한국   대만   중국   일본 
Salvador Dali - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Salvador Dali

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Infotaula de personaSalvador Dali

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (ca) Salvador Dali i Domenech Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento (es) Salvador Domingo Felipe Jacinto Dali i Domenech Editar o valor em Wikidata
11 de maio de 1904 Editar o valor em Wikidata
Figueres, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 23 de xaneiro de 1989 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Figueres, Espana Editar o valor em Wikidata
Causa da morte Parada cardiorrespiratoria Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Teatro-Museu Dali (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residencia Figueres
Nova York Editar o valor em Wikidata
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Educacion Real Academia de Belas Artes de San Fernando (1922?1926) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Pintura , escultura , direction (en) Traducir e Xoiaria Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Espana (1948?1989)
Estados Unidos de America (1934?1948)
Paris (1926?1927)
Madrid (1922?1926)
Francia
Singapur
Manhattan
Prinsenhof de Delft
Tel Aviv
Delft
Mauritshuis
A Haia Editar o valor em Wikidata
Ocupacion pintor , escenografo , actor de cinema , ilustrador , desenador de xoias , artista grafico , fotografo , director de cinema , escultor , guionista , escritor , actor , holographer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Periodo de actividade 1922 Editar o valor em Wikidata - 1988 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xenero artistico Natureza morta , pintura de xenero , retrato , Arte de paisaxes , alegoria (pt) Traducir e arte sacra Editar o valor em Wikidata
Movemento Surrealismo Editar o valor em Wikidata
Catalogo critico Catalogue Raisonne of Salvador Dali Paintings (en) Traducir (2019) Editar o valor em Wikidata
Alumnos International Chrysis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
Pseudonimo literario Dali, Salvador
Dali Domenech, Salvador Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua inglesa , lingua castela , lingua francesa e lingua catala Editar o valor em Wikidata
Representante Artists Rights Society e Didier Ltd (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Companeiro profesional Pierre Sterle (pt) Traducir
Louise Bourgeois : Salvador Dali & Louise Bourgeois (en) Traducir
Fulco di Verdura (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
9 de xuno de 2012 dOCUMENTA (13) (en) Traducir
28 de xuno de 1964 Documenta III (en) Traducir
De Calder a Koons, Bijoux d'Artistes, La Collection Ideale de Diane Venet (pt) Traducir
Jewelry by Contemporary Painters and Sculptors (en) Traducir
Scultura Aurea (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
Titulo Marquess of Dali of Pubol (en) Traducir (1982?1989) Editar o valor em Wikidata
Conxuxe Gala Eluard Dali (1958?1982)
Pais Salvador Dali i Cusi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e  Felipa Domenech i Ferres (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Irmans Anna Maria Dali (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxia
20 de xullo de 2017 exhumation (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Paxina web salvador-dali.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0198557 Allocine: 36156 Allmovie: p86598
Facebook: SalvadorDaliPage BNE: XX895429 Dialnet: 1012413 Musicbrainz: efe67e58-8f70-4c1b-9db5-0bcec92c2cef Discogs: 195296 WikiTree: Dali-1 Find a Grave: 1989 Editar o valor em Wikidata

Salvador Felipe Jacinto Dali i Domenech [ 1 ] , nado en Figueres o 11 de maio de 1904 e finado na mesma vila o 23 de xaneiro de 1989 , foi un pintor , escultor , gravador , escenografo e escritor catalan , un dos principais representantes do surrealismo .

Ainda que o seu principal medio de expresion foi a pintura, tamen fixo incursions no cinema, a escultura, a xoieria e o teatro, e tamen traballou como desenador de vestiario e escenografo, e escribiu alguns libros, entre os que destaca Diario de un genio ( 1965 ). Dali e conecido polas suas impactantes e oniricas imaxes surrealistas . As suas habilidades pictoricas adoitanse atribuir a influencia e admiracion pola arte renacentista . Dali tivo a habilidade de forxar un estilo persoal e reconecible. Unha das suas obras mais importantes e A persistencia da memoria , tamen chamada Reloxos brandos , que data do ano 1931. Tamen foi un experto debuxante . [ 2 ] [ 3 ]

Como artista extremadamente imaxinativo, manifestou unha notable tendencia ao narcisismo e a megalomania , cuxo obxecto era atraer a atencion publica. Esta conduta irritaba a quen apreciaban a sua arte e xustificaba aos seus criticos, que rexeitaban as suas condutas excentricas como un reclamo publicitario ocasionalmente mais rechamante que a sua producion artistica. [ 4 ] Dali atribuia o seu ≪amor por todo o que e dourado e resulta excesivo, a sua paixon polo luxo e o seu amor pola moda oriental≫ a un autoproclamado ≪linaxe arabigo≫, [ 5 ] que remontaba as suas raices aos tempos da dominacion arabe da Peninsula Iberica .

≪...que non coneza o significado da mina arte, non significa que non a tena...≫
≪A unica diferenza entre un tolo e eu, e que eu non estou tolo≫. [ 6 ]
Salvador Dali

Biografia [ editar | editar a fonte ]

Infancia [ editar | editar a fonte ]

A familia Dali en 1910: dende a esquerda, a sua tia Maria Teresa, os seus pais, a sua tia Catalina (segunda esposa do seu pai), a sua irma Ana Maria e a sua avoa Ana.

