한국   대만   중국   일본 
Alxer - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Alxer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAlxer
??????? (ar)
Lezzayer (kab)
Alger (fr) Editar o valor em Wikidata
Vista nocturna
Fotomontaxe
Imaxe

Localizacion
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
  36°46′35″N 3°03′31″L  /  36.7764, 3.0586 Coordenadas : 36°46′35″N 3°03′31″L  /  36.7764, 3.0586
Estado Alxeria
Provincia da Argelia (pt) TraducirProvincia de Alxer Editar o valor em Wikidata
Capital de
Alxeria (1962?) Editar o valor em Wikidata
Poboacion
Poboacion 3.415.811 (2011) Editar o valor em Wikidata (9.409,95 hab./km² )
Lingua oficial arabe
Lingua berber Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Parte de
Superficie 363 km² Editar o valor em Wikidata
Banado por Mar Mediterraneo Editar o valor em Wikidata
Altitude 0 m Editar o valor em Wikidata
Datos historicos
Creacion 944 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
1510 Siege of Algiers (en) Traducir
novembro de 1541 Expedicao a Argel (1541) (pt) Traducir
1598 Siege of Algiers (en) Traducir
8 de xullo de 1775 Invasion of Algiers (en) Traducir
7 de xullo de 1830 Invasao francesa de Argel (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
Membro de
Identificador descritivo
Codigo postal 16000?16132 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefonico 213 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

BNE: XX452736

Alxer [ 1 ] [ 2 ] [ 3 ] (en arabe : ????????, al-Jaz?’ir; no dialecto arabe falado en Alxeria: ?????, en berber Dzayer tamane?t ) e a capital e cidade mais importante de Alxeria . Situada no norte do pais, na ribeira do mar Mediterraneo , no oeste da baia do seu nome , Alxer e o principal porto do noroeste de Africa . Se facemos coincidir a cidade coa daira de Sidi M'Hamed, que abrangue a maior parte do nucleo urbano, a poboacion superaria lixeiramente os 250.000 habitantes, pero na aglomeracion viven case sete millons de habitantes, o que converte Alxer na cidade mais importante do Magreb .

De fundacion fenicia , denominada Icosium polos romanos , foron os berberes a partir do ano 950 os que lle deron o seu aspecto actual, o da cidade alta ou Casbah que ascende por un outeiro coa configuracion labirintica habitual do urbanismo arabe. Posteriormente, a ocupacion francesa a partir do seculo XIX estendeu unha cidade moderna de corte europeo na parte baixa en torno ao porto e a baia.

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

A area urbana de Alxer estendese polas once dairas, ou comarcas, centrais, das trece que conforman a Vilaia de Alxer . Son as dairas que arrodean a baia de Alxer , onde tamen se estableceron os primeiros poboamentos historicos . Estas dairas a sua vez subdividense en 37 baladias ou concellos, que son os situados dentro do perimetro urbano de Alxer.

Unha desas dairas e a de daira de Sidi M'Hammed , na parte occidental da baia, e que ocupa a parte mais nuclear da cidade. Un dos seus concellos, Alxer Centro , e o que se pode considerar como concello capital.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Os achados arqueoloxicos sinalan a existencia dun modesto establecemento comercial costeira fenicio do seculo III antes da nosa era , e ben poderia pertencer a epoca de expansion polo Mediterraneo occidental das colonias punicas que seguiu ao ascenso de Cartago coma potencia na rexion ( seculo VI a. C. ). Denominada polos fenicios Ikosim ou Yksm, os romanos conecerona como Icosium cando pasou ao seu dominio no 146 a. C.

O tempo da dominacion romana tipo dous periodos: durante aproximadamente os dous primeiros seculos, Icosium era unha cidade do reino de Mauritania , vasalo do Imperio Romano e anteriormente da Republica. A capital durante o maximo esplendor de Mauritania estaba en Cesarea (actual Cherchel), baixo o reino de Xuba II . Cando no ano 40 Caligula manda asasinar o rei Tolomeo o Imperio Romano pasa a ter un control total sobre Icosium [ 4 ] .

