StarCraft

Este é un artigo de calidade da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

StarCraft
Desenvolvedor(es) Blizzard Entertainment
Distribuidora(s) Blizzard Entertainment
Desenador(es) Chris Metzen, James Phinney
Compositor(es) Derek Duke, Jason Hayes, Glenn Stafford, Tracy W. Bush
Lanzamento Windows : 31/03/1998

Mac OS : marzo de 1999

Nintendo 64 :
13/06/2000 ( America )
e 16/06/2000. ( Europa )
Xenero Estratexia en tempo real
Modos de xogo Un xogador e multixogador.
Clasificacion PEGI
USK
Plataforma(s) Windows, Mac OS, Nintendo 64.
Formato(s) CD-ROM , descarga,
cartucho Nintendo 64.
Serie StarCraft
Na rede
http://us.blizzard.com/en-us/games/sc/ , https://starcraft.com/es-mx/ e https://starcraft.com/ru-ru
IMDB: tt0217061 Twitter: StarCraft Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata  ]

StarCraft e un videoxogo de estratexia en tempo real de ciencia ficcion desenvolvido e publicado por Blizzard Entertainment , lanzado orixinalmente para Microsoft Windows o 31 de marzo de 1998. [ 1 ] Foi o primeiro xogo dentro da serie homonima . Unha version para Mac OS foi publicada no 1999, e unha adaptacion para a Nintendo 64 desenvolvida en colaboracion con Mass Media foi publicada o 13 de xuno do 2000. [ 2 ] O traballo neste xogo comezou pouco despois da publicacion de Warcraft II: Tides of Darkness en 1995. StarCraft presentouse na E3 de 1996, recibindo nese momento unha comparacion desfavorable co Warcraft II . Como resultado, o proxecto foi revisado e axustado por completo, presentandose o publico de novo a comezos de 1997 e obtendo nesta ocasion unha resposta mais positiva.

Ambientado nunha lina temporal ficticia durante o seculo XXV, o xogo trata sobre a loita pola dominacion por parte de tres especies distintas dunha parte da Via Lactea chamada o "Sector Koprulu". As tres especies son os Terran, humanos exiliados da Terra capaces de adaptarse a moitas situacions, os Zerg, unha especie alienixena insectoide que procura a perfeccion xenetica e a asimilacion doutras especies, e os Protoss, unha especie humanoide con tecnoloxia avanzada e capacidades psionicas que procura preservar a sua civilizacion e a sua estrita forma de vida e filosofia perante a ameaza dos Zerg.

Gran parte da prensa especializada enxalzou a StarCraft como un dos mellores e mais importantes videoxogos de todolos tempos, [ 3 ] [ 4 ] e por ter marcado un estandar no desenvolvemento dos xogos de estratexia en tempo real. [ 5 ] Con mais de 11 millons de copias vendidas en todo o mundo a data de febreiro do 2009, StarCraft converteuse nun dos videoxogos para ordenador persoal mais vendidos da historia. [ 6 ] O xogo recibiu criticas positivas por ser pioneiro no uso de faccions unicas dentro da mecanica de xogo da estratexia en tempo real, [ 7 ] asi como por posuir unha historia cativadora. [ 8 ] O modo multixogador de StarCraft fixose particularmente popular en Corea do Sur , onde xogadores e equipos organizados participaron en competicions profesionais, con patrocinios e torneos televisados. [ 9 ] A historia de StarCraft foi adaptada e expandida por medio de varias novelas, da sua expansion oficial StarCraft: Brood War e por duas expansions menores de terceiros autorizadas por Blizzard. A sua continuacion titulada StarCraft II: Wings of Liberty foi publicada en xullo do 2010.

Mecanica de xogo [ editar | editar a fonte ]

O uso de tres especies distintas por parte de Blizzard Entertainment en StarCraft adoita considerarse como unha revolucion dentro do xenero dos videoxogos de estratexia en tempo real . [ 5 ] Todalas unidades pertencen a unha unica especie, e ainda que se poden facer comparacions xerais entre certos tipos de unidades, cada unha delas actua de forma distinta e require o uso dunha tactica diferente.

A especie dos Protoss ten acceso a unidades individuais mecanizadas e poderosas asi como tecnoloxias avanzadas, xunto a capacidades psionicas . Poren, as unidades tenen un proceso de manufactura longo e caro en recursos, o que favorece que o xogador siga unha estratexia que prime a calidade das unidades fronte a cantidade. [ 10 ] A especie insectoide Zerg posue unidades e estruturas completamente organicas, que poden producirse rapidamente e cun custo de recursos reducido. En concordancia, as unidades son relativamente debiles, polo que o xogador debe empregar estratexias que se basean no gran numero e maior velocidade das suas unidades para superar os seus inimigos. [ 11 ] Os Terran atopanse nunha posicion intermedia entre as outras duas especies, con unidades versatiles e flexibles, e acceso a un rango de tecnoloxias e maquinaria militar, como tanques e armas nucleares . [ 12 ] Malia que cada especie e unica na sua composicion, ningunha presenta unha vantaxe innata sobre outra. Cada especie esta balanceada para que a sua fortaleza xeral sexa a mesma ainda tendo diferentes unidades, poderes e capacidades. O balance entre elas foise axustando tamen por medio de diversas actualizacions publicadas por Blizzard. [ 13 ]

StarCraft ten unha intelixencia artificial (IA) que vai escalando en dificultade, malia que o xogador non pode cambiar o nivel xeral de dificultade nas campanas dun so xogador. Cada campana ten 30 misions, 10 por especie, e comeza coas faccions inimigas empregando un modo de IA doado, escalando durante o curso da mesma campana ata chegar os modos mais dificiles. No editor de niveis que acompana o xogo para o deseno e creacion de mapas e niveis, o usuario pode empregar catro niveis de dificultades: "doado", "media", "dificil" e "loucura". Cada unha destas dificultades fai que a IA use un conxunto de unidades e tecnoloxias determinado e limita o alcance dos plans tacticos e estratexicos da propia IA. [ 14 ]

Xestion de recursos [ editar | editar a fonte ]

