Telescopio Hubble

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Telescopio espacial Hubble ≫)
Telescopio Espacial Hubble / HST
O Telescopio espacial Hubble visto dende o Transbordador espacial Discovery durante a mision STS-82
Tipo Cientifico
Organizacion NASA / ESA
Data de lanzamento 24 de abril de 1990, 12:33 GMT [ 1 ] [ 2 ] [ 3 ] [ 4 ]
Foguete portador Transbordador espacial Discovery [ 2 ] [ 5 ]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Cabo Canaveral , rampla 39B [ 2 ] [ 6 ]
Obxectivo da mision Observacions astronomicas no rango optico , ultravioleta e infravermello . [ 2 ] [ 6 ]
NSSDC ID 1990-037B
Masa 11.600 kg [ 2 ] [ 5 ] [ 6 ]
Potencia 2400 vatios [ 2 ]
Datos orbitais
Semieixo maior 6934 km [ 1 ]
Inclinacion 28,5 graos [ 1 ]
Apoapse 565,8 km [ 1 ]
Periapse 560,9 km [ 1 ]

O Telescopio espacial Hubble ( HST polas suas siglas inglesas) e un telescopio robotico conxunto da NASA e a ESA localizado na beira externa da atmosfera , en orbita circular o arredor da Terra , a 593 km sobre o nivel do mar, cun periodo orbital entre 96 e 97 min.

Historia e caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Denominado desa forma en honor de Edwin Hubble , foi posto en orbita o 24 de abril de 1990 durante a mision STS-31 como proxecto conxunto da NASA e da ESA , inaugurando o programa de Grandes Observatorios . O telescopio pode obter imaxes cunha resolucion optica maior de 0,1 segundos de arco .

O Hubble traballa no rango de frecuencias entre o ultravioleta e o infravermello proximo. Os seus 11.000 kg foron lanzados o 24 de abril de 1990 . Outras caracteristicas:

  • Tipo de telescopio: Ritchey-Chretien reflector.
  • Diametro: 2,4 m.
  • Area colectora aprox: 4,3 m².
  • Distancia focal efectiva: 57,6 m.
  • Instrumentos:
    • NICMOS Camara/espectrometro infravermello.
    • ACS Camara de analise avanzado.
    • WFPC2 Camara optica de campo ancho.
    • STIS Camara/espectrometro optico (defectuosa).

A vantaxe de disponer dun telescopio mais alo da atmosfera radica, principalmente, en que deste xeito podense eliminar os efectos da turbulencia atmosferica, sendo posible alcanzar o limite de difraccion como resolucion optica do instrumento. Ademais, a atmosfera absorbe en grande medida a radiacion electromagnetica en certas lonxitudes de onda , especialmente no infravermello , diminuindo a calidade das imaxes e imposibilitando a adquisicion de espectros en certas bandas caracterizadas pola absorcion da atmosfera terrestre. Os telescopios terrestres vense tamen afectados por factores meteoroloxicos (presenza de nubes) e a contaminacion luminica ocasionada polos grandes asentamentos urbanos, o que reduce as posibilidades de instalacion de telescopios terrestres.

O Telescopio Espacial Hubble foi un dos proxectos que, sen dubida, mais tenen contribuido o descubrimento espacial e desenvolvemento tecnoloxico de toda a Historia da Humanidade. Gran parte do conecemento cientifico do que os estudosos disponen do espazo interestelar debese ao Telescopio Hubble.

Descricion tecnica [ editar | editar a fonte ]

A unidade ten un peso en torno a 11 toneladas , e de forma cilindrica e ten unha lonxitude de 13,2 m e un diametro maximo de 4,2 m. O custo do telescopio ascendeu (en 1990) a 2.000 millons de dolares US . Inicialmente un erro no puido do espello primario do telescopio (debido a cuestions de programacion da maquina correspondente) produciu imaxes lixeiramente desenfocadas debido a aberracions esfericas . Ainda que este fallo foi considerado no seu dia como unha importante neglixencia por parte do proxecto, a primeira mision de servizo na que unha nave tripulada se achegou o telescopio espacial puido instalar un sistema de correccion optica capaz de corrixir o defecto do espello primario con pouca perda, acadandose as especificacions de resolucion previstas o inicio.

