terra . Conta con diversas velocidades para adaptar o pedaleo as diversas variacions do terreo.
  • Cross ou BMX . E unha bicicleta de cadro e rodas de diametro pequeno; o tamano das suas rodas mais comun e de 20" e e destinada principalmente a acrobacias e competicions de velocidade en saltos. Normalmente non conta con cambio de velocidades, senon cunha relacion fixa.
  • Estatica ou para exercicios. E unha bicicleta estatica cunha soa roda cun sistema de friccion gradual que simula pendentes, un componente basico nun medidor de velocidade e mais un de quilometraxe.
  • De estrada ou de carreiras . E unha bicicleta de cadro e rodas relativamente grandes onde a lixeireza e importante. Ten o guiador caido para que o ciclista adopte posicions aerodinamicas.
  • Hibrida ou de cicloturismo . E unha bicicleta destinada a cidade ou a caminos en bo estado. O seu deseno presta atencion a comodidade a custa de ganar peso con elementos como a sela e o guiador comodos. Conta xeralmente cunha ou mais canastras para o transporte de obxectos e e comun que tenan accesorios urbanos como timbres, espellos e luces.
  • Para discapacitados . Hai varios tipos de bicicleta para xente con diversos tipos de discapacidade : handbikes (direccion, propulsion e freo accionanse cos brazos), tandems (bicicletas con dobre pedal para discapacitados visuais que necesitan ir acompanados dun guia ), triciclos (bicicletas de tres rodas para discapacitados con problemas de coordinacion e equilibrio ), cuadriciclos (bicicletas de catro rodas e dobre pedal para discapacitados psiquicos que van acompanados dun monitor ou acompanante).
  • Artisticas . Tenen formas que non perseguen estritamente unha funcionalidade. Empreganse sobre todo en espectaculos, manifestacions na rua e actividades festivas .
  • Electricas . Estan movidas por un pequeno motor electrico alimentado por unha bateria. Algunhas cargan a bateria con enerxia da rede, outras almacenan a enerxia cinetica da bicicleta nos freados e hainas tamen que aproveitan a enerxia solar por medio duns paneis fotovoltaicos .
  • De pinon fixo . Non tenen freos nin velocidades. Os pedais e a cadea moven ou detenen a roda traseira, que se move sempre co pinon. A presion dos pes sobre as rodas e a derrapaxe lateral da roda traseira axudan a deter a bicicleta.
  • Pregables . Unha serie de articulacions permiten reducir o tamano da bicicleta a unha pequena parte do habitual. Idonea para un uso combinado con outros modos de transporte.
  • Reclinadas . O ciclista adopta unha posicion deitada durante o pedaleo. Chegan a desenvolver grandes velocidades debido a sua aerodinamicidade. A postura e mais ergonomica que a habitual.
  • De carga . Tenen formas variadas, sendo unha delas a chamada bicicleta de Christiania . O cadro incorpora un cubiculo no que viaxa a carga. Existen modelos axeitados para o transporte de viaxeiros.

Partes componentes [ editar | editar a fonte ]

Partes dunha bicicleta
Artigo principal : Mecanica da bicicleta .

A grandes trazos, as partes da bicicleta en xeral son: [ 8 ]

  • Cadro : soporte de todos os demais elementos, construense en diversos talles e materiais.
  • Transmision : os pedais recollen a forza das pernas para transmitila a roda traseira.
  • Freos : disipan a enerxia cinetica para variar a velocidade da bicicleta.
  • Rodas : hainas de raios, de bastons ou lenticulares.
  • Direccion : controla a traxectoria da bicicleta.
  • Sela : adaptada a anatomia do ciclista para soportar o seu peso.
Cadro
  • 1 Tubo superior
  • 2 Tubo inferior
  • 3 Tubo da sela
  • 4 Vaina superior
  • 5 Vaina inferior
Transmision
Freos
  • 6 Freos traseiros
  • 21 Freos dianteiros
Rodas
Direccion
Sela

Medio de transporte [ editar | editar a fonte ]

Obreiro berlines carrexando os seus cativos, 1932 .
Aparcadoiro de bicicletas en Ribadeo.
Aparcadoiro de bicicletas en Copenhaguen , Dinamarca .
Producion de bicicletas e automobiles entre 1950 e 2003 .