O xogador debe adquirir e manexar dous recurso para manter a sua economia no xogo e construir o seu exercito: minerais e gas. Os minerais precisanse para todalas unidades e estruturas, e obtenense empregando unha unidade traballadora na extraccion do recurso directamente dende os diversos nodos de minerais que se atopan repartidos no mapa. O gas precisase para construir unidades e estruturas avanzadas, e adquirese construindo un edificio de extraccion de gas sobre un geyser e usando unidades traballadoras que recollen o gas deste edificio. [ 15 ] A maiores, o xogador precisa regular a subministracion disponible para o seu exercito asegurandose que pode construir o numero de unidades que necesita. A natureza desta subministracion varia entre especies. Os Terran usan subministracion fisica por medio da construcion de edificios de deposito, [ 16 ] mentres que os Protoss usan enerxia psionica canalizada dende o seu mundo natal por medio de estruturas chamadas " pylons ", [ 17 ] e os Zerg regulanse mediante o numero de unidades de control " Overlorld " presentes. [ 18 ]

Construcion de bases [ editar | editar a fonte ]

A construcion de bases e edificios dos Protoss e Zerg esta limitada a lugares especificos do mapa. Os edificios Protoss tenen que estar ligados a unha rede de enerxia, [ 17 ] mentres que as estruturas Zerg tenen que construirse sobre unha alfombra de biomasa chamada "creep" , producida por estruturas determinadas. [ 18 ] Os edificios Terran tenen menos limitacions, e algunhas das estruturas primarias tenen a capacidade de engalar e voar lentamente desprazandose cara a un novo lugar. Os edificios Terran requiren que a unidade traballadora continue a sua construcion ata que o edificio estea completo, e cando reciben unha determinada cantidade de dano comezan a arder e poden quedar eventualmente destruidos por completo se unha das unidades traballadoras non os repara. [ 16 ] Os Protoss pola contra so requiren que unha unidade traballadora comece o proceso de teletransportar o edificio, e os escudos das suas estruturas rexeneranse co tempo. [ 17 ] Finalmente no caso dos Zerg son as unidades traballadoras as que se transforman fisicamente nas estruturas creadas, que poden rexenerarse lentamente co tempo. [ 18 ]

Multixogador [ editar | editar a fonte ]

O modo multixogador realizase a traves do servizo de Internet Battle.net de Blizzard . Un maximo de oito xogadores poden competir en varios modos de xogo, dende partidas competitivas ou casuais ata partidas de tipo rei da penela e capturar a bandeira . O xogo tamen incorpora diversos escenarios de tipos de xogo distintos, como unha simulacion de futbol americano , carreiras de motos ou competicions de caza de Zerg. [ 14 ] StarCraft incluiu tamen a capacidade de instalacions limitadas multiples, que permiten o xogo multixogador. Estas instalacions deben facerse dende o disco fisico, requirindo a clave de produto o igual que a instalacion completa. Unha clave de produto permite oito instalacions limitadas, con acceso a Battle.net. Este tipo de instalacions non permiten xogar as misions dun so xogador, crear partidas multixogador ou empregar o editor de mapas. [ 19 ] As publicacions mais recentes do xogo disponibles a traves de Battle.net ou disco fisico que incluen compatibilidade con Windows Vista non permiten este tipo de instalacions limitadas. [ 20 ]

Sinopse [ editar | editar a fonte ]

Ambientacion [ editar | editar a fonte ]

StarCraft ten lugar nun universo de ciencia ficcion creado por Chris Metzen e James Phinney para Blizzard Entertainment. Segundo a historia presentada no manual do xogo, o exceso de poboacion da Terra a comezos do seculo XXIV provoca que goberno global do planeta force o exilio de parte dos seus habitantes, incluindo a criminais, os que posuen aumentos ciberneticos e os mutantes , obrigandolles a colonizar partes mais distantes da galaxia. [ 21 ] Nun intento de colonizar un sistema solar proximo ten un resultado negativo, dando como resultado a chegada da humanidade o "Sector Koprulu". Neste distante sector da galaxia os exiliados forman varios gobernos que comezan a ter conflitos entre eles. Un destes gobernos, a "Confederacion do Home", emerxe eventualmente como a faccion mais forte, pero a sua natureza opresiva e os seus brutais metodos para suprimir a disidencia provocan unha oposicion rebelde masiva en forma dun grupo terrorista chamado "Fillos de Korhal". Previamente os acontecementos do xogo, a finais do ano 2499, unha especie alienixena que posue tecnoloxia avanzada e poderes psionicos , os Protoss, realiza un primeiro contacto coa humanidade o destruir unha colonia da Confederacion sen aviso previo. Pouco tempo despois os Terran descobren que unha segunda especie alienixena, os insectoides Zerg, estivera infestando de forma encuberta a superficie de varias das colonias Terran, e que os Protoss estan a destruir estes planetas para previr o avance dos Zerg. A historia do xogo comeza coa Confederacion baixo estas ameazas de duas razas alienixenas e da rebelion interna. [ 22 ]

Personaxes [ editar | editar a fonte ]

Cosplay de Jim Raynor.

O xogador asume o papel de tres personaxes sen nome durante o curso do xogo. No primeiro acto o xogador toma o papel dun maxistrado da Confederacion na colonia de Mar Sara, ameazada polos Zerg e os Protoss, e por mor dos eventos que tenen lugar vese forzado a unirse a faccion rebelde dos Fillos de Korhal liderada por Arcturus Mengsk. Xunto a Mengsk atopase Jim Raynor, un oficial da lei de Mar Sara, e Sarah Kerrigan, unha asasina psiquica e segunda no mando de Mengsk. No segundo acto o xogador toma o papel dun comandante do enxame Zerg. O xogador actua baixo mando da "Overmind", a manifestacion da consciencia colectiva dos Zerg e o antagonista principal da historia do xogo, e recibe consellos doutros comandantes de alto rango segundo vai conseguindo os obxectivos dos Zerg. No terceiro e ultimo acto o xogador actua como un "Executor" do exercito Protoss baixo o mando de Aldaris, un representante do Conclave Protoss que esta en conflito con Tassadar, antigo Executor dos Protoss, pola asociacion deste ultimo con Zeratul, un membro dun grupo heretico conecido como "Templarios Escuros". [ 23 ]

Argumento [ editar | editar a fonte ]