O telescopio e un reflector de dous espellos , tendo o principal 2,4 m de diametro. Para a exploracion do ceo incorpora varios espectrometros e tres camaras, unha de campo estreito para fotografar zonas pequenas do espazo (de brillo debil polo seu afastamento), outra de campo ancho, para obter imaxes de planetas , e unha terceira, infravermella.

Para a xeracion de electricidade empreganse dous paneis solares que alimentan as camaras, os catro motores empregados para orientar e estabilizar o telescopio e os equipos de refrixeracion da camara infravermella e o espectrometro que traballan a 93 K .

Desde o seu lanzamento, o telescopio recibiu varias visitas dos astronautas para corrixir diversos erros de funcionamento e instalar equipo adicional. Debido ao rozamento coa atmosfera (moi tenue a esa altura), o telescopio vai perdendo velocidade moi lentamente e a vez ganando peso por mor da interaccion atractiva entre corpos con masa (o proceso de deceleracion fai que descenda a sua altitude, achegandoo mais a codia terrestre, e aumentando polo tanto a forza de atraccion que a Terra posue sobre o satelite, o que aumenta inda mais o proceso de descenso), de modo que cada vez que e visitado, o transbordador espacial debe empuxalo a unha orbita lixeiramente mais alta. Deste xeito, conseguese manter a orbita, que fora alterada polos efectos fisicos antes mencionados, rozamento e atraccion terrestre.

A quinta mision de mantemento, prevista para 2006 , cancelouse. Con ela, estaba previsto que o Hubble acadase o final da sua vida util en 2010 , 5 anos mais tarde do previsto. O fin do Hubble, xa que logo, e incerto, xa que depende da vida dos xiroscopios , baterias e o freado atmosferico. A Axencia Espacial Canadense, a ESA e a NASA preven lanzar en 2019 o telescopio James Webb para substituir o Hubble. [ 7 ] [ 8 ] [ 9 ]

O 14 de xuno de 2006 a Camara de reconecemento avanzado (siglas en ingles, ACS), un dos instrumentos considerados fundamentais no telescopio, deixou de funcionar. A causa estribaba nun problema de excesiva voltaxe no circuito de alimentacion principal, e puido ser arranxada coa activacion do sistema de apoio. O 30 de xuno a ACS volveu funcionar correctamente. O 31 de outubro de 2006, o Administrador de NASA anunciou a aprobacion para unha mision de mantemento. Esta mision de 11 dias de duracion, pautada tentativamente entre a primavera e o outono de 2008 , entrana a instalacion de novas baterias, da terceira camara de angulo ancho do Telescopio Espacial e dun novo espectrografo, asi como a reparacion os xiroscopios .

En 2019 segue funcionando e enviando imaxes de xeito periodico, como as de vixilancia dos planetas Urano e Neptuno . [ 10 ]

Cifras [ editar | editar a fonte ]

  • A camara mais sofisticada do telescopio espacial Hubble creou unha imaxe mosaico dun gran pedazo do ceo, que inclue polo menos 10 000 galaxias.
  • Co telescopio Espacial Hubble observaronse aproximadamente un millon de obxectos. En comparacion, o ollo humano tan so e quen de ver unhas 6 000 estrelas a primeira ollada .
  • As observacions do HST, incluindo unhas 500 000 fotografias, ocupan 1420 discos opticos de 6,66 Gb (un total de 8,34 terabytes , Tb).
  • O Hubble ten un indice coa posicion detallada de 15 millons de estrelas que lle permite apuntar con precision os seus obxectivos.
  • Astronomos de mais de 45 paises tenen publicado os descubrimentos feitos co Hubble en mais de 4.800 artigos cientificos.
  • O Hubble deu a volta a Terra cada 90 min, viaxando case 3 000 millons de km , unha distancia superior a que suponeria facer unha viaxe de ida a Neptuno .