Popularizacion [ editar | editar a fonte ]

A configuracion gradual da actual bicicleta, que culmina contra o fin do seculo XIX, obedece ao desexo de contar cun vehiculo autopropulsado que permita ao seu usuario desprazarse con autonomia e a unha velocidade superior a de calquera outro. Esta demanda xerou unha importante industria que proporcionaba uns beneficios tanto mais substanciosos canto mais perfeccionados eran os modelos de bicicletas que aparecian no mercado . Se ben nos primeiros tempos os velocipedes eran cousa de mozos de clase acomodada polo seu elevado custe, o interese por chegar a un mercado cada vez mais amplo, unido as melloras tecnicas e de seguridade, determinaron a popularizacion da bicicleta a partir da sua incorporacion a usos mais produtivos que ludicos. A difusion do uso da bicicleta atopou en Espana duas dificultades que lle fixeron imposible situarse ao mesmo nivel que outros paises europeos: por unha banda a practica inexistencia de fabricantes nacionais de bicicletas e accesorios, o que se traduciu en prezos relativamente elevados, e por outra o mal estado xeral das vias. [ 9 ]

Noutros paises europeos a posta en practica de politicas de promocion activa do uso da bicicleta levou a que unha elevada porcentaxe dos desprazamentos urbanos, tanto de persoas como de mercancias, sexan feitos neste medio [ 10 ] . En xeral en Espana ata agora a bicicleta tivo un rol marxinal na xestion da mobilidade urbana. O seu uso asociase principalmente a actividades ludicas e deportivas. Na meirande parte das cidades espanolas non hai datos fiables sobre o uso da bicicleta nin sobre infraestruturas e programas de actuacion. As infraestruturas ciclistas viarias na maioria dos casos constituen unha rede mais simbolica que practica que non conta cunha planificacion previa integrada dentro dun plan director que estableza os percorridos prioritarios para os seus potenciais usuarios. No relativo as ordenanzas municipais, en case ningunha cidade esta regulada especificamente a circulacion en bicicleta. A implantacion de sistemas de bicicleta publica e unha das politicas mais xeneralizadas, con independencia do tamano e da existencia de actuacions previas que favorezan o uso seguro da bicicleta. [ 11 ]

A pesar disto estimase que arredor de 2.500.000 espanois usan a bicicleta a diario, sexa como medio de transporte ou para a practica dalgun deporte. [ 12 ] Segundo o barometro anual da bicicleta, publicado en xaneiro do 2010 pola Fundacion ECA Bureau Veritas e a Fundacion Movilidad, entre os ciclousuarios habituais de Espana predominan os homes novos, traballadores ou estudantes, con maior preeminencia de estranxeiros e nivel de estudos mais elevado. As persoas que non saben andar en bicicleta son, sobre todo, mulleres , tenen mais de 55 anos e o seu nivel de estudos e pobre. Nos municipios de entre 10.000 e 100.000 habitantes e onde se atopan mais ciclousuarios habituais. [ 13 ]

Conveniencia [ editar | editar a fonte ]

Combinacion de medios de transporte en California .
Ciclista protexida contra a chuvia na China .

