Edward Emily Gibbon
, nado en
Putney
o
8 de maio
de
1737
e finado en
Londres
o
16 de xaneiro
de
1794
, foi un
historiador
britanico
, considerado como o primeiro historiador moderno, e un dos historiadores mais influentes de todos os tempos.
[
1
]
[
2
]
A sua obra magna,
The History of the Decline and Fall of the Roman Empire
(
Historia da decadencia e caida do Imperio romano
), publicada entre
1776
e
1788
, e un traballo fundamental cuxa influencia perdura ata hoxe en dia, non so para comprender a evolucion historiografica sobre este tema ?que non o estado da cuestion, dado que a obra esta, loxicamente, desfasada?, senon tamen como solido fito metodoloxico no estudo historico.
Naceu en
Putney
, daquela unha cidade xunto ao
rio Tamese
, preto de
Londres
, Inglaterra. O seu avo fixera e perdera a fortuna familiar na
burbulla dos mares do Sur
. Gibbon era fillo unico, e nas suas memorias describese a si mesmo como un "raparigo enfermizo". A sua nai morreu cando el contaba con dez anos, e a sua crianza e coidado correu a cargo da sua tia Catherine Porten. Asistiu ao Kingston Grammar School, residindo na casa da sua favorita "Aunt Kitty", seguida de Westminster School. Aos 14 o seu pai enviouno ao Magdalen College da
Universidade de Oxford
.
Gibbon non gozou da atmosfera escolar e mais tarde describiu os catorce meses pasados ali como os menos proveitosos de toda a sua vida. O mais memorabel deste periodo foi a sua conversion ao
Catolicismo
o 8 de xuno de
1753
.
"Desde a mina mocidade fun afeccionado a disputa relixiosa"
, escribiu mais tarde.
Pola sua conversion ao catolicismo foi expulsado de Oxford e o seu pai enviouno a
Lausana
,
Suiza
, baixo a titoria de M. Pavilliard, pastor
calvinista
e titor privado, onde permaneceu cinco anos, un tempo que teria un forte impacto no seu caracter e a sua vida posterior. Rapidamente
apostatou
de novo e regresou ao
Protestantismo
. A sua estancia en Lausana enriqueceu a inmensa aptitude de Gibbon para o estudo e a erudicion. Ademais coneceu ao unico amor da sua vida, a filla do pastor, unha rapaza chamada
Suzanne Curchod
, que mais tarde seria a esposa de
Jacques Necker
, o ministro de finanzas frances, e nai de
Germaine de Stael
. Unha vez mais interveu o seu pai na sua vida, que lle negou o permiso para proponer matrimonio a rapaza e esixiu o seu regreso a Inglaterra. Gibbon escribiria: "I sighed like a lover, I obeyed like a son."
Ao seu regreso a Inglaterra Gibbon publicou o seu primeiro libro
Essai sur l'Etude de la Litterature
en
1758
. De
1759
a
1763
Gibbon pasou catro anos de servizo coa milicia de
Hampshire
. A finais de 1763 embarcou para un Grand Tour a Europa, que incluiu unha visita a
Roma
. Foi ali, en
1764
, cando Gibbon concibiu por primeira vez a idea de escribir sobre a historia do Imperio romano.
En
1772
o seu pai morreu deixandolle o suficiente como para vivir desafogadamente en Londres. Empezou a escribir a sua historia en
1773
e o primeiro "quarto" da Decadencia e Ruina apareceu en 1776. A obra tivo moito exito entre os intelectuais do seu tempo e provocou certa polemica coas autoridades eclesiasticas. Os ultimos tomos da "Decadencia e caida do Imperio romano" apareceron en 1788. Traballou na sua autobiografia ata a sua morte, en 1794.
Gibbon sufriu dunha afeccion, que agora se pensa que poderia ser
hydrocele testis
, de acordo co
Manual de Merck
. Produce a exsudacion de fluido dos testiculos en proporcions extraordinarias. Gibbon ideou moitos xeitos de retirar o fluido en anos posteriores, pero a situacion empeorou e converteuse en algo mais doloroso e vergonzoso. O seu medico, que facia medicions, sacou unha vez mais dun litro de liquido da protuberancia.
