Antoni van Leeuwenhoek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntoni van Leeuwenhoek

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 24 de outubro de 1632
Delft (Provincias Unidas) Editar o valor em Wikidata
Morte 26 de agosto de 1723 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Delft (Provincias Unidas) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Igrexa vella de Delft Editar o valor em Wikidata
Chamberkeeper (en) Traducir
1660 ? 1699 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residencia Paises Baixos Editar o valor em Wikidata
Pais de nacionalidade neerlandesa
Actividade
Campo de traballo Microscopia e microbioloxia Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Delft (1654?1723)
Amsterdam (1648?1648) Editar o valor em Wikidata
Ocupacion wine measurer (en) Traducir (1673?1673) , agrimensor (1669?1669) , contable (1648?1648) , tesoureiro (pt) Traducir (1648?1648) , microbiologo , construtor de instrumentos , comerciante , fisico , biologo Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
Lingua Lingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata
Familia
Conxuxe Cornelia Swalmius (1671?)
Barbara de Mey (1654?)
Pais Philips Antonisz. van Leeuwenhoek (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e  Margaretha Bel van der Berch (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1677812 WikiTree: Philipsz-3 Find a Grave: 6374199 Editar o valor em Wikidata

Antoni van Leeuwenhoek [ 1 ] , nado en Delft o 24 de outubro de 1632 e finado o 26 de agosto de 1723 , foi un neerlandes destacado como mercador, agrimensor, tratante de vino , vidreiro e microbiologo . Van Leeuwenhoek e sobre todo conecido polo microscopio inventado por el mesmo e mais polo seu traballo pioneiro nas areas da bioloxia celular e da microbioloxia. Esta considerado como un dos primeiros microscopistas e microbiologos. [ 2 ] [ 3 ] Foi o primeiro en conseguir observar e describir organismos unicelulares . Foi un dos membros da Escola de Delft de microbioloxia [ 4 ] .

Continuou os traballos de Jan Swammerdam (1637-1680), e foi tamen o primeiro a rexistrar observacions microscopicas de fibras musculares , bacterias , espermatozoides e fluxo sanguineo en capilares.

A partir de 1674 fixo un bo numero de achados que foron divulgados grazas a Royal Society de Londres .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Vista de Delft , de Johannes Vermeer , 1661 . Van Leeuwenhoek pasou toda a sua vida adulta na cidade de Delft .
O xeografo , de Johannes Vermeer . Dise que van Leeuwenhoek fixo de modelo para este retrato, xa que, segundo parece, eran moi amigos.

Era fillo dos comerciantes de cestas Philips Teunisz Leeuwenhoeck e Margriete Jacobsdr van den Berch, casados en Delft o 30 de xaneiro de 1622 , e que vivian nunha casa acomodada da rua Leeuwenpoort. [ 5 ] [ 6 ] Foi batizado na igrexa reformada protestante. [ 7 ] Antes de cumprir os seis aos, o seu pai e duas das suas irmas mais novas xa faleceran. A sua nai volve casar en 1640, metendo a van Leeuwenhoek nun internado na vila de Warmond , preto de Leiden . [ 8 ] Pouco despois foi a vivir a casa dun tio en Benthuizen , vila situada ao nordeste de Delft. Cando tina 16 anos o seu padrasto faleceu e a sua nai enviouno, como aprendiz de fabricante e tratante de panos, a Amsterdan , para que ingresara no mundo laboral. [ 9 ] Despois da sua aprendizaxe ocupou as funcions de contable e de caixeiro na casa do seu mestre. [ 7 ]

