Malaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMalaga
Vista nocturna
Imaxe

Localizacion
Mapa
  36°43′N 4°25′O  /  36.72, -4.42 Coordenadas : 36°43′N 4°25′O  /  36.72, -4.42
Estado Espana
Comunidade autonoma Andalucia
Provincia Provincia de Malaga Editar o valor em Wikidata
Capital de
Capital Malaga City (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Conten a division administrativa
Poboacion
Poboacion 586.384 (2023) Editar o valor em Wikidata (1.484,59 hab./km² )
Xeografia
Parte de
Superficie 394,98 km² Editar o valor em Wikidata
Banado por Mar Mediterraneo Editar o valor em Wikidata
Altitude 11 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos historicos
Precedido por
Malaca (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creacion 1834 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
1487 (Gregoriano) Cerco de Malaga (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Santo padron Nossa Senhora da Vitoria (pt) Traducir e Ciriaco and Paula (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
• Alcalde Editar o valor em WikidataFrancisco de la Torre (2000?) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Codigo postal 29001?29018 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefonico 95 Editar o valor em Wikidata
Codigo INE 29067 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Paxina web malaga.eu Editar o valor em Wikidata

Malaga e unha cidade de Espana , capital da provincia de Malaga , en Andalucia . Esta situada no extremo oeste do mar Mediterraneo e no sur da Peninsula Iberica , a pouco mais de 100 km ao leste do estreito de Xibraltar .

Localizacion e caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Cos seus 560.631 habitantes en 2006 , a cidade de Malaga e a sexta en poboacion de toda Espana. A sua area metropolitana ten 1.099.004 hab., sendo a quinta mais populosa do estado. Demograficamente e a zona urbana mais densamente poboada (ademais de ser a capital) do conxunto de localidades que se localizan ao longo de 180 km da costa mediterranea, conecidos como a Costa do Sol . Malaga e candidata a ≪Cidade Europea da Cultura≫ para o ano 2016 .

A cidade de Malaga encontrase rodeada de sistemas montanosos ( Montes de Malaga ). Dous rios, o Guadalmedina e o Guadalhorce , pasan pola urbe, desembocando no Mediterraneo.

Historia [ editar | editar a fonte ]

A cidade foi fundada por fenicios , procedentes de Tiro , co nome de Malaka , entre os seculos VIII e VI a.C. O nome parece que significou "porto de refuxio", segundo Nieto Ballester.

Cerca de seis seculos despois, os romanos ocuparon a cidade, xunto co resto de Hispania.

No seculo VIII , seria ocupada polos musulmans , que converteron a cidade nun importante centro comercial. Malaga pertenceu primeiro ao Califato de Cordoba . Mais logo da caida da dinastia Omeia (Umayyad), foi capital do seu propio reino, entre 1026 e 1238, ata que pasou a depender do reino de Granada . Durante o periodo islamico, foi denominada M?laqah (en arabe ????? ).

Malaga pasou a dominio cristian en 1487 , durante a guerra contra Granada emprendida polos Reis Catolicos .

Durante a sublevacion militar contra a IIª Republica, Malaga foi ocupada por tropas italianas e, logo, sufriria unha forte represion. O boom turistico dos anos 1960, axudou ao impulso economico da cidade e as areas proximas da Costa do Sol.

Economia [ editar | editar a fonte ]

Cidade comercial, ten ademais no turismo unha das suas principais fontes de ingresos, fomentado polo importante aeroporto , ademais da crecente importancia do turismo de buques de cruceiro. O porto de Malaga esta nun proceso de gran transformacion para se converter en porto base de cruceiros, asi como nun importante nodo de trafico de contedores .

Tamen hai que destacar o pulo da cidade en industrias de novas tecnoloxias, localizadas principalmente no Parque Tecnoloxico de Andalucia , asi como no sector da construcion. A cidade e sede da Asociacion Internacional de Parques Tecnoloxicos IASP , do proxecto Malaga Valley e27 e da principal entidade bancaria de Andalucia , a Caixa de Aforros Unicaja ; asi como das empresas malaguenas de moda infantil Mayoral e Charanga , da construtora Sando , do lider europeo en placas solares Isofoton ou a fabricante de telefonos mobeis Vitelcom e outras multinacionais como Fujitsu Espana, Epcos ( Siemens ) ou as cervexas San Miguel .

