한국   대만   중국   일본 
Crise do petroleo de 1973 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Crise do petroleo de 1973

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un posto de gasolina americano pechado durante o embargo ao petroleo en 1973.

A crise do petroleo de 1973 comezou en outubro de 1973 cando os membros da Organizacion dos Paises Arabes Exportadores de Petroleo (OPAEP) proclamaron un embargo petrolifero. O embargo dirixiuse contra as nacions que se consideraba que apoiaron a Israel durante a Guerra do Yom Kippur . [ 1 ] Os paises obxectivo do embargo foron inicialmente o Canada , o Xapon , os Paises Baixos , o Reino Unido e os Estados Unidos , co embargo tamen mais tarde expandindose a Portugal , a Rodesia e a Surafrica . Ata o final do embargo, en marzo de 1974, o prezo do petroleo subiu dos 3 dolares por barril a preto de 12 no mundo enteiro; os prezos nos Estados Unidos foron ainda maiores. [ 2 ] O embargo causou unha crise de petroleo, ou "choque", con moitos efectos de curto ou longo prazo na politica e economia global. Mais tarde, chamouse o "primeiro choque do petroleo", seguido pola crise do petroleo de 1979 , que se chamou o "segundo choque do petroleo".

Contexto [ editar | editar a fonte ]

Producion e importacion de petroleo nos Estados Unidos.

O declive da producion estadounidense de petroleo [ editar | editar a fonte ]

A producion de petroleo estadounidense comezou a diminuir durante a decada de 1980, agravando o impacto do embargo.

OPEP [ editar | editar a fonte ]

A Organizacion dos Paises Exportadores de Petroleo (OPEP), que estaba composta por 12 paises, incluindo Iran , sete paises arabes ( Iraq , Kuwait , Libia , Qatar , Arabia Saudita e os Emiratos Arabes Unidos ), alen de Venezuela , Indonesia , Nixeria e Ecuador , formarase na Conferencia de Bagdad o dia 14 de setembro de 1960. A OPEP organizouse para resistir a presion exercida polas " Sete Irmas " (sete grandes empresas de petroleo do occidente) para reducir os prezos do petroleo.

Guerra do Yom Kipur [ editar | editar a fonte ]

O dia 16 de outubro de 1973 Siria e Exipto realizaron un ataque sorpresa a Israel. Semanas despois o xa persa, nesa epoca aliado estadounidense e segundo maior exportador de petroleo aos Estados Unidos, dixo nunha entrevista: "Claro que [o prezo do petroleo] ira aumentar. Certamente! E como! [...] Vostedes [occidentais] aumentaron o prezo do trigo que venden nun 300%, o mesmo se fixo para o azucre e o cemento [...] Vostedes compran o noso petroleo cru e venden de volta [...] a centenares de veces o prezo que nos pagaron [...] E xusto que vostedes paguen mais polo petroleo de agora en diante." [ 3 ]

O 12 de outubro de 1973, o presidente dos Estados Unidos, Richard Nixon autorizou Operacion Nickel Grass , un transporte aereo estratexico para entregar armas e subministracions a Israel, despois de que a Union Sovietica comezase a enviar armas a Siria e Exipto.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Grafico dos prezos do petroleo a partir de 1861-2015, mostrando un aumento acentuado en 1973, e novamente durante a crise de enerxia de 1979 . A lina laranxa esta axustada a inflacion.

O embargo foi unha resposta para o envolvemento estadounidense na guerra do Yom Kippur en 1973. Seis dias despois de Exipto e Siria lanzaren unha campana militar sorpresa contra Israel , os Estados Unidos forneceron armas a Israel. En resposta a isto, a Organizacion dos Paises Arabes Exportadores de Petroleo (OAPEP, que comprendia os membros arabes da OPEP , alen de Exipto e Siria), anunciou un embargo do petroleo contra o Canada , o Xapon , os Paises Baixos , o Reino Unido e os Estados Unidos . [ 4 ]