Coa caida do Imperio Romano Icosium foi conquistada polos vandalos ( 432 ), que traen o arianismo , posteriormente por Bizancio ( 534 ) e no ano 708 polos arabes , que introducen o islam entre as tribos berberes que habitaban o territorio.

Refundacion berber [ editar | editar a fonte ]

Sera un vasalo dos fatimis , Ziri ibn Menad , quen despois de arrebatar a area aos zenatas e nomeado gobernador e o seu fillo Bologhine ibn Ziri autorizado a refundar tres cidades, entre elas unha no lugar da Icosium romana e que ocupaba a tribo dos Beni Mezghenna. Bologhine a agranda e fortifica renomeandoa en berber Dzayer Beni Mezghenna (944, despois Al-Djazair en arabe).

En 1082 os almorabides conquistan a vila e pouco despois erixen unha Gran Mesquita (1097 Jemaa Kebir , na antedita rua da Marine). En 1159 pasa ao poder dos almohades e despois con relativa autonomia permanece como subdita do sultanato de Tlemecen.

Presenza espanola [ editar | editar a fonte ]

Penon de Alxer coa fortaleza espanola.

Coa Reconquista , especialmente ao longo do seculo XV e trala caida de Granada , moitos dos mouriscos fuxidos de Espana foron acollidos en Alxer, incrementando en gran medida a sua poboacion e preparando o dinamismo economico posterior da cidade. No comezo do seculo XVI os espanois pasan a ofensiva dominando as prazas do norte de Africa . En Alxer, unha pequena illa, o Penon, que xunto a outras erguianse fronte a vila na entrada da ampla baia, sera fortificada en 1510 coma posto de vixilancia contra a pirateria [ 5 ] . Os berberes pediron axuda aos turcos que enviaron o corsario Barbarroxa .

No curso dos anos seguintes fixose co poder da vila e o seu irman e sucesor, Kheir Eddine Barbarroxa, expulsou os espanois do Penon e derrubou a fortaleza, construindo cos entullos un dique de union con terra firme, comezo do porto de Alxer (1529 [ 6 ] ). A vila, coa proteccion otoma constituiuse de feito nunha cidade-estado corsaria cunha economia baseada no acoso as naves cristias en trafico comercial polo Mediterraneo.

Rexencia otoma [ editar | editar a fonte ]

Alxer no seculo XVII.

Os berberiscos van resistir os primeiros intentos de acabar co seu refuxio ( Carlos V en 1541 [ 7 ] ) e permaneceran fortes durante tres seculos. A cidade dara nome ao seu traspais (a futura Alxeria).

"Alxer a Branca".

Reforzada a muralla que a envolvia completamente (3,1 km, cinco portas [ 8 ] [ 9 ] e unha cidadela engadida en 1556 no punto mais alto, propiamente unha casbah [ 10 ] [ 11 ] ) a vila tina duas partes ben diferenciadas: un eixo norte sur ( Bab Oued-Bab Azoun [ 12 ] ) a dividia na cidade baixa ( al-Wata , soar da antiga Icosium e despois barrio da Marina) coa poboacion dirixente turca, militar e administrativa, asemade a comercial; e a cidade alta ( al-Gabal , popularmente e despois a Casbah ), a intricada vila medieval no outeiro coa poboacion indixena berber e os inmigrados mouriscos e xudeus. O centro do organismo era a Mesquita Ketchaoua co conxunto das residencias palacianas ( Djenina ) dos rexentes arredor. Acadou o seu apoxeo no seculo XVII cando construironse acueduto, fontes e rede de sumidoiros, e fronte ao conxunto palaciano antedito, a Mesquita turca da Pecherie ( [ 13 ] Djamaa el-Djedid , 1660) [ 14 ] .

No final do seculo XVIII comezou a decadencia: epidemias de peste, seismos e sobor de todo, o acabamento da pirateria xunto aos frecuentes bombardeos das frotas cristias (o trafico do porto quedou moi reducido inda que o interior seguia sendo activo) e sen o apoio dun Imperio Otoman moi debilitado. Se no seculo XVII a poboacion superaba os 100.000 habitantes, en 1808 eran 73.000 e no 1830, apenas 30.000.