A bicicleta ten unha serie de caracteristicas que a converten no vehiculo idoneo para certos tipos de desprazamentos e no mais sustentable dende un punto de vista ecoloxico: [ 14 ]

  • Eficacia . Pode cubrir de modo eficaz distancias de ata 7 km, o que significa que un ciclista ten acceso a unha area de 150 km² en torno a sua residencia.
  • Autonomia . E tan comoda como o automobil e menos rixida que o transporte publico .
  • Flexibilidade . O seu uso e axil e comodo, ocupa moi pouco espazo para aparcar.
  • Fiabilidade . A duracion das viaxes e predicible, o cal permite economizar tempo .
  • Intermodalidade . E un bo medio de acceso aos nodos de transporte publico e e posible viaxar con ela.
  • Eficiencia . E lixeira, pequena e silenciosa. E doado conducila e aparcala, e relativamente doado mantela e amanala. Require pouco espazo para circular e pode convivir co trafico motorizado.
  • Economia . A compra e mantemento dunha bicicleta supon un gasto 30-40 veces menor que o dun automobil.
  • Accesibilidade . E accesible a calquera persoa cunha saude normal e axuda a manterse en forma.

Para confirmar esta idoneidade da bicicleta como medio de locomocion, en diferentes cidades do planeta venense celebrando o que se deu en chamar carreiras de medios , que son marchas comparativas en diferentes medios de transporte seguindo un itinerario preestablecido. A ultima celebrada en Galicia tivo lugar en xuno do 2010 en Ourense , organizada pola asociacion Verdegaia , e comparaba os resultados dun percorrido en bicicleta, a pe, en automobil e en autobus . O resultado evidenciou que a bicicleta e o medio mais veloz en medio urbano, e o segundo mais ecoloxico e mais barato so por detras dos desprazamentos a pe. [ 15 ] En Santiago de Compostela e en Vigo non existen estatisticas sobre o uso da bicicleta, ordenanzas especificas que o regulen nin plans directores nin foros sectoriais de participacion. Non hai tampouco medidas de fomento da intermodalidade, de calmado do trafico nin de promocion do uso da bicicleta. Non hai carris bici e os aparcadoiros para bicicletas son escasos e mal desenados. [ 11 ]

Sistemas publicos de prestamo [ editar | editar a fonte ]

Combici , sistema de prestamo de Santiago de Compostela .
Pillabici , servizo municipal de prestamo de Pontevedra .

Nos ultimos anos venen proliferando os sistemas publicos de prestamo de bicicletas, nos que o ciclousuario ten dereito ao uso dunha bicicleta mediante un sistema electronico de control que o identifica como usuario rexistrado. A principios do 2010 habia en Espana un total de 100 municipios con servizo publico de prestamo, cun total de 16.549 bicicletas publicas e 1.115 estacions. So o 28% dos sistemas son manuais, o 72% restante son automaticos. Isto da como media unha estacion e 16 bicicletas por cada 10.000 habitantes. [ 16 ]

En Galicia hai servizos de prestamo publico na Coruna [ 17 ] , Ferrol [ 18 ] ,, Culleredo [ 19 ] , Lugo [ 20 ] , Ourense [ 21 ] , O Barco de Valdeorras , A Rua [ 22 ] , Pontevedra [ 23 ] , Cuntis [ 24 ] , Redondela [ 25 ] e Vilagarcia [ 26 ] . Sistemas analogos a estes foron postos en marcha polas universidades de Santiago [ 27 ] e A Coruna [ 28 ] nos seus campus respectivos.

En Espana un dos primeiros e mais renomeados servizos publicos de prestamo e o de Barcelona , que opera baixo a marca Bicing [ 29 ] , que ten preto de 6.000 bicicletas distribuidas por 359 estacions en toda a cidade. Poren na sua curta andaina ten recibido moitas criticas polas deficiencias no mantemento das bicicletas, o reducido horario de servizo e as condicions laborais dos seus traballadores. [ 30 ]

Uso politico da bicicleta [ editar | editar a fonte ]

Cartel anunciador da masa critica de Alcala .
Manifestacion ciclonudista en Londres .

