Sebastiao Jose de Carvalho e Melo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Marques de Pombal ≫)
Infotaula de personaSebastiao Jose de Carvalho e Melo

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 13 de maio de 1699 Editar o valor em Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte 8 de maio de 1782 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Pombal, Portugal Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Igreja da Memoria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Primeiro ministro
2 de agosto de 1750 ? 4 de marzo de 1777
Ministro de Relacions Exteriores
2 de agosto de 1750 ? 6 de maio de 1756
Embaixador
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Reino de Portugal Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade de Coimbra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Diplomacia , politica e state administration (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacion politico , urbanista , ministro , sismologo , diplomatico , funcionario Editar o valor em Wikidata
Membro de
Lingua Lingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Outro
Titulo Margrave Editar o valor em Wikidata
Conxuxe Leonor Ernestina de Daun, Marquesa de Pombal
Fillos Henrique Jose de Carvalho e Melo (pt) Traducir, Dona Maria Amalia de Carvalho e Daun (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pai Manuel de Carvalho e Ataide (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Irmans Francisco Xavier de Mendonca Furtado (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: E_Melo-3 Find a Grave: 243562179 Editar o valor em Wikidata
Retrato do Marques de Pombal coa insignia da Orde de Cristo .

Sebastiao Jose de Carvalho e Melo , primeiro Conde de Oeiras e Marques de Pombal, nado en Lisboa o 13 de maio de 1699 e finado en Pombal o 8 de maio de 1782 , foi un diplomatico e politico portugues , Primeiro Ministro do rei Xose I de Portugal . E unha das figuras mais carismaticas e controvertidas da historia portuguesa. Representante en Portugal do Despotismo ilustrado , a sua obra politica marca un tempo na historia de Portugal que se conecera como a epoca pombalina .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Nado en Lisboa, nunha familia de fidalgos con raices e casa petrucial en Pombal, estudou leis na Universidade de Coimbra e serviu durante pouco tempo no exercito. Pouco mais se sabe da sua vida, na que non parece haber unha ocupacion destacada, ata que en 1738 , xa con 39 anos, e en parte grazas a amizades da sua familia proximas ao rei Xoan V de Portugal , e nomeado embaixador en Londres . Non parece que fixera ningunha xestion destacada nesta mision diplomatica, pero serviulle para conecer os comezos da Revolucion Industrial que despois tentara trasladar a Portugal.

Foi despois destinado a Viena , co encargo de mediar nas disputas que mantinan o Imperio Austrohungaro e a Santa Se . A pesar das dificultades da empresa e dos cambios politicos, Pombal tivo un papel destacado e resolveu a mision con bastante exito. E ganou ante a corte portuguesa un prestixio que tivo moito que ver co seu futuro politico.

Chegado ao trono Xose I, nomea a Jose de Carvalho como primeiro ministro. Neste posto ira aumentando cada vez mais o seu poder ata converterse nun autentico valido que goberna segundo a sua vontade.

Caracteristicas do seu goberno [ editar | editar a fonte ]

  • Un estilo de goberno despotico: Pombal impon as suas reformas e todo intento de oposicion e esmagado.
  • Unha epoca reformista:
    • Esforzo pola modernizacion de Portugal.
    • Reforma do sistema educativo, desde a primeira ensinanza ata a Universidade.
    • Modernizacion economica, seguindo o modelo ingles.
    • Abolicion da escravitude no Brasil
  • Enfrontamentos cos distintos estamentos, sobre todo a nobreza vella e a Igrexa.

O terremoto e a reconstrucion de Lisboa [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Terremoto de Lisboa de 1755 .
O Marques de Pombal amosando a reconstrucion de Lisboa por Louis-Michel van Loo , 1766.

O Dia de Santos de 1755 un terremoto de grao 9 na escala de Richter arrasou Lisboa e boa parte da fachada atlantica da Peninsula Iberica e norte de Africa . O terremoto, o tsunami posterior e o incendio que se declarou a consecuencia destes destruiron o 85% da cidade.

Pombal, fiel ao seu estilo eficiente, despotico e reformista, dita normas para facer fronte a situacion, conforme a frase que se lle atribue "enterrar os mortos, socorrer os vivos e reconstruir" .

