Mamut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mamut
Placa cun mamut gravado, procedente de Malta (Museo do Hermitage, san Petersburgo)

Un mamut [ 1 ] (do antigo ruso маммот, hoxe мамонт) e calquera das especies do extinto xenero Mammuthus , ainda que o mamut por excelencia e o mamut laudo , Mammuthus primigenius , de cairos longos e curvados, e do que se chegaron a atopar varios exemplares sepultados no permafrost de Siberia .

Historia e caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

As especies mais setentrionais , posuian unha cuberta de cabelo longo que os protexia dos frios glaciares. Habitaban as rexions setentrionais de Europa , Asia , America do Norte e de America Central .

Os corpos de mamuts conxelados no xeo xeralmente mostran un bo grao de conservacion e mesmo se alimentaron os cans dos buscadores coa sua carne. Existiron propostas de clonacion de exemplares acabados de desconxelar co obxectivo de revivir esta especie.

Ademais da carne conxelada, encontraronse grandes cantidades de marfil en Siberia que foi utilizado como artigo de comercio durante moitos seculos.

E un erro comun asumir que os mamuts eran criaturas moito mais grandes cos elefantes modernos, un erro que levou a utilizar a palabra mamut como adxectivo para describir algo moi grande . A especie conecida mais grande, o Mamut Imperial de California , alcanzaba a altura de polo menos 4 metros ata a cruz (a mesma que o elefante africano mais grande conecido). Poren, a maioria das especies de mamuts eran do tamano do elefante moderno da India , e atoparonse fosiles de mamuts ananos na illa de Wrangel, o leste da costa de Siberia . Os mamuts desapareceron de Europa hai 12.000 anos e un milenio despois fixerono en America do Norte . Hai 10.000 extinguiuse en Siberia , quedando so a poboacion anana de Wrangel, que persistiu ate arredor do ano 2.000 a.C. ou mesmo menos.

Os mamuts diverxeron dos elefantes asiaticos trala division dos elefantes africanos, o que significa que os mamuts estaban mais emparentados co elefante asiatico que este ultimo co elefante africano. Dado que hai un caso de entrecruzamento exitoso entre un elefante asiatico e un africano, especulase que se os mamuts existisen na actualidade, poderian entrecruzarse cos elefantes asiaticos ainda mais facilmente e esta especulacion levou a idea de recrear a esta especie tomando seme conxelado de mamut e usandoo para fecundar unha elefanta. Ulteriores cruzamentos irian eliminando os caracteres propios do elefante asiatico ata chegar a un mamut totalmente "reconstruido". Poren, ate o momento no se atopou seme suficientemente intacto como para iniciar o experimento.

Os cientificos continuan debatendo se os mamuts se extinguiron por factores climaticos ou por unha matanza levada a cabo por humanos.

Galicia [ editar | editar a fonte ]

O unico fosil de mamut descuberto en Galicia foi atopado no concello do Incio , o 2 de maio de 1961 . Os restos atoparonse na localidade de Buxan , e foron estudados polos estudosos Isidro Parga Pondal , Uxio Torre Enciso e Emiliano Aguirre . Parga Pondal cedeu os restos o museo de historia natural Luis Iglesias, da Universidade de Santiago de Compostela , que e quen ten a custodia. [ 2 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mamut .
  2. Rueda, Carlos (14 de novembro de 2013). "En la tumba olvidada del unico mamut de Galicia" . La Voz de Galicia . Consultado o 25 de xaneiro de 2016 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]