A historia de StarCraft presentase por medio do manual de instrucions, de sesions informativas previas a cada mision e de conversas durante as propias misions, asi como por medio de escenas cinematograficas en momentos chave. O xogo dividese en tres episodios, nos que o xogador comanda unha especie diferente. No primeiro segmento do xogo o xogador e Jim Raynor intentan controlar a colonia de Mar Sara baixo a ameaza dos ataques de Zerg noutros mundos Terran. A Confederacion arresta a Raynor pola destrucion de propiedade Confederada que estaba infestada polos Zerg. O xogador unese enton a faccion rebelde dos Fillos de Korhal, liderados por Arcturus Mengsk. [ 24 ] Raynor, liberado polas tropas de Mengsk, unese a esta faccion acompanando o xogador en misions posteriores. Mengsk comeza enton a usar tecnoloxia Confederada capturada en Mar Sara para atraer os Zerg cara a instalacions Confederadas na procura dos seus propios obxectivos. [ 25 ] Tras forzar o xeneral Confederado Edmund Duke a unirse a el, Mengsk sacrifica a Sarah Kerrigan para asegurar a destrucion da Confederacion atraendo os Zerg a Tarsonis, a capital Confederada. [ 26 ] Raynor, enfurecido polo verdadeiro obxectivo de Mengsk de obter o poder por calquera metodo, deserta da faccion xunto a un pequeno grupo de milicianos coloniais de Mar Sara. Mengsk reorganiza o resto da poboacion Terran formando o Terran Dominion e coroandose el mesmo como emperador. [ 27 ]

No segundo episodio revelase que Kerrigan non faleceu a mans dos Zerg, senon que foi capturada e infestada para incorporar as suas capacidades psionicas a xenetica Zerg. Kerrigan emerxe con poderes e forza fisica aumentada, co seu ADN modificado por completo. [ 28 ] Mentres tanto o comandante Protoss Tassadar descobre que os comandantes Zerg non poden morrer por medios convencionais, pero si poden resultar danados polos poderes dos templarios escuros. Tassadar aliase co templario Zeratul, quen asasina o comandante Zerg chamado Zasz no planeta Char. [ 29 ] A morte de Zasz resulta na confusion e loita interna entre as colmeas Zerg, pero tamen liga brevemente as mentes de Zeratul e da Overmind Zerg, permitindolles os Zerg conecer a situacion de Aiur, mundo natal dos Protoss. A horda Zerg principal invade Aiur mentres Kerrigan e enviada a tratar con Tassadar. Malia forte resistencia Protoss, a Overmind consegue invadir e incrustarse no planeta. [ 30 ]

No episodio final do xogo Aldaris e o goberno Protoss xulga a Tassadar como traidor e herexe por conspirar xunto os Templarios Escuros. O xogador serve baixo as ordes de Aldaris defendendo Aiur da invasion Zerg. Poren, durante unha mision co obxectivo de arrestar a Tassadar, o xogador remata unindose a el. [ 31 ] Comeza enton unha guerra civil entre os Protoss, con Tassadar, Zeratul e os seus aliados contra o goberno Protoss. Os Templarios Escuros usan a sua enerxia para derrotar a dous comandantes Zerg mais en Aiur, provocando que o Conclave se reconcilie con eles. [ 32 ] Axudado pola milicia de Raynor, os Protoss conseguen abrirse paso a traves das defensas minguadas da Overmind Zerg e destruen a sua coiraza externa, sufrindo grandes baixas no proceso. Tassadar canaliza a sua propia enerxia combinandoa coa dos Templarios Escuros a traves da sua nave estrelandoa na Overmind e sacrificandose a si mesmo para destruila. [ 33 ]

Desenvolvemento [ editar | editar a fonte ]

Blizzard Entertainment comezou o desenvolvemento de StarCraft en 1995, pouco despois da publicacion de Warcraft II: Tides of Darkness . [ 34 ] Usando o motor de xogo de Tides of Darkness como base, StarCraft foi amosado o publico por primeira vez na E3 de 1996. [ 35 ] Nesta version inicial os Zerg chamabanse orixinalmente "invasores de pesadelo", e posteriormente "Zurg", para finalmente chegar o seu nome final para evitar potenciais conflitos de marca co personaxe do filme Toy Story de Pixar chamado "Emperor Zurg". [ 35 ] Nas primeiras versions do xogo desenvolvidas por Bob Fitch os Zerg xa tinan unha aparencia insectoide, pero con moitas pugas e con cores vivas azuis e purpuras. As primeiras representacions dos Protoss incluian un padron de cor verde e azul nas armaduras. Por mor das semellanzas no estilo visual que presentaba co Warcraft II , a version recibiu criticas considerables da prensa especializada, o que levou o redeseno do motor de xogo e a novos desenos visuais das especies. [ 35 ]

Unha nova version foi presentada a comezos do 1997, ainda empregando o motor do Warcraft II como base pero con cambios distintivos. [ 35 ] Os Terran e Protoss tinan un nivel de detalle moito maior que na version previa da E3 de 1996, e moitas das unidades tinan unha aparencia case igual a do produto final. Blizzard comezou neste punto as tarefas de balanceo das tres especies do xogo. [ 35 ] En febreiro de 1997 Bob Fitch afirmou que malia todos estes cambios o motor de xogo era incapaz de procesar todalas caracteristicas requiridas polos desenvolvedores, incluindo moitos dos efectos especiais asociados a determinadas unidades e capacidades das mesmas. [ 36 ] O equipo de desenvolvemento comezou neste punto un proceso de redeseno do motor grafico que durou dous meses. Na nova version beta resultante o deseno xa era moito mais semellante o que teria na version final, coas distintas especies presentando agora estilos visuais mais reconecibles: Os Zerg cun deseno insectoide de cor marron, os Protoss con armaduras brillantes de cor amarela e os Terran coa sua maquinaria de cor gris. [ 35 ]

Os desenos finais das unidades xa estaban determinados neste punto, e os seus graficos so sufriron cambios menores na version final. Nesta fase engadironse tamen varias caracteristicas visuais que foron desbotadas na version final, como movementos de xiro das naves espaciais, [ 35 ] ou as naves de transporte facendo aterraxes o recoller unidades. [ 35 ] A unidade Terran chamada Valkyrie tamen aparecia nesta version do xogo, pero foi eliminada da version final e incluida posteriormente de novo na expansion Brood War . [ 35 ] Outras melloras finais do xogo foron a prerrenderizacion dos sprites e fondos, que foran construidos empregando 3D Studio Max . Tamen se adoptou a vista isometrica , en contraste coa vision de paxaro do Warcraft II . Incluiuse tamen musica de maior calidade, composta polo equipo residente de Blizzard, e a empresa contratou a actores de voz profesionais para gravar os dialogos. [ 37 ]

