Teletexto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un exemplo de teletexto.

O teletexto e un servizo de informacion en forma de texto que se emite xunto co sinal de television . Orixinouse no Reino Unido, a BBC realizou algunhas transmisions de probas en 1973, lanzandoo oficialmente o 23 de setembro de 1974 [ 1 ] . Precisase de televisores axeitados para acceder ao servizo; a maior parte de televisores que se venden desde os anos 90 incorporan este sistema poren existen rexions, como e o caso de America do Norte onde nunca se utlizou este sistema [ 2 ] .

Na radio hai un sistema semellante chamado radiotexto ou RDS. Na Television Dixital Terrestre , ademais do teletexto, envianse informacions sobre as canles a sua programacion mediante EPG (electronic program guide).

A transmision do teletexto [ editar | editar a fonte ]

O sinal de television esta formado por linas agrupadas en campos e cadrados. Cada cadro (a equivalencia ao que en cinema e un fotograma ) ten dous campos e cada campo esta composto por un numero concreto de linas, este numero depende do sistema de television empregado. Cada lina incorpora a informacion de luz e de cor, luminancia e crominancia, e os sincronismos necesarios para a sua posterior presentacion no receptor de TV, estes sincronismos chamanse sincronismo horizontal e salva de cor . Os campos, par e impar que forman un cadrado, tenen tamen o seu sistema de sincronismos, estes reciben o nome de sincronismo vertical . Este sincronismo esta formado polos pulsos de igualacion, anteriores e posteriores, pulsos de sincronismos e linas de recuperacion. Estas ultimas non levan informacion de imaxe, estan baleiras, xa que o tempo de duracion das mesmas era utilizado para a estabilizacion dos circuitos de deflexion vertical que a tecnoloxia existente no momento da definicion do sinal de television (valvula termoionica) precisaba de moito tempo para a sua estabilidade na recuperacion da oscilacion.

As novas tecnoloxias de estado solido deixaron sen motivo estas linas do sincronismo vertical que se aproveitaron para a transmision doutras informacions e servizos, como os sinais VITS e o teletexto que utiliza un sistema de codificacion dixital. Deste modo, os receptores non preparados simplemente ignoran estas linas, e os preparados poden captar este sinal sen afectaren a calidade da imaxe.

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]