Turismo e sitios de interese [ editar | editar a fonte ]

Tras o devir historico de varias civilizacions, a cidade conta co Teatro Romano , construido no seculo I d.C. Asi como o castelo de Gibralfaro de base fenicia , construido polo rei Yusuf I na epoca arabe, e a Alcazaba , belo palacio-fortaleza, da mesma epoca.

Logo da conquista cristia da cidade, edificouse a Catedral de Malaga ou Catedral da Encarnacion, que ten como caracteristica mais conecida a de estar inacabada. A falla dunha das suas torres fai que os malacitanos a alcunen, carinosamente, como "La Manquita".

Do seculo XIX e o monumento a Jose Maria Torrijos , liberal espanol, que foi executado na cidade xunto a seus companeiros, descansando os seus restos so o grande obelisco , erguido, na sua honra, na centrica Praza da Merce.

Casa natal de Picasso

A cidade e tamen conecida por ser o lugar de nacemento do famoso pintor Pablo Ruiz Picasso , contando cun dos tres museos de maior importancia no mundo sobre o artista, asi como a sua casa natal, sita tamen na Praza da Merce , onde se conservan obxectos da infancia do artista mais celebre do seculo XX . O Museo Picasso de Malaga e mais o Centro de Arte Contemporaneo, CAC Malaga , reciben unha grande afluencia de visitantes. Esta oferta cultural levou a que Malaga optase por solicitar a candidatura de Capital Europea da Cultura para o ano 2016 .

Ademais, os picos de afluencia turistica producense en Semana Santa e durante a Feira de Malaga, no mes de agosto, mes no que acrecentan a visitas dada a calidade das praias malaguenas.

Festas [ editar | editar a fonte ]

A destacar:

  • Semana Santa , con vistosas procesions. Esta declarada de interese turistico internacional.
  • Desde o segundo venres de agosto ate o domingo da semana seguinte celebra a Feira de Agosto . Desde dias previos ata o final da semana festiva, ten lugar tamen a Feira Taurina de Agosto de Malaga, con sede en La Malagueta , o seu coso taurino.

Clima [ editar | editar a fonte ]

Vista do porto e da cidade

O clima de Malaga e mediterraneo subtropical humido . A temperatura media anual e de 18 °C, sendo a maxima media de 25.4 °C en agosto e a minima media de 11.9 °C en xaneiro. A suavidade domina o clima invernal, sendo moi excepcionais as xeadas, mentres os verans son calorosos, normalmente humidos excepto cando sopra o terral , un vento seco do interior, que eleva as temperaturas. Nestas situacions Malaga ten superado os 44 °C ( 1978 e 1994 ).

A humidade media e de 66 %, con 43 dias de chuvia anuais, concentrados nos meses mais frios, de feito entre os meses de novembro e xaneiro cai o 50% da precipitacion media anual, que e de 524 mm. A irregularidade das chuvias evidenciase en episodios torrenciais de grande virulencia, sendo o record de Malaga os 313 mm rexistrados no observatorio do aeroporto o 27 de setembro de 1957, e a chea do 14 de novembro de 1989. Anualmente hai 2.815 h de sol .

Parametros climaticos promedio no Observatorio do Aeroporto de Malaga ( 1971 - 2000 )
xan feb mar abr mai xun xul ago set out nov dec TOTAL
Temp. maxima (°C) 16,6 17,7 19,1 20,9 23,8 27,3 29,9 30,3 27,9 23,7 19,9 17,4 22,9
Temp. minima (°C) 7,3 7,9 9,0 10,4 13,4 17,1 19,7 20,5 18,2 14,3 10,8 8,4 13,1
Precipitacions (mm) 81 55 49 41 25 12 2 6 16 56 95 88 524

Con todo os valores referidos ao aeroporto, sito a 10 km de distancia da cidade, son so indicativos, pois a propia Malaga ten un clima algo diferente.

Distritos [ editar | editar a fonte ]

A cidade de Malaga esta organizada en once distritos.

Distrito Distrito Mapa da cidade
1 Centro 7 Carretera de Cadiz
2 Este 8 Churriana
3 Ciudad Jardin 9 Campanillas
4 Bailen-Miraflores 10 Puerto de la Torre
5 Palma-Palmilla 11 Teatinos-Universidad
6 Cruz de Humilladero

Galeria de Imaxes [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Galeria de Imaxes de Malaga .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]