Mais tarde regresou a Delft, onde residiria o resto da sua vida, e abriu a sua propia tenda de panos e merceria. Sabese moi pouco sobre as suas actividades comerciais. [ 7 ] O 11 de xullo de 1654 casou con Berber (Barbara) de Mey, filla dun comerciante de teas. Catro dos seus cinco fillos morreron novos. En 1660 obtivo o cargo de chambelan do Lord Rexente de Delft. En 1669 converteuse en agrimensor, e a partir de 1679 desempena o posto de inspector e controlador de vinos; [ 10 ] todo isto indica que van Leeuwenhoek ocupaba unha posicion prospera na cidade. [ 6 ] Crese que deixou o seu negocio de teas pouco despois de 1660, porque na sua correspondencia non o menciona. [ 11 ]

Carente dunha formacion cientifica ortodoxa, en 1653 van Leeuwenhoek viu o seu primeiro microscopio simple, unha lupa montada nun pequeno soporte que era utilizado polos comerciantes textiles, cunha capacidade de ampliacion de 3 aumentos, e que el adquiriu para o seu propio uso. Entusiasmado cos multiples usos do microscopio, Leewenhoeck preferia os de lente pequena e unica (biconvexa e con foco moi curto), isto e, microscopios simples ou lupas, a pesar de que os microscopios compostos xa eran comuns antes de 1650. Cos seus microscopios montados entre placas de metal conseguiu aumentos da orde da centena.

Segundo parece os seus postos de traballo municipais permitianlle dedicar un tempo considerabel a sua paixon, a microscopia . [ 11 ] . En 1666 a sua muller morre, e en 1671 casa con Cornelia Swalmius; van Leeuwenhoek sobreviviu a sua segunda esposa, que morreu en 1694 , [ 12 ] deixandoo ao cargo de Maria, unica supervivente dos seus cinco fillos. [ 13 ]

As suas finanzas son saneadas, e mais ainda cando herda unha casa da familia da sua primeira esposa. En 1666 compra un xardin nas aforas da cidade, e en 1681 adquire un cabalo. Un dato que indica a sua fortuna e a herdanza que lle deixa a sua filla Maria a sua morte, en 1745, unhas 90.000  guineas , que era unha suma considerabel para a epoca. [ 11 ] Poren, alguns autores indican que van Leeuwenhoek "ocupou un modesto emprego municipal ate a sua morte". [ 14 ]

Constantijn Huygens (1596-1687) escribiu:

"Podese ver como o bo Leeuwenhoeck non se cansa de remexer por todas as partes ate onde o seu microscopio pode chegar, e se boa parte doutros moito mais sabios tiveran dedicado o mesmo esforzo, o descubrimento de cousas belas iria moito mais lonxe". [ 15 ]

Ora ben, observacions coma estas suscitaban a admiracion dos cientificos do seu tempo, ainda que posteriormente se lle criticara a sua falta de conecementos cientificos, acentuada a critica polo feito de que non conecia ningunha lingua estranxeira. [ 11 ]

Poren, esta ausencia de conecementos cientificos permitiulle realizar as suas observacions desde un punto de vista novo, sen os prexuizos dos anatomistas da sua epoca. [ 16 ]

Deixou unha inmensa obra unicamente constituida por cartas (algunhas publicadas en Philosophical Transactions of the Royal Society ), mais de 300, totalmente redactadas en neerlandes e a maioria enviadas a Royal Society . [ 17 ] [ 18 ] [ 19 ]

Igrexa vella de Delft , onde esta enterrado A. van Leeuwenhoek .

Nunha carta dirixida a Henry Oldenburg, datada o 30 de outubro de 1676, escribelle que espera recibir dos seus correspondentes as obxecions as suas observacions, e que se compromete a corrixir os seus erros. [ 20 ]

Por outra parte, tamen responde aos primeiros sinais de escepticismo que xurdiran coa aparicion das suas observacions cunha evidente confianza en si mesmo. [ 20 ]

As suas observacions foron o suficientemente famosas como para que tivera que recibir a numerosos visitantes, alguns da altura da raina Maria II de Inglaterra (1662-1694), do tsar Pedro o Grande (1672-1725) ou de Federico I de Prusia (1657-1713), [ 19 ] [ 21 ] ademais de filosofos e sabios, medicos e eclesiasticos. Van Leeuwenhoek realizou ante eles numerosas demostracions; por exemplo, mostroulle a Pedro o Grande a circulacion sanguinea na cola dunha anguia . [ 19 ]