A crise tivo un impacto importante nas relacions internacionais e creou unha division na OTAN . Alguns paisess europeos e o Xapon procuraron apartarse da politica exterior estadounidense no Oriente Medio para evitaren ser albo do boicot. Os produtores de petroleo arabes ligaron calquera futuras alteracions na politica a paz entre os belixerantes. Para resolver iso, a administracion Nixon iniciou negociacions multilaterais cos combatentes, convencendo Israel a retirar as posicions na peninsula do Sinai e nos outeiros do Golan . Ata o 18 de xaneiro de 1974, o Secretario de Estado Henry Kissinger negociou unha retirada das tropas israelis de partes do Sinai. A promesa dunha solucion negociada entre Israel e Siria foi suficiente para convencer os produtores de petroleo arabes de rematar co embargo en marzo de 1974.

O embargo ocorreu nun momento de crecente consumo de petroleo por parte dos paises industrializados, e coincidiu cun forte aumento nas importacions de petroleo polos Estados Unidos. O exito do embargo demostrou o poder diplomatico e economico da Arabia Saudita e resultou en varios paises mudando as suas politicas enerxeticas para evitar unha futura dependencia.

Embargo [ editar | editar a fonte ]

En resposta ao auxilio americano a Israel, a OPEP elevou o prezo do petoleo un 70% o dia 16 de outubro de 1973 ata 5,11 dolares o barril. [ 5 ] Arabia Saudita e os outros estados arabes produtores de petroleo unironse ao embargo o dia 20 de outubro de 1973. [ 6 ]

Un home, en 1974, nunha estacion de servizo le sobre o sistema de racionamento de gasolina nun xornal da tarde; unha placa no fondo afirma que non hai gasolina disponibel.

Tamen se impuxeron aumentos de prezos. Como a curto prazo a demanda do petroleo e inelastica , a demanda inmediata cae pouco cando o prezo sobe. Asi, os prezos de mercado subiron de 3 dolares por barril a 12 para axustar a demanda ao novo fornecemento mais baixo. [ 7 ] O sistema financeiro mundial, que xa estaba baixo a presion do colapso por Bretton Woods , definiuse nun camino de recesion e inflacion , que persistiu ata o inicio da decada de 1980, cos prezos do petroleo permanecendo elevados ata 1986.

Efectos [ editar | editar a fonte ]

Efectos economicos inmediatos [ editar | editar a fonte ]

A OPEP forzou as empresas de petroleo a aumentar os pagamentos drasticamente. O prezo do petroleo cuadruplicouse a preto de 12 dolares por barril (58 dolares axustando a inflacion) en 1974. [ 8 ]

O embargo tivo unha influencia negativa sobre a economia dos Estados Unidos , causando demandas inmediatas para lidar coas ameazas a sua seguranza enerxetica. [ 9 ] A nivel internacional, o aumento de prezos alterou a competitividade de moitas industrias (por exemplo, de automobiles e de paneis solares ). Os problemas macroeconomicos consistiron en impactos tanto na inflacion como na deflacion . O embargo deixou as empresas petroliferas interesadas en procurar novas maneiras para aumentar a oferta de petroleo, mesmo en terreo accidentado como o Artico . [ 10 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Smith, Charles D. (2006), Palestine and the Arab?Israeli Conflict, New York: Bedford, p. 329.
  2. "OPEC Oil Embargo 1973?1974" . Consultado o 30 de agosto de 2012 .  
  3. Smith, William. D. "Price Quadruples for Iranian Crude Oil at Auction" , The New York Times , 12 de decembro de 1973.
  4. "Responding to Crisis" . 26 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016 . Consultado o 5 de xaneiro de 2016 .  
  5. Yergin 2008 , p. 587
  6. Lenczowski 1990 , p. 130
  7. Frum 2000 , p. 318
  8. "The price of oil ? in context" . CBC News . Arquivado dende o orixinal o 9 de xuno de 2007 . Consultado o 29 de maio de 2007 .  
  9. Ikenberry 1986 , p. 107
  10. Hirsch, Robert L. (1987). "Impending United States Energy Crisis". Science 235 (4795): 1467?1473 [p. 1467]. PMID   17775008 . doi : 10.1126/science.235.4795.1467 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]