Fidxi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaFidxi
Republic of Fiji (en)
Matanitu Tugalala o Viti (fj)
Fid?i Ganarad?ja (hif)
Viti (fj) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Himno Meda dau doka Editar o valor em Wikidata

Lema Rerevaka na Kalou ka Doka na Tui
Fear God and honour the Queen
Бой се от Бога, почитай кралицата Editar o valor em Wikidata
Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  18°S 178°L  /  -18, 178 Coordenadas : 18°S 178°L  /  -18, 178
Capital Suva Editar o valor em Wikidata
Conten a division administrativa
Poboacion
Poboacion 905.502 (2017) Editar o valor em Wikidata (49,55 hab./km² )
Lingua oficial lingua inglesa
Lingua fidxiana
Hindi de Fidxi Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Parte de
Superficie 18.274 km² Editar o valor em Wikidata
Punto mais alto Monte Tomanivi (1.324 m) Editar o valor em Wikidata
Punto mais baixo Oceano Pacifico (0 m) Editar o valor em Wikidata
Datos historicos
Precedido por
Creacion 1970 Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
• Presidente Editar o valor em WikidataWiliame Katonivere (2021?) Editar o valor em Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor em WikidataSitiveni Rabuka (2022?) Editar o valor em Wikidata
Organo lexislativo Parlamento de Fidxi , (Escano: 51) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal 4.296.235.428 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moeda Dolar fidxiano Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel .fj Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefonico +679 Editar o valor em Wikidata
Telefono de emerxencia Emergencia 000 (pt) Traducir, 911 e 919 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Codigo de pais FJ Editar o valor em Wikidata

Paxina web fiji.gov.fj… Editar o valor em Wikidata

Fidxi [ 1 ] [ 2 ] ( Escoitari / ? f d? i / en ingles : Fiji ; en fidxiano : Matanitu ko Viti ; en hindustano : ?????, ???? , [ 3 ] ), oficialmente a Republica de Fidxi , [ 4 ] e un pais insular en Melanesia , parte de Oceania no sur do oceano Pacifico . Atopase a uns 20000 km. ao nordes de Nova Zelandia . Fidxi esta formado por un arquipelago de mais de 330 illas, das cales unhas 110 estan habitadas permanentemente, e mais de 500 illotes , o que supon unha superficie total duns 18.300 km². O grupo de illas mais periferico e Ono-i-Lau . Aproximadamente o 87% da poboacion total de 924.610 habitantes vive nas duas illas principais, Viti Levu e Vanua Levu . Cerca de tres cuartas partes dos fidxians viven nas costas de Viti Levu: ben na cidade capital de Suva ou en centros urbanos mais pequenos como Nadi , onde o turismo e a principal industria local, ou en Lautoka , onde a industria da cana de azucre e dominante. O interior de Viti Levu esta pouco habitado debido ao seu terreo. [ 5 ]

A maioria das illas de Fidxi formaronse pola actividade volcanica que comezou hai uns 150  millons de anos. Algunha actividade xeotermica ainda ocorre hoxe nas illas de Vanua Levu e Taveuni . [ 6 ] Os sistemas xeotermicos de Viti Levu son de orixe non volcanica e tenen descargas superficiais de baixa temperatura (entre aproximadamente 35 º e 60 °C).