Morreu o 26 de agosto de 1723 en Delft, a idade de 90 anos. [ 22 ]

O 31 de agosto foi enterrado na Oude Kerk ( Igrexa Vella ) da cidade [ 23 ] . Durante a sua vida fabricou mais de 500 lentes . [ 19 ] O seu desenvolvemento do microscopio foi utilizado e mellorado por Christiaan Huygens para a sua propia investigacion sobre microscopia . Tense destacado tamen a influencia que exerceu sobre a Monadoloxia de Gottfried Wilhelm Leibniz .

Obra cientifica [ editar | editar a fonte ]

Replica dun microscopio de van Leeuwenhoek.

Microscopios [ editar | editar a fonte ]

O desenvolvemento do microscopio mais antigo deuse por volta do seculo XVII por dous fabricantes de lentes: Hans Lippershey ( 1570 ? 1619 ) e Sacharias Jansen (ca. 1585 ? ca. 1632 ), que estan asociados o descubrimento do microscopio e do telescopio . Grazas a lentes e lupas, Van Leeuwenhoek podia verificar a calidade dos tecidos fabricados: unha lupa de tres aumentos, conecida como "contador de fios". O neerlandes Jan Swammerdam ( 1637 - 1680 ) e o ingles Robert Hooke ( 1635 - 1703 ) utilizaron un microscopio composto por ocular e obxectivo, mais o poder de aumento non era tan elevado como o inventado por Van Leeuwenhoek. Mentres que o microscopio de Hooke tina 30 aumentos, o de Leeuwenhoek chegaba ate os 480. O museo universitario de Utrecht ainda posue un exemplar de 270 aumentos. A investigacion microscopica por Hooke levou en setembro de 1664 ao libro Micrographia: or Some Physiological Descriptions of Miniature Bodies Made by Magnifying Glasses . Neste libro Hooke describe minuciosamente unha celula vexetal, un ollo composto de mosca e unha pulga . Foi probabelmente esta publicacion que levou Leeuwenhoek a apuntar as suas lentes a algo mais que os seus tecidos . Van Leeuwenhoek era un autodidacta: sen ningunha formacion de ambito cientifico e sen conecemento de linguas estranxeiras conseguiu observar e describir os seus descubrimentos. En contraste co microscopio de Hooke, o de Van den Leeuwenhoek posuia invariabelmente unha lente entre duas placas metalicas, a peza a estudar encontrabase sempre fixa con parafusos e nunha posicion tal que puidese ser claramente observada.

Mentres desenvolvia o seu traballo como comerciante de tecidos, construiu para a observacion da calidade das teas lupas moito mellores que as que se podian conseguir nese momento, tras aprender pola sua conta o soprado e o pulimento do vidro. [ 10 ]

Desenvolveu tanto fixacions para pequenas lentes biconvexas montadas sobre platinas de laton , que se sostinan moi cerca do ollo, ao xeito dos anteollos actuais, como estruturas tipo microscopio nas que se podian fixar tanto a lente coma o obxecto a observar. A traves deles podia observar obxectos, que montaba sobre a cabeza dun alfinete, ampliandoos ate trescentas veces (potencia que excedia con moito a dos primeiros microscopios de lentes multiplas). Tamen empregou un metodo secreto que, probabelmente, fora o da iluminacion con fondo escuro ou, quizais, en certos casos, o confinamento das suas mostras nunha gota de liquido.