Salvador Dali naceu as 8:45 horas do 11 de maio de 1904 , [ 7 ] no numero 20 da rua Monturiol, en Figueres , Xirona , [ 8 ] na comarca catala do Empordan , preto da fronteira con Francia . [ 9 ] O irman mais vello de Dali, tamen chamado Salvador (nado o 12 de outubro de 1901 e bautizado como Salvador Galo Anselmo), [ 1 ] morrera dun "arrefrio gastroenteritico infeccioso" uns nove meses antes (o 1 de agosto de 1903 ). Isto marcou moito o artista posteriormente, e chegou a ter unha crise de personalidade o crer que el era a copia do seu irman morto. [ 10 ] O seu pai, Salvador Dali i Cusi, era avogado de clase media e notario , de caracter estrito suavizado pola sua muller Felipa Domenech i Ferres, quen alentaba os intereses artisticos de Salvador. [ 11 ] [ 12 ] Con cinco anos, os seus pais levarono a tumba do seu irman e dixeronlle que el era a sua reencarnacion , unha idea que el chegou a crer. [ 13 ] [ 14 ] Dali dixo do seu irman:

...pareciamonos como duas pingas de auga, pero dabamos reflexos diferentes... O meu irman era probablemente unha primeira vision de min mesmo, pero segundo unha concepcion demasiado absoluta. [ 15 ]

Dali tamen tivo unha irma, Ana Maria, catro anos mais nova ca el. [ 16 ] En 1949 ela publicou un libro sobre o seu irman, titulado Dali visto por su hermana . [ 17 ] Na sua infancia, Dali trabou amizade con futuros xogadores do F.C. Barcelona , como Emilio Sagi Linan ou Josep Samitier . En epoca de vacacions, no florecente Cadaques , o trio pasaba moito tempo xogando o futbol .

En 1916 descubriu a pintura contemporanea durante unha visita familiar a Cadaques, onde coneceu a familia de Ramon Pichot , un artista local que viaxaba regularmente a Paris , a capital da arte do momento. [ 11 ] Seguindo os consellos de Pichot, o seu pai enviouno a clases de pintura co mestre Juan Nunez. O ano seguinte, o seu pai organizou unha exposicion dos seus debuxos na casa familiar. En 1919, con catorce anos, Dali participou nunha exposicion colectiva de artistas locais no teatro municipal de Figueres e noutra en Barcelona , auspiciada pola Universidade , na que recibiu o premio Reitor da Universidade.

En 1919, cando cursaba sexto de bacharelato no instituto Ramon Muntaner , el e varios amigos editaron a revista mensual Studium , na que habia ilustracions, textos poeticos e unha serie de artigos sobre pintores coma Goya , Velazquez ou Leonardo da Vinci . [ 18 ]

En febreiro de 1921 a sua nai morreu a consecuencia dun cancro de utero , cando Dali tina 16 anos. Sobre a morte da sua nai diria mais tarde que foi ≪o golpe mais forte que recibin na mina vida. Adorabaa. Non podia resignarme a perda do ser con quen contaba para facer invisibles as inevitables manchas da mina alma...≫. [ 19 ] Trala sua morte, o pai de Dali contraeu matrimonio coa irma da sua esposa falecida. Dali nunca aprobou este feito. [ 11 ]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Gal Dali i Vinas
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Salvador Dali i Cusi
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Teresa Cusi i Marco
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Salvador Dali i Domenech
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Anselm Domenech i Serra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Felipa Domenech i Ferres
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Maria Anna Ferres i Sadurni
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Xuventude en Madrid e Paris [ editar | editar a fonte ]

Dali tivo duas posibles influencias para o bigote que lucia: a esquerda, Josep Margarit , un militar catalan cuxo retrato penduraba na sala de estar da casa paterna do artista; a dereita, Diego Velazquez , o mestre pintor andaluz admirado polo xenio catalan.

En 1922 Dali aloxouse na celebre Residencia de Estudiantes de Madrid para comezar os seus estudos na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando . [ 11 ] Enseguida atraeu a atencion polo seu caracter de excentrico dandi . Lucia unha longa melena con patillas, gabardina, medias e polainas o estilo dos artistas vitorianos . Poren, foron as suas pinturas, nas que Dali probaba o cubismo , as que chamaron a atencion dos seus companeiros de residencia, entre os que se incluian futuras figuras da arte espanola, como Federico Garcia Lorca , Pepin Bello ou Luis Bunuel . Daquela, e posible que Dali non entendese completamente os principios cubistas: as suas unicas fontes eran artigos publicados na prensa e un catalogo que lle dera Pichot, posto que no Madrid daquela epoca non habia pintores cubistas.