Os humanos viven en Fidxi desde o segundo milenio antes de Cristo, primeiro os austronesios e mais tarde os melanesios , con algunhas influencias polinesias . Os europeos visitaron Fidxi por primeira vez no seculo XVII. [ 7 ] En 1874, despois dun breve periodo no que Fidxi era un reino independente , os britanicos estableceron a colonia de Fidxi . Fidxi funcionou como colonia da Coroa ata 1970, cando se independizou e pasou a ser conecida como Dominio de Fidxi . En 1987, tras unha serie de golpes de estado , o goberno militar que tomara o poder declarouno republica. Nun golpe de estado de 2006 , o comodoro Frank Bainimarama tomou o poder. En 2009, o Tribunal Superior de Fidxi determinou que o liderado militar era ilegal. Nese momento, o Presidente " Ratu " Josefa Iloilo , a quen os militares mantiveran como xefe de estado nominal, derogou formalmente a Constitucion de 1997 e volveu nomear a Bainimarama como primeiro ministro . Mais tarde, en 2009, "Ratu" Epeli Nailatikau sucedeu a Iloilo como presidente. [ 8 ] O 17 de setembro de 2014, despois de anos de atrasos, tiveron lugar unhas eleccions democraticas. O partido FijiFirst de Bainimarama obtivo o 59,2% dos votos, e os observadores internacionais consideraron que as eleccions eran cribles. [ 9 ]

Fidxi ten unha das economias mais desenvolvidas do Pacifico [ 10 ] polos seus abundantes recursos forestais, minerais e pesqueiros. A moeda e o dolar fidxiano , sendo as principais fontes de divisas a industria turistica, as remesas dos fidxians que traballan no estranxeiro, as exportacions de auga embotellada e a cana de azucre. O Ministerio de Goberno Local e Desenvolvemento Urbano supervisa o goberno local de Fidxi, que toma a forma de concellos de cidades e vilas. [ 11 ]

Historia [ editar | editar a fonte ]

Os primeiros habitantes de Fidxi chegaron do Sueste Asiatico tempo antes de que fosen descubertas por exploradores europeos no seculo XVII . Con todo, non foi ata o seculo XIX , que os europeos vineron as illas a establecerse de forma permanente. As illas someteronse ao control britanico como colonia en 1874 . A independencia foi concedida en 1970 , ainda que a raina Isabel II seguia reinando no pais. En 1987 un golpe de estado promulgaria a Republica , que se manten hoxe dia. Realizouse unha nova constitucion, igualitaria entre as duas grandes etnias do pais, indios e os nativos fidxianos. Dez anos despois, no 2000 , George Speight nacionalista nativo cometeu un golpe de estado que foi contrarrestado por outro realizado por Frank Bainimarama que restaurou a normalidade democratica impondo a Laisenia Qarase como primeiro ministro.

O 4 de decembro de 2006 , o comodoro Bainimarama realiza un golpe de estado contra Qarase. Bainimarama volveuse contra o goberno pola clemencia coa que actuaba Qarase ante os golpistas de Speight. As tropas rodearon a residencia de Qarase, apartandoa do resto da capital. Homes armados formaron barricadas por toda a capital, incluindo os arredores da oficina de Qarase. Os soldados tamen atacaron comisarias e fixeronse coas armas da unica unidade armada da policia, ademais de desarmar aos gardacostas do propio Qarase. Bainirama converteuse no presidente de facto do pais, impondo a Jona Senilagakali como primeiro ministro. A situacion acougouse en parte o 5 de xaneiro de 2007 ao devolver Bainimarama a presidencia a Ratu Josefa Iloilo . Un dia despois Iloilo nomeaba ao comodoro primeiro ministro do pais.

Politica [ editar | editar a fonte ]

Fidxi e unha republica desde 1987 tras un golpe de estado na que o poder executivo pasou do gobernador britanico a un Consello de Ministros encabezado por un primeiro ministro . A constitucion de 1990 foi redactada para que os nativos fidxianos monopolizasen o poder politico do pais pero foi emendada en 1997 permitindo aos non nativos unha maior participacion.

O presidente e o xefe do Estado, elixido polo Parlamento, con poderes bastante limitados agas en caso de crise. O primeiro ministro do pais ha de ser elixido por maioria polo parlamento coa arbitraxe do presidente e e quen dirixe o goberno. O parlamento e bicameral, hai un Senado con 34 escanos (24 dos cales estaban reservados para os nativos das Illas Fidxi de Melanesia , 9 para a poboacion doutras razas e 1 para a illa polinesia de Rotuma ) e un Congreso de 70 escanos (37 para os nativos de Fidxi, 27 para cidadans de orixe india, 5 para representantes doutras etnias e 1 para a illa de Rotuma). O sistema legal basease no britanico .