A maior parte dos resultados das suas observacions microscopicas foron enviados a Royal Society en cartas ilustradas por el mesmo. O encargado de facelas chegar a esta prestixiosa sociedade foi o medico e anatomista neerlandes Regnier de Graaf (1641-1673), que presenta as primeiras observacions de van Leeuwenhoek en 1673 . Nelas describe a estrutura do mofo e do aguillon das abellas . [ 24 ] [ 25 ] Comeza enton un intenso intercambio de cartas entre van Leeuwenhoek e os membros da sociedade cientifica londiniense, correspondencia que proseguira durante case 40 anos, ate a sua morte en 1723. [ 26 ]

A correspondencia era caracteristicamente pouco sistematica, de ton entusiasmado e redactada en neerlandes, e a sua fama atraeu ao seu lugar de residencia as visitas doutros colegas micoscopistas e mesmo persoas da realeza.

A Royal Society admiteo como membro en 1680 , e a Academia das Ciencias de Paris nomeao membro correspondente en 1699 . [ 17 ] [ 27 ]

A sua morte legou 26 microscopios a Royal Society que nunca se usaron e que, un seculo mais tarde, xa se perderan. O 29 de maio de 1747, dous anos despois da morte da sua filla Maria, vendese un lote de mais de 350 dos seus microscopios. Deles, 247 estaban completos, moitos conservando ainda o ultimo especime observado. Dous destes instrumentos tinan duas lentes e un contaba con tres. [ 10 ] [ 28 ]

Debuxo dos microscopios de van Leeuwenhoek realizado por Henry Baker .

Os seus mellores aparellos conseguian mais de 200 aumentos. [ 29 ] Non deixou ningunha indicacion sobre os seus metodos de fabricacion das lentes, e houbo que esperar varias decadas para disponer de novo de aparellos tan potentes. [ 30 ] Ignorase como iluminaba os obxectos observados, asi como a sua potencia. O mais potente dos seus instrumentos conservados hoxe en dia ten unha taxa de ampliacion de 275 veces e un poder de resolucion de 1,4  μm . [ 31 ]

Ainda que regalou moitos dos seus microscopios aos seus achegados, nunca vendeu ningun. [ 28 ] Calculase que so unha decena dos microscopios que construiu se conservan no presente.

Van Leeuwenhoek mantivo durante toda a sua vida que habia aspectos da construcion dos seus microscopios " que so gardo para min ", en particular, o seu secreto mais importante era a forma en que creaba as lentes. Durante moitos anos ninguen foi capaz de reconstruir as suas tecnicas de deseno. Finalmente, nos anos 1950 C. Stong usou un delgado fio de cristal fundido en vez do puido, e creou con exito algunhas mostras funcionais dun microscopio do deseno de van Leeuwenhoek. [ 32 ]

O descubrimento dos protozoos [ editar | editar a fonte ]

Microscopio de Robert Hooke , desenvolvido a partir dos de Leeuwenhoek.
Debuxo dunha pulga realizado por Robert Hooke para a sua Micrographia .

Van Leeuwenhoek foi, probabelmente, a primeira persoa en observar bacterias e outros microorganismos . Nunha carta datada o 7 de setembro de 1674 , evoca por primeira vez as minusculas formas de vida que observou nas augas dun lago preto de Delft.

Despois de mencionar de novo estas criaturas en duas cartas, unha do 20 de decembro de 1675 e outra do 22 de xaneiro de 1676, e nunha moi extensa, de dezasete follas, datada o 9 de outubro de 1676 , describe o que hoxe denominamos protozoos , especialmente os ciliados os que se alimentan das algas ( Euglena e Volvox ). [ 33 ] [ 34 ]

Describe numerosos organismos cuxa determinacion e mais ou menos posibel hoxe: Vorticella campanula , Oicomonas termo , Oxytricha sp., [ 33 ] Stylonychia sp., Enchelys , Vaginicola , Coleps . [ 34 ]

Nunha carta do 1 de xuno de 1674 enviada a Henry Oldenburg , secretario da Royal Society , van Leeuwenhoek acompana unhas mostras dos organismos que observara.