Malia estes progresos StarCraft tardou en emerxer, sufrindo varias demoras na data de publicacion que inspiraron a un grupo de fans do foro oficial, autodenominados "Operation: Can't Wait Any Longer", a escribir unha serie de historias de ficcion nas que membros do grupo tentaban conseguir a version beta do xogo infiltrandose no cuartel xeral de Blizzard en Irvine ( California ). [ 38 ] Como forma de homenaxe a este entusiasmo polo xogo, Blizzard incorporou o nome do grupo o xogo en forma dun codigo de truco, [ 39 ] e incluiunos nos creditos do xogo. [ 40 ] O xogo foi finalmente publicado para Windows o 31 de marzo de 1998, [ 1 ] coa version para Mac OS saindo a venda a finais de 1999. [ 41 ] O desenvolvemento dunha version para a Nintendo 64 , baixo o titulo StarCraft 64 , comezou no 1999 a partir dunha conversion da version para PC feita por Mass Media Interactive Entertainment [ 42 ] e publicada por Nintendo . [ 43 ] StarCraft 64 publicouse o 13 de xuno de 2000 nos Estados Unidos e Europa . [ 2 ]

Deseno da historia e personaxes [ editar | editar a fonte ]

A historia e personaxes da serie StarCraft foron creados por Chris Metzen e James Phinney, [ 40 ] ainda que como Phinney non estivo involucrado no desenvolvemento de StarCraft: Brood War so se acredita a Metzen como desenador do argumento desta expansion. [ 44 ] Robert Clotworthy , o actor que da voz a personaxe Jim Raynor en todolos xogos de StarCraft , declarou nunha entrevista que as voces das personaxes gravaranse en poucos dias durante sesions que duraban ata catro horas, [ 45 ] a mesma declaracion que fixo tamen noutra entrevista Glynnis Talken Campbell , a actriz de voz da personaxe Sarah Kerrigan. [ 46 ] Clotworthy tamen afirmou que usou a arte conceptual do xogo empregada no desenvolvemento visual das personaxes e da ambientacion para desenvolver a personalidade da sua personaxe. [ 45 ]

Visualmente a maioria de personaxes desenvolveronse a partir de ilustracions feitas por Metzen e Samwise Didier . Alguns dos autores das novelas ambientadas na serie suxeriron tamen que o desenvolvemento de personaxes nos seus libros estivera influenciado por Metzen [ 47 ] [ 48 ] e por Andy Chambers e Evelyn Fredericksen. [ 49 ]

Musica [ editar | editar a fonte ]

A musica de StarCraft foi composta por empregados propios de Blizzard Entertainment . Glenn Stafford compuxo os temas do xogo para os Terran e Protoss, mentres que Derek Duke escribiu a musica do xogo para os Zerg. Os temas das escenas cinematograficas foron compostos por Stafford e Hayes, e Bush forneceu apoio adicional no proceso de composicion. [ 50 ] A musica do xogo recibiu criticas positivas dos medios, que describirona como "axeitadamente melodica e escura" [ 8 ] e "impresionante", [ 51 ] indicando que parte da musica debia parte da sua inspiracion a banda sonora do filme Alien composta por Jerry Goldsmith . [ 52 ] A primeira banda sonora orixinal oficial do xogo, titulada StarCraft: Game Music Vol. 1 , publicouse no ano 2000, incluindo temas de StarCraft e da expansion Brood War asi como unha coleccion de temas remesturados creados por varios DJs surcoreanos . A empresa Net Vision Entertainment foi a encargada da distribucion desta banda sonora. [ 53 ] En setembro de 2008 Blizzard Entertainment anunciou a publicacion en iTunes dunha nova banda sonora baixo o titulo de StarCraft Original Soundtrack . Esta nova banda sonora conten a musica orixinal o completo de StarCraft e Brood War , tanto dos temas do xogo como os das escenas cinematograficas. [ 54 ]

Expansions e versions [ editar | editar a fonte ]

Expansions para PC [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen : StarCraft: Brood War .

Antes da publicacion de StarCraft Blizzard publicou unha demo gratuita baixo o titulo Loomings , que conten tres misions e un titorial. [ 55 ] Esta precuela pasou a estar disponible para o xogo completo en outubro de 1999 en forma de campana, con duas misions extras e aloxado no servizo Battle.net . [ 56 ] A maiores, a version completa de StarCraft incluiu unha campana secundaria titulada Enslavers , que contina cinco misions para Terran e Protoss. Esta campana esta ambientada no segundo episodio da historia principal e segue a historia dun contrabandista Terran que consegue tomar o control dun comandante Zerg. Enslavers incluiuse como un exemplo de campana para un xogador feita por medio do editor de mapas do xogo, resaltando as caracteristicas do programa. [ 57 ]

A primeira expansion oficial foi Insurrection , publicada para Windows o 31 de xullo de 1998. [ 58 ] Esta expansion foi desenvolvida por Aztech New Media e posteriormente autorizada por Blizzard. [ 59 ] A sua historia centrase nunha colonia Confederada citada no manual do xogo, seguindo a un grupo de colonos Terran e a unha frota Protoss na sua loita contra os Zerg e unha rebelion local. Insurrection recibiu criticas negativas dos medios, que destacaron a sua baixa calidade con respecto o xogo orixinal. [ 60 ] A segunda expansion oficial publicouse uns meses despois baixo o titulo de Retribution , desenvolvida por Stardock , publicada por WizardWorks Software e baixo a autorizacion de Blizzard Entertainment. [ 59 ] Retribution trata sobre a loita das tres especies polo control cun poderoso cristal nunha colonia do Dominio Terran. Os criticos consideraron esta expansion como "regular" pero "estimulante". [ 61 ] Previamente a Insurrection , Micro Star publicou unha expansion non autorizada para o xogo, baixo o titulo Stellar Forces . Esta expansion foi retirada varias semanas despois da sua publicacion tras unha demanda de Blizzard. Contina 22 mapas para un xogador e 32 mapas para multixogador, que os medios consideraron no seu momento como "simples". [ 62 ] [ 63 ]

Apos a publicacion das duas expansions oficial, Blizzard Entertainment anunciou unha nova que continuaria a historia do xogo principal, StarCraft: Brood War , desenvolvida pola propia Blizzard xunto a Saffire . Brood War retoma e continua a historia principal de StarCraft dias despois da sua conclusion, e foi publicada tanto para Windows e Mac OS o 30 de novembro de 1998 nos Estados Unidos e en marzo de 1999 en Europa , [ 64 ] recibindo criticas positivas dos medios especializados. [ 65 ] [ 66 ]