Fronte a imposicion dun tipo de uso dos espazos publicos derivado da consolidacion dos modos de relacion capitalistas , nas ultimas decadas xurdiron unha serie de movementos sociais que buscan proporcionarlles aos cidadans un habitat mais acorde coas suas necesidades e un contorno social no que imperen novas relacions de clase. O fomento da bicicleta presentase como unha ferramenta eficaz para mudar o caracter dos espazos publicos ao se tratar dun vehiculo sustentable, ecoloxico, autonomo e que proporciona ao seu usuario unha grande independencia.

Movementos reivindicativos [ editar | editar a fonte ]

  • Masa critica . Comezou en San Francisco en 1992 a partir dunha xuntanza da SF Bike Coalition, coa idea de constituir un grupo de ciclistas que, reunindose unha vez ao mes, se fixese visible ao resto da cidade. Na primeira ocasion xuntaronse 60 e tras un ano eran mais de 600 [ 31 ] . En Galicia existen grupos de Masa Critica na Coruna, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Ponteareas , Pontevedra e Vigo . [ 32 ]
  • Manifestacion ciclonudista . Celebrase anualmente dende o 2004 . Tratase dunha marcha de grupos de persoas que circulan espidos en bicicleta polas ruas, reclamando a atencion dos cidadans e dos medios de comunicacion sobre as problematicas propias dos ciclousuarios. [ 33 ]
  • Plan das Bicicletas Brancas de 1965 . Unha das linas de accion do chamado Movemento Provo foi o rexeitamento da cultura do automobil privado no contexto da sua incipiente masificacion. Este plan propuna expulsar os coches do interior de Amsterdam para seren substituidos por 2.000 bicicletas ao ano, proporcionadas gratuitamente. Estarian pintadas de branco e serian accesibles e disponibles. Ademais pechariase o centro de Amsterdam ao trafico motorizado, aumentariase o transporte publico nun 40% e forzariase aos taxis a ser electricos . [ 34 ]

Movementos organizativos [ editar | editar a fonte ]

Unha bicicleta de Bikecrossing liberada nun parque Logrono .
  • Talleres autoxestionados de ciclousuarios . En multiples cidades de todo o planeta xurdiron nos ultimos anos talleres autoxestionados que proporcionan un servizo de asistencia tecnica a poboacion ciclista. Estan atendidos por usuarios voluntarios. A modo de exemplo estan as Cicloficinas que traballan en tres cidades de Portugal dende o ano 2007 [ 35 ] , o colectivo Velorution , presente en 27 cidades de Francia [ 36 ] , ou as Ciclofficine que traballan en varias cidades italianas. [ 37 ] En Espana hai talleres de autorreparacion en varias cidades, entre elas Madrid [ 38 ] [ 39 ] [ 40 ] , Granada [ 41 ] ou A Coruna [ 42 ] . Tratase normalmente de iniciativas proximas aos grupos locais de Masa Critica.
  • Bike-Crossing . Esta inspirado no BookCrossing . E un colectivo independente e asembleario que xestiona un sistema de reparacion e prestamo gratuito de bicicletas de segunda man. O sistema de prestamo basease no uso de cadeados numericos coa mesma contrasinal, que lles e comunicada aos novos usuarios mediante unha nota escrita que se deixa coa bicicleta cando e liberada na rua. En Espana hai grupos de Bike-Crossing en Logrono , Bilbao , Albacete , Madrid , Barcelona e Alcaniz . [ 43 ] [ 44 ]

Uso deportivo da bicicleta [ editar | editar a fonte ]

Partido de bici polo .
Proba de ciclocross nos Paises Baixos , 1938 .
Artigo principal : Ciclismo .

O desenvolvemento das distintas modalidades e probas ciclistas e contemporaneo a evolucion do aparato. As suas formulas actuais configuraronse nas primeiras decadas do seculo XX. Dividense principalmente entre probas en pista e probas en estrada. Unhas e outras tenen en comun o sistema de medida, baseado na medicion do tempo empregado en cada proba. Tamen hai deportes de competicion entre equipos, como o radball ou o bici polo , nos que a vitoria ven dada pola suma de tantos e que se xoga sobre a bicicleta.