Pero estas observacions son recibidas con escepticismo polos cientificos da epoca e, por iso, adxunta a unha carta do 5 de outubro de 1677 o testemuno de oito persoas (pastores, xuristas, medicos), que afirman ter visto eses numerosos e variados seres vivos. [ 35 ]

Tamen recibe o apoio de Robert Hooke (1635-1703) que, na sua Micrographia , ofrece a primeira descricion publicada dun microorganismo e que, na sesion do 15 de novembro de 1677 da Royal Society , afirma a realidade das observacions de van Leeuwenhoek. [ 35 ]

O tradutor das cartas que aparecen en Philosophical Transactions , a publicacion da Royal Society , denomina a estes organismos animalculos . [ 36 ]

O descubrimento dos espermatozoides [ editar | editar a fonte ]

En 1677 Leeuwenhoek menciona por primeira vez os espermatozoides nunha carta enviada a Royal Society , na que fala de animalculos moi numerosos no esperma do can. [ 37 ]

Leeuwenhoek foi consciente de que as suas observacions, que mostraban que na semente contida nos testiculos estaba o principio da reproducion dos mamiferos, ian chocar co paradigma da sua epoca, porque as suas observacions estaban en contra das teses desenvolvidas por grandes sabios, como William Harvey (1578-1657) ou Regnier de Graaf (1641-1673). [ 20 ]

Leeuwenhoek e a xeracion espontanea [ editar | editar a fonte ]

Van Leeuwenhoek tamen e conecido por oponerse a teoria, por aquel enton en vigor, da xeracion espontanea . Como o italiano Francesco Redi (1626-1697) e outro neerlandes, Jan Swammerdam (1637-1680), fai numerosas observacions sobre os insectos e sobre a sua reproducion.

Ainda que ao principio das suas observacions non parece estar en contra desta teoria, realizando uns estudos a mediados dos anos 1670 diseca piollos e observa pequenas crias destes insectos nos ovos que se encontran no corpo das femias. [ 38 ] Realiza experiencias similares con pulgas e os seus ovos, ainda que non logra reconecer as pulgas ao ver as suas larvas, a pesar das observacions publicadas por Swammerdam uns anos antes. [ 39 ] Anos mais tarde volveria a estudar estes animais.

Estivo interesado, a principios de 1679, pola presenza dun verme ( Fasciola hepatica ) no figado de cordeiro e, como Redi e Swammerdam, non comprendeu o complexo ciclo vital do animal, que non seria dilucidado ate moitos anos despois.

Outras observacions [ editar | editar a fonte ]

Debuxo realizado por van Leeuwenhoek dunha seccion de madeira de freixo vista ao microscopio.

O interese de van Leeuwenhoek dirixese cara a obxectos moi variados, e aparentemente non segue un plano predefinido. As suas observacions no campo da zooloxia son numerosas, pero tamen en botanica , quimica , microbioloxia , fisica , fisioloxia e medicina . [ 40 ]

Leeuwenhoek observa que o verme do vinagre ( Anguillula aceti ) e viviparo , outra proba que confirma a sua oposicion a teoria da xeracion espontanea. [ 37 ]

Estuda os globulos vermellos de numerosos animais e do ser humano, asi como o rego sanguineo nos capilares da cola dos cagados , nas patas das ras , na aleta caudal das anguias e nas as dos morcegos . [ 40 ]

Describe a estrutura de diversas faneras : plumas de varias especies de aves , pelos e pel de osos ou escamas de peixes . [ 40 ]

Como outros microscopistas da sua epoca, estuda a anatomia de numerosos insectos, como as abellas, moscas pequenas, pulgas, chinches ou vermes da seda . E o primeiro en observar as diferentes posturas das larvas dos mosquitos ( Culex e Anopheles ). [ 40 ]

En botanica , estuda a estrutura das follas e da madeira de diversas especies. Interesase pola relacion entre a estrutura de diversas especies e o seu gusto (cafe, pementa, te, noz moscada, xenxibre, salvia etc). [ 40 ]