Organizacion politico-administrativa [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Subdivisions de Fidxi .
Mapa das divisions administrativas de Fidxi

Fidxi dividese en catro grandes divisions que se dividen en 14 provincias. Son:

A parte, a illa de Rotuma , ao norte do arquipelago, ten o status de dependencia.

Fidxi dividiuse en tres confederacions ou gobernos durante o reinado de Seru Epenisa Cakobau , ainda que estas non se consideran divisions politicas, ainda se consideran importantes nas divisions sociais dos indixenas fidxians:

Confederacion Xefe
Kubuna Vacante
Burebasaga Ro Teimumu Vuikaba Kepa
Tovata Ratu Naiqama Tawake Lalabalavu

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Lista de Illas de Fidxi .
Mapa de Fidxi

Fidxi consiste en 322 illas, das cales ao redor dun terzo estan habitadas. Ademais, hai outras 522 illas menores. As duas illas mais importantes son Viti Levu e Vanua Levu . En Viti Levu estan a capital Suva , Lautoka e Nadi (sede do principal aeroporto internacional de Fidxi). En Vanua Levu, as principais cidades son Labasa e Savusavu. Ambas as illas son montanosas, con picos de mais de 1.200 metros, e estan cubertas por bosque tropical. Viti Levu concentra aproximadamente dous terzos da poboacion do pais, e combinada con Vanua Levu representan mais do 80% da poboacion do pais.

Outras illas importantes de Fidxi son Taveuni , Kadavu (a terceira e cuarta illa en tamano respectivamente), o grupo de Mamanuca e o grupo Yasawa son populares destinos turisticos, cos grupos Lomaiviti e Lau . Rotuma atopase a cincocentos quilometros ao norte do arquipelago.

Economia [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Economia de Fidxi .

Demografia [ editar | editar a fonte ]

A poboacion actual alcanza os 905.949 (estimada en xullo de 2006), cunha densidade de 49 hab/km². Os fidxianos nativos son unha mestura de polinesios e melanesios, resultado das antigas migracions que tiveron lugar no Pacifico Sur seculos atras. A poboacion fidxiana de orixe india creceu rapidamente entre 1879 e 1916 para traballar nos campos de cana de azucre . E logo continuou crecendo debido a migracion voluntaria ata alcanzar a maioria, pero tras o golpe de estado de 1879 comezou a decrecer pola emigracion. Tamen hai minorias de europeos e chineses. A lingua oficial e o ingles, pero a lingua falada polos nativos e o fidxiano , lingua da familia malaio-polinesia, e polos habitantes de orixe india e o hindi fidxiano, variedade local do hindustano.

Relixion [ editar | editar a fonte ]

A maioria dos fidxianos nativos son cristians , sendo sobre todo metodistas e catolicos . En canto aos indo-fidxianos, son un 77% de relixion hindu , mais de 15% musulmans e 6% cristians. Hai tamen uns poucos sijs . A denominacion cristia mais grande e a Igrexa Metodista de Fidxi e Rotuma. Ten a poboacion mais grande en Fidxi que en ningunha outra nacion (36.2% da poboacion de Fidxi pertence a esta igrexa). A igrexa catolica tamen e significante (8.9%).

Os hindus pertencen a seita Sanatan (74.3% dos hindus), mentres que o 22% non especifican a cal seita pertencen. A maioria dos musulmans son sunnitas . Outras relixions que existen pero con menos poboacion son o sikhismo e o bahaismo .

Cultura [ editar | editar a fonte ]

Debido a sua diversidade etnica e relixiosa. A cultura do pais e o resultado dun mosaico entre as tradicions indixena, india e europeas. A cultura dos nativos ten caracteristicas entre melanesias e polinesias , ainda que experimentou cambios debido a cristianizacion.