Inicios [ editar | editar a fonte ]

A primeira competicion da que se ten noticia celebrouse no parque de Saint-Cloud, en Paris , en 1868 , e foi ganada polo ingles James Moore, que levaba rodas metalicas. A primeira proba en estrada foi un percorrido de 33 km entre Florencia e Pistoia , ganada polo estadounidense Rynner van Neste en 1870 . Seguironlle a volta ao lago Leman , en Suiza , en 1879 , e a Paris- Roubaix , organizada por primeira vez en 1896 . O primeiro campionato do mundo en pista cuberta tivo lugar en Aylestone Roads ( Leicester , Gran Bretana ) en 1883 . Resultou vencedor o frances Frederic de Civry. Dez anos mais tarde o frances Henri Desgranges rexistraba o primeiro record mundial da hora, con 35,325 km percorridos sobre o circuito do velodromo Buffalo, en Paris. [ 7 ]

Iniciado o seculo XX naceron as grandes carreiras en ruta por etapas. O pioneiro foi o Tour de Francia , en 1903 , mais adiante o Giro de Italia , en 1909 , e xa en 1935 a Vuelta Ciclista a Espana , que tivera o seu antecedente na Volta a Catalunya , celebrada desde 1911 . A principal proba en ruta por etapas de Suramerica, a Vuelta Ciclista a Colombia , non comezaria a celebrarse ata 1951 . [ 7 ]

Modalidades [ editar | editar a fonte ]

As carreiras por etapas contan con probas contra o reloxo individuais ou por equipos, que nas subidas a portos se denominan crono-escalada. No descenso destes portos podense alcanzar velocidades superiores aos 100 km/h. [ 7 ]

As pistas dos velodromos son ovaladas, de dimensions e superficies variables, e estan peraltadas en todo o seu percorrido, sobre todo nas curvas. Sobre o chan hai unha serie de linas que sinalan o limite da zona de rodaxe, a pista para os velocistas e a lina para os especialistas de persecucion tras moto e medio fondo. [ 7 ]

Ao aire libre celebranse probas de ciclocross . Esta modalidade naceu en Francia a finais do seculo XIX, derivado dos exercicios militares. Nel os participantes seguen un percorrido a traves de pistas de terra con obstaculos. Similares son as de mountain bike ou ciclismo de montana. [ 7 ]

Deportes ciclistas de circuito
Deportes ciclistas de pista
Deportes combinados

Probas individuais de velocidade e resistencia

Uso laboral da bicicleta [ editar | editar a fonte ]