Non todas as observacions de van Leeuwenhoek se dirixen cara aos seres vivos. Estuda e describe a polvora antes e despois da sua combustion, [ 40 ] ou a estrutura de diversos metais, asi como de rochas, cristais, sales e outros obxectos. [ 40 ]

Van Leeuwenhoek, nunha carta datada o 25 de abril de 1679 , ofrece a que probabelmente sexa a primeira estimacion da poboacion maxima que poderia alcanzar a Terra . Basease na densidade da poboacion de Holanda na sua epoca (120 persoas por quilometro cadrado), e considera que a Terra poderia acoller ate 13,4 mil millons de seres humanos. [ 41 ]

Metodo secreto [ editar | editar a fonte ]

O seus resultados como cientifico dependian en gran medida dos seus conecementos na fabricacion de lentes, e por este motivo Van Leeuwenhoek escondeu sempre o seu metodo escrupulosamente. E posibel que as suas lentes fosen feitas a partir dos restos de vidro que permanecian no tubo de soprado. Van Leeuwenhoek expuxo as suas observacions e conclusions en cartas que escribia a conecidos, entre os cales estaba o medico de Delft e patologo Reinier de Graaf , o cal o presentou a Royal Society en Londres . A partir de 1674 as suas descubertas foron publicadas nas Philosophical Transactions , pero debido ao descredito co que foron recibidas, organizouse unha comision para comprobar e admirar os inimaxinabeis seres microscopicos. En 1680 foi nomeado membro da Society e as suas descubertas foron consideradas producion cientifica. Van Leeuwenhoek enviou a Londres moitas mostras preparadas. En 1981 o microscopista britanico Brian J. Ford descubriu que habia ainda mostras orixinais de Van Leeuwenhoek en excelente estado de conservacion e elevada calidade na coleccion da Royal Society.

Teoria dos globulos [ editar | editar a fonte ]

De acordo coa teoria da xeracion espontanea, a vida pode ser xerada a partir de material sen vida (como a carne en putrefaccion ou os fluidos en sabas sucias). Debido as unidades fundamentais descubertas por Van Leeuwenhoek, tales como os gametos (celulas sexuais) animais e vexetais, a teoria da xeracion espontanea puido ser descartada. Deste modo, todos os tecidos vivos ou mortos son constituidos por particulas globulares: globulos.

Descubrimentos [ editar | editar a fonte ]

  • en 1674 : infusorios , mini-organismos acuaticos e protistas (unicelulares con nucleo); globulos vermellos, os cales Van Leeuwenhoek erroneamente pensaba que eran compostos por 6x6 globulos menores.
  • en 1675 : apodrecemento de lendreas e descubrimento de piollos embrionarios, o que desmentia a teoria da xeracion espontanea.
  • en 1676 : descubrimento de bacterias en infusions de pementa. Descubriuse que o case invisibel acaro do queixo , que se aloxa no queixo curado duro, e un animal.
  • en 1677 : espermatozoide . A traves dun profesor de Leiden obtivo unha mostra de seme dun home con gonorrea , pero a materia perecia tras un par de horas. Van Leeuwenhoek xa se aventurara nesta investigacion catro anos antes con Henry Oldenburg , pero acabou por deixala de lado. De seguido investigou seme fresco saudabel e notou que nel habia milleiros de pequenas criaturas. [ 42 ] As "sementes" masculinas movianse por medio de caudas e por ese motivo foron considerados por Van Leeuwenhoek como os portadores da vida. De acordo con Van Leeuwenhoek, os organos reprodutores femininos servirian apenas para nutrir a criatura xa preexistente no esperma. Esta opinion foi tamen traducida o latin.
  • en 1682 : padron estriado en fibras musculares .
  • en 1688 : investigacion do sangue e da circulacion sanguinea, publicada en Den waaragtigen omloop des bloeds, als mede dat de arterien en venae gecontinueerde bloedvaten zijn, klaar voor de oogen gestelt. ( o circuito real do sangue, no cal arterias e veas se presentan como vasos sanguineos continuos, claramente expostos os ollos ).
  • en 1694 : descricion minuciosa de cada un dos ollos simples do ollo composto dunha libelula .
  • en 1694: anastomoses (rede) nas fibras musculares de corazon de pato . Esta rede non foi redescuberta ate 1849 .