En 1924 un ainda desconecido Salvador Dali ilustrou un libro por primeira vez. Era unha publicacion do poema en catalan Les Bruixes de Llers ("As meigas de Llers"), dun dos seus amigos da residencia, o poeta Carles Fages de Climent . Dali axina se familiarizou co dadaismo , influencia que o marcou polo resto da sua vida. Na residencia tamen trabou unha apaixonada relacion co mozo Lorca, pero Dali rematou rexeitando os amorosos reclamos do poeta. [ 20 ] [ 21 ]

Dali foi expulsado da Academia en 1926 , pouco antes dos seus exames finais, por afirmar que non habia ninguen en condicions de examinalo. [ 22 ] A mestria dos seus recursos pictoricos reflectiuse no seu impecablemente realista Cesta de pan , pintada en 1926. [ 23 ] Ese mesmo ano, visitou Paris por primeira vez, onde coneceu a Pablo Picasso , a quen o mozo Dali admiraria profundamente. Picasso xa recibira alguns comentarios eloxiosos sobre Dali de parte de Joan Miro . Co paso do tempo e o desenvolvemento dun estilo propio, Dali converteuse a sua vez nunha referencia e nun factor influente na pintura destes.

Algunhas das caracteristicas da pintura de Dali daquela epoca converteronse en distintivas para toda a sua obra posterior. Dali absorbia as influencias de moitos estilos artisticos, dende o academicismo clasico as vangardas mais rompedoras. [ 24 ] As suas influencias clasicas pasaban por Rafael , Agnolo Bronzino , Francisco de Zurbaran , Vermeer e, por suposto, Velazquez . [ 25 ] Alternaba tecnicas tradicionais con sistemas contemporaneos, as veces nunha mesma obra. As exposicions da sua obra realizadas en Barcelona naquela epoca atraeron grande atencion, na que se mesturaban as loanzas e os debates suscitados por unha critica dividida.

Dali deixou crecer un vistoso mostacho que imitaba o do celebre pintor Diego Velazquez, e que se converteria nun dos seus distintivos persoais no resto da sua vida.

De 1929 a segunda guerra mundial [ editar | editar a fonte ]

As olladas alucinadas de Dali (esquerda) e o seu camarada no surrealismo , Man Ray , en Paris , o 16 de xuno de 1934 , segundo fotografia de Carl Van Vechten .

En 1929 Dali colaborou co director de cine Luis Bunuel , amigo da residencia de estudantes, na elaboracion da polemica curtametraxe Un chien andalou ("Un can andaluz"), na que se amosaban escenas propias do imaxinario surrealista . Dali afirmou que desempenara un papel esencial na rodaxe do filme, sen que este extremo se vise confirmado pola historiografia da arte contemporanea . [ 26 ] En agosto dese mesmo ano coneceu a sua musa e futura esposa Gala . [ 27 ] Nada co nome de Elena Ivanovna Diakonova, era unha inmigrante rusa , once anos maior ca el, daquela casada co poeta frances Paul Eluard . Ese mesmo ano, Dali continuou exponendo regularmente, xa como profesional, e uniuse oficialmente o grupo surrealista residente no barrio parisiense de Montparnasse . Durante os dous anos seguintes, o seu traballo influiu enormemente no rumbo do surrealismo, que o aclamou como creador do metodo paranoico-critico , o cal, segundo se dicia, axudaba a acceder o subconsciente , liberando enerxias artisticas creadoras. [ 11 ] [ 12 ]

No ambito domestico, a relacion de Dali co seu pai estaba proxima a ruptura. Salvador Dali i Cusi oponiase o romance do artista con Gala, e condenaba a sua relacion cos artistas do surrealismo por consideralos ?como boa parte da opinion publica? elementos tendentes a dexeneracion moral . A tension foi en aumento ata culminar nun enfrontamento persoal por mor dunha nova sobre Dali publicada na prensa na que se referia que un debuxo dun Sagrado Corazon de Xesucristo exposto en Paris polo mozo amosaba unha inscricion na que se lia: ≪En ocasions, cuspo no retrato da mina nai para me entreter≫. Ultraxado, o seu pai demandou unha satisfaccion publica. Dali negouse, quizais por temor a ser expulsado do grupo surrealista, e foi botado violentamente da sua casa o 28 de decembro de 1929 . O seu pai desherdouno e prohibiulle regresar xamais a Cadaques. Posteriormente, Dali describiu como no curso deste episodio presentoulle o seu pai un preservativo usado contendo o seu propio esperma , coas palabras: ≪Toma. Xa non che debo nada!≫. O veran seguinte, Dali e Gala alugaron a pequena cabana dun pescador nunha baia preto de Portlligat . Despois mercou o terreo, e o longo dos anos foi ampliandoa ata convertela na sua fastuosa vila xunto o mar, hoxe reconvertida en casa-museo. Gala e Dali casaron en 1934 nunha cerimonia civil, e o volverian facer polo rito catolico en 1958 . [ 28 ]

En 1931 Dali pintou unha das suas obras mais celebres, A persistencia da memoria (Os reloxos brandos) , na que segundo algunhas teorias ilustrou o seu rexeitamento do tempo como unha entidade rixida ou determinista . [ 29 ] Esta idea vese apoiada por outras imaxes da obra, coma a extensa paisaxe , ou alguns reloxos de peto devorados por insectos . [ 30 ] Os insectos, por outra parte, formarian parte do imaxinario daliniano como unha entidade destrutora natural que, tal como explicou nas suas memorias, vina determinada por unha lembranza da infancia.