O deporte preferido no pais e o Rugby , habendo participado o equipo nacional en varios campionatos do mundo . Doutra banda, tamen existe unha seleccion de futbol , situada no posto 150º da clasificacion mundial da FIFA . A sua mellor participacion nun torneo internacional foi un terceiro posto na Copa de Oceania de 1998 .

As festas oficiais de Fidxi reflicten a sua diversidade cultural

Festas
Data Nome en galego Nome local Notas
1 de xaneiro Dia de ano novo New Year´s Day As celebracions poden continuar durante unha semana e ata un mes nalgunhas zonas.
Febreiro/marzo Festival de cores Holi Festa hindu
Marzo/abril Ram Naumi Ram Naumi Celebracion hindu en honra do senor Ram
Marzo/abril Semana Santa Easter Son festa oficial o domingo e o

venres

30 de maio Dia de Ratu Sir Lala Sukuna Sir Lala Sukuna 's Day Festa que fai honra ao primeiro presidente do pais independente
Xullo Dia da constitucion Constitution Day Conmemora a adopcion da constitucion de Fidxi
Xullo Dia do nacemento de Mahoma - Festa musulma
Setembro Festival do azucre Sugar Festival Celebrado en Lautoka
10 de outubro Dia de Fidxi Fiji Day E o aniversario tanto da cesion ao Reino Unido como a obtencion da independencia en 1970
Outubro/novembro Festival das luces Diwali Festa hindu en honra de Lakshmi deusa da riqueza e a prosperidade.
25 de decembro Nadal Christmas Festival de Nadal

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Benigno Fernandez Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega . Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN   9788482887524 .  
  2. Anair Rodriguez Rodriguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dubidas linguisticas (PDF) . Area de Normalizacion Linguistica da Universidade de Vigo. p. 115. ISBN   84-8158-266-2 .  
  3. Deverson, Tony; Kennedy, Graeme, eds. (2005). "Fiji" . The New Zealand Oxford Dictionary . Oxford University Press . ISBN   978-0-19-558451-6 . doi : 10.1093/acref/9780195584516.001.0001 . Consultado o 18 de febreiro de 2022 .  
  4. En febreiro de 2011, a oficina do primeiro ministro emitiu un comunicado dicindo que o nome do estado cambiou oficialmente de Republica das Illas Fiji a "Republica de Fidxi" e que o nome escrito na constitucion de 1997 era agora nulo (a constitucion esta suspendida desde abril de 2009). Compare: "Country is now officially called Republic of Fiji" . Fijivillage.com. 3 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuno de 2016 . Consultado o 22 de xuno de 2016 . The country is now officially called Republic of Fiji.
    O Secretario permanente da Oficina do Primeiro Ministro, o coronel Pio Tikoduadua dixo que o nome, Republica das Illas Fidxi, tal e como se indica na constitucion de 1997 xa non e aplicable.
     
  5. "Fiji: People" . United States of America State department. 28 de xuno de 2010. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2017 . Consultado o 15 de setembro de 2010 .  
  6. "Fiji Geography" . fijidiscovery.com. 2005. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2011 . Consultado o 15 de setembro de 2010 .  
  7. "Fiji: History" . infoplease.com. 2005. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2010 . Consultado o 15 de setembro de 2010 .  
  8. "Fiji's president takes over power" . BBC. 10 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2009 . Consultado o 15 de setembro de 2010 .  
  9. Perry, Nick; Pita, Ligaiula (29 de setembro de 2014). "Int'l monitors endorse Fiji election as credible" . Associated Press. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2014 . Consultado o 25 de setembro de 2014 .  
  10. "Fiji High Commission :: About Fiji" . www.fiji.org.nz . Consultado o 13 de xaneiro de 2020 .  
  11. "Fiji ? Our Government" . fiji.gov.fj. 9 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuno de 2010 . Consultado o 15 de setembro de 2010 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]

Goberno [ editar | editar a fonte ]

Informacion xeral [ editar | editar a fonte ]