Opinion dos historiadores da ciencia [ editar | editar a fonte ]

Julius von Sachs (1832-1897) na sua Historia da botanica di que:

"Todos estes traballos de botanica estan marcados por un caracter superficial que testemuna ocupacions puramente accidentais e pasaxeiras; o interese que manifestaba cara aos problemas da filosofia da natureza que reinaba na epoca da que falamos, en particular os que tocan ao dominio da teoria da evolucion, a curiosidade pura e o desexo de abordar cuestions misteriosas e inaccesibeis para a maioria, levaron a Leeuwenhoek a emprender os estudos dos que falamos. Pero non soubo coordinar os resultados das suas observacions para facerse unha idea exacta da estrutura vexetal en conxunto". [ 43 ]

Poren, Sachs reconece a calidade das observacions de van Leeuwenhoek que demostran, segundo el, a gran potencia das lentes realizadas polo sabio neerlandes.

E Julius Victor Carus (1823-1903), na sua Historia da zooloxia , afirma:

"Foi dalgunha maneira o primeiro destes afeccionados que non demandan do microscopio mais que un tranquilo entretemento. [...] Case non hai sistemas anatomicos que Leuwenhœck [ sic ] non arrequecera con feitos importantes".

Para Carus,

"Non fixemos apenas progresos desde el ate O. F. Muller ". [ 44 ]

Ainda que existia a crenza de que van Leeuwenhoek traballaba dunha maneira que era esencialmente indisciplinada, utilizando metodos pouco ortodoxos e faltos de refinamento e obxectividade, ou mesmo ponendo en dubida a atribucion dalgunhas das suas observacions, as investigacions actuais amosan que, pola contra, realizaba os seus traballos a conciencia, rexistraba as suas observacions con meticulosa dilixencia e tina unha capacidade clara para establecer procedementos experimentais racionais para a sua epoca, e contaba ademais cunha boa vontade para elevarse sobre as opinions existentes e abandonar crenzas anteriores a vista das evidencias. [ 25 ]

Medalla Leeuwenhoek [ editar | editar a fonte ]