As primeiras disposicions [ editar | editar a fonte ]

  • Ordena que o exercito tome a cidade, para previr delitos e vandalismo.
  • Prohibiu que os lisboetas superviventes abandonasen a cidade, co obxecto de contar con man de obra para todo o traballo que esperaba.
  • Ante a enorme cantidade de mortos, e para previr unha epidemia, ordena que sexan cargados en barcos e botados ao mar. O que motiva a oposicion da Igrexa, que considera que este xeito de actuar priva aos defuntos dun enterro cristian.

Con estas medidas Pombal evitou un andazo, tan comun enton nestas situacions e estivo en disposicion de reconstruir en tempo moi breve.

A reconstrucion [ editar | editar a fonte ]

Rua Augusta da Baixa lisboeta , podese apreciar o tipo de deseno urbano e arquitectonico que impuxo o Marques.

A zona afectada da cidade e que Pombal mandou reconstruir e o que se conece hoxe como a Baixa pombalina ou simplemente A Baixa . Nun primeiro momento, Pombal deu ordes de que os propietarios reconstruiran os edificios ou os venderan a quen estivera en condicions de facelo, so pena de serenlles expropiados os terreos. Isto foi motivo de enfrontamento coa nobreza, que, en moitos casos, non dispona de medios para reconstruir os seus pazos; ao tempo que permitiu a unha nacente burguesia que si tina recursos facerse con novas propiedades. A reconstrucion fixose dun xeito coherente cos ideais do racionalismo: planta urbana trazada a escuadra, ruas amplas, prazas. Ademais, en cada bloque de casas habia un pozo que fornecia de auga en caso de incendio. E as medianeiras entre casas eran mais altas que os tellados, para evitar que o lume se transmitise de casa en casa por eles.

Os edificios foron desenados por arquitectos portugueses buscando a estrutura que mellor resistira aos terremotos. Para isto, fixeronse modelos a escala de distintas estruturas e fixose desfilar arredor delas a companias do exercito, simulando un terremoto, para comprobar cal era a mais resistente.

Pro tamen estes desenos foron motivo de disputas entre Pombal, a Igrexa e a nobreza. O Marques dispuxo que todolos edificios fosen iguais (alturas, disposicion, fiestras, portas), sen facer distincions, incluso igrexas e pazos nobiliarios. Habia duas razons para estas normas:

  • A idea de racionalidade e orde propia da epoca.
  • A uniformidade permitia construir pezas como portas e fiestras en serie e, polo tanto, abreviar o tempo de reconstrucion.

As reformas pombalinas [ editar | editar a fonte ]

A reforma educativa [ editar | editar a fonte ]

A reforma da Universidade de Coimbra [ editar | editar a fonte ]

Na Universidade de Coimbra, promulganse novos Estatutos en 1772, creanse duas novas facultades (Matematicas e Filosofia), ampliase o claustro de profesores, reformulanse programas e lanzase un ambicioso programa de obras: Laboratorio Quimico, Gabinete de Fisica, Observatorio Astronomico, Xardin Botanico, Museo de Historia Natural e Tipografia Academica.

Na reforma da Facultade de Medicina, seguironse as teorias experimentalistas de Ribeiro Sanches, que levaron a fundacion do Teatro Anatomico e do Dispensario Farmaceutico. [ 1 ]

A figura de Pombal na literatura e na cultura popular [ editar | editar a fonte ]

  • Na novela de Gonzalo Torrente Ballester Filomeno, a mi pesar (1988), a avoa portuguesa do protagonista ensinalle unha soa oracion Que el Marques de Pombal arda en el infierno por los siglos de los siglos. Amen .
  • En Portugal e costume dicir simplemente "O Marques" para referirse a el.
  • Corre a narracion oral de que, cando a Compania de Xesus foi restaurada e volveu a Portugal, alguen escribiu na sua tumba: "Acorda, que volveron!".

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2009 . Consultado o 17 de agosto de 2013 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Saraiva, Jose H. (1991), Historia concisa de Portugal , 14ª ed., Editorial Europa-America.
  • Sena-Lino, Pedro (2020), De quase nada a quase rei. Biografia de Sebastiao Jose de Carvalho e Melo, Marques de Pombal , Contraponto Editores.

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]