Esta inflamacion cronica causoulle unha incomodidade engadida nunha epoca en que a moda tendia aos calzons axustados. Refirese indirectamente a isto nas suas memorias cando comenta: "podo recordar so catorce dias verdadeiramente felices na mina vida" e "nunca estou contento senon cando escribo en soidade". A hixiene persoal durante o seculo dezaoito era como moito opcional. A humillacion social que soportou como consecuencia da sua necesidade de hixiene e a sua protuberancia quedou rexistrada. Nunha epoca en que o valor do home era medido non soamente polo "corte dos seus calzons" senon tamen pola sua equitacion, Gibbon foi unha figura solitaria. Nun incidente axeonllouse ante unha dama da sociedade a que se ia declarar. Ela protestou, "Senor, por favor, levantese." Gibbon replicou: "Senora, non podo."
Historia da decadencia e caida do Imperio romano
[
editar
|
editar a fonte
]
Gibbon proponse escribir a
historia
de xeito accidental. Nas suas memorias escribiu que a redaccion do libro se lle ocorreu en
Roma
, cando esta entre as ruinas do
Capitolio
e, mentres oe orar aos
franciscanos
, preguntase o porque da decadencia do Imperio romano. Quizais por iso asociara a caida do Imperio co ascenso do
Cristianismo
, ainda que na obra isto non parece ser unha teoria creada
ad hoc
.
A pregunta inicial do libro sera a causa da caida do
Imperio romano
, e o tema central, quizais pola relevancia historica do mesmo, sera o ascenso e desenvolvemento do
Cristianismo
. A primeira edicion da primeira parte da obra publicase en 1776, e vai seguida do escandalo, porque Gibbon por primeira vez aplica a historia filosofica a historia da
Igrexa
, e dicir, escribe este libro desde unha perspectiva ilustrada e critica. O escandalo e a seriedade inherente da obra contribuen o exito da obra, polo que publica a segunda parte en 1788.
A primeira parte abarca desde os
Antoninos
ata o ano 476, no que se produce a desaparicion do ultimo Emperador,
Romulo Augustulo
. A segunda parte ocupase fundamentalmente da historia bizantina e de occidente, desde o ano 476 ata a Caida de
Constantinopla
no ano 1453. A caida de Roma e Constantinopla produciuse, segundo el, por un proceso de decadencia moral, debido a que o Cristianismo ia en contra dos ideais de Roma, que eran a liberdade intelectual e moral.
Unha das formulacions centrais da obra e responder a por que o Cristianismo se impuxo en Roma (e cal puido ser a sua influencia na caida do Imperio). A resposta obvia que lle deron na sua epoca e porque se trata da doutrina verdadeira. Gibbon, ainda que
agnostico
confeso, non discute esta causa, senon que a ignora e analiza as causas verdadeiras, que son, segundo el:
- A intolerancia dos cristians, que estan convencidos de que a sua relixion era a verdadeira.
- O
Cristianismo
ten como vantaxe que e unha doutrina proselitista, non como o
Xudaismo
, que e pechada.
- A promesa nunha vida futura.
- Os milagres da Igrexa Primitiva.
- A moral austera.
- A union do Cristianismo e Goberno.
Todo isto contribue a explicar a caida do Imperio.
O verdadeiro merito de Gibbon, emporiso, non se centra nas suas teses decadentistas, senon en como aborda o estudo do periodo, en como manexa as fontes historicas, e en como non se conforma con recoller aquilo que cada unha destas relata, senon que o fia e contextualiza tratando de ofrecer unha imaxe global de cada periodo historico. Asi, o novidoso e valioso de Gibbon non son as suas teses politicas, morais ou relixiosas, que son as mesmas de
Voltaire
e de
Montesquieu
, senon que soubo comprender o importante papel dos feitos na Historia, e soubo ordenalos e valoralos, realizando a primeira historia moderna: niso radica a sua importancia e a forza con que calou en toda a historiografia posterior.
[
3
]
A arte literaria de Gibbon, a continua excelencia do seu estilo, os seus epigramas picantes e a sua brillante ironia, poida que non asegurasen a sua obra a inmortalidade de que probabelmente goza, de non ser polo pulo ecumenico, a precision extraordinaria e unha perspicacia de xuizo que raramente foi igualada en historia, ou mesmo na prosa inglesa.
Winston Churchill
anotou, "empecei Decadencia e Ruina (e) fun inmediatamente dominado tanto pola historia como polo estilo. Devorei a Gibbon. Seguino triunfalmente de principio a fin." Mais tarde, nos seus propios escritos tenderia a imitar o estilo da sua prosa, ainda que a un nivel menos elevado.