Desde 1877 a Real Academia Neerlandesa das Artes e as Ciencias ( Koninklijke Nederlandse Akademie van Wetenschappen , KNAW) outorga na sua honra a Medalla Leeuwenhoek . Concedese cada dez anos ao cientifico que realizara a contribucion mais significativa a microbioloxia durante a decada precedente.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Ese era o nome que empregaba para asinar as suas obras
  2. Chung, King-thom; Liu, Jong-kang: Pioneers in Microbiology: The Human Side of Science . (World Scientific Publishing, 2017, ISBN 978-9813202948 ). "We may fairly call Leeuwenhoek “The first microbiologist” because he was the first individual to actually culture, see, and describe a large array of microbial life. He actually measured the multiplication of the bugs. What is more amazing is that he published his discoveries."
  3. "Life at the Edge of Sight ? Scott Chimileski, Roberto Kolter | Harvard University Press" . www.hup.harvard.edu (en ingles ) . Consultado o 2018-01-26 .  
  4. Historia da Escola de Delft de Microbioloxia Arquivado 18 de outubro de 2017 en Wayback Machine ., na web da Universidade de Tecnoloxia de Delft . (En ingles)
  5. Payne (1970) p. 23.
  6. 6,0 6,1 Hall (1989) p. 252.
  7. 7,0 7,1 7,2 Rooseboom (1950) p. 79.
  8. Payne (1970) p. 26.
  9. Payne (1970) p. 27.
  10. 10,0 10,1 10,2 Rooseboom (1950) p. 80.
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 Rooseboom (1950) p. 82.
  12. Life and work of Antoni van Leeuwenhoek of Delft in Holland ; 1632-1723 (1980). Publicado polos Arquivos Municipais de Delft, p. 3.
  13. Porter (1976) p. 266.
  14. Por exemplo Hamraoui (1999) p. 970.
  15. Carta do 4 de maio de 1679 extraida das en ligne Œuvres completes de Christiaan Huygens , VIII : 159. Gallica.
  16. Rooseboom (1950) p. 83.
  17. 17,0 17,1 Collard, P. (1985). El desarrollo de la microbiologia . Reverte. pp. 8?10. ISBN   8429118098 .  
  18. Boutibonnes (1999) pp. 58-59.
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 Parker (1965) p. 443.
  20. 20,0 20,1 20,2 Ruestow (1983) p. 187.
  21. Porter (1976) p. 263.
  22. Parker (1965) p. 442.
  23. Lista de personaxes soterrados na igrexa Arquivado 11 de outubro de 2017 en Wayback Machine .. Sitio web oficial da Igrexa Vella de Delft (en castelan e ingles) .
  24. Porter (1976) p. 261.
  25. 25,0 25,1 Ford, B. J. (1992)
  26. Ver fundamentalmente Palm (1989).
  27. www.st2s-casteilla.net, ed. (12/04/2008). "Les premiers microscopes" . Arquivado dende o orixinal o 29/10/2013 . Consultado o 12/01/2011 .   (en frances )
  28. 28,0 28,1 Porter (1976) p. 264.
  29. Wiesmann et al. (2006) p. 7.
  30. Wiesmann et al. (2006) pp. 8-9.
  31. Porter (1976) p. 262.
  32. CARBONI, G. (03/1988). www.funsci.com, ed. "A Glass-Sphere Microscope" . Arquivado dende o orixinal o 11/06/2010 . Consultado o 12/01/2011 .   (en ingles )
  33. 33,0 33,1 Boutibonnes (1999) p. 59.
  34. 34,0 34,1 Finlay e Esteban (2001) p. 125.
  35. 35,0 35,1 Boutibonnes (1999) p. 62.
  36. Boutibonnes (1999) p. 64.
  37. 37,0 37,1 Hamraoui (1999) p. 970.
  38. Ruestow (1984) p. 231.
  39. Jan Swammerdam (1669), Historia insectorum generalis, ofte algemeene Verhandeling van de bloedeloose Dierkens (Utrecht) p. 74. Citado por Ruestow (1984) p. 231.
  40. 40,0 40,1 40,2 40,3 40,4 40,5 40,6 Porter (1976) p. 260.
  41. Cohen (1995): 19.
  42. Stipriaan, R. van (2005) Ooggetuigen van de Gouden Eeuw, p. 223-224.
  43. Julius von Sachs (1892). Histoire de la botanique du XVIe siecle a 1860 , Reinwald (Paris) : xvi. O texto citado encontrase nas paxinas 253-254.
  44. Julius Viktor Carus (1880). Histoire de la zoologie depuis l’Antiquite jusqu’au XIXe siecle . Bailliere (Paris) : viii. O texto citado encontrase nas paxinas 314-315.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia adicional [ editar | editar a fonte ]

  • Ford, B. J. (1981). "The van Leeuwenhoek Specimens". Notes and Records of the Royal Society of London (en ingles) 36 (1): 37?59. doi : 10.1098/rsnr.1981.0003 .  
  • Huerta, R. D. Giants of Delft: Johannes Vermeer and the Natural Philosophers. The Parallel Search for Knowledge during the Age of Discovery (en ingles) . ISBN   0-8387-5538-0 .  

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]