Principais descubrimentos [ editar | editar a fonte ]

Nacemento de estrelas na nebulosa da Aguia.
  • O Hubble proporcionou imaxes impresionantes da colision do cometa cometa Shoemaker-Levy 9 con Xupiter en 1994 .
  • As imaxes obtidas polo telescopio proporcionaron evidencias da existencia de planetas orbitando outras estrelas .
  • Algunhas das observacions que levaron o modelo actual do universo en expansion obtiveronse con este telescopio incluindo fortes evidencias a favor da existencia da materia escura do universo .
  • A teoria de que a maioria das galaxias aloxan un buraco negro no seu nucleo foi parcialmente confirmada por numerosas observacions.
  • En decembro de 1995 , a camara de Campo Profundo do Hubble fotografou unha rexion do tamano dunha trintava millonesima (un entre trinta millons) parte da area do ceo que conten varios miles de galaxias. Unha imaxe similar do hemisferio sur foi tomada en 1998 apreciandose notables semellanzas entre ambas, o que reforzou o principio que postula a isotropia do Universo (e dicir, que a estrutura do Universo e independente da direccion na cal se mira).
  • Fixo visibles as primeiras galaxias que se formaron.
  • Permitiu detectar Helio no espazo intergalactico (posiblemente orixinado no Big-Bang ).
  • Primeiras imaxes que mostran galaxias con quasares no seu interior.
  • Detectou por primeira vez emision laser UV no espazo.
  • Permitiu descubrir un novo tipo de lente gravitacional en forma de cruz que se poderia utilizar como lupa para escrutar o universo afastado.
  • Primeiro mapa dun asteroide .
  • Descubrimento dun novo tipo de satelite na parte exterior dos aneis de Saturno .
  • Primeiro mapa de Pluton .
  • Un par de aneis rodean unha estrela que fixo explosion en 1987 .
  • Nubes cometarias xigantes formanse o arredor dunha estrela moribunda.
  • Columnas xigantes de po e gas forman no seu interior novas estrelas.
  • Posibles sistemas planetarios en formacion descubertos na nebulosa de Orion .
  • descubriu galaxias situadas a 13.000 anos luz .
  • Os buratos negros son reais, e e posible que se atopen no nucleo de moitas galaxias.
  • A mancha escura da atmosfera de Neptuno e transitoria: desaparece dun hemisferio e aparece no oposto.
  • Europa , a lua xeada de Xupiter , ten unha tenue atmosfera con osixeno .
  • Centeas de millons de cometas rodean o sistema solar .

Alguns fitos [ editar | editar a fonte ]

No seu 32 aniversario, o HST nfocou o Hickson Compact Group 40 , un grupo de cinco galaxias en proceso de mestura. [ 11 ]

Novos interrogantes [ editar | editar a fonte ]

O Hubble contribuiu a revitalizar algunhas preguntas postas con antelacion a sua existencia:

  • Puideron ser totalmente diferentes as leis fisicas que conecemos no momento en que se creou o universo?
  • Por que o Universo parece mais novo que as estrelas mais vellas?
  • Por que hai tanta variedade de formas entre as galaxias do Universo primitivo?
  • De que xeito poden crear estruturas tan complexas as estrelas moribundas?

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "HST" (en ingles) . Consultado o 16 de abril de 2013 .  
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (27 de marzo de 2013). "HST" (en ingles) . Arquivado dende o orixinal o 30 de xuno de 2011 . Consultado o 16 de abril de 2013 .  
  3. "Note verbale dated 17 January 1992 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" . COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (92-02818): 7. 21 de xaneiro de 1992. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de agosto de 2014 . Consultado o 16 de abril de 2013 .  
  4. Claude Lafleur (2010). "HST / The Hubble Space Telescope" (en ingles) . Consultado o 16 de abril de 2013 .  
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Hubble (HST)" (en ingles) . Consultado o 16 de abril de 2013 .  
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "HST" (en ingles) . Consultado o 16 de abril de 2013 .  
  7. https://www.jwst.nasa.gov/
  8. http://www.asc-csa.gc.ca/fra/satellites/jwst/
  9. http://sci.esa.int/jwst/
  10. "HubbleSite: News - Hubble Reveals Dynamic Atmospheres of Uranus and Neptune" . hubblesite.org . Consultado o 2019-02-18 .  
  11. "Celebrating Hubble’s 32nd birthday with a galaxy grouping" . www.esa.int (en ingles ) . Consultado o 2022-07-02 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]