Joan Geraldine Bennett
, nada en
Fort Lee
,
Nova Jersey
, o
27 de febreiro
de
1910
e finada en
Scarsdale
,
Nova York
, o
7 de decembro
de
1990
, foi unha actriz
estadounidense
.
Naceu en
Palisades Park, Nova Jersey
nunha familia de actores, seu pai era o actor
Richard Bennett
e sua nai a actriz
Adrienne Morrison
. As suas irmans mais vellas,
Constance Bennett
e
Barbara Bennett
tamen foron actrices. O actor
Lewis Morrison
era avo por parte de nai.
Joan apareceu os seis anos nun filme mudo, cos seus pais e irmas,
The Valley of Decision
(1916). Estudou en Miss Hopkins School for Girls en
Manhattan
, despois en St. Margaret's, un
internado
en
Waterbury, Connecticut
e finalmente en L'Hermitage, un colexio para senoritas, en
Versalles
,
Francia
.
Casou en 1926 con John M. Fox en
Londres
, do que se divorciou dous anos despois logo de ter unha filla, mantivo unha longa batalla legal co seu exmarido para darlle o seu apelido a sua filla.
O debut de Joan no teatro foi en 1928 actuando co seu pai en
Jarnegan
que se mantivo en
Broadway
durante 136 representacions e que recibiu boas criticas. De 1929 datan os seus primeiros filmes,
Bulldog Drummond
e
Disraeli
. En 1930 apareceu no musical
Puttin' on the Ritz
e na primeira version sonora de
Moby Dick
.
Con contrato con
Fox Film Corporation
, apareceu en numerosos filmes,
She Wanted a Millionaire
(1932),
Me and My Gal
(1932).
O 16 de marzo de 1932 casou co guionista e produtor
Gene Markey
, divorciandose en 1937. Eles tiveron unha filla, Melinda Markey en 1934.
Bennett deixou Fox para interpretar Amy en
Little Women
(1933), dirixida por
George Cukor
para
RKO
. Este filme fixo que o produtor independente
Walter Wanger
se fixara nela e asinara un contrato con el, interpretou a Sally MacGregor en
Private Worlds
(1935) con
Claudette Colbert
,
Charles Boyer
e
Joel McCrea
.
Trade Winds
(1938) con
Fredric March
.
Comeza unha nova etapa na sua carreira, interpretando a mulleres fatales, a princesa Maria Tareixa en
The Man in the Iron Mask
(1939) con
Louis Hayward
e a duquesa Zona de Lichtenburg en
The Son of Monte Cristo
(1940).
O 12 de xaneiro de 1940 casou co produtor
Walter Wanger
, con quen estivo casada ata o seu divorcio en 1965, tiveron duas fillas xuntos, Stephanie e Shelley.
En 1940 protagonizou
The House Across the Bay
con
George Raft
e o drama anti
nazi
The Man I Married
con
Francis Lederer
.
Os seus traballos mais recordados foron os seus papeis de muller fatal nos filmes do xenero negro dirixidos por
Fritz Lang
, interpretando a Jerry Stokes, unha prostituta en
Man Hunt
(1941), Alice Reed, unha misteriosa modelo en
The Woman in the Window
(1944) e Katharine "Kitty" March en
Perversidade
(1945). Eses papeis converterona nunha estrela de Hollywood.
Bennett tamen tivo exito protagonizando o filme de
Zoltan Korda
,
The Macomber Affair
(1947) con
Gregory Peck
, como Peggy na fita de
Jean Renoir
Unha muller na praia
(1947) con
Robert Ryan
e
Charles Bickford
, e como a atormentada Lucia Harper en
The Reckless Moment
(1949) de
Max Ophuls
.
Nas duas comedias nas que a dirixiu
Vincente Minnelli
interpretou a Ellie Banks, unha muller elegante e dona de
Spencer Tracy
, foron
Father of the Bride
(1950) e
O pai e avo
(1951).
Bennett tamen participou en numerosos programas de radio o longo da sua carreira, como
The Edgar Bergen and Charlie McCarthy Show
, a comedia radiofonica
Duffy's Tavern
e
Lux Radio Theater
.
A partir de 1951 comezou a aparecer como estrela convidada en diversos programas de television como
Your Show of Shows
de
Sid Caesar
e
Burke's Law
En 1951 o seu home disparou contra o seu axente
Jennings Langs
pensando que tinan un romance, e ainda que Bennett sempre o negou o suceso afectoulle a sua carreira e apareceu so en cinco filmes no resto da decada, dedicandose sobre todo o teatro, facendo xiras con
Bell, Book and Candle
,
Susan and God
,
Once More With Feeling
,
The Pleasure of His Company
e
Never Too Late
. En Broadway tivo menos exito,
Love Me Little
(1958) estivo en cartel durante so oito representacions.
Bennett interpretou a Elizabeth Collins Stoddard, a matriarca da familia Collins, na serie de television
Dark Shadows
(1966-1971) e na sua adaptacion o cinema,
House of Dark Shadows
. En 1977 apareceu no filme do director italiano
Dario Argento
Suspiria
.