Dali chegou os Estados Unidos de America grazas o marchante Julien Levy en 1934 . A exposicion dalgunhas obras de Dali ?incluida a celebre A persistencia da memoria ? levantou unha enorme expectacion en Nova York . Organizouse un baile na sua honra, o Dali Ball , no que compareceu levando unha caixa de cristal pendurada sobre o peito cun sosten dentro. [ 31 ] Ese mesmo ano, Dali e Gala ofreceron un baile de mascaras en Nova York, cortesia da herdeira Caresse Crosby. Foron disfrazados do bebe Lindbergh e o seu secuestrador. O escandalo levantado na prensa foi tan notable que Dali pediu desculpas publicamente. Cando regresou a Paris, debeu explicarse ante os surrealistas que non entenderon por que se desculpara por un acto considerado surrealista. [ 32 ]

Ainda que a maior parte do surrealismo se adscribira a ideas politicas de esquerda, Dali mantina unha posicion que se xulgaba ambigua na cuestion das relacions entre arte e activismo politico. Os lideres do movemento, principalmente Andre Breton , acusarono de defender o "novo" e "irracional" do fenomeno hitleriano , acusacion que Dali refutou afirmando que ≪non son un hitleriano nin de feito nin de intencion≫. [ 33 ] Dali insistia en que o surrealismo podia existir nun contexto apolitico, e negouse a denunciar publicamente o rexime fascista aleman . Este e outros factores fixeronlle perder o seu prestixio entre os seus camaradas artistas, e a finais de 1934 Dali foi sometido a un "xuizo surrealista" do cal resultou a sua expulsion do movemento. [ 27 ] A isto, Dali respondeu coa sua celebre replica, ≪Eu son o surrealismo≫. [ 22 ]

Poren, en 1936 , Dali volveu participar nunha exposicion surrealista, esta vez de indole internacional, celebrada en Londres . A sua conferencia, titulada Fantomes paranoiaques authentiques ("Pantasmas paranoicas autenticas"), impartiuna cun traxe de mergullador , casco incluido. [ 34 ] Chegou a conferencia cun taco de billar e un par de sabuxos rusos, e no seu transcurso tivo que retirar o casco para poder tomar aire. Comentou o respecto que ≪simplemente queria amosar que estaba mergullandose profundamente na mente humana≫. [ 35 ]

Daquela, o mecenas de Dali era o adineirado Edward James , que colaborara xenerosamente no ascenso do artista comprandolle numerosas obras e prestandolle cartos durante dous anos. Converteronse en bos amigos, tanto e asi que James aparece na pintura de Dali Cisnes reflectindo elefantes . Colaboraron igualmente na creacion de duas das obras mais representativas do movemento: o "telefono-lagosta" e o sofa dos beizos de Mae West . En 1939 Andre Breton acunou o anagrama despectivo ≪Avida Dollars≫ (en latin, "avido de dolares") para criticar a sua paixon polos cartos. [ 36 ] Esta sarcastica referencia o seu puxante negocio da arte tamen pretendia acusalo de cultivar a megalomania mediante a fama e o dineiro. Alguns dos surrealistas comezaron mesmo a falar de Dali en preterito perfecto, como se xa finara. Alguns grupos surrealistas, e membros adscritos posteriormente, coma Ted Joans , mantiveron contra Dali unha exacerbada polemica que continuou ata o dia da sua morte.

Estancia en Nova York [ editar | editar a fonte ]

En 1940 , coa segunda guerra mundial arrasando Europa , Dali e Gala fuxiron os Estados Unidos , onde viviron durante oito anos. Despois da mudanza, Dali retomou o seu antigo catolicismo . ≪ Durante ese periodo ≫, informan Robert e Nicholas Descharnes, ≪ Dali nunca deixou de escribir ≫. [ 37 ]

En 1941 Dali entregou un guion cinematografico a Jean Gabin , titulado Moontide ("Marea lunar"). En 1942 publicou a sua autobiografia , La vida secreta de Salvador Dali . Escribia regularmente para os catalogos das suas exposicions, coma a organizada na Knoedler Gallery de Nova York en 1943 . Nese artigo exponia que

O surrealismo servira polo menos para dar unha proba experimental de que a total esterilidade dos intentos por automatizar chegaron demasiado lonxe e levaron a un sistema totalitario... A pereza contemporanea, e a total falta de tecnica, acadaron o seu paroxismo na significacion psicoloxica do uso actual da institucion universitaria.

Tamen escribiu unha novela , publicada en 1944 , sobre un salon de moda para automobiles . De ai xurdiu unha caricatura de Erdwin Cox, do Miami Herald , que presentaba a Dali lucindo un automobil como vestido de festa. [ 37 ]

Exposicion sobre Dali en Londres . En primeiro termo hai unha escultura dun elefante de patas alongadas cunha piramide no lombo, identico a un dos que aparecen no cadro. O fondo atopase o London Eye .