Ocupacion francesa [ editar | editar a fonte ]

En 1830 a vila capitula fronte aos franceses cuxa primeira tarefa no eido urbano vai ser o planeamento dun conxunto residencial axeitado para os usos occidentais e representativo da nova capital da colonia de Alxeria , sendo a cidade baixa o seu obxectivo de actuacion.

Os primeiros traballos son para crear un espazo central amplo (Praza do Goberno) do que a cidade musulma carecia. Clarease na zona dos zocos entre os pazos residenciais e a mesquita el-Jedid ao tempo que ancheanse as tres ruas principais (Bab Oued, Bab Azoun e Marine) que dela parten [ 15 ] .

Alxer: plan de extension, 1840.

O seguinte paso foi a extension da cidade substituindo as vellas murallas por un cinto novo de fortificacions que abranguia o triplo de area, urbanizada segundo patrons europeos de ensanche. Decidiuse conservar a casbah con so unhas poucas arterias de conexion co novo tecido e bulevares arrodeandoa no canto dos antigos muros [ 16 ] , ainda que co tempo a sua parte inferior foi occidentalizada coa mesquita Ketchaoua convertida en catedral. E finalmente en 1860 levouse adiante o inicial proxecto de organizares unha ribeira monumental, con grandes arcadas salvando o desnivel coa auga onde antes estivo a muralla do mar, e soportando un gran bulevar burgues enriba con edificios representativos do poder colonial [ 17 ] [ 18 ] [ 19 ] [ 20 ] .

A extension da cidade ao sur (barrio Bab Azoun) levou ao desprazamento do centro dende a Praza do Goberno a unha nova (futura Praza da Republica co Teatro da Opera) no lugar da demolida porta sur da vella Alxer, praza que abriase tamen ao bulevar da ribeira [ 21 ] [ 22 ] .

Desenvolvemento e grandes plans [ editar | editar a fonte ]

En 1871, afianzados xa os franceses na colonia, o poder militar sobre a cidade pasa a mans civis. Grandes areas de terreos militares tanto no interior coma fora de murallas quedan ceibes e mesmo estas ultimas convertense nun estorbo obsoleto e son derrubadas (1894). A inmigracion de poboacion europea, maiormente francesa, non deixou de medrar na segunda metade do seculo XIX e acentuouse despois da primeira guerra mundial co inicio da do rural alxerino (130.000h, 35.000 deles de Mustapha en 1896; 212.000 en 1926).

A cidade tina un desenvolvemento natural cara o sur seguindo a baia [ 23 ] . Mustapha converteuse nun poboado suburbio de clases traballadoras (integrado en Alxer en 1904, o porto vai creceres cara a sua costa, onde chegara o ferrocarril en 1892). Ao norte creceu o barrio popular de Bab el-Oued [ 24 ] [ 25 ] .

En 1931 aprobouse o plan xeral para a cidade (Plan Prost) segundo os novos modelos do urbanismo zonificador racional e moderno (mesmo Le Corbusier propuxo ideas de conxunto [ 26 ] ). O punto mais polemico era a vella idea de reorganizares o barrio da Marine , berce da urbe e nunha situacion privilexiada, o que supuna grandes demolicions (co realoxo dos habitantes sen recursos na Casbah e nos altos de Bab el-Oued) [ 27 ] . Se a gran depresion economica internacional dos anos trinta, a segunda guerra mundial e o posterior periodo do conflito independentista, que tivo o corazon da cidade coma escenario, impediron en gran medida a posta en funcionamento do plan, no barrio da Marina finalmente tense levado parcialmente adiante con resultados mais que discutibles [ 28 ] .