Version para Nintendo 64 [ editar | editar a fonte ]

No 2000 publicouse a version StarCraft 64 en Norteamerica para a Nintendo 64 , desenvolvida en conxunto por Blizzard Entertainment e Mass Media Inc. e publicada por Nintendo . Esta version incluiu todalas misions do xogo orixinal e da sua expansion Brood War , asi como algunhas misions novas exclusivas. [ 67 ] Blizzard Entertainment xa considerara previamente unha adaptacion do xogo para a PlayStation , pero finalmente decidiu publicar a version para a Nintendo 64. [ 68 ] Nesta version as misions propias de Brood War requiren o uso do expansion pak de memoria da Nintendo 64. [ 69 ] StarCraft 64 incluiu tamen un modo de xogo cooperativo a pantalla dividida, requirindo tamen o uso do expansion pak da videoconsola, que permitia a dous xogadores controlar un mesmo exercito na partida. [ 70 ] StarCraft 64 non acadou a mesma popularidade ca version para PC , non tina capacidades de modo multixogador en lina e os dialogos e escenas cinematograficas tiveron que ser reducidos por mor de limitacions tecnicas. [ 67 ]

Impacto cultural [ editar | editar a fonte ]

Recepcion
Puntuacions agregadas
Agregador Puntuacion
GameRankings 93% [ 71 ] (PC & Mac)
77% [ 72 ] (Nintendo 64)
Metacritic 88/100 [ 73 ] (PC & Mac)
80/100 [ 74 ] (Nintendo 64)
Puntuacions
Publicacion Puntuacion
AllGame 4.5/5 estrelas[ 75 ] (PC & Mac)
GamePro 4,5/5 [ 52 ] (PC & Mac)
4,5/5 [ 51 ] (Nintendo 64)
Game Revolution B [ 76 ] (PC & Mac)
GameSpot 9,1/10 [ 8 ] (PC & Mac)
8,4/10 [ 67 ] (Nintendo 64)
IGN 9,5/10 [ 7 ] (PC & Mac)
7,7/10 [ 77 ] (Nintendo 64)
PC Gamer (UK) 92% [ 73 ] (PC & Mac)
PC Zone 8,8/10 [ 78 ] (PC & Mac)
Premios
Publicacion Premio
GameSpot Mellores xogos de todolos tempos [ 5 ]
AIAS Xogo do ano [ 79 ]
Computer Gaming World Xogo do ano [ 79 ]
PC PowerPlay Xogo do ano [ 79 ]
PC Gamer RTS do ano [ 79 ]
Games Domain Xogo do ano de estratexia [ 79 ]

Recepcion [ editar | editar a fonte ]

A data de publicacion internacional de StarCraft foi o 31 de marzo de 1998, convertendose no videoxogo de PC mais vendido dese ano, con mais de 1,5 millons de copias vendidas en todo o mundo. [ 80 ] Durante a decada seguinte o xogo vendeu mais de 9,5 millons de copias en todo o mundo, 4,5 millons delas soamente en Corea do Sur . [ 81 ] Dende a publicacion do xogo Blizzard Entertainment indicou que o seu servizo de xogo multixogador en lina Battle.net medrara nun 800%. [ 82 ]

A resposta xeral da critica foi favorable, con moitos dos criticos contemporaneos indicando que mentres que o xogo non se desviara de forma significativa do statu quo da maioria de xogos de estratexia en tempo real , era un dos mellores aplicando a formula. [ 8 ] [ 52 ] Asi mesmo, o uso pioneiro de tres especies unicas e balanceadas no lugar de dous bandos igualados recibiu boas criticas, [ 7 ] con GameSpot en particular comentando que isto axudaba o xogo a "evitar o problema que asolaga a todolos outros xogos do xenero". [ 8 ] Moitos criticos valoraron positivamente a fortaleza da historia do xogo, destacando o ben que a historia se mesturaba coa mecanica de xogo. [ 7 ] As actuacions de voz do xogo recibiron valoracions particularmente positivas. GameSpot indicou que o traballo de voces do xogo era un dos mellores da industria nese momento. [ 83 ] O xogo recibiu multiples premios, incluido a sua inclusion nos "Mellores xogos de todolos tempos" de GameSpot , IGN e Game Informer . [ 5 ] [ 84 ] [ 85 ] [ 86 ] Segundo Blizzard Entertainment StarCraft ganou un total de 37 premios, asi como unha estrela no Metreon como parte do Walk of Game en San Francisco . [ 79 ]

Malia que no seu tempo os graficos e son do xogo recibiron boas criticas, [ 75 ] revisions posteriores dos medios indicaron que os graficos son notablemente peores que os da maioria de xogos mais modernos. [ 7 ] A capacidade da IA do xogo para a navegacion das unidades recibiu criticas notablemente negativas, con PC Zone afirmando que a incapacidade dos desenvolvedores para facer un sistema de procura de rutas efectivo era "o elemento mais enfurecedor do xenero de estratexia en tempo real". [ 78 ] Varios outros criticos expresaron preocupacions polas similitudes entre as estruturas xeradoras de unidades de cada raza, asi como da falta de balanceo potencial polo uso de estratexias de "avalancha" por parte dalguns xogadores no modo multixogador. [ 76 ] A version da Nintendo 64 non obtivo valoracions tan positivas, e recibiu criticas polos seus pobres graficos en comparacion cos da version para PC . A critica si foi positiva con Mass Media por conseguir un uso efectivo dos controis por medio do gamepad e por manter un son de alta calidade. [ 51 ] [ 67 ] [ 77 ]

Legado [ editar | editar a fonte ]

GameSpot describiu a StarCraft como "O xogo definitivo do seu xenero. E o estandar polo que se xulgan todolos xogos de estratexia en tempo real". [ 5 ] IGN afirmou que o xogo "e simplemente un dos mellores xogos de estratexia en tempo real xamais creados, se non o mellor". [ 84 ] O xogo aparece habitualmente nas clasificacions dos medios de mellores videoxogos, acadando por exemplo o posto numero 37 na lista de 100 mellores xogos de todolos tempos da revista Edge . [ 3 ] A popularidade do xogo fixo que obtivese catro records Guinness , incluindo o de "Xogo de PC de estratexia mais vendido", "Maiores ingresos no Gaming profesional" e "Maior audiencia nunha competicion de videoxogos", acadado na final do torneo SKY proleague de 2005 en Busan , Corea do Sur , cunha audiencia de 120 000 afeccionados.. [ 87 ] Un estudo concluiu que a audiencia das partidas profesionais de StarCraft era moi diversa e que emprega instancias de asimetria da informacion para facer o xogo mais entretido para o espectador. [ 88 ] StarCraft foi tamen tema dun curso academico na Universidade de California, Berkeley no 2009. [ 89 ] [ 90 ]

Partida de StarCraft televisada en Corea do Sur .