Un frade italiano chamado Gabriele Maria Berardi anunciou que lle realizara un exorcismo a Dali nunha visita deste a Francia en 1947 . [ 38 ] No 2005 foi inaugurada unha escultura do Cristo na cruz na cidade do frade. Comentouse que Dali entregara esta obra o frade como prenda de gratitude, [ 38 ] e dous expertos espanois sobre Dali consideraron que hai motivos abondos para pensar que a obra fose realmente sua. [ 38 ]

Aceptou a decoracion dun escaparate dos almacenes Bonwit-Tellerle na Quinta Avenida de Nova York. Fixo unha polemica composicion dedicada o dia e a noite: nun lado un manequin con perruca vermella nunha baneira de astracan e no outro, unha figura deitada nunha cama con baldaquino negro sobre cuxa almofada ardian carbons . Pero realizaronse modificacions sen permiso do autor, e Dali en protesta acabou lanzando a baneira contra o vidro do escaparate. Foi detido e debeu pagar os danos. O xulgado absolveuno, pois el argumentou que defendia a sua obra, e esta protesta foi entendida como unha defensa dos dereitos de autor . [ 39 ]

Neses anos, Dali desenou ilustracions para edicions traducidas o ingles de clasicos coma o Quixote , a autobiografia de Benvenuto Cellini e os Ensaios de Michel de Montaigne . Tamen proporcionou decorados para o filme Spellbound de Alfred Hitchcock , e emprendeu con Walt Disney a realizacion dunha curtametraxe de debuxos animados , Destino , que quedou inconclusa e foi montada en 2003 , moito despois do pasamento de ambos. [ 40 ]

Esta foi unha das epocas mais frutiferas da sua vida, pero tamen discutida por certos criticos, que vian que Dali esvaia a fronteira entre arte e bens de consumo o acantoar a pintura para centrarse mais no deseno e os artigos comerciais.

Derradeiros anos en Cataluna [ editar | editar a fonte ]

Dende 1949 Dali viviu en Cataluna . O feito de que elixise Espana para vivir en tempos da ditadura fixo que alguns dos seus antigos colegas, asi como sectores progresistas, o fixeran branco de novas criticas. [ 41 ] Isto suxire que o descredito con que Dali era considerado entre surrealistas e criticos de arte se debese, polo menos en parte, a motivacions politicas mais que o valor intrinseco das suas obras de arte. En 1959 Breton organizou unha exposicion antoloxica titulada Homage to Surrealism ("Homenaxe o surrealismo"), que reunia obras xurdidas nas catro decadas do movemento. A exposicion recuperaba pezas de Dali, Joan Miro , Enrique Tabara e Eugenio Granell . O ano seguinte, Breton opuxose enerxicamente a inclusion da Madonna Sixtina de Dali na Exposicion Internacional Surrealista de Nova York. [ 42 ]

Salvador Dali, The Rainbow (1972), Centro M. T. Abraham de Artes Visuales .

O final da sua carreira Dali non se limitou a pintura e desenvolveu novos procesos e medios experimentais: creou un boletin [ 43 ] e converteuse nun dos pioneiros da holografia artistica, [ 44 ] cousa pouco estrana considerando a sua longa exploracion artistica de xogos visuais. Xa durante os seus derradeiros anos, artistas coma Andy Warhol proclamaron o catalan como unha das influencias mais notabeis do pop art . [ 45 ] Dali tamen amosou dende sempre un acusado interese polas ciencias naturais e as matematicas . Asi se observa en moitas das suas obras ?sobre todo as creadas na decada de 1950? nas que chegou a componer retratos individuais a partir de cornos de rinoceronte . Segundo o artista, o corno de rinoceronte significaba a xeometria divina, posto que crece nunha progresion espiral logaritmica . Tamen relacionou o concepto cos temas da castidade e a santidade da Virxe Maria . [ 46 ] Outro dos intereses de Dali era o ADN , e o hipercubo (un cubo de catro dimensions) que chegou a plasmar despregado na sua Crucifixion ( Corpus Hypercubus ).

A baia de Portlligat , a paisaxe que cativou o artista en Cadaques , coa sua casa, hoxe museo. Esta formada por un conxunto de barracas de pescadores que foron adquiridas polo pintor e a sua muller, Gala. Aberta o publico en 1997 , no seu interior exhibense recordos do pintor, o seu taller, a biblioteca, as suas habitacions e o xardin.

A posguerra abriu para Dali unha nova etapa artistica, caracterizada polo virtuosismo tecnico e o recurso a ilusions opticas , asi como o imaxinario da ciencia ou a relixion . A sua aproximacion o catolicismo foise facendo mais marcada, influida quizais pola conmocion causada pola bomba de Hiroshima e o amencer da era nuclear. O mesmo Dali denominou esta etapa da sua arte como o periodo mistico -nuclear. A sua intencion parecia ser a sintese da iconografia cristia con imaxes en descomposicion relacionadas coa fisica nuclear, [ 47 ] como se desprende de obras coma Crucifixion ( Corpus Hypercubus ). Baixo a clasificacion de "misticismo nuclear" incluense tamen A estacion de Perpinan (1965) e O toureiro alucinoxeno (1968-1970). En 1960 Dali empezou a traballar nun teatro e museo persoal, erguidos sobre a sua casa natal en Figueres; foi o maior dos seus proxectos individuais, e dedicarialle boa parte das suas enerxias ata 1974 . Mesmo mais adiante, a mediados da decada de 1980, realizou algunhas reformas menores no edificio.

Salvador Dali en 1972 .