Alxer tenta hoxe enfrontarse aos problemas da metropole na que se ten convertido: construcion do metro e demais infraestruturas, fornecer de aloxamento o constante afluxo de inmigracion do rural asentado en barrios de infravivenda, servizos para toda esa poboacion e un longo etcetera [ 29 ] .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alxerino .
  2. Anair Rodriguez Rodriguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dubidas linguisticas (PDF) . Area de Normalizacion Linguistica da Universidade de Vigo. p. 102. ISBN   84-8158-266-2 .  
  3. Benigno Fernandez Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega . Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN   9788482887524 . Alxer (Alxeria)  
  4. Aux origines d’Alger: un diagnostic archeologique place des Martyrs , web do Instituto Nacional de Arqueoloxia de Francia.
  5. Gravado de epoca das illas fronte a costa de Alxer co Penon fortificado polos espanois [1] Arquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine .
  6. Vista de Alxer no seculo XVI co dique de abrigo dende o Penon ata a altura da Gran Mesquita [2] Arquivado 17 de maio de 2013 en Wayback Machine .
  7. Vista da baia de Alxer nunha representacion do ataque fracasado de Carlos V en 1541; Algerie Ancienne.com [3] Arquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine .
  8. Vista de epoca da porta Bab Azoun e o lado sur das fortificacions de Alxer; ibid. anterior [4] Arquivado 10 de xuno de 2007 en Wayback Machine .
  9. " Idem da porta Bab Oued e o lado setentrional das murallas; ibid. " . Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016 . Consultado o 16 de xuno de 2012 .  
  10. Esquema das fortificacions e edificios importantes de Alxer no s.XVII; ibid. [5] Arquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine .
  11. " Idem superposto a vila moderna; ibid. " . Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016 . Consultado o 16 de xuno de 2012 .  
  12. Gravado cunha representacion da cidade no s.XVII onde apreciase a division en dous da vila; ibid. [6] Arquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine .
  13. Datos sobre a Mesquita otoma Djamaa al-Djedid
  14. O centro da vella Alxer: a Mesquita da Pecherie (no arranque da rua da Marine) fronte ao conxunto da Djenina (detras estaba a Mesquita Ketchaoua) na futura Praza do Goberno, hoxe Martires, onde tamen encontrabanse Bab Oued e Bab Azoun ou Souk el-Kebir, rua dos zocos [7]
  15. Plano de Alxer en 1831 co deseno da Praza do Goberno; "Urban Forms and Colonial Confrontations: Algiers Under French Rule" Celik, Zeynep [8]
  16. Esquema das primeiras intervencions dos franceses na cidade vella; ibid.: Praza do Goberno(8), Rua da Marine (7), Rua Bab el-Oued (5), Rua Bab Azoun (10), bulevares exteriores (1,2,3), Rua Marengo polo interior da casbah (4), Rua de Lyre (12) [9]
  17. A Praza do Goberno coa Mesquita da Pecherie e o comezo das obras do paseo de ribeira [10]
  18. Gravado cunha vista do arranque do Bulevar da Emperatriz dende a Praza do Goberno [11] Arquivado 23 de febreiro de 2012 en Wayback Machine .
  19. Vista da estrutura de arcadas e ramplas
  20. Vista xeral dende o porto
  21. Plano de Alxer, 1888: a extension sur do barrio Bab Azoun
  22. Planta do novo centro urbano (futura Praza da Republica)
  23. Mapa de Alxer c.1900; Zeynep: (1) Mustapha, (3 e 9) novos bulevares no canto das murallas derrubadas, (7) Bulevar da Emperatriz, (8) Bad el-Oued [12]
  24. Mapa de Alxer, 1909; notese o desenvolvemento de Mustapha co porto ao sur e Bab el-Oued ao norte [13] Arquivado 02 de febreiro de 2014 en Wayback Machine .
  25. Vista de paxaro da cidade historica co primeiro desenvolvemento colonial, ao fondo Bab el-Oued [14]
  26. " Vista da proposta de Le Corbusier para Alxer " . Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2013 . Consultado o 30 de xaneiro de 2013 .  
  27. Plans para a Marine, 1935 e 1950
  28. " Paxina cos plans dun complexo de ranaceos no barrio da Marina " . Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2008 . Consultado o 30 de xaneiro de 2013 .  
  29. Evolucion de Alxer da vila colonial a metropole capital de Alxeria (paxina 3); L.Amireche e M.Cote [15]