Bici taxi en Moscova
Mensaxeiro en Londres
  • Bicimensaxeria . Os servizos de bicimensaxeria apareceron nas grandes cidades estadounidenses como alternativa valida para evitar a conxestion do trafico motorizado. Este tipo de servizo ten como principal vantaxe o poder garantir as horas de recollida e de entrega, ao non estar suxeito as variacions da fluidez do trafico. Os bicimensaxeiros empregan sobre todo bicicletas de pinon fixo, que lles permiten controlar o movemento e a velocidade da bicicleta so cos pes. Ao teren as mans libres poden valerse delas para agarrarse a outros vehiculos ou separarse deles segundo convena. En Espana hai empresas de bicimensaxeria en Madrid [ 45 ] , Palma [ 46 ] , Zaragoza [ 47 ] , Badaxoz [ 48 ] , Asturias [ 49 ] , Barcelona [ 50 ] [ 51 ] , Burgos [ 52 ] , Malaga [ 53 ] e Donostia [ 54 ] . Normalmente tratase de empresas constituidas en rexime de cooperativa por emprendedores novos e cun notable nivel de militancia. Ademais da vertente empresarial, o colectivo de mensaxeiros conta cunhas sinais de identidade moi fortes tendidas en torno a bicicleta. Por este motivo organizanse actividades entre as que se contan os campionatos de mensaxeiros, que celebrou no 2009 en Berlin o seu ultimo encontro europeo e en Alcala de Henares o campionato iberico.
  • Ciclotaxi . Tamen chamado rickshaw , auto rickshaw , autorick , rick , trishaw , auto , tuk-tuk , bajaj , tricycle , mototaxi ou baby taxi . E un medio de transporte tradicional nas cidades do sueste asiatico , Xapon e Filipinas , do que se valen as clases menos acomodadas. Inicialmente consistia nun carrino con capacidade para non mais de duas persoas, tirado por unha persoa a pe, como os que ainda funcionan en Calcuta ou Hong Kong . Mais adiante comezaron a aparecer bicicletas modificadas para efectuar a mesma funcion sobre tres rodas, a dianteira directriz e as traseiras motrices. Os modelos mais recentes incorporan pequenos motores electricos como axuda ao pedaleo e paneis fotovoltaicos para alimentar as baterias. Nos paises mais desenvolvidos e considerado un medio de transporte sobre todo turistico e recreativo. [ 55 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Club ciclista de Ferrol. www.clubciclistaferrol.es, ed. "Paises con maior uso das bicicletas" . Arquivado dende o orixinal (Htm) o 22/03/2010 . Consultado o 05/10/2010 .  
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 PUIG I BOIX, J. La bicicleta: un vehiculo para cambiar nuestras ciudades . En WEIGHTMAN, G., K. (1999). Revista Ecologia Politica nº 17: La movilidad en las ciudades. Sostenibilidad urbana . Icaria Editorial (en castelan ) . ISBN   84-11-30637-2 .  
  3. "Dia Mundial de la Bicicleta. 3 de junio" (en castelan ) . Consultado o 2022-11-26 .  
  4. 4,0 4,1 WEIGHTMAN, G., K. (2008). Los revolucionarios industriales . Editorial Ariel (en castelan ) . ISBN   84-344-5398-3 .  
  5. MULDER, K. (2007). Desarrollo sostenible para ingenieros . Edicions UPC (en castelan ) . ISBN   84-8301-892-6 .  
  6. www.atikoestudio.com (ed.). "El disenador, Diseno Industrial, Grafico y Digital" (Htm) . Consultado o 05/10/2010 .   (en castelan )
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 www.fmciclismo.net (ed.). "Breve historia de la bicicleta y el ciclismo" (PDF) . Arquivado dende o orixinal (Pdf) o 16/08/2009 . Consultado o 05/10/2010 .   (en castelan )
  8. Club Ciclista Actur. www.ccactur.com, ed. "Historia de la bicicleta" . Arquivado dende o orixinal (Htm) o 12/10/2010 . Consultado o 05/10/2010 .   (en castelan )