Na sua madurez, o artista tamen se implicou noutras actividades "extra-artisticas" que daban unha medida da sua enorme popularidade como personaxe publico. En 1968 Dali gravou un anuncio televisivo para a marca de chocolate Lanvin , [ 48 ] e en 1969 desenou o logotipo de Chupa Chups . Nese mesmo ano traballou como responsable creativo da campana publicitaria de Eurovision , e creou unha grande escultura metalica que foi instalada no escenario do Teatro Real de Madrid . No programa Dirty Dali: A Private View ("Dali o sucio: Unha vision intima"), emitido polo Channel 4 do Reino Unido en 2007 , o critico Brian Sewell describia como a finais da decada de 1960 foi requirido polo artista para posar sen pantalons en posicion fetal baixo a axila dunha figura de Xesucristo , mentres Dali o fotografaba e finxia furgar baixo o pantalon. [ 49 ] [ 50 ]

En 1980 , a saude de Dali deteriorouse seriamente. Coa sua muller, Gala ?que xa manifestaba sintomas de senilidade?, consumiu presuntamente un coctel de farmacos que danou seriamente o seu sistema nervioso, coa consecuencia de incapacitalo practicamente para a creacion artistica. Con 76 anos, o estado de Dali era lamentable, e a sua man sufria constantes tremores que evidenciaban o progreso da enfermidade de Parkinson . [ 51 ] [ 52 ]

En 1982 , o rei Xoan Carlos I concedeulle a Dali o titulo de marques de Pubol, que o artista agradeceu cun debuxo, titulado Cabeza de Europa , que resultou ser o seu derradeiro debuxo, e que lle entregou trala visita real o seu leito de morte.

A igrexa de Sant Pere en Figueres , onde Dali recibiu o bautismo , a primeira comunon , e onde se celebrou o seu funeral .
Teatro-Museo Dali en Figueres . Cando o alcalde invitou o artista a agasallar unha pintura para o museo local, Dali respondeu estar disposto a doar un museo enteiro e suxeriu como sede o teatro enton abandonado. Neste teatro expuxera as suas duas primeiras obras en 1918 .

Gala morreu o 10 de xuno de 1982 e trala sua morte, Dali perdeu o seu entusiasmo por vivir. Deliberadamente, deshidratouse seriamente ?como consecuencia dun intento de suicidio ?, ainda que xustificou a sua accion como un metodo de entrar nun estado de animacion suspendida, do mesmo modo que poden facer algunhas bacterias . Mudouse de Figueres o castelo de Pubol , que lle comprara a Gala, e onde ela finou. En 1984 , declarouse un incendio de causas desconecidas no seu dormitorio. [ 53 ] De novo sospeitouse dun intento de suicidio, ainda que quizais se debese a neglixencia do persoal domestico. [ 22 ] De todos os xeitos, Dali foi rescatado e regresou o seu domicilio en Figueres, onde un grupo de artistas, mecenas e colegas artistas se encargaron do seu benestar ata os seus ultimos anos.

Denunciouse que Dali foi obrigado por alguns dos seus "coidadores" a asinar lenzos en branco que serian vendidos trala sua morte como orixinais. [ 54 ] Estes rumores fixeron que o mercado da arte fose esceptico coas obras atribuidas a Dali durante a sua ultima epoca.

En novembro de 1988 Dali foi ingresado por mor dun serio fallo cardiaco, e o 5 de decembro de 1988 foi visitado polo rei Xoan Carlos I, quen lle confesou que sempre foi un fiel admirador da sua obra. [ 55 ] O 23 de xaneiro de 1989 , escoitando o seu disco favorito ? Tristan e Isolda , de Richard Wagner ? morreu a causa dunha parada cardiorrespiratoria en Figueres, con 84 anos, e cerrando o circulo foi enterrado na cripta de Figueres, situada na sua casa-museo (ver imaxe). A sua cripta atopase o outro lado da igrexa de Sant Pere, onde fora bautizado, recibira a sua primeira comunon e onde repousa dende enton; tres bloques mais alo da sua casa natal. Erro no codigo da cita: Falta a etiqueta </ref> para a etiqueta <ref> correspondente Para evitar tensions entre o goberno central e autonomico , Dali testou en 1982 a favor do estado espanol como herdeiro universal da sua obra. [ 56 ]

A Fundacion Gala-Salvador Dali encargase na actualidade da xestion do seu legado. [ 57 ] Nos Estados Unidos, o responsable legal da sua representacion e a Artist Rights Society. [ 58 ] En 2002 esta sociedade saiu nas noticias por requirir de Google que retirase un logotipo da firma desenado a semellanza da obra de Dali, e que fora especialmente creado para conmemorar o aniversario do seu nacemento, alegando dereitos de copyright . Google accedeu a retirar o logotipo ?cuxo uso, teoricamente, era dun so dia? pero negouse a admitir a violacion dos dereitos de autor.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Logo da morte da sua nai en 1921 , Dali marchou a estudar a Madrid , ali ingresa na Residencia de Estudiantes en 1922 e entra en contacto con outros grandes artistas da epoca como Luis Bunuel ou Federico Garcia Lorca ao tempo que estuda na Escola de Belas Artes de San Fernando. En 1926 realiza a sua primeira visita a Paris , onde conece a Picasso , colabora con Bunuel na realizacion do filme Un chien andalou , que estrean en Paris en 1929 , nese mesmo ano conece a Gala , que se converteria na sua musa ata a sua morte. Coa chegada ao poder de Francisco Franco , Dali entrou en conflito co resto dos membros do surrealismo por motivos politicos, e mesmo chegan a expulsalo do movemento, ao que Dali responde: o surrealismo son eu. En 1940 pola guerra en Europa marcha a vivir aos Estados Unidos , onde ficara ate 1948 e que se convertera no periodo mais produtivo da sua vida.