StarCraft ganou unha gran popularidade en Corea do Sur , chegando a converterse no e-sport nacional tras establecer unha escena profesional no pais. [ 91 ] Os xogadores profesionais en Corea do Sur converteronse en personalidades famosas do pais, con partidas de StarCraft emitidas en tres canles de television nacionais adicadas as competicions profesionais de videoxogos. [ 92 ] Os xogadores profesionais do pais conseguiron contratos televisivos, patrocinadores e premios en metalico nos torneos. Lim "BoxeR" Yo-hwan , un dos xogadores profesionais de StarCraft mais famosos, [ 93 ] chegou a ter un club de fans de ata medio millon de membros. [ 9 ] Outro destes xogadores profesionais, Lee Yun-yeol , declarou unhas ganancias de mais de 150 000 no ano 2005. [ 94 ]

StarCraft formou parte dun curso interno da Forza Aerea dos Estados Unidos para ensinar a novos oficiais a tratar situacions de crise baixo estres e traballo en equipo . [ 95 ] A Conferencia sobre Intelixencia Artificial e Entretemento Dixital Interactivo manten unha competicion anual entre IAs xogando o xogo. [ 96 ]

Produtos relacionados [ editar | editar a fonte ]

A lina argumental de StarCraft foi adaptada en varias novelas . A primeira delas, Uprising , foi escrita polo empregado de Blizzard Micky Neilson e publicada en decembro do 2000, actuando como precuela os eventos do videoxogo. [ 97 ] Outras das novelas adaptadas, Liberty's Crusade de Jeff Grubb [ 98 ] e Queen of Blades de Aaron S. Rosenberg , [ 99 ] contan de novo a historia do videoxogo dende perspectivas diferentes. Shadow of the Xel'Naga de Gabriel Mesta e The Dark Templar Saga de Christie Golden expandiron a trama argumental, creando a ambientacion para a continuacion do xogo StarCraft II: Wings of Liberty . [ 100 ] [ 101 ]

ToyCom produciu varias figuras de accion e estatuas de coleccionista baseadas en personaxes e unidades de StarCraft , [ 102 ] e a empresa Academy Hobby Model Kits puxo a venda unha serie de modelos de montaxe de miniaturas a escala 1/30. [ 103 ] [ 104 ] A maiores Blizzard Entertainment chegou a un acordo de colaboracion con Fantasy Flight Games para crear un xogo de mesa con miniaturas detalladas dos personaxes do videoxogo. [ 105 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

Todas as referencias en ingles agas cando se indique o contrario.