  9. RODRIGUEZ RODRIGUEZ, L.P. (2003). Compendio historico de la actividad fisica y el deporte . Elsevier Espana (en castelan ) . ISBN   84-458-1303-X .  
  10. "Asistencia Tecnica para el desarrollo de las actuaciones en materia de transporte en el area de Zaragoza. Plan intermodal del transporte, Metro ligero ? tranvia y Consorcio de Transportes v2.03 1. Anejo 1: Criterios para la promocion del uso de la bicicleta como modo de transporte. Propuesta red de Bicicletas" (PDF) . Consultado o 08/10/2010 .  
  11. 11,0 11,1 MOLINERO RUIZ, F. et alt. (11/2007). www.conbici.org, ed. "Estudio comparado de la situacion de la bicicleta como medio de transporte en 30 municipios espanoles" (PDF) . Arquivado dende o orixinal (Pdf) o 05/01/2012 . Consultado o 03/10/2010 .   (en castelan )
  12. DIAZ, P. (30/08/2010). www.publico.es, ed. "2.500.000 espanoles usan la bici a diario" . Consultado o 03/10/2010 .   (en castelan )
  13. www.fundacionmovilidad.es, ed. (07/2009). "Barometro anual de la bicicleta. Informe de resultados. Julio de 2009." (PDF) . Arquivado dende o orixinal (Pdf) o 24/07/2011 . Consultado o 03/10/2010 .   (en castelan )
  14. MONZON, A. (coord.) (05/2010). www.ucm.es, ed. "PROBICI. Guia de la movilidad ciclista" (PDF) . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05/10/2021 . Consultado o 5/10/2010 .   (en castelan )
  15. www.verdegaia.org, ed. (20/06/2010). "Resultados da comparativa de medios de transporte en Ourense" . Arquivado dende o orixinal o 06/07/2010 . Consultado o 03/10/2010 .  
  16. FERRANDO, H. (coord.) (10/2009). www.bacc.info, ed. "Estudio sobre el impacto de la implantacion de sistemas de bicicletas publicas en Espana" (PDF) . Arquivado dende o orixinal (Pdf) o 17/04/2012 . Consultado o 04/10/2010 .   (en castelan )
  17. /www.coruna.es, ed. (9/2/2010). "O Concello ampliara este ano o servizo Bicicoruna con dez novas bases e 200 bicicletas" . Arquivado dende o orixinal o 07/01/2012 . Consultado o 03/10/2010 .  
  18. www.ferrol.es, ed. (30/04/2009). "Mais de 130 persoas se deron de alta en dez dias como usuarias na sede central de Ferrol en Bici" . Arquivado dende o orixinal o 01/08/2012 . Consultado o 03/10/2010 .  
  19. www.culleredoenbici.es (ed.). "Culleredo en bici" . Arquivado dende o orixinal o 29/09/2010 . Consultado o 03/10/2010 .  
  20. www.lugo.es (ed.). "Rebiciclate" . Consultado o 03/10/2010 .  
  21. www.ourense.es (ed.). "O Concello potencia o uso da bicicleta como medio de transporte, ampliando o servizo de prestamo a 214 unidades e 10 bases aparcadoiro na cidade" . Arquivado dende o orixinal o 06/03/2016 . Consultado o 03/10/2010 .  
  22. COBAS, M. (22/9/2010). www.lavozdegalicia.es, ed. "El servicio de prestamo de bicis en O Barco y A Rua sera de uso gratuito" (Htm) . Consultado o 03/10/2010 .   (en castelan )
  23. www.pontevedra.eu (ed.). "PontenBici" . Arquivado dende o orixinal o 26/11/2010 . Consultado o 03/10/2010 .  
  24. C.B. (26/8/2010). www.lavozdegalicia.es, ed. "El servicio de prestamo de bicis de Cuntis registra una buena acogida este verano" (Htm) . Consultado o 03/10/2010 .   (en castelan )
  25. www.farodevigo.es (ed.). "El sistema de prestamo de bicicletas supera los 200 socios en su primer mes" (Html) . Consultado o 04/10/2010 .   (en castelan )
  26. www.vilagarciaenbici.com (ed.). "vaibike!" . Arquivado dende o orixinal o 22/06/2019 . Consultado o 03/10/2010 .  
  27. www.usc.es (ed.). "Programa de prestamo de bicicletas na USC curso 2009/2010" . Arquivado dende o orixinal (Htm) o 01/04/2010 . Consultado o 03/10/2010 .  