Obra [ editar | editar a fonte ]

Como pintor, Dali non tivo un unico estilo ou tecnica. O mellor da sua producion desenvolveuse dentro do surrealismo e os seus cadros, dun gran detalle e meticulosidade no debuxo e con cores brillantes e luminosos, caracterizanse por composicions sorprendentes e insospeitadas de obxectos cotidians e imaxes oniricas. Pintou arredor de 1.500 cadros na sua vida.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 Gibson, Ian (2004). Anagrama, ed. La vida desaforada de Salvador Dali (en castelan) . Barcelona. p. 55. ISBN   84-339-6754-1 .  
  2. Phelan, Joseph, The Salvador Dali Show Arquivado 13 de marzo de 2014 en Wayback Machine ..
  3. Dali, Salvador (2000). Dali: 16 Art Stickers , Courier Dover Publications. ISBN 0-486-41074-9 .
  4. Saladyga, Stephen Francis (veran do 2006. Revisado o 22 de xullo de 2006). (Niagara University), ed. " " The Mindset of Salvador Dali " " . lamplighter (en ingles ) 1 (3). Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2009 . Consultado o 29 de decembro do 2015 .  
  5. Ian Gibson (1997). The Shameful Life of Salvador Dali . W. W. Norton & Company.   . Gibson descubriu que ≪Dali≫, con algunhas variantes, e un apelido extremadamente comun en paises arabes, como Marrocos , Tunisia , Alxeria ou Exipto . Por outra banda, os Domenech, a rama materna da familia Dali, tina raices xudias .
  6. Segundo recolle Robert Clarke en Supercerebros de los superdotados a los genios , p. 165 .
  7. Certificado de nacemento e "Dali Biography" . Dali Museum . Dali Museum. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2008 . Consultado o 24 de agosto de 2008 .  
  8. Dali, La vida secreta de Salvador Dali , 1948, Londres: Vision Press, p.33
  9. Dali, The Secret Life of Salvador Dali, 1948, London: Vision Press, p. 33.
  10. Llongueras (2004), p. 83.
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Llongueras, Lluis (2004). Dali , Ediciones B ? Mexico. ISBN 84-666-1343-9 .
  12. 12,0 12,1 Rojas, Carlos. Salvador Dali, Or the Art of Spitting on Your Mother's Portrait , Penn State Press (1993). ISBN 0-271-00842-3 .
  13. Salvador Dali . SINA.com . Revisado o 31 de xullo de 2006.
  14. Salvador Dali biography on astrodatabank.com. (Revisado o 30 de setembro de 2006; en ingles).
  15. Dali, Vida secreta de Salvador Dali (1993), p. 2.
  16. Llongueras (2004), p. 361.
  17. "Dali Biography 1904?1989 ? Part Two" . artelino.com . Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2006 . Consultado o 30 de setembro de 2006 .  
  18. "Reediten la revista Studium en que va col·laborar Dali amb 15 anys" [Reeditan a revista Studium na que colaborou Dali os 15 anos] . VilaWEb. Figueres (en catalan ) . 30 de xuno de 2012. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuno de 2012 . Consultado o 13 de maio de 2013 .  
  19. Dali, Secret Life , pp. 152?153.
  20. Para mais informacion sobre a relacion entre ambos artistas, vexase Lorca-Dali: o amor que non puido ser e The Shameful Life of Salvador Dali , ambos por Ian Gibson .
  21. Bosquet, Alain, Conversations with Dali , 1969. pp. 19-20 (formato PDF) (sobre Garcia Lorca) ≪S.D.: Era homosexual, iso sabeo todo o mundo, e estaba tolamente namorado de min. Intentou learse comigo un par de veces... e eu estaba extremadamente molesto, porque non era homosexual, e non estaba disposto a ceder. Ademais, iso doe. Asi que iso quedou en nada. Pero sentinme terriblemente afagado polo prestixio das suas atencions. No mais profundo de min, sentia que el era un gran poeta e debolle un minusculo anaco do cu do Divino Dali≫.
  22. 22,0 22,1 22,2 Salvador Dali: Olga's Gallery Arquivado 13 de abril de 2016 en Wayback Machine .. Revisado o 22 de xullo de 2006.
  23. Paintings Gallery #5 Arquivado 27 de agosto de 2010 en Wayback Machine ..
  24. Hodge, Nicola, and Libby Anson. The A?Z of Art: The World's Greatest and Most Popular Artists and Their Works . California: Thunder Bay Press, 1996. Online citation Arquivado 21 de setembro de 2006 en Wayback Machine ..
  25. Phelan, Joseph Arquivado 13 de marzo de 2014 en Wayback Machine . ? Artcyclopedia.