De modo infrecuente para o
seculo XVIII
, Gibbon nunca estaba satisfeito de segundas fontes se as primarias estaban a man. "Sempre me esforcei", dixo, "por extraer da fonte principal; a mina curiosidade, tanto como un sentido do deber, urxironme sempre a buscar nos orixinais." Nesta insistencia na importancia das fontes primarias Gibbon e considerado por moitos como o primeiro historiador moderno.
O capitulo decimo quinto, que documenta as razons para o rapido crecemento da
cristiandade
ao longo do
Imperio romano
foi particularmente vilipendiado e causou a prohibicion do libro en varios paises ata hai relativamente pouco. (
Irlanda
, por exemplo, levantou a prohibicion sobre a sua venda pouco despois de
1970
)
A historia de Gibbon sobre a Decadencia e Ruina do Imperio romano segue sendo unha obra de valor indiscutibel, unha inspiracion para os historiadores e, sobre todo, unha critica brillante, sostida e extraordinariamente perspicaz da fraxilidade da condicion humana. Emporiso, a tese decadentista que suscitou en canto ao "fin do imperio romano de occidente" esta mais que desfasada e bastante superada pola historiografia actual. A Gibbon e importante telo en conta para comprender a evolucion historiografica sobre este tema, xa que foi un dos pioneiros na historiografia moderna, pero a sua proposta xa non e aceptada polos estudosos do tema.
Os temas sobre os que escribiu Gibbon asi como as suas ideas e o seu estilo influiron noutros autores, como e o caso de
Isaac Asimov
, que usou a sua obra principal
"The History of the Decline and Fall of the Roman Empire"
como a sua guia ao escribir un dos contos que forman parte do libro
"Fundacion e Imperio"
(Parte I: "O Xeneral"), dentro da famosa Triloxia da Fundacion.
- Essai sur l’etude de la litterature
(1761).
- The History of the Decline and Fall of the Roman Empire
(Volume I, 1776; Volumes II e III, 1781; Volumes IV, V, e VI, 1788).
- A vindication of some passages in the fifteenth and sixteenth chapters of the History of the decline and fall of the Roman Empire
(1779).
- Memoire justificatif pour servir de reponse a l’expose, &c de la cour de France
(1779).
- Memoirs of My Life
(1796)
- ↑
Edward Gibbon na Encyclopaedia Britannica
- ↑
A finais do s. XIX, o biografo
Sir Leslie Stephen
"Gibbon, Edward (1737-1794),"
Dictionary of National Biography
, vol. 21, p. 255 (Londres, 1890)
, apuntou a reputacion de
The History
' como a dunha obra de erudicion inigualabel, algo que o ambito academico reconece tan valido enton como na actualidade:
As criticas vertidas sobre o seu libro (...) son case unanimes. En precision, meticulosidade, lucidez, e en abarcar de forma extensiva tan vasto tema, a Historia e insuperabel. E o unico libro de Historia escrito en ingles que pode considerarse como definitivo. (...) Malia os seus defectos, o libro e a vez artisticamente imponente e historicamente irreprochabel como un vasto panorama dun periodo inmensamente longo.
- ↑
"Gibbon’s Contribution to historical Method", en: Historia, 1954, 458-460
- Volumen I
(Segunda ed.).
ISBN
978-84-939635-0-7
.
- Volumen II
.
ISBN
978-84-939635-6-9
.
- Gibbon, Edward (2006).
Historia de la decadencia y caida del Imperio Romano
. Edicion integra en catro volumes, traducion
Jose Mor de Fuentes
. Madrid: Editorial Turner.
- Tomo I. Desde los Antoninos hasta Diocleciano; Desde la renuncia de Diocleciano a la conversion de Constantino
.
ISBN
978-84-7506-753-7
.
- Tomo II. Desde Juliano hasta la particion del Imperio; Invasores barbaros
.
ISBN
978-84-7506-754-4
.
- Tomo III. Invasiones de los barbaros y revoluciones de Persia; Aparicion del Islam
.
ISBN
978-84-7506-755-1
.
- Tomo IV. El Imperio de Oriente y las cruzadas; Fin del Imperio de Oriente y coronacion de Petrarca
.
ISBN
978-84-7506-756-8
.
|
---|
|
Pensadores
|
---|
Alemana
| |
---|
Espana
| |
---|
Estados Unidos
de America
| |
---|
Francia
| |
---|
Grecia
| |
---|
Irlanda
| |
---|
Italia
| |
---|
Paises Baixos
| |
---|
Polonia
| |
---|
Portugal
| |
---|
Romania
| |
---|
Rusia
| |
---|
Reino Unido
(
Escocia
)
| |
---|
Xenebra
| |
---|
|
|
|
|