  28. www.udc.es (ed.). "Programa de prestamo de bicicletas da UDC. Curso academico 2008-2009. Resumo de actividades" (PDF) . Arquivado dende o orixinal (Pdf) o 19/01/2012 . Consultado o 03/10/2010 .  
  29. www.bicing.cat (ed.). "Bicing. El transport public urba amb bicicleta de Barcelona" . Arquivado dende o orixinal o 29/09/2010 . Consultado o 03/10/2010 .   (en catalan )
  30. TUSELL COLOMA, LL. (09/06/2008). www.adn.es, ed. "El Bicing sigue teniendo fallos" . Arquivado dende o orixinal (Html) o 24/09/2010 . Consultado o 03/10/2010 .   (en castelan )
  31. www.critical-mass.info, ed. (01/2009). "Critical Mass is a monthly bicycle ride to celebrate cycling and to assert cyclists' right to the road" . Arquivado dende o orixinal o 13/08/2009 . Consultado o 06/10/2010 .   (en ingles )
  32. www.bicis.info (ed.). "Bicis.info" . Arquivado dende o orixinal o 13/10/2007 . Consultado o 03/10/2010 .  
  33. www.worldnakedbikeride.org (ed.). "World naked bike ride" . Consultado o 12/06/2010 .   (en ingles )
  34. VOETEN, T. (01/1990). www.ardjoena.nl, ed. "The true story of the Dutch Provos" (Html) . Consultado o 04/10/2010 .   (en ingles )
  35. "Cicloficina. Ferramentas para a promocao do uso quotidiano da bicicleta" . Consultado o 03/10/2010 .   (en portugues )
  36. www.velorution.org (ed.). "Velorution" . Consultado o 05/10/2010 .   (en frances )
  37. www.piubici.org (ed.). "+bc's" . Consultado o 05/10/2010 .   (en italiano )
  38. http://bicicritica.ourproject.org (ed.). "Taller critico" . Arquivado dende o orixinal o 26/09/2010 . Consultado o 05/10/2010 .   (en castelan )
  39. http://defiendelo.patiomaravillas.net (ed.). "Maravillosa CicloCocina" . Consultado o 05/10/2010 .   (en castelan )
  40. http://rigcarabanchel.blogspot.com (ed.). "Republica independiente de la grasa" . Consultado o 05/10/2010 .   (en castelan )
  41. http://tallerbicigranada.blogspot.com (ed.). "A pinon" . Consultado o 05/10/2010 .   (en castelan )
  42. http://ninguensenbici.wordpress.com (ed.). "Ninguen sen bici" . Consultado o 05/10/2010 .   [ Ligazon morta permanente ]
  43. "Proyecto Bikecrossing" . Consultado o 03/10/2010 .   (en castelan )
  44. www.bike-crossing.org (ed.). "Bike-Crossing" . Consultado o 06/10/2010 .   (en castelan )
  45. www.apinonfijo.com (ed.). "A pinon fijo" . Arquivado dende o orixinal o 04/08/2018 . Consultado o 06/10/2010 .   (en castelan )
  46. www.ecoprest.com (ed.). "Ecoprest" . Consultado o 06/10/2010 .   (en catalan )
  47. www.grupolaveloz.com (ed.). "Grupo La Veloz" . Consultado o 06/10/2010 .   (en castelan )
  48. www.bicimensajeria.com (ed.). "SMS" . Consultado o 06/10/2010 .   (en castelan )
  49. www.laluna.coop (ed.). "La Luna" . Consultado o 06/10/2010 .   (en castelan )
  50. www.trevol.com (ed.). "Trevol" . Consultado o 06/10/2010 .   (en catalan )
  51. www.pedal-missatgeria.es (ed.). "Pedal missatgeria a pinyo" . Arquivado dende o orixinal o 05/01/2014 . Consultado o 06/10/2010 .   (en catalan )
  52. www.rueding.es (ed.). "Rueding" . Arquivado dende o orixinal o 20/06/2013 . Consultado o 06/10/2010 .   (en castelan )
  53. www.sobre2ruedas.net (ed.). "Sobre 2 ruedas" . Arquivado dende o orixinal o 08/09/2015 . Consultado o 06/10/2010 .   (en castelan )
  54. www.pedaldnt.com (ed.). "Pedal, mensajeria a pinon" . Arquivado dende o orixinal o 29/04/2011 . Consultado o 06/10/2010 .   (en castelan )
  55. WHEELER, T.; L'ANSON, R. (1998). Chashing rickshaws . Lonely Planet Publications Pty Ltd . ISBN 0-86442-640-2 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]