  26. Koller, Michael. Un Chien Andalou Arquivado 25 de decembro de 2010 en Wayback Machine .. Senses of cinema January 2001. Revisado o 26 de xuno de 2006, en ingles.
  27. 27,0 27,1 Shelley, Landry. "Dali Wows Crowd in Philadelphia" . Unbound (The College of New Jersey), Spring 2005. Revisado o 22 de xullo de 2006.
  28. Carre d'Art , Jean-Pierre Thiollet , Anagramme, 2008, p.213
  29. Clocking in with Salvador Dali: Salvador Dali's Melting Watches (PDF) from the Salvador Dali Museum. Revisado o 19 de agosto de 2006; en ingles.
  30. Salvador Dali, La Conquete de l’irrationnel (Paris: Editions surrealistes, 1935), p. 25.
  31. Current Biography 1940, pp. 219-220.
  32. Luis Bunuel, My Last Sigh: The Autobiography of Luis Bunuel , Vintage 1984. ISBN 0-8166-4387-3
  33. Robin Adele Greeley, Surrealism and the Spanish Civil War , Yale University Press, 2006, p. 81. ISBN 0-300-11295-5 .
  34. Jackaman, Rob (1989). Course of English Surrealist Poetry Since the 1930s , Edwin Mellen Press. ISBN 0-88946-932-6 .
  35. Current Biography 1940, p. 219.
  36. Artcyclopedia: Salvador Dali . (Revisado o 4 de setembro de 2006; en ingles).
  37. 37,0 37,1 Descharnes, Robert and Nicolas. Salvador Dali . New York: Konecky & Konecky, 1993. p. 35.
  38. 38,0 38,1 38,2 Dali's gift to exorcist uncovered Arquivado 11 de outubro de 2007 en Wayback Machine . Catholic News 14 de outubro de 2005
  39. Dali, visionario da defensa da propiedade intelectual .
  40. "www.animationartconservation.com" . Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2009 . Consultado o 13 de maio de 2013 .  
  41. Navarro, Vicente, Ph.D. "The Jackboot of Dada: Salvador Dali, Fascist" Arquivado 11 de abril de 2008 en Wayback Machine .. Counterpunch . December 6, 2003. (Revisado o 22 de xullo de 2006; en ingles).
  42. Lopez, Ignacio Javier. The Old Age of William Tell (A study of Bunuel's Tristana ) . MLN 116 (2001): 295?314.
  43. The Phantasmagoric Universe?Espace Dali A Montmartre Arquivado 28 de maio de 2006 en Wayback Machine .. Bonjour Paris . (Revisado o 22 de agosto de 2006; en ingles).
  44. The History and Development of Holography . Holophile . (Revisado o 22 de agosto de 2006; en ingles).
  45. Hello, Dali Arquivado 27 de setembro de 2006 en Wayback Machine .. Carnegie Magazine . (Revisado o 22 de agosto de 2006; en ingles).
  46. Elliott H. King in Dawn Ades (ed.), Dali , Bompiani Arte, Milan, 2004, p. 456.
  47. Salvador Dali Bio, Art on 5th Arquivado 04 de maio de 2006 en Wayback Machine .. (Revisado o 22 de xullo de 2006; en ingles).
  48. Salvador Dali at Le Meurice Paris and St Regis in New York Arquivado 11 de outubro de 2007 en Wayback Machine . Andreas Augustin, ehotelier.com, 2007
  49. Scotsman review of Dirty Dali
  50. The Dali I knew Arquivado 07 de xullo de 2007 en Wayback Machine . By Brian Sewell, thisislondon.co.uk (en ingles).
  51. Ian Gibson (1997). The Shameful Life of Salvador Dali . W. W. Norton & Company.
  52. Recentemente se descubriron alguns debuxos , cos que o artista "pagou" os servizos medicos prestados por un reconecido oncologo estadounidense.
  53. "Dali Resting at Castle After Injury in Fire" . The New York Times . 1 de setembro de 1984. (Revisado o 22 de xullo de 2006; en ingles).
  54. Mark Rogerson (1989). The Dali Scandal: An Investigation . Victor Gollancz. ISBN   0575037865 .  
  55. Etherington-Smith, Meredith (1995). The persistence of memory: a biography of Dali (1st Da Capo Press ed ed.). New York: Da Capo Press. p. 411. ISBN   978-0-306-80662-9 .  
  56. http://www.elpais.com/articulo/cultura/DALI/_SALVADOR/CATALUNA/MINISTERIO_DE_EDUCACION_Y_CIENCIA/PODER_EJECUTIVO/_GOBIERNO_PSOE_/1986-1989/Gobierno/recibio/ayer/testamento/Dali/1982/nombra/Estado/heredero/universal/elpepicul/19890131elpepicul_4/Tes
  57. http://www.salvador-dali.org/en_index.html Arquivado 25 de xuno de 2014 en Wayback Machine . | The Gala-Salvador Dali Foundation website
  58. http://arsny.com/requested.html Arquivado 06 de febreiro de 2015 en Wayback Machine . | Most frequently requested artists list of the Artists Rights Society

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]