  1. 1,0 1,1 " StarCraft s 10-Year Anniversary: A Retrospective" . Blizzard Entertainment . Arquivado dende o orixinal o 2 de abril de 2008 . Consultado o 31 de marzo de 2008 .  
  2. 2,0 2,1 "StarCraft 64 - Nintendo 64" . IGN . Consultado o 16 de febreiro de 2016 .  
  3. 3,0 3,1 "Top 100 Games" . Edge . 2 de xullo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2008 . Consultado o 21 de maio de 2008 .  
  4. "The 52 Most Important Video Games" . GamePro . Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2008 . Consultado o 21 de maio de 2008 .  
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 "The Greatest Games of All Time" . GameSpot . 1998. Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2006 . Consultado o 8 de outubro de 2011 .  
  6. Graft, Kris (11 de febreiro de 2009). "Blizzard Confirms One "Frontline Release" for '09" . Edge . Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2010 . Consultado o 12 de maio de 2009 .  
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Chick, Tom (2 de xuno de 2000). " StarCraft " . IGN . Consultado o 16 de febreiro de 2016 .  
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Dulin, Ron (15 de abril de 1998). " StarCraft for PC Review" . GameSpot . Consultado o 9 de xaneiro de 2008 .  
  9. 9,0 9,1 Cho, Kevin (15 de xaneiro de 2006). "Samsung, SK Telecom, Shinhan Sponsor South Korean Alien Killers" . Bloomberg . Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2015 . Consultado o 18 de agosto de 2006 .  
  10. Kasavin, Greg. " StarCraft Strategy Guide: The Protoss Conclave - Units and Structures" . GameSpot . Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2013 . Consultado o 18 de abril de 2008 .  
  11. Kasavin, Greg. " StarCraft Strategy Guide: The Zerg Swarm - Units and Structures" . GameSpot. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2013 . Consultado o 18 de abril de 2008 .  
  12. Kasavin, Greg. " StarCraft Strategy Guide: The Terran Dominion - Units and Structures" . GameSpot. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2013 . Consultado o 18 de abril de 2008 .  
  13. "PATCHING CLASSIC GAMES" . Blizzard Entertainment . 10 de febreiro de 2016 . Consultado o 16 de febreiro de 2016 .  
  14. 14,0 14,1 " StarCraft - StarEdit Tutorial" . CreepColony.com. 24 de xuno de 2007. Arquivado dende o orixinal o 7 de xullo de 2001 . Consultado o 16 de abril de 2008 .  
  15. "General Strategy: Resources" . Battle.net . Blizzard Entertainment . Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2007 . Consultado o 18 de abril de 2008 .  
  16. 16,0 16,1 "Terran Basics" . Battle.net . Blizzard Entertainment . Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007 . Consultado o 16 de abril de 2008 .  
  17. 17,0 17,1 17,2 "Protoss Basics" . Battle.net . Blizzard Entertainment . Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2007 . Consultado o 16 de abril de 2008 .  
  18. 18,0 18,1 18,2 "Zerg Basics" . Battle.net . Blizzard Entertainment . Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007 . Consultado o 16 de abril de 2008 .  
  19. Underwood et al. 1998 , p. 11
  20. "Spawn Version FAQ" . Blizzard Entertainment. 15 de agosto de 2012. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2013 . Consultado o 09 de xuno de 2016 .  
  21. Underwood et al. 1998 , pp. 26?28
  22. Underwood et al. 1998 , pp. 30?33
  23. "The Story So Far: Part 1: StarCraft" . Blizzard Entertainment . 21 de novembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2007 . Consultado o 22 de novembro de 2007 .  
  24. Blizzard Entertainment . " StarCraft " PC . Nivel/area: Episodio I, mision 3: "Desperate Alliance".  
  25. Blizzard Entertainment. " StarCraft " PC . Nivel/area: Episodio I, mision 7: "The Trump Card".  
  26. Blizzard Entertainment. " StarCraft " PC . Nivel/area: Episodio I, mision 9: "New Gettsyburg".  
  27. Blizzard Entertainment. " StarCraft " PC . Nivel/area: Episodio I, mision 10: "The Hammer Falls".  
  28. Blizzard Entertainment. " StarCraft " PC . Nivel/area: Episodio II, mision 4: "Agent of the Swarm".  
  29. Blizzard Entertainment. " StarCraft " PC . Nivel/area: Episodio II, mision 7: "The Culling".  
  30. Blizzard Entertainment. " StarCraft " PC . Nivel/area: Episodio II, mision 10: "Full Circle".  
  31. Blizzard Entertainment. " StarCraft " PC . Nivel/area: Episodio III, mision 5: "Choosing Sides".  
  32. Blizzard Entertainment. " StarCraft " PC . Nivel/area: Episodio III, mision 9: "Shadow Hunters".  
  33. Blizzard Entertainment. " StarCraft " PC . Nivel/area: Episodio III, mision 10: "Eye of the Storm".  
  34. Bailey, Kat. "Why We Play: StarCraft" . 1UP.com . Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2011 . Consultado o 21 de decembro de 2011 .  
  35. 35,0 35,1 35,2 35,3 35,4 35,5 35,6 35,7 35,8 "The Evolution of StarCraft" . StarCraft Legacy . 28 de setembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2007 . Consultado o 09 de xuno de 2016 .  
  36. "Bob: StarCraft !" . 10th Anniversary Celebration . Blizzard Entertainment . Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2008 . Consultado o 8 de xaneiro de 2008 .  
  37. Giovetti, Al (1 de xaneiro de 1997). "Interview with Bill Roper" . The Computer Show.com . Consultado o 19 de agosto de 2006 .  
  38. "The Official CWAL FAQ" . Operation CWAL . 20 de febreiro de 2004. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2006 . Consultado o 21 de agosto de 2006 .  
  39. Kasavin, Greg. " StarCraft Strategy Guide: Cheat Codes - The Spoils of War" . GameSpot . Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2013 . Consultado o 16 de abril de 2008 .  
  40. 40,0 40,1 Underwood et al. 1998 , p. 94
  41. " StarCraft for MAC" . GameSpot . Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2011 . Consultado o 18 de abril de 2008 .  
  42. "Mass Media Interactive Entertainment official company site" . Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2008 . Consultado o 19 de abril de 2008 .  
  43. " StarCraft 64 Preview" . GameSpot . 16 de xuno de 1999 . Consultado o 16 de febreiro de 2016 .  
  44. Underwood, Peter; Roper, Bill; Metzen, Chris (1998). StarCraft: Brood War (manual) . Blizzard Entertainment .  
  45. 45,0 45,1 "Starcraft - Robert Clotworthy / Jim Raynor Interview" . BlizzPlanet . Consultado o 9 de agosto de 2009 .  
  46. "Interview with Glyniss Talken Campbell" . BlizzPlanet. Archived from the original on 18 de xaneiro de 2009 . Consultado o 13 de agosto de 2007 .  
  47. Mesta, Gabriel (2002). "Acknowledgements". StarCraft: Shadow of the Xel'Naga . Simon & Schuster. ISBN   9780743423182 .  
  48. Rosenburg, Aaron (2007). "Acknowledgements". StarCraft: Queen of Blades . Simon & Schuster. ISBN   9781416560050 .  
  49. "Interview with Christie Golden" . BlizzPlanet. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuno de 2007 . Consultado o 13 de agosto de 2007 .  
  50. " StarCraft " . Soundtrack Collector . Consultado o 22 de abril de 2008 .  
  51. 51,0 51,1 51,2 "Review: StarCraft for N64" . GamePro . 24 de novembro de 1999. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2009 . Consultado o 10 de xaneiro de 2008 .  
  52. 52,0 52,1 52,2 Olafson, Peter (24 de novembro de 2000). "Review: StarCraft for PC" . GamePro . Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2008 . Consultado o 9 de xaneiro de 2008 .  
  53. " StarCraft : Game Music Vol. 1" . Game OST . Consultado o 22 de abril de 2008 .  
  54. "Blizzard Entertainment Soundtracks Now On iTunes" . Blizzard Entertainment . 4 de setembro de 2008 . Consultado o 30 de setembro de 2008 .  
  55. " StarCraft - PC Demo" . Blizzard Entertainment . Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2010 . Consultado o 5 de maio de 2010 .  
  56. "Map Archives: Precursor Campaign" . Battle.net . Blizzard Entertainment . 13 de outubro de 1999. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007 . Consultado o 19 de abril de 2008 .  
  57. Underwood et al. 1998 , p. 24
  58. " Insurrection: Campaigns for StarCraft for PC" . GameSpot . Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2011 . Consultado o 29 de novembro de 2007 .  
  59. 59,0 59,1 "Official StarCraft FAQ at Battle.net" . Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2007 . Consultado o 19 de xullo de 2007 .  
  60. Kasavin, Greg (26 de agosto de 1998). " Insurrection: Campaigns for StarCraft for PC review" . GameSpot . Consultado o 16 de febreiro de 2016 .  
  61. "PC Game Reviews: StarCraft: Retribution " . GameGenie . Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2012 . Consultado o 29 de novembro de 2007 .  
  62. "Blizzard Wins in Starcraft Case" . IGN . 10 de novembro de 1998 . Consultado o 16 de febreiro de 2016 .  
  63. "Stellar Forces for Windows (1998) - MobyGames" . MobyGames .  
  64. " StarCraft: Brood War for MAC" . GameSpot . Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2011 . Consultado o 29 de novembro de 2007 .  
  65. Chen, Jeffrey (7 de xuno de 2002). " StarCraft: Brood War review" . IGN . Consultado o 16 de febreiro de 2016 .  
  66. " StarCraft: Brood War for PC review" . GameSpot . 23 de decembro de 1998 . Consultado o 16 de febreiro de 2016 .  
  67. 67,0 67,1 67,2 67,3 Fielder, Joe (12 de xuno de 2000). " StarCraft 64 for Nintendo 64 Review" . GameSpot . Consultado o 10 de xaneiro de 2008 .  
  68. " StarCraft on PlayStation?" . IGN. 6 de abril de 1998 . Consultado o 16 de febreiro de 2016 .  
  69. " StarCraft Needs Some Expansion" . IGN. 16 de novembro de 1999 . Consultado o 16 de febreiro de 2016 .  
  70. " StarCraft 64 Preview" . IGN. 8 de xuno de 2000 . Consultado o 16 de febreiro de 2016 .  
  71. " StarCraft Reviews" . Game Rankings . Consultado o 9 de xaneiro de 2008 .  
  72. " StarCraft 64 Reviews" . Game Rankings . Consultado o 12 de xaneiro de 2008 .  
  73. 73,0 73,1 " StarCraft : PC 1998 Reviews" . Metacritic . Consultado o 9 de xaneiro de 2008 .  
  74. " StarCraft N64 2000 Reviews" . Metacritic . Consultado o 16 de febreiro de 2016 .  
  75. 75,0 75,1 House, Michael L. " StarCraft : Review" . Allgame . Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2009 . Consultado o 18 de abril de 2008 .  
  76. 76,0 76,1 " StarCraft Review" . Game Revolution . 1998 . Consultado o 16 de febreiro de 2016 .  
  77. 77,0 77,1 Boulding, Aaron (9 de xuno de 2000). " StarCraft 64 Review" . Consultado o 16 de febreiro de 2016 .  
  78. 78,0 78,1 " StarCraft review" . PC Zone . 13 de agosto de 2001. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2011 . Consultado o 10 de xuno de 2016 .  
  79. 79,0 79,1 79,2 79,3 79,4 79,5 "Developer Awards" . Blizzard Entertainment . 1 de xaneiro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2006 . Consultado o 19 de agosto de 2006 .  
  80. "StarCraft Named No. 1 Seller in 1998" . IGN . 20 de xaneiro de 1999 . Consultado o 16 de febreiro de 2016 .  
  81. Olsen, Kelly (21 de maio de 2007). "South Korean gamers get a sneak peek at 'StarCraft II ' " . USA Today . Consultado o 16 de febreiro de 2016 .  
  82. "Blizzard's Battle.net Remains Largest Online Game Service in the World; Battle.net Dominates Online Gaming Industry With 2.1 Million Active Users; Korea Becomes World's No. 1 Market" . Business Wire (TheFreeLibrary). 4 de febreiro de 1999. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016 . Consultado o 29 de xuno de 2015 .  
  83. Cheung, James. "The Best Voice Acting in Games: StarCraft " . GameSpot . Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2013 . Consultado o 15 de setembro de 2008 .  
  84. "IGN's Top 100 Games" . IGN . 1 de xaneiro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2015 . Consultado o 18 de agosto de 2006 .  
  85. "Game Informer's Top 100 Games Of All Time (Circa Issue 100)" . Game Informer . 16 de novembro de 2009 . Consultado o 24 de novembro de 2013 .  
  86. Guinness World Records Gamer's Edition . Hit Entertainment. 2008. ISBN   978-1-904994-20-6 .  
  87. "Starcraft from the Stands: Understanding the Game Spectator" (PDF) . ACM CHI]] . Consultado o 30 de xaneiro de 2011 .  
  88. Cavalli, Earnest (29 de xaneiro de 2009). "U.C. Berkeley Now Offers StarCraft Class" . Wired . Consultado o 16 de febreiro de 2016 .  
  89. Crecente, Brian (28 de xaneiro de 2009). "Competitive StarCraft Gets UC Berkeley Class" . Kotaku . Consultado o 25 de marzo de 2009 .  
  90. Ki-tae, Kim (20 de marzo de 2005). "Will StarCraft Survive Next 10 Years?" . The Korea Times . Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007.  
  91. Evers, Marco (6 de febreiro de 2006). "The boys with the flying fingers: South Korea Turns PC Gaming into a Spectator Sport" . Der Spiegel . Consultado o 16 de febreiro de 2016 .  
  92. Totilo, Stephen (21 de xuno de 2006). "Playa Rater: The 10 Most Influential Video Gamers of All Time" . MTVNews . Consultado o 16 de febreiro de 2016 .  
  93. Rossignol, Jim (1 de abril de 2005). "Sex, Fame and PC Baangs: How the Orient plays host to PC gaming's strangest culture" . PC Gamer UK . Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2006 . Consultado o August 20, 2006 .  
  94. "US Air Force: catalog" . Air University Press. 2000. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2014.  
  95. Ackerman, Evan (1 de decembro de 2015). "Custom AI Programs Take on Top Ranked Humans in StarCraft" . IEEE Spectrum . Consultado o 4 de decembro de 2015 .  
  96. Neilson, Micky (2000). StarCraft: Uprising . Simon and Schuster. ISBN   9780743418980 .  
  97. Grubb, Jeff (2001). StarCraft: Liberty's Crusade . Simon and Schuster. ISBN   9780743423175 .  
  98. Rosenberg, Aaron (2007). StarCraft: Queen of Blades . Simon and Schuster. ISBN   9781416560050 .  
  99. Mesta, Gabriel (2002). StarCraft: Shadow of the Xel'naga . Simon and Schuster. ISBN   9780743423182 .  
  100. " StarCraft: The Dark Templar Saga trilogy interview with Christie Golden" . Blizzplanet . 2 de abril de 2007. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2010 . Consultado o 2 de decembro de 2007 .  
  101. "Blizzard tackles toys" . IGN . 1998 . Consultado o 16 de febreiro de 2016 .  
  102. "1/30 scale Terran marine model by Academy" . Hobby Outlet . Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2005 . Consultado o 8 de xullo de 2007 .  
  103. "1/30 scale Zerg hydralisk model by Academy" . Hobby Outlet . Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2005 . Consultado o 8 de xullo de 2007 .  
  104. Wilson, Kevin (13 de xuno de 2006). "Playtest in Minneapolis at the Source on 6/16/06" . Boardgame Geek . Consultado o 19 